LÓPEZ-CHAVES LAMENTA QUE ABEL CABALLERO ANUNCIE A RETIRADA DAS SÚAS PROPOSTAS EN RELACIÓN Á ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo cre que “non é a forma de traballar” tras o consenso acadado na última reunión do pasado día 19 e “días antes” do vindeiro encontro que se celebrará para tratar o transporte metropolitano
  • Lamenta “profundamente” a actitude do rexedor e que “se afaste” do consenso anunciando agora “unha vontade ou intención de torpedear a reunión do día 3”
  • Espera que “non teña esa actitude” e “non rompa o consenso” porque a intención da Xunta é atopar o consenso e continuar coa posta en marcha efectiva da Área

 

Vigo, 29 de xaneiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, lamentou hoxe en declaracións aos medios de comunicación o anuncio público feito polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, de “retirar as súas propostas” en relación coa posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo.

 

López-Chaves lembrou que na pasada reunión celebrada o día 19 de xaneiro na Delegación Territorial e presidida polo Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, “houbo un gran consenso co ánimo de continuar traballando todos xuntos pola Área Metropolitana”. Sen embargo, considerou que “agora parece” que o rexedor vigués “se afasta” dese consenso coas últimas declaracións feitas estes días e “días antes” do vindeiro encontro convocado para tratar o transporte metropolitano. “Agora se aparta da idea de traballar conxuntamente”, sinalou. É por isto polo que lamentou “profundamente” a actitude do alcalde vigués porque “cando conseguimos avanzar, desbloquear moitos problemas, agora anuncia unha vontade ou intención de torpedear a reunión do día 3”.

 

Con todo, esperou que “non teña esa actitude” e “non rompa ese consenso ao que temos chegado” porque, coma matizou, dende a Xunta de Galicia existe o “ánimo de continuar nese consenso” e coa posta en marcha efectiva da Área Metropolitana de Vigo. “Iremos con propostas en positivo”, dixo o delegado insistindo no feito de que “xa antes da reunión” Abel Caballero “anuncie a retirada das súas propostas. “Non é a forma de traballar”, considerou López-Chaves, quen cre necesario “chegar a acordos entre todos” e “non romper eses acordos en contra da vontade e do ánimo que xurdiu na reunión do día 19”.

 

A Dirección Xeral de Mobilidade está a recompilar toda a información sobre o transporte metropolitano de cara á reunión da vindeira semana para que a Xunta vaia con todos os datos e poder chegar a un acordo. “Lamentaría moito que o día 3 pola vontade de Caballero a Área non saia adiante”, rematou.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: