POLÍTICA SOCIAL AVANZA NA ROLDA DE CONTACTOS COS REXEDORES GALEGOS PARA DESEÑAR A ESTRATEXIA SOCIAL A NIVEL AUTONÓMICO E LOCAL

  • Subliñan a importancia da escola infantil de 20 prazas ou o concerto de prazas na residencia San Pedro e na Residencia para persoas discapacitadas Casa Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey – Esclavas Virgen Dolorosa

 

Santiago, 3 de febreiro de 2016.- A Consellería de Política Social continúa apostando pola súa liña de reunións cos alcaldes galegos co fin de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos. Deste xeito, nesta nova etapa dirixida por José Manuel Rey Varela, o conselleiro insiste no diálogo cos entes municipais para optimizar os recursos locais e autonómicos de ambas institucións en beneficio dos galegos e galegas.

 

A Xunta de Galicia e os responsables das entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio pontevedrés de Crecente, Julio César García-Luengo Pérez.

 

Neste sentido os dous mandatarios contemplaron as posibilidades de cooperación futura que xa acadou importantes melloras nos servizos sociais destinados aos cidadáns como a escola infantil de 20 prazas (cunha ratio de prazas públicas do 85%) ou o concerto de 16 prazas na residencia San Pedro, cun investimento de 226.767 euros e de 60 prazas na Residencia para persoas discapacitadas Casa Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey – Esclavas Virgen Dolorosa cun financiamento de 1.233.180 euros.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: