REY VARELA DESTACA A BOA MARCHA DAS MEDIDAS DE APOIO Á FAMILIA E ADIANTA QUE A XUNTA XA RECIBIU PRETO DE 300 SOLICITUDES DA TARXETA BENVIDA, “UNHA CIFRA QUE AUMENTARÁ SUBSTANCIALMENTE”

  • Apunta que estas cifras responden as expectativas da Xunta que conta co obxectivo de que 8 de cada 10 familias galegas perciban a Tarxeta, ou o que é o mesmo unhas 17.000 familias ao longo de 2016
  • Di que “nestes momentos se está revisando a documentación presentada e traballando na resolución das solicitudes” polo que “esperamos que en febreiro xa haxa familias percibindo esta axuda”
  • A Tarxeta Benvida forma parte dun conxunto de medidas máis amplo e ambicioso como é o Programa de Apoio á Natalidade e que conta con tres eixes fundamentais: axudas directas, programas de conciliación e servizos

 

Ferrol (A Coruña), 29 de xaneiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, anunciou no día de hoxe que a medida en pro da natalidade executada pola Xunta de Galicia e coñecida como Tarxeta Benvida xa conta con case 300 solicitudes presentadas polas familias galegas que no que vai de 2016 tiveron ou adoptaron un fillo. Neste sentido, o conselleiro salientou que estas 300 familias que contan cun novo membro “poderán recibir unha axuda directa de 100 euros ao mes durante o primeiro ano de vida do bebé, toda vez que se comprobe que cumpren os requisitos”. Ademais indicou que “miles de familias recibirán a Tarxeta que permitirá facer fronte os gastos dese primeiro ano que sempre é de maior dificultade para os novos pais e nais de Galicia”.

 

Do mesmo xeito, o conselleiro asegurou que, dados os resultados que polo de agora está a dar esta medida e contando que os pais e nais teñen ata dous meses de prazo desde o nacemento para solicitar a Tarxeta Benvida, “esta cifra aumentará substancialmente nas vindeiras datas”. Un incremento, dixo o conselleiro, que responderá as expectativas da Xunta que conta co obxectivo de que 8 de cada 10 familias galegas perciban a Tarxeta, ou o que é o mesmo unhas 17.000 familias ao longo de 2016. “Nestes momentos se está revisando a documentación presentada e traballando na resolución das solicitudes” polo que “esperamos que en febreiro xa haxa familias percibindo esta axuda”, engadiu.

 

É requisito necesario para obtela que a renda da unidade familiar da declaración do Imposto da Renda para Persoas Físicas (IRPF) do ano 2014 non supere os 45.000 euros. E no suposto de que esta contía fose superior, que a renda per cápita por unidade familiar non supere os 13.500 euros.

 

Esta axuda económica directa, dirixida ás familias residentes na Comunidade Autónoma, farase efectiva a través dunha tarxeta moedeiro que se poderá utilizar para a compra de produtos básicos para o neno ou nena, tales como produtos de alimentación (leite, papas e outros alimentos infantís), produtos de hixiene infantil (cueiros, toalliñas ou crema protectora) ou produtos farmacéuticos (vitaminas, xaropes ou vacinas que non estean incluídas no calendario infantil). A tarxeta estará cargada cun saldo de 1.200 euros por cada fillo ou filla nacida no ano 2016, a razón de 100 euros ao mes por cada un deles ou delas durante o primeiro ano de vida; e poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación. A tarxeta moedeiro cargarase de forma automática cada mes e a contía que quede sen gastar do mes sumarase á mensualidade seguinte. Os pais e nais deben ter gastada a axuda na súa totalidade á fin do ano.

 

A Xunta velará polo correcto uso dos fondos públicos. Deste xeito, as familias deberán gardar os tíckets de compra durante os 12 meses de concesión da axuda, xa que a Administración resérvase o dereito de comprobar que se está dando un uso correcto da Tarxeta Benvida. No caso de que non sexa así poderase sancionar á familia infractora.

 

Programa de Apoio á Infancia

O obxectivo do Goberno galego é converter á nosa Comunidade Autónoma nun referente no que atinxe ao apoio á natalidade e a familia, situándoa entre os lugares con maiores atencións públicas, sociais e sanitarias á infancia. Trátase de facer deste país un lugar mellor para ter fillos, pero, sobre todo, o mellor lugar do mundo para ser neno ou nena.

 

Así, a Tarxeta Benvida forma parte dun conxunto de medidas máis amplo e ambicioso chamado PAN (Programa de Apoio á Natalidade) e que conta con tres eixes fundamentais: axudas directas, programas de conciliación e servizos.

 

Deste xeito, no que respecta ás PAN-Axudas destacan liñas de apoio como a Tarxeta Benvida ou outras complementarias como o incremento da dedución fiscal por nacemento ou adopción de fillos, a prestación do pagamento único por fillos menores de 3 anos ou a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo daquelas familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais e aos menores en situación de acollemento familiar. Tocante ao eixo PAN-Concilia destaca o Bono Conciliación para os pais que non teñan praza nas escolas infantís públicas, o Bono Coidador no Rural que pon a disposición das familias que viven no rural un recurso de conciliación, ou as casas niño, unha rede de coidadores para menores de 0 a 3 anos que viven en zonas rurais. Por último, no PAN-Servizos enmárcanse outras prestacións como as máis de 20.500 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos ou as bonificacións adicionais para as familias numerosas como no prezo do transporte metropolitano.

 

Todas estas medidas que a Xunta está a poñer en marcha seguen a liña doutros países europeos como Francia, Finlandia ou Noruega. Para o financiamento desta medida cóntase cun orzamento total de 18 millóns de euros, 9 millóns de euros destinados a cada unha das anualidades de 2016 e 2017.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: