A XUNTA REITERA O COMPROMISO COS MAIORES AUMENTANDO SERVIZOS RESIDENCIAIS E DE ATENCIÓN DIURNA, ASÍ COMO PROGRAMAS DE ENVELLECEMENTO ACTIVO E PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro con responsables da Asociaci—n de Residencias da Terceira Idade (AGARTE).

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro con responsables da Asociaci—n de Residencias da Terceira Idade (AGARTE).

    A reunión serviu para estudar posibles colaboracións entre a administración autonómica e esta entidade, que representa a unha trintena de centros privados

  • Rey Varela manifestou que as persoas maiores e o seu benestar constitúen unha prioridade para o Goberno Autonómico

 

Santiago, 28 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou hoxe a súa rolda de entrevistas con entidades, organizacións e axentes sociais de Galicia e mantivo no seu despacho de San Caetano unha reunión con representantes da Asociación Galega de Residencias da Terceira Idade (Agarte). A xuntanza serviu para estudar posibles colaboracións entre a administración autonómica e Agarte, así como para coñecer de primeira man os obxectivos que persegue esta organización sen ánimo de lucro e que pasan, entre outros, pola mellora continua da coordinación sociosanitaria como garantía dunha mellor calidade nos coidados das persoas con dependencia que precisen dunha atención residencial.

 

Así as cousas, Rey Varela manifestaba logo da reunión que as persoas maiores son un dos colectivos prioritarios para a Xunta de Galicia e que durante este ano 2016 a Consellería de Política Social seguirá traballando no incremento de novos servizos de atención residencial e de atención diúrna. “Continuaremos reforzando a aposta do Goberno galego polo benestar dos maiores e as súas familias, insistindo en cuestións como o envellecemento activo, o fomento de hábitos de vida saudables, a prevención da dependencia e a promoción da autonomía persoal”, apuntou o conselleiro.

 

Os fins de Agarte, constituída en 1996, son os de representación das residencias privadas, procurar unha adecuada atención e difundir o benestar e calidade de vida das persoas maiores, colaborar cós organismos públicos en todo o referente á terceira idade e velar polo cumprimento da normativa vixente no que atinxe ao funcionamento dos centros de maiores. Esta asociación representa a unha trintena de centros, dá cobertura a máis de 3.600 persoas e 2.300 traballadores; e colabora coa Universidade tanto en prácticas dos seus alumnos/as como en investigación.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: