INAUGURACIÓN EXPOSICIÓNS MARÍA LUISA FERNÁNDEZ. je, je… luna JUNE CRESPO. Kanala

Miniaturas+Pes foto_SEOANE_gal_page6_image16O Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, convócalles á conferencia de prensa que terá lugar estevenres 5 de febreiro ás 12.00, no salón de actos, con motivo da inauguración de dúas novas exposicións:

MARÍA LUISA FERNÁNDEZ. je, je… luna, nas salas da planta baixa

Un proxecto de Azkuna Zentroa, comisariado por Beatriz Herráez

JUNE CRESPO. Kanala, no Anexo (vestíbulo principal)

Último proxecto do ciclo Intertextual, comisariado por Ángel Calvo Ulloa para o Anexo do MARCO

 

Nesta presentación participarán

–  Cayetano Rodríguez Escudero, concelleiro de Cultura, do Concello de Vigo e vicepresidente da Fundación MARCO

–  Sol María Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio, Consellería de Economía e Industria

–    Beatriz Herráez, comisaria da exposición je, je… luna

–    María Luisa Fernández, artista

–    Ángel Calvo Ulloa, comisario do ciclo Intertextual

–    June Crespo, artista

–    Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO

 

A continuación da conferencia de prensa haberá unha visita ás salas de exposición.

Encontro-coloquio:

Pola tarde, ás 19.00, terá lugar no salón de actos un encontro-coloquio aberto ao público, coa participación das artistas María Luisa Fernández e June Crespo, a comisaria Beatriz Herráez, e o comisario Ángel Calvo.

 

MARÍA LUISA FERNÁNDEZ

je, je… luna

Obras entre 1979-1997

5 febreiro – 29 maio 2016

Comisaria: Beatriz Herráez

Un proxecto de Azkuna Zentroa

 

Esta exposición formula un percorrido polo traballo de María Luisa Fernández (Villarejo de Órbigo, León, 1955) no que se relacionan distintos grupos de esculturas, debuxos e instalacións que, ata a data, non se mostraran de xeito retrospectivo. As obras, producidas entre 1979 e 1997, forman parte de distintos ensaios e achegamentos á figura dun Artista ideal que está presente na produción da escultora ata a súa última mostra individual en 1997.

 

JUNE CRESPO

Kanala

Ciclo de exposicións Intertextual

13 novembro 2015 – 24 xaneiro 2016

Anexo (vestíbulo principal)

Comisario: Ángel Calvo Ulloa

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Coa colaboración de: Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño

 

Kanala remite ao canle artificial como remite aos condutos do corpo e, como tal, implica unha vía de tránsito para sustancias fluídas. A instalación de June Crespo formula o patrón dunha acción levada a cabo e do seu resultado formal. A elaboración manual supón aquí un exercicio de memoria, de reprodución dunha serie de xestos aprendidos que configuran un conduto acantilado que pode alongarse sen fin. June Crespo traballou con Tomás López, artesán oleiro de Gundivós, para modelar no seu torno unha serie de pezas de barro. No resultado final combínase o primario co sofisticado, a mecánica dos movementos empregados na produción artesanal coa mecanización do proceso a grande escala.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: