Archive | enero 29, 2016

O Colegio Hogar Afundación reunirá nunhas xornadas as empresas de referencia do sector gráfico

O Colegio Hogar da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acollerá a próxima semana, do 3 ao 5 de febreiro, as III Xornadas «A Cociña Gráfica», organizadas polo departamento de artes gráficas do centro, e nas que participarán importantes empresas da contorna e profesionais do ámbito da impresión e a comunicación gráfica. Estruturada como unha feira, o seu obxectivo é achegar aos alumnos e alumnas do centro e aos profesionais do sector as últimas tecnoloxías, materiais e maquinaria de artes gráficas.

 

Afundación presenta a súa proposta de obradoiros de cociña para os meses de febreiro e marzo en Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta a súa nova proposta de cursos de cociña dirixidos a adultos, que se desenvolverán nos meses de febreiro e marzo. «Cociña básica de iniciación», a primeira das actividades, celebrarase os luns 1, 8, 15 e 22 de febreiro en horario de 20.00 a 22.00 h. na Sede da entidade en Vigo (Policarpo Sanz, 26). As inscricións poden realizarse a través dewww.ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL AVANZA NA ROLDA DE CONVERSAS COS ALCALDES GALEGOS CO OBXECTIVO DE OPTIMIZAR OS RECURSOS PÚBLICOS DIRIXIDOS A MELLORAR O BENESTAR DA CIDADANÍA

  • valdoviño 1O conselleiro e mais o primeiro edil de Valdoviño coruñés repasaron a situación das prestacións sociais neste municipio coruñés e repasaron as liñas estratéxicas de actuación da Xunta de Galicia en políticas sociais para este ano 2016
  • A administración autonómica incrementará o número de horas de atención do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para que esta prestación chegue ás persoas actualmente pendentes de recibilo

 

Ferrol, 29 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela continúa avanzando na rolda de encontros cos rexedores e rexedoras dos municipios de Galicia para acadar melloras na atención e nos servizos sociais destinados aos galegos e galegas. Con estas reunións o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de optimizar os recursos autonómicos e municipais na busca dunha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello.

 

No marco destas xuntanzas, Rey Varela entrevistouse esta mañá nas dependencias do edificio administrativo da Xunta en Ferrol co primeiro edil de Valdoviño, Alberto González Fernández. O conselleiro expuxo ao primeiro edil as liñas estratéxicas que guiarán as políticas sociais da Xunta de Galicia durante este ano e, ademais, repasaron a situación das prestacións sociais neste municipio coruñés no que a administración autonómica contribúe ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

 

Ao respecto deste servizo para o coidado de dependentes no entorno familiar, na actualidade préstanse en Valdoviño máis de 3.300 horas de atención e do mesmo benefícianse ao redor de 60 persoas. O conselleiro anunciou un próximo aumento das horas de atención co obxectivo de chegar ás persoas hoxe pendentes de incluír no SAF. O obxectivo do Goberno Autonómico é que a ratio de cobertura do sistema de dependencia no conxunto de Galicia chegue ao 75% este mesmo ano. Actualmente, practicamente dous terzos –máis do 60%- das persoas que teñen recoñecida a súa dependencia benefícianse do sistema galego de coidados e promoción da autonomía persoal.

 

Por último, Rey Varela salientou o incremento en 5 millóns de euros do crédito inicial da RISGA recollido nas contas da Consellería de Política Social para este ano –que ascende a un total de 52,7 millóns de euros-, coa finalidade de que esta prestación chegue coa maior celeridade ás persoas con menos recursos que a teñen solicitada e cumpren cos requisitos para obtela.

REY VARELA DESTACA A BOA MARCHA DAS MEDIDAS DE APOIO Á FAMILIA E ADIANTA QUE A XUNTA XA RECIBIU PRETO DE 300 SOLICITUDES DA TARXETA BENVIDA, “UNHA CIFRA QUE AUMENTARÁ SUBSTANCIALMENTE”

  • Apunta que estas cifras responden as expectativas da Xunta que conta co obxectivo de que 8 de cada 10 familias galegas perciban a Tarxeta, ou o que é o mesmo unhas 17.000 familias ao longo de 2016
  • Di que “nestes momentos se está revisando a documentación presentada e traballando na resolución das solicitudes” polo que “esperamos que en febreiro xa haxa familias percibindo esta axuda”
  • A Tarxeta Benvida forma parte dun conxunto de medidas máis amplo e ambicioso como é o Programa de Apoio á Natalidade e que conta con tres eixes fundamentais: axudas directas, programas de conciliación e servizos

 

Ferrol (A Coruña), 29 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, anunciou no día de hoxe que a medida en pro da natalidade executada pola Xunta de Galicia e coñecida como Tarxeta Benvida xa conta con case 300 solicitudes presentadas polas familias galegas que no que vai de 2016 tiveron ou adoptaron un fillo. Neste sentido, o conselleiro salientou que estas 300 familias que contan cun novo membro “poderán recibir unha axuda directa de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida do bebé, toda vez que se comprobe que cumpren os requisitos”. Ademais indicou que “miles de familias recibirán a Tarxeta que permitirá facer fronte os gastos dese primeiro ano que sempre é de maior dificultade para os novos pais e nais de Galicia”.

 

Do mesmo xeito, o conselleiro asegurou que, dados os resultados que polo de agora está a dar esta medida e contando que os pais e nais teñen ata dous meses de prazo desde o nacemento para solicitar a Tarxeta Benvida, “esta cifra aumentará substancialmente nas vindeiras datas”. Un incremento, dixo o conselleiro, que responderá as expectativas da Xunta que conta co obxectivo de que 8 de cada 10 familias galegas perciban a Tarxeta, ou o que é o mesmo unhas 17.000 familias ao longo de 2016. “Nestes momentos se está revisando a documentación presentada e traballando na resolución das solicitudes” polo que “esperamos que en febreiro xa haxa familias percibindo esta axuda”, engadiu.

 

É requisito necesario para obtela que a renda da unidade familiar da declaración do Imposto da Renda para Persoas Físicas (IRPF) do ano 2014 non supere os 45.000 euros. E no suposto de que esta contía fose superior, que a renda per cápita por unidade familiar non supere os 13.500 euros.

 

Esta axuda económica directa, dirixida ás familias residentes na Comunidade Autónoma, farase efectiva a través dunha tarxeta moedeiro que se poderá utilizar para a compra de produtos básicos para o neno ou nena, tales como produtos de alimentación (leite, papas e outros alimentos infantís), produtos de hixiene infantil (cueiros, toalliñas ou crema protectora) ou produtos farmacéuticos (vitaminas, xaropes ou vacinas que non estean incluídas no calendario infantil). A tarxeta estará cargada cun saldo de 1.200 euros por cada fillo ou filla nacida no ano 2016, a razón de 100 euros ao mes por cada un deles ou delas durante o primeiro ano de vida; e poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación. A tarxeta moedeiro cargarase de forma automática cada mes e a contía que quede sen gastar do mes sumarase á mensualidade seguinte. Os pais e nais deben ter gastada a axuda na súa totalidade á fin do ano.

 

A Xunta velará polo correcto uso dos fondos públicos. Deste xeito, as familias deberán gardar os tíckets de compra durante os 12 meses de concesión da axuda, xa que a Administración resérvase o dereito de comprobar que se está dando un uso correcto da Tarxeta Benvida. No caso de que non sexa así poderase sancionar á familia infractora.

 

Programa de Apoio á Infancia

O obxectivo do Goberno galego é converter á nosa Comunidade Autónoma nun referente no que atinxe ao apoio á natalidade e a familia, situándoa entre os lugares con maiores atencións públicas, sociais e sanitarias á infancia. Trátase de facer deste país un lugar mellor para ter fillos, pero, sobre todo, o mellor lugar do mundo para ser neno ou nena.

 

Así, a Tarxeta Benvida forma parte dun conxunto de medidas máis amplo e ambicioso chamado PAN (Programa de Apoio á Natalidade) e que conta con tres eixes fundamentais: axudas directas, programas de conciliación e servizos.

 

Deste xeito, no que respecta ás PAN-Axudas destacan liñas de apoio como a Tarxeta Benvida ou outras complementarias como o incremento da dedución fiscal por nacemento ou adopción de fillos, a prestación do pagamento único por fillos menores de 3 anos ou a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo daquelas familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais e aos menores en situación de acollemento familiar. Tocante ao eixo PAN-Concilia destaca o Bono Conciliación para os pais que non teñan praza nas escolas infantís públicas, o Bono Coidador no Rural que pon a disposición das familias que viven no rural un recurso de conciliación, ou as casas niño, unha rede de coidadores para menores de 0 a 3 anos que viven en zonas rurais. Por último, no PAN-Servizos enmárcanse outras prestacións como as máis de 20.500 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos ou as bonificacións adicionais para as familias numerosas como no prezo do transporte metropolitano.

 

Todas estas medidas que a Xunta está a poñer en marcha seguen a liña doutros países europeos como Francia, Finlandia ou Noruega. Para o financiamento desta medida cóntase cun orzamento total de 18 millóns de euros, 9 millóns de euros destinados a cada unha das anualidades de 2016 e 2017.

 

A XUNTA POTENCIARÁ O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NO CONCELLO DE MUGARDOS PARA AUMENTAR O NÚMERO DE PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Rey Varela aposta polo diálogo permanente e unha maior coordinación cos entes locais e outras administracións porque “os servizos sociais non son nin da Xunta nin dos Concellos, senón que son de todos os galegos e galegas”

 mugardos 2

Mugardos (A Coruña), 29 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello de Mugardos onde foi recibido polo alcalde desta localidade coruñesa, Juan Domingo de Deus Fonticoba, con quen mantivo unha xuntanza de traballo na que tamén participaron outros edís da corporación municipal.

 

Esta visita serviu para analizar a situación dos programas e servizos sociais dependentes da Xunta de Galicia que se prestan nesta localidade, e estudar novas posibilidades de colaboración entre ambas institucións. Neste sentido, Rey Varela manifestouse partidario de seguir apostando por intensificar a coordinación entre a administración autonómica e a mugardesa para ampliar a cobertura social das persoas e familias que máis precisan de apoio. A este obxectivo responde o significativo incremento neste ano 2016  da orde destinada a Concellos para programas de inclusións, que chegan aos 3,4 millóns de euros fronte aos 1,7 do exercicio pasado. “Cando falamos de políticas sociais cómpre a implicación e a colaboración de todas as administracións, xa que os servizos sociais non son nin da Xunta nin dos Concellos, senón que son de todos os galegos e galegas”, sinalou o conselleiro.

 

Nesta liña, Rey Varela subliñou a importancia de insistir no diálogo permanente cos concellos para un mellor aproveitamento dos recursos públicos dos que dispón a nova Consellería de Política Social, cuxos orzamentos para este ano de 2016 crecen un 12%, tres veces máis que os presupostos xerais da  administración autonómica que o fan nun 4,2% con respecto ao exercicio pasado. “Esta subida enmárcase no novo impulso que o Goberno galego está a dar ás políticas sociais para que a mellora das contas públicas chegue aos fogares de todos os galegos e galegas”, explicou.

 

Ademais, o responsable da carteira autonómica de Política Social explicou ao rexedor de Mugardos as liñas estratéxicas que marcarán a actuación do Goberno galego en materia social ao longo deste ano. Así, un dos obxectivos principais pasa por aumentar en 10.000 persoas máis o número de persoas dependentes beneficiarias de servizos de atención; e rematar este ano cunha ratio de cobertura do 75% -hoxe está situado por riba do 60%-. Nesta liña, explicou que en Mugardos incrementarase o número de horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que nestes momentos supera as 1.260 horas e conta cunha trintena de beneficiarios.

 

Así mesmo, outro dos eixos básicos de actuación da Consellería durante os vindeiros meses será o de continuar desenvolvendo medidas de apoio á familia e á infancia como a Tarxeta Benvida; o pagamento único e as deducións fiscais por fillo ou filla a cargo; seguir aumentando o número de prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos ou a implantación dos bonos conciliación e coidador no rural que farán máis doado para os pais e nais compaxinar a vida social, laboral e familiar.

 

 

LÓPEZ-CHAVES LAMENTA QUE ABEL CABALLERO ANUNCIE A RETIRADA DAS SÚAS PROPOSTAS EN RELACIÓN Á ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo cre que “non é a forma de traballar” tras o consenso acadado na última reunión do pasado día 19 e “días antes” do vindeiro encontro que se celebrará para tratar o transporte metropolitano
  • Lamenta “profundamente” a actitude do rexedor e que “se afaste” do consenso anunciando agora “unha vontade ou intención de torpedear a reunión do día 3”
  • Espera que “non teña esa actitude” e “non rompa o consenso” porque a intención da Xunta é atopar o consenso e continuar coa posta en marcha efectiva da Área

 

Vigo, 29 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, lamentou hoxe en declaracións aos medios de comunicación o anuncio público feito polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, de “retirar as súas propostas” en relación coa posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo.

 

López-Chaves lembrou que na pasada reunión celebrada o día 19 de xaneiro na Delegación Territorial e presidida polo Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, “houbo un gran consenso co ánimo de continuar traballando todos xuntos pola Área Metropolitana”. Sen embargo, considerou que “agora parece” que o rexedor vigués “se afasta” dese consenso coas últimas declaracións feitas estes días e “días antes” do vindeiro encontro convocado para tratar o transporte metropolitano. “Agora se aparta da idea de traballar conxuntamente”, sinalou. É por isto polo que lamentou “profundamente” a actitude do alcalde vigués porque “cando conseguimos avanzar, desbloquear moitos problemas, agora anuncia unha vontade ou intención de torpedear a reunión do día 3”.

 

Con todo, esperou que “non teña esa actitude” e “non rompa ese consenso ao que temos chegado” porque, coma matizou, dende a Xunta de Galicia existe o “ánimo de continuar nese consenso” e coa posta en marcha efectiva da Área Metropolitana de Vigo. “Iremos con propostas en positivo”, dixo o delegado insistindo no feito de que “xa antes da reunión” Abel Caballero “anuncie a retirada das súas propostas. “Non é a forma de traballar”, considerou López-Chaves, quen cre necesario “chegar a acordos entre todos” e “non romper eses acordos en contra da vontade e do ánimo que xurdiu na reunión do día 19”.

 

A Dirección Xeral de Mobilidade está a recompilar toda a información sobre o transporte metropolitano de cara á reunión da vindeira semana para que a Xunta vaia con todos os datos e poder chegar a un acordo. “Lamentaría moito que o día 3 pola vontade de Caballero a Área non saia adiante”, rematou.

 

El Banco de Alimentos repartió cerca de 1,7 millones de kilos de comida, un 30% más que durante 2014

alimentos clasificados Gran Recogida Solidaria nave de Vigo (I)Voluntarios de la ONG acaban de finalizar las labores de clasificación de los más de 300.000 kilos de alimentos procedentes de la Gran Recogida Solidaria (GRS2015), desarrollada el pasado mes de noviembre y que superó todas las expectativas marcadas

 

Entre los productos recibidos de la GRS2015 y que ya comenzaron a entregarse a los colectivos sociales, destacan los 86.500 litros de leche, 42.500 kilos de arroz, 46.000 kilos de pasta y 14.000 kilos de conservas vegetales

 

La Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo quiere agradecer públicamente la generosidad y el buen hacer de  la veintena de voluntarios que, durante diciembre y enero, ayudaron en dichas tareas de selección y ordenación de la comida donada

 

Vigo, 29/01/16.- La Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartió cerca de 1,7 millones de kilos de comida (1.688.000 kilos) durante 2015, lo que supone un 30% más que en 2014, cuando fueron más de 1,3 millones de kilos (1.345.520 kilos) los entregados a los colectivos sociales de la provincia.

 

“La necesidad, lejos de disminuir, se ha incrementado”, indica el presidente del Banco de Alimentos, Pedro Pereira, quien no cree que la situación actual y esta tendencia vayan a cambiar, al menos, “a corto medio plazo” y, no descarta, reanudar en las próximas semanas sus habituales Operaciones Kilo con las que la fundación va recuperando sus stock de almacén.

 

Por otra parte, voluntarios de la ONG acaban de finalizar las labores de clasificación de los más de 300.000 kilos de alimentos procedentes de la Gran Recogida Solidaria (GRS2015), desarrolla a finales del pasado año, concretamente, el fin de semana del 27 y 28 de noviembre.

 

Esos más de 300.000 kilos de alimentos recibidos gracias a la solidaridad de la ciudadanía de Vigo, Pontevedra y diferentes localidades de la provincia superaron todas las expectativas marcadas desde la entidad. Durante la campaña de la GRS2014 se recogieron unos 265.000 kilos de alimentos, un 15% menos que lo contabilizado en esta GRS2015.

 

Entre los productos recibidos de la GRS2015 y que ya comenzaron a entregarse a los colectivos sociales, destacan los 86.500 litros de leche, 42.500 kilos de arroz, 46.000 kilos de pasta y 14.000 kilos de conservas vegetales.

 

La Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo quiere agradecer de nuevo la respuesta de la ciudadanía y también la generosidad y el buen hacer de  la veintena de voluntarios que, durante los meses de diciembre y enero, ayudaron en dichas tareas de selección y ordenación de la comida donada.

 

La ONG, creada hace ahora 20 años, ayuda en la actualidad a unos 150 colectivos sociales, a través de los cuales, llega a unas 25.000 personas en toda la provincia.

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL PROSEGUE COA ROLDA DE REUNIÓNS COS CONCELLOS GALEGOS PARA ABORDAR AS LIÑAS DE ACTUACIÓN SOCIAL DOS VINDEIROS ANOS

  • Cómpre destacar a boa cobertura de servizos públicos que existe no concello coruñés de Boimorto para os máis pequenos xa que conta cunha ratio de prazas públicas de escolas infantís dun 95,24%

 

Santiago, 28 de xaneiro de 2016.- A Consellería de Política Social afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos iniciada nesta nova etapa dirixida por José Manuel Rey Varela. O obxectivo destes achegamentos é mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos de ambas institucións.

 

A Xunta de Galicia e os responsables das entidades locais adquiren, deste xeito, o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio coruñés de Boimorto, Gonzalo Concheiro Coello.

 

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa colaboración emprendida entre as dúas institucións que xa acadou importantes logros. Así, ambos mandatarios resaltaron a importancia do investimento de 1,2 millóns de euros que a Xunta de Galicia achegou para a construción do Centro de Día e Minirresidencia de Boimorto que conta con 30 e 23 prazas respectivamente. Asemade, neste ano 2016 incrementáronse 70 horas no Servizo de Atención no Fogar ata chegar as 875 horas en total. Cómpre destacar a boa cobertura de servizos públicos que existe no concello coruñés para os máis pequenos xa que conta cunha ratio de prazas públicas de escolas infantís dun 95,24%.