A XUNTA DE GALICIA TRABALLA PARA ALCANZAR ESTE ANO AS 50.000 PERSOAS INCLUÍDAS NO SISTEMA DE ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, responderá no Pleno  unha interpelación en materia de dependencia

    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, responderá no Pleno unha interpelación en materia de dependencia

    Na actualidade o número de dependentes activos ascende a 41.823, o que supón unha ratio de atención do 63,8%.

  • O obxectivo é incorporar ao sistema ao longo deste ano 2016 a 10.000 novas persoas, o que incrementará a cifra de beneficiarios activos ata os 50.000 e elevará a cobertura de servizos ao 75%
  • A administración autonómica comezou a facer efectivo o pago dos atrasos por coidados no entorno familiar. Esta nova medida permite percibir a prestación regular e os atrasos fraccionados cada ano, a través de trece pagos anuais cos que a administración axudará a sufragar os gastos que ata agora o usuario viña pagando en solitario

 

Santiago, 27 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, defendeu esta mañá no Parlamento de Galicia os avances da Xunta nos últimos anos en materia de dependencia. Neste sentido, destacou que hoxe son un total de  41.823 as persoas que reciben servizos e coidados, o que supón unha ratio de atención do 63,85% -unha cobertura trinta veces superior á existente hai sete anos-. Estes datos, indicou Rey Varela,  “falan do bo facer deste Goberno, pero non son suficiente”; ao tempo que avogou pola necesidade de “centrar o esforzo naquelas persoas que aínda non forman parte do sistema de atención á dependencia”.

 

Ao respecto, o titular da carteira autonómica de Política Social ratificou que o obxectivo é continuar esta liña de traballo para incorporar ao sistema de atención á dependencia ao longo deste ano 2016 a 10.000 novas persoas, chegando así aos 50.000 beneficiarios e a un índice de cobertura do 75%. Este incremento no número de persoas atendidas sairá do maior número de beneficiarios tanto de libranza de coidados no contorno familiar como de servizos, e tamén dun aumento importante nas horas de Servizo de Atención no Fogar. “A meta que nos temos marcada é o coidado pleno dos dependentes atendendo á dispoñibilidade orzamentaria”, apuntou Rey Varela, quen a fío disto salientou á subida dos recursos económicos destinados a área de Persoas Maiores e Dependencia que este exercicio acapara practicamente a metade do presuposto global da Consellería e supera os 324 millóns de euros.

 

O conselleiro lembrou que o orzamento de 324 millóns de euros destinados a este ámbito para o presente exercicio significa un incremento de fondos propios do 102% nos últimos sete anos. Así mesmo, insistiu no feito de que nestes momentos practicamente dous terzos das persoas que teñen recoñecida a dependencia reciben prestación, situándose a cobertura de atención por riba do 63%  -incluída a incorporación ao sistema en xullo do ano pasado de 15.000 novas persoas recoñecidas dependentes de grao I-. Ademais, o 76% das prestacións recoñecidas realízanse a través de servizos profesionais.

 

Coidados no entorno familiar

O responsable autonómico de Política Social tamén informou de que a Xunta de Galicia comezou a facer efectivo o pago dos atrasos pola prestación mensual de coidados a dependentes no ámbito familiar. Esta medida permite percibir a prestación regular e os atrasos fraccionados cada ano, a través de trece pagos anuais cos que a administración axudará a sufragar os gastos que ata agora o usuario viña pagando en solitario.

 

No transcurso da súa intervención, Rey Varela valorou a importancia das melloras técnicas conseguidas nos últimos anos nos servizos de dependencia. Entre outras, referiuse á implantación dunha nova ferramenta informática que permite a xestión integral de todo o procedemento; o mapa de procesos simplificado; as accións de formación e de apoio para traballadores e coidadores/as non profesionais; o servizo de información ao cidadán a través do 012 ou a Rede Galega de Atención Temperá.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: