O CONCELLO E A OFICINA DO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DO PORRIÑO AUMENTARÁN A SÚA COLABORACIÓN PARA AUMENTAR A CONTRATACIÓIN LABORAL

O Porriño, mércores 3 febreiro.-  A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Emprego, Soledad Girón, mantiveron unha xuntanza coa directora da Oficina do Servizo Público de Emprego, o día seguinte do coñecemento dos datos do paro difundidos polo Ministerio de Emprego.

Na reunión, a directora do Servizo Público de Emprego, Mercedes
Reboredo, plantexou a necesidade de que o Concello recorte, aínda máis, os prazo para a publicación das bases dos distintos plans de emprego
impulsados pola administración municipal, de xeito que os candidatos aos distintos postos poidan cumprir, con tempo, cos trámites para optar aos mesmos. Maila que constatou que esta xestión mellorou notablemente nos últimos meses, a directora subliñou que diminuír o prazo de chegada das bases das ofertas de traballo permitiría unha selección máis eficiente.

A alcaldesa, ademais de ofrecer a “total e completa” colaboración do goberno  local, adiantou que nuns días se publicarán 30 ofertas de traballo que forman parte do Plan de Emprego da Deputación. As mesmas se tramitarán por medio de Oficina de Emprego do Porriño e terán en especial consideración a veciños parados de longa duración, en situación de vulnerabilidade, de risco social e con cargas familiares.

Dende que chegou á Alcaldía, o primeiro dos obxectivos de Eva García de la Torre é o da mellora das condicións para a creación de emprego. Neste senso, mantivo xuntanzas cos responsables do Clúster do Granito, do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), cos directivos de Lonza Biologics Porriño, de Aimen Centro Tecnolóxico, e cos empresarios dos Polígonos de A Granxa e As Gándaras, de cara a elaboración dun novo plan de emprego municipal.

O mesmo, que terá unha partida específica nos orzamentos do Porriño para este 2016,  contempla a sinatura de convenios coas devanditas entidades para que sexan especialistas das mesmas os que impartan formación, concreta, que garanta que persoas en desemprego adquiran coñecementos demandados polas distintas empresas.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: