Archive | febrero 3, 2016

POLÍTICA SOCIAL AVANZA NA ROLDA DE CONTACTOS COS REXEDORES GALEGOS PARA DESEÑAR A ESTRATEXIA SOCIAL A NIVEL AUTONÓMICO E LOCAL

  • Subliñan a importancia da escola infantil de 20 prazas ou o concerto de prazas na residencia San Pedro e na Residencia para persoas discapacitadas Casa Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey – Esclavas Virgen Dolorosa

 

Santiago, 3 de febreiro de 2016.- A Consellería de Política Social continúa apostando pola súa liña de reunións cos alcaldes galegos co fin de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos. Deste xeito, nesta nova etapa dirixida por José Manuel Rey Varela, o conselleiro insiste no diálogo cos entes municipais para optimizar os recursos locais e autonómicos de ambas institucións en beneficio dos galegos e galegas.

 

A Xunta de Galicia e os responsables das entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio pontevedrés de Crecente, Julio César García-Luengo Pérez.

 

Neste sentido os dous mandatarios contemplaron as posibilidades de cooperación futura que xa acadou importantes melloras nos servizos sociais destinados aos cidadáns como a escola infantil de 20 prazas (cunha ratio de prazas públicas do 85%) ou o concerto de 16 prazas na residencia San Pedro, cun investimento de 226.767 euros e de 60 prazas na Residencia para persoas discapacitadas Casa Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey – Esclavas Virgen Dolorosa cun financiamento de 1.233.180 euros.

 

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE VISITA O PUNTO DE ASESORAMENTO QUÉROTE+ NA CORUÑA QUE LEVA TRABALLANDO DESDE NOVEMBRO EN PROL DO ASESORAMENTO SOBRE SEXUALIDADE PARA A MOCIDADE

  • Esta iniciativa de facilitar un punto físico de Asesoramento e Información destinada a universitarias e universitarios enmárcase dentro do proxecto Campus UDC = Universidade Saudable
  • O Punto de Asesoramento Quérote Máis está atendido polo equipo técnico de Quérote+ durante os mércores lectivos durante o curso académico, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Centro Universitario de Riazor; o resto de días, o asesoramento levase a cabo de forma habitual na Praza de Ourense

 

A Coruña, 3 de febreiro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou esta tarde o Punto de Asesoramento Qúerote+ do proxecto Campus UDC = Universidade Saudable no Centro Universitario de Riazor. A directora xeral valorou positivamente o traballo deste centro que desde o pasado mes de novembro leva a cabo unha nova liña de atención, posto en marcha previamente pola USC en cursos anteriores e dirixido á poboación universitaria da cidade.

 

Os centros Quérote+ son centros de asesoramento para a mocidade, dependentes da Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, no relativo a información e asesoramento sobre sexualidade, imaxe corporal e autoestima, convivencia, uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación e prevención de consumos. Son referentes na realización da proba rápida de VIH, realizan probas de embarazo e dispensan preservativos, tanto masculinos como femininos. O servizo atende consultas sobre todos estes temas de forma gratuíta, anónima e confidencial, a través das distintas vías dispoñibles: presencial, telefónica, en liña e a través de aplicacións móbiles.

 

Esta iniciativa de facilitar un punto físico de Asesoramento e Información destinada a universitarias e universitarios enmárcase dentro do proxecto Campus UDC = Universidade Saudable, implementado recentemente pola universidade coruñesa, adherida á Rede Española de Universidades Saudables (REUS). Con esta medida respóndese a algúns dos principais obxectivos do proxecto como os relativos a potenciar a universidade como contorna promotora da saúde da comunidade universitaria e da sociedade no seu conxunto, promover e favorecer o traballo conxunto entre organismos de saúde pública, as institucións comunitarias e as universidades, ou fomentar a oferta de servizos e actividades dirixidos a promover a saúde da comunidade universitaria.

 

O Punto de Asesoramento Quérote Máis na UDC está atendido polo equipo técnico de Quérote+ durante os mércores lectivos durante o curso académico, en horario de 17:00 a 19:00 horas no Centro Universitario de Riazor (Biblioteca antiga Empresariais) , na rúa Almirante Lángara, s/n. Ademais, como é habitual, o asesoramento tamén se leva a cabo de luns s venres na Praza de Ourense nº 7-8 -1º esquerda. Para facer chegar aos mozos/as toda esta información, leváronse a cabo varias mesas informativas e están previstas presentacións en aulas das diversas Facultades.

O CONCELLO E A OFICINA DO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DO PORRIÑO AUMENTARÁN A SÚA COLABORACIÓN PARA AUMENTAR A CONTRATACIÓIN LABORAL

O Porriño, mércores 3 febreiro.-  A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Emprego, Soledad Girón, mantiveron unha xuntanza coa directora da Oficina do Servizo Público de Emprego, o día seguinte do coñecemento dos datos do paro difundidos polo Ministerio de Emprego.

Na reunión, a directora do Servizo Público de Emprego, Mercedes
Reboredo, plantexou a necesidade de que o Concello recorte, aínda máis, os prazo para a publicación das bases dos distintos plans de emprego
impulsados pola administración municipal, de xeito que os candidatos aos distintos postos poidan cumprir, con tempo, cos trámites para optar aos mesmos. Maila que constatou que esta xestión mellorou notablemente nos últimos meses, a directora subliñou que diminuír o prazo de chegada das bases das ofertas de traballo permitiría unha selección máis eficiente.

A alcaldesa, ademais de ofrecer a “total e completa” colaboración do goberno  local, adiantou que nuns días se publicarán 30 ofertas de traballo que forman parte do Plan de Emprego da Deputación. As mesmas se tramitarán por medio de Oficina de Emprego do Porriño e terán en especial consideración a veciños parados de longa duración, en situación de vulnerabilidade, de risco social e con cargas familiares.

Dende que chegou á Alcaldía, o primeiro dos obxectivos de Eva García de la Torre é o da mellora das condicións para a creación de emprego. Neste senso, mantivo xuntanzas cos responsables do Clúster do Granito, do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), cos directivos de Lonza Biologics Porriño, de Aimen Centro Tecnolóxico, e cos empresarios dos Polígonos de A Granxa e As Gándaras, de cara a elaboración dun novo plan de emprego municipal.

O mesmo, que terá unha partida específica nos orzamentos do Porriño para este 2016,  contempla a sinatura de convenios coas devanditas entidades para que sexan especialistas das mesmas os que impartan formación, concreta, que garanta que persoas en desemprego adquiran coñecementos demandados polas distintas empresas.

 

 

 

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓNS MARÍA LUISA FERNÁNDEZ. je, je… luna JUNE CRESPO. Kanala

Miniaturas+Pes foto_SEOANE_gal_page6_image16O Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, convócalles á conferencia de prensa que terá lugar estevenres 5 de febreiro ás 12.00, no salón de actos, con motivo da inauguración de dúas novas exposicións:

MARÍA LUISA FERNÁNDEZ. je, je… luna, nas salas da planta baixa

Un proxecto de Azkuna Zentroa, comisariado por Beatriz Herráez

JUNE CRESPO. Kanala, no Anexo (vestíbulo principal)

Último proxecto do ciclo Intertextual, comisariado por Ángel Calvo Ulloa para o Anexo do MARCO

 

Nesta presentación participarán

–  Cayetano Rodríguez Escudero, concelleiro de Cultura, do Concello de Vigo e vicepresidente da Fundación MARCO

–  Sol María Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio, Consellería de Economía e Industria

–    Beatriz Herráez, comisaria da exposición je, je… luna

–    María Luisa Fernández, artista

–    Ángel Calvo Ulloa, comisario do ciclo Intertextual

–    June Crespo, artista

–    Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO

 

A continuación da conferencia de prensa haberá unha visita ás salas de exposición.

Encontro-coloquio:

Pola tarde, ás 19.00, terá lugar no salón de actos un encontro-coloquio aberto ao público, coa participación das artistas María Luisa Fernández e June Crespo, a comisaria Beatriz Herráez, e o comisario Ángel Calvo.

 

MARÍA LUISA FERNÁNDEZ

je, je… luna

Obras entre 1979-1997

5 febreiro – 29 maio 2016

Comisaria: Beatriz Herráez

Un proxecto de Azkuna Zentroa

 

Esta exposición formula un percorrido polo traballo de María Luisa Fernández (Villarejo de Órbigo, León, 1955) no que se relacionan distintos grupos de esculturas, debuxos e instalacións que, ata a data, non se mostraran de xeito retrospectivo. As obras, producidas entre 1979 e 1997, forman parte de distintos ensaios e achegamentos á figura dun Artista ideal que está presente na produción da escultora ata a súa última mostra individual en 1997.

 

JUNE CRESPO

Kanala

Ciclo de exposicións Intertextual

13 novembro 2015 – 24 xaneiro 2016

Anexo (vestíbulo principal)

Comisario: Ángel Calvo Ulloa

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Coa colaboración de: Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño

 

Kanala remite ao canle artificial como remite aos condutos do corpo e, como tal, implica unha vía de tránsito para sustancias fluídas. A instalación de June Crespo formula o patrón dunha acción levada a cabo e do seu resultado formal. A elaboración manual supón aquí un exercicio de memoria, de reprodución dunha serie de xestos aprendidos que configuran un conduto acantilado que pode alongarse sen fin. June Crespo traballou con Tomás López, artesán oleiro de Gundivós, para modelar no seu torno unha serie de pezas de barro. No resultado final combínase o primario co sofisticado, a mecánica dos movementos empregados na produción artesanal coa mecanización do proceso a grande escala.

 

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL VISITA EN PONTEVEDRA A VIVENDA TUTELADA PARA MENORES EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL DO PROGRAMA MENTOR

  • Visita a viviendas  El conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitará una de las vivendas tuteladas del Programa MENTOR.

    Visita a viviendas El conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitará una de las vivendas tuteladas del Programa MENTOR.

    O domicilio, que ofrece oito prazas, acolle na actualidade a catro menores

  • O obxectivo da súa estancia na vivenda é preparar aos mozos e mozas para a vida independente a través de accións educativas, formativas e de desenvolvemento persoal
  • A Xunta de Galicia destina para este programa máis de 1,6 millóns de euros en 2016

 

Pontevedra, 3 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe unha das vivendas tuteladas para mozos e mozas en risco de exclusión social coas que a Xunta de Galicia colabora a través do Programa Mentor. Rey Varela  percorreu os preto de 300 metros cadrados da instalación acompañado pola Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González Méndez. O Programa está xestionado polo Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes 3) a través dun contrato de xestión de servizos públicos promovido pola Consellería de Política Social no exercicio das súas competencias en materia de protección de menores e conta con financiación do Fondo Social Europeo.

 

Este servizo residencial está dirixido a aqueles rapaces e rapazas de entre 16 e 21 anos, que estean ou estivesen baixo tutela ou garda da administración pública, suxeitos a medidas xudiciais ou que sexan usuarios doutros programas dependentes de órgano xestor. En determinados casos, coma nos que os usuarios estean a realizar estudos universitarios, poden continuar no programa ata os 25 anos. O obxectivo do programa, que ademais da vivenda tutelada de Pontevedra pon a disposición dos usuarios outras cinco vivendas ademais doutras dúas de transición á vida autónoma para maiores de idade, é preparar aos mozos e mozas en risco de exclusión social para a vida independente.

 

A vivenda tutelada de Pontevedra ofrece un total de oito prazas e conta con 19 dependencias entre as que destacan catro baños, un aseo, unha cociña-comedor, dúas salas de estar, unha sala de estudo e cinco dormitorios para que os usuarios poidan ter o seu espazo e ao mesmo tempo estancias nas que interactuar co resto de mozos e mozas que habitan a vivenda, que “está moi ben equipada e é un recurso exemplar no concello de Pontevedra”, declarou o conselleiro. Como parte do proceso de adaptación á vida independente, na vivenda tutelada realízase unha intensa intervención educativa, formativa e de desenvolvemento, que dota aos usuarios de habilidades persoais e sociais necesarias para lograr a emancipación. Ademais, proporciona aos participantes a capacitación  para o acceso aos servizos de colocación, de formación e de busca de emprego.

 

Na actualidade xa están cubertas catro das oito prazas que oferta a vivenda pontevedresa e durante a visita o conselleiro escoitou as impresións dos rapaces que xa pernoctan nela e subliñou que “dende a Xuta traballamos por un futuro inclusivo e é importante mimar o último paso, a saída do sistema de protección intentando garantir un non retorno á situación de risco de exclusión social. O Programa Mentor amosa o compromiso de Galicia coas persoas novas que están en procesos de tutela e precisan unha especial atención”.

 

Programa Mentor

O Programa Mentor, considerado boa práctica a nivel europeo, naceu na comunidade autónoma galega no ano 1998 como un programa unicamente de inserción laboral para menores tutelados. Progresivamente foron incrementándose os beneficiarios e obxectivos, sendo agora unha actuación máis integral na que se traballa a capacitación para a vida independente do menor, tanto laboral, como social. No ano 2015, un total de 513 mozos e mozas se beneficiaron do programa, dos que 72 foron usuarios de recursos residenciais.

 

A Xunta de Galicia destina máis de seis millóns de euros para inserción sociolaboral de mozos e mozas en risco de exclusión a través do Programa Mentor, cun contrato inicial que se prolonga ata o ano 2019. En concreto, no que se refire ao ano 2016, o orzamento do programa será de 1.616.422,14 euros, o que supón un incremento de máis de 30.000 euros con respecto ao do ano 2015.

 

Na actualidade, no tocante a recursos, ademais dos equipamentos de inserción sociolaboral, o programa conta co traballo de 31 profesionais e 55 persoas voluntarias que colaboran na acción.

 

Instituto Galego de Xestión para o 3º Sector

Igaxes 3 é unha entidade sen ánimo de lucro, presidida por Luis Barreiro, que promove a cidadanía activa e apoia a inclusión das persoas en situación ou risco de exclusión social dende un enfoque baseado no empoderamento, a participación e a aprendizaxe. En Galicia xestionan un total de nove centros para menores e levan a cabo proxectos no eido da inmigración, da inclusión social, da cooperación ao desenvolvemento e da infancia e xuventude, no que se enmarca o Programa Mentor.

 

ARTURO PARRADO DESTACA A IMPORTANCIA DA INCLUSIÓN PARA ACADAR A “INTERACCIÓN DAS PERSOAS COA SOCIDEDADE COS MESMOS DEREITOS E OPORTUNIDADES” NA ENTREGA DE DIPLOMAS DE CÁRITAS

  • arturo parrado puente participa na entrega de diplomas dos cursos promovidos por entidades de inclusion social

    arturo parrado puente participa na entrega de diplomas dos cursos promovidos por entidades de inclusion social

    Salienta que tanto a Consellería de Política Social como o seu departamento traballarán “para que ningún galego ou galega quede esquecido nesta etapa tan importante que afrontamos chamada recuperación”

  • Destaca a importancia da colaboración con outras administracións así como coas entidades sociais de Galicia “porque elas son as que mellor coñecen a realidade destas persoas” e lembra que a Xunta vén de duplicar o investimento da Orde de Entidades de Inclusión Social

 

Santiago, 3 de febreiro de 2016.- O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente, participou na mañá de hoxe na entrega de diplomas dos cursos promovidos ao abeiro da orde de entidades de inclusión social. Na entrega de distincións que fixo Cáritas Interparroquial a 51 persoas de difícil inserción laboral pola súa participación en diversas accións formativas durante o ano 2015, o director xeral subliñou a importancia da inclusión social para acadar “a interacción das persoas coa sociedade cos mesmos dereitos e oportunidades”.

 

No acto que tivo lugar na sede de Cáritas e no que se entregaron as acreditacións dos cursos de camareira de andares, de mozo ou repoñedor de almacén, de dependente ou caixeiro de supermercado, así como os obradoiros de corte e confección e de español básico; Arturo Parrado salientou que tanto a Consellería de Política Social como o seu departamento traballarán “para que ningún galego ou galega quede esquecido nesta etapa tan importante que afrontamos chamada recuperación”.

 

Nas súas verbas, o director xeral de Inclusión asegurou que no novo cargo desempeñará o seu traballo “con lealdade, con honestidade e co maior dos compromisos”. Arturo Parrado subliñou que para conseguir que “as persoas que peor o están pasando poidan vivir un pouco mellor, teñan máis benestar e unha maior calidade de vida, apoiámonos e apoiarémonos no resto das administracións así como nas entidades sociais de Galicia, porque elas son as que mellor coñecen a realidade destas persoas”. Nesta liña recordou o aumento do orzamento autonómico destinado á Inclusión e precisamente lembrou que a Xunta vén de duplicar o investimento da Orde de Entidades de Inclusión Social.

 

Programa de Emprego de Cáritas

O programa de Emprego e Inmigración de Cáritas Interparroquial no que traballan actualmente 17 voluntarios e un asalariado, realizou durante o ano pasado seis accións formativas nas que participaron 91 persoas.

 

Ao abeiro deste programa foron xestionadas 154 ofertas de emprego co resultado de 129 insercións laborais. No apartado de Inmigración abríronse 218 novos expedientes, atendendo a 1.501 estranxeiros.

 

 

JUEVES 4 DE FEBRERO en CUARENTA , Rosalia de Castro, 29 Vigo

cf0c1ee6-b2a0-45a8-986d-fd5e60208e7cJUEVES 4 DE FEBRERO: SESIÓN ESPECIAL REMEMBER en CUARENTA a cargo de: GARAJE TORROSO

JUEVES 4 DE FEBRERO: SESIÓN ESPECIAL REMEMBER en CUARENTA a cargo de: GARAJE TORROSO

Contaremos con la presencia de Javier Calleja (propietario y rr.pp) y el resto de su personal. En Cabina su Dj. Pacheco.

Para más info. no dude en ponerse en contacto con nosotros en el telf: 652 099 142

en la dirección de correo electrónico: 40eventos@gmail.com

LA MOVIDA DE LOS 90 LOS JUEVES A “CUARENTA”

Debido a factores socio-económicos, desde finales de los noventa

a la actualidad, los hábitos de ocio nocturno en Vigo han

cambiado considerablemente, de hecho, las cifras en

comparación resultan vertiginosas, por ejemplo,

zonas que entonces eran  habituales de la movida en nuestra ciudad como:

Gran Via,  Avd. de Europa, Samil, Arenal, Churruca…  desaparecieron con

el paso del tiempo mientras otras aguantaron y se adaptaron a una

legislación cada vez más restrictiva para el sector…

La zona del Arenal hoy, por ejemplo, funciona con un 75% menos de

locales de los que había hace tan sólo una década.

En estas circunstancias  y siendo conscientes de la importancia que tuvo

en su momento, no sólo los locales, sino también las personas y la normalidad

con la que se salia los JUEVES ,DIA, que marcaba el pistoletazo de salida del fin de semana,

CUARENTA (Rosalia de Castro 29), propone una

sesión homenaje a cada uno de estos locales que hicieron historia entonces.

Cada Jueves CUARENTA invitará al PERSONAL de cada una de estas salas

(Camarer@s, Dj´s, RR.PP) para rememorar su ambiente en aquellas sesiones

que sin duda marcaron un antes y un después en la movida de Vigo… CUARENTA recordará

locales tan míticos como: GARAJE TORROSO, BOHEMIUS, TEBEO EN ZIPP, DUPLEX,

DISCOTECA SOL, BIKINI, CODIGO DE BARRAS entre muchos otros…

ISLAND CLUB, Plaza de la Estrella, 8 VIGO Recibidos x

carnaval de pelicula_2016_estrellaUn nuevo año Island Club celebra su fiesta Especial de Carnaval: UN CARNAVAL DE PELÍCULA, fiesta temática inspirada en películas cinematográficas de éxito

Viernes 5 de Febrero:

En la sala LA ESTRELLA: Especial CARNAVAL DE PELÍCULA con la temática de la película KING KONG y el CONCURSO DE BAILE DE DISFRACES con sorteo de regalos y premios para los 3 finalistas. Clases de Kizomba con Juanjo BK  a partir de las 23:30 h.  clases de Bachata con Tony Bachata a las 00:15

En sala MIKONOS Especial CARNAVAL DE PELÍCULA con la temática de la película THE MUMMY con Session especial de Dani Muñoz – a partir de las 23:30 h. – entrada 5€ con consumición mínima incluida.

Sábado 6 de Febrero:

En la sala LA ESTRELLA: Especial CARNAVAL DE PELÍCULA con la temática de la película KING KONG y elCONCURSO DE BAILE DE DISFRACES con sorteo de regalos y premios para los 3 finalistas. NOCHE ESPECIAL conFRAN VIDAL Clases de Zouk a partir de las 00:00 h.  

En sala MIKONOS Especial CARNAVAL DE PELÍCULA con la temática de la película THE MUMMY con Session especial de Dani Muñoz – a partir de las 23:30 h. – entrada 5€ con consumición mínima incluida.

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL CONTINUA COA SÚA ROLDA DE ENCONTROS COS ALCALDES GALEGOS COA FINALIDADE DE XUNTAR ESFORZOS ENTRE ADMINISTRACIÓNS E OPTIMIZAR RECURSOS

  • Jose Manuel Rey Varela reuniuse esta mañá co rexedor de Friol, José Ángel Santos, co que repasou as actuais vías de colaboración entre as dúas administracións no eido social

 

Santiago, 3 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, reuniuse hoxe en San Caetano co alcalde de Friol, José Ángel Santos, no marco da rolda de entrevistas que o titular da carteira autonómica está a realizar cos rexedores galegos. O obxectivo destes encontros é coñecer as necesidades no eido social de cada localidade e así poder optimizar os servizos prestados a través da unión de recursos locais e autonómicos.

 

Así as cousas, a rexedor e o titular de Política Social fixeron un repaso dos principais  programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver no municipio; nomeadamente o incremento de 200 horas no Servizo de Axuda no Fogar, grazas ao cal o total de horas de servizo ascende a 1.504. A Xunta de Galicia inviste máis de 143.000 euros neste servizo do que na actualidade se benefician 28 veciños e veciñas de Friol.

 

Jose Manuel Rey Varela e José Ángel Santos, tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade neste municipio emprazado na comarca de Lugo.

 

Cosas de papá y mamá, con Mª Luisa Merlo e Juan Meseguer, chega ao Teatro Afundación de Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa oferta de teatro en Vigo para a que presenta, nesta ocasión, a obra Cosas de papá y mamá de Alfonso Paso. A representación, dirixida por José Manuel Pardo e protagonizada por María Luisa Merlo, Marta Valverde, Naim Thomas, Juan Meseguer e Alberto Delgado, terá lugar o vindeiro xoves 11 de febreiro ás 20.30 h. no Teatro Afundación de Vigo. Esta obra forma parte da Tempada de abonos de teatro 2015-2016, que ofrece un 20 % de desconto no prezo das entradas e un 10 % para persoas desempregadas, xubiladas e mozas. As entradas están á venda enwww.ataquilla.com.