A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL AVANZA NA ROLDA DE CONVERSAS COS ALCALDES GALEGOS CO OBXECTIVO DE OPTIMIZAR OS RECURSOS PÚBLICOS DIRIXIDOS A MELLORAR O BENESTAR DA CIDADANÍA

  • valdoviño 1O conselleiro e mais o primeiro edil de Valdoviño coruñés repasaron a situación das prestacións sociais neste municipio coruñés e repasaron as liñas estratéxicas de actuación da Xunta de Galicia en políticas sociais para este ano 2016
  • A administración autonómica incrementará o número de horas de atención do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para que esta prestación chegue ás persoas actualmente pendentes de recibilo

 

Ferrol, 29 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela continúa avanzando na rolda de encontros cos rexedores e rexedoras dos municipios de Galicia para acadar melloras na atención e nos servizos sociais destinados aos galegos e galegas. Con estas reunións o Goberno galego e as entidades locais adquiren o compromiso de optimizar os recursos autonómicos e municipais na busca dunha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello.

 

No marco destas xuntanzas, Rey Varela entrevistouse esta mañá nas dependencias do edificio administrativo da Xunta en Ferrol co primeiro edil de Valdoviño, Alberto González Fernández. O conselleiro expuxo ao primeiro edil as liñas estratéxicas que guiarán as políticas sociais da Xunta de Galicia durante este ano e, ademais, repasaron a situación das prestacións sociais neste municipio coruñés no que a administración autonómica contribúe ao financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

 

Ao respecto deste servizo para o coidado de dependentes no entorno familiar, na actualidade préstanse en Valdoviño máis de 3.300 horas de atención e do mesmo benefícianse ao redor de 60 persoas. O conselleiro anunciou un próximo aumento das horas de atención co obxectivo de chegar ás persoas hoxe pendentes de incluír no SAF. O obxectivo do Goberno Autonómico é que a ratio de cobertura do sistema de dependencia no conxunto de Galicia chegue ao 75% este mesmo ano. Actualmente, practicamente dous terzos –máis do 60%- das persoas que teñen recoñecida a súa dependencia benefícianse do sistema galego de coidados e promoción da autonomía persoal.

 

Por último, Rey Varela salientou o incremento en 5 millóns de euros do crédito inicial da RISGA recollido nas contas da Consellería de Política Social para este ano –que ascende a un total de 52,7 millóns de euros-, coa finalidade de que esta prestación chegue coa maior celeridade ás persoas con menos recursos que a teñen solicitada e cumpren cos requisitos para obtela.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: