O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL CONTINUA COA SÚA ROLDA DE ENCONTROS COS ALCALDES GALEGOS COA FINALIDADE DE XUNTAR ESFORZOS ENTRE ADMINISTRACIÓNS E OPTIMIZAR RECURSOS

  • Jose Manuel Rey Varela reuniuse esta mañá co rexedor de Friol, José Ángel Santos, co que repasou as actuais vías de colaboración entre as dúas administracións no eido social

 

Santiago, 3 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, reuniuse hoxe en San Caetano co alcalde de Friol, José Ángel Santos, no marco da rolda de entrevistas que o titular da carteira autonómica está a realizar cos rexedores galegos. O obxectivo destes encontros é coñecer as necesidades no eido social de cada localidade e así poder optimizar os servizos prestados a través da unión de recursos locais e autonómicos.

 

Así as cousas, a rexedor e o titular de Política Social fixeron un repaso dos principais  programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver no municipio; nomeadamente o incremento de 200 horas no Servizo de Axuda no Fogar, grazas ao cal o total de horas de servizo ascende a 1.504. A Xunta de Galicia inviste máis de 143.000 euros neste servizo do que na actualidade se benefician 28 veciños e veciñas de Friol.

 

Jose Manuel Rey Varela e José Ángel Santos, tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade neste municipio emprazado na comarca de Lugo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: