Archivo | febrero 4, 2016

A COPA DA RAÍÑA DE BALONMÁN TERÁ UN IMPORTANTE IMPACTO NO ECONOMÍA, O COMERCIO E A HOSTALERÍA DO PORRIÑO

FOTO COPA REINAO Porriño, xoves 4 de febreiro.- A organización no  Porriño da  Copa da Raína de Balonmán non so suporá que o concello sexa a capital española deste deporte os vindeiros 15,16 e 17 de abril, tamén terá unha repercusión mediática de primeira liña, coa retransmisión e seguimento do campionato nos principais medios de comunicación.

A elección do Porriño para disputa da Copa, por diante das candidaturas Valladolid ou San Sebastián, tamén suporá unha importante oportunidade para a economía local co desprazamento ata a vila de integrantes dos clubs participantes, equipos técnicos e arbitrais, directivos, esponsorizadores e persoal de produción audiovisual, aos que hai que sumar o público que se achegará para seguir en directo a competición.

A súa presenza implicará un retorno económico para sectores como o do comercio, o turismo ou  a hostalería, que noutras sedes nas que se celebrou esta fase final superou o medio millón de euros no seu eido de influenza.

O  presidente da Asociación de Hostaleiros do Porriño, José Manuel Fernández, asegura que  a Copa da Raiña é unha “boísima nova para todos” que, asegura, suporá “publicidade para o pobo e xerará riqueza tantos os días de competición como os anteriores”. Fernández agarda unha ocupación total para os establecementos locais e afirma que os mesmos estarán preparados para esta gran ocasión.

Na opinión da alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acoller a fase final da Copa da Raiña ten unha triple importancia, en primeiro lugar supón “un recoñecemento ás estupendas tempadas que veñen facendo as nosas xogadoras en todas as categorías e a capacidade de xestión e organización do Club Balonmán Porriño ”; implica “dar a coñecer o noso concello aos centos de miles de afeizoados ao balonmán, que seguirán a competición polas retransmisións e as crónicas deportivas, que se difundirán en todos os medios de comunicación de España”  e, por último, é unha “inxección económica para os nosos establecementos hostaleiros e comerciais”.

 

 

REY VARELA CONTINÚA A ABORDAR COS ALCALDES GALEGOS AS LIÑAS DE ACTUACIÓN DA XUNTA EN MATERIA SOCIAL PARA ESTE ANO 2016

  • O titular da carteira de Política Social trasladou ao dirixente local que un dos eixes estratéxicos do Goberno autonómico é que a ratio de cobertura de atención ás persoas dependentes pase do actual 60% ao 75% ao longo do presente exercicio

 

Santiago, 4 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, entrevistouse hoxe en San Caetano co alcalde do municipio pontevedrés de Ponteareas, Xosé Represas Giráldez, dentro da rolda de contactos que está a manter co conxunto dos rexedores e rexedoras de Galicia co obxecto de dar conta das liñas de actuación da Xunta de Galicia en materia social de cara a este ano 2016. A través destas xuntanzas, o Goberno autonómico e os responsables das entidades locais adquiren o compromiso de abrir novas vías de diálogo e colaboración para traballar na consecución dunha política social axeitada, así como na busca de optimizar recursos de tal xeito que estes cheguen ás familias e persoas que máis precisan do apoio das administracións.

 

No que atinxe ás prestacións sociais de Ponteareas nas que ten participación a Xunta, nestes momentos o Servizo de Axuda no Fogar da cobertura asistencial a 59 dependentes, o que supón un total de 3.037 horas de atención á dependencia no entorno familiar e un investimento público superior aos 282.000 euros. Ao respecto, Rey Varela explicou que un dos eixes estratéxicos da Consellería de Política Social é que a ratio de cobertura do sistema de dependencia no conxunto de Galicia chegue ao 75% este mesmo ano. A día de hoxe, dous terzos –máis do 60%- das persoas que teñen recoñecida a súa dependencia benefícianse do sistema galego de coidados e promoción da autonomía persoal.

 

Así mesmo, a Xunta mantén operativo en Ponteareas un centro de día con 20 prazas, ao que destina para o seu mantemento 221.400 euros por exercicio; e dispón de 10 prazas concertadas no centro de menores de iniciativa social da localidade. Ademais, a administración autonómica subvenciona a escola infantil municipal de Ponteareas con 42.000 euros anuais.

 

Ademais, o conselleiro amosou a súa colaboración para, no momento en que se aprobe definitivamente o Plan Xeral de Ponteareas e que o Concello poida por a disposición os terreos para a construción dunha nova escola infantil, avanzar na sinatura do convenio co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para facer efectiva esta infraestrutura social. Ambas institucións coinciden na importancia deste centro tendo en conta a poboación de 0 a 3 anos que amosa a demografía do municipio pontevedrés.

 

 

LÓPEZ-CHAVES INFORMA DO INICIO DUN NOVO CONCURSO DE ALUGUER PARA 5 BAIXOS COMERCIAIS NA ZONA ALTA DO CASCO VELLO DE VIGO

  • 04022016_RdPConsello-ComiteCCVVO delegado territorial da Xunta en Vigo e presidente do Consorcio deu conta hoxe dos asuntos tratados no Consello de Administración e no Comité Executivo
  • Se aprobou tamén a adxudicación da construción das obras de reestruturación de Ferrería 10-12, que dará lugar a 2 vivendas e 2 locais comerciais máis
  • Na reunión ordinaria tratouse tamén o problema que os veciños e comerciantes están a ter para aparcar, sobre todo tras o peche do aparcamento de Porta do Sol
  • O delegado considera que é o “momento adecuado” ao ter o Concello “absoluta liberdade” para decidir o sistema de xestión ou explotación que máis pode interesar aos veciños e comerciantes da zona
  • Valora moi positivamente o anuncio do rexedor vigués de incorporarse ao Plan de Transporte Metropolitano porque se notará “inmediatamente no peto dos vigueses”

 

Vigo, 04 de febreiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, deu conta hoxe en rolda de prensa dos asuntos tratados no Consello de Administración e no posterior Comité Executivo do organismo celebrado esta mañá.

 

Así, informou da posta en marcha dun novo concurso de aluguer de 5 locais comerciais que se atopan en Ferrería 3-5-7 (tres locais), Ferrería 33 e San Sebastián, 26, todos eles na zona alta do barrio histórico. A día de hoxe, e coma dixo o presidente, todos os baixos comerciais ofertados polo CCVV están alugados. “Os alugueres teñen un gran éxito na actividade do Consorcio e agora que xa temos edificado e adxudicado novos pisos en Ferrería 3-5-7, agora corresponde a licitación destes alugueres nos locais comerciais”.

 

Ademais, informou que tamén hoxe se aprobou a adxudicación para contratar as obras de reestruturación dun novo edificio no Casco Vello, concretamente na rúa Ferrería 10-12. “É un novo paso adiante”, valorou López-Chaves. A adxudicación se fixo por 270.000 euros e a nova edificación contará con 2 vivendas e 2 locais comerciais máis. O presidente considerou que se trata dunha boa nova posto que nestes momentos están a comezar as obras de rehabilitación en Ferrería 45-47. “Continuamos coa política de recuperación, rehabilitación e posterior venda de vivendas”, dixo, sinalando que a día de hoxe soamente quedan 7 pisos sen vender.

 

Por último, e dentro do orde do día, López-Chaves informou da aprobación definitiva da cesión dun dereito de superficie a favor da Asociación Down Vigo para o número 27 da rúa Real. Coma dixo, houbo un período de exposición pública onde “non se presentou ningunha alegación” e agora se adxudicou definitivamente ese dereito de superficie.

Aparcadoiro

O delegado explicou tamén que dentro da reunión ordinaria, os membros do Consello de Administración e, tras un prantexamento da Xerencia do organismo, tratouse o problema que teñen os veciños e veciñas e comerciantes con respecto ao aparcadoiro.

 

López-Chaves informou que nestes momentos se está ante unha “situación magnífica” pola reversión da concesión do aparcadoiro de Porta do Sol ao Concello. “Unha vez que se reverteu, ese aparcamento é tan dos vigueses coma o de Samil, non existe concesión e hai que saber aproveitalo para atender as necesidades dos veciños e comerciantes do entorno do Casco Vello”, considerou o delegado.

 

Por isto, os membros do Consello presentes na reunión acordaron dirixirse ao Concello para “buscar fórmulas que garantan aos veciños a posibilidade de ter unha praza de aparcamento en condicións adecuadas” e que, coma manifestou López-Chaves, sexa un “aliciente” para conseguir ese “círculo virtuoso” de recuperación total do Casco Vello e se complete así o labor que o CCVV está a levar a cabo dende fai xa 10 anos. “Agora faltan a prestación dos servizos que o Consorcio non pode dar”, dixo facendo mención ao aparcamento e cualificando de “momento adecuado” a situación actual pola inexistencia de concesión do aparcadoiro de Porta do Sol. “O Concello ten absoluta liberdade para decidir o sistema de xestión ou explotación e que garanta aos veciños unha praza de aparcamento”. Sen esta opción, o delegado significou que o CCVV terá unha “grave rémora” para “pechar o círculo da recuperación” do Casco Vello.

 

Reunión sobre o transporte

A preguntas dos medios, o delegado valorou tamén o encontro celebrado onte entre a Xunta e os 14 alcaldes da Área Metropolitana para falar do transporte. Neste senso, celebrou que o rexedor vigués “diga que nos vamos a incorporar ao Transporte Metropolitano”. “É unha boa noticia para os vigueses que vamos a notar inmediatamente no peto xa que, agora mesmo, ás veces, temos que pagar o transporte urbano porque non estamos no Plan”.

 

Así, exemplificou varios casos onde os vigueses non terían que pagar o transporte urbano unha vez que Vigo entre no PTM posto que os transbordos os bonifica ao 100% a Xunta de Galicia. “Se un vigués está en Coia e quere ir a Estación Marítima para coller un barco e irse a Cangas, agora mesmo paga 0,86 euros do Vitrasa. Se Vigo se incorpora, o vigués pagaría cero euros por ese billete de Vitrasa”, explicou o delegado.

 

Por isto considerou una boa nova o dito onte por Abel Caballero. “É unha noticia magnífica porque os vigueses vamos a ser os beneficiados”. “Xa era hora que Vigo se incorporase”, finalizou.

 

A XUNTA DUPLICARÁ NESTE 2016 A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO CON PRETO DE 2.400 PRAZAS

A oferta de emprego público para 2016 incluirá prazas nos eidos de educación (1.112), sanidade (818) e Administración xeral (448)

  • No eido dos servizos sociais, a Administración galega sacará a oposición 146 prazas de auxiliar de enfermaría, camareiro-limpador e axudante de cociña
  • Por primeira vez dende 2003, inclúese o servizo de prevención e extinción de incendios na oferta de emprego, con 124 prazas
  • A Xunta prevé aprobar antes do verán a convocatoria dos procesos selectivos nestas dúas áreas
  • Como novidade, convócanse por primeira vez en Galicia 22 prazas de especialistas en seguridade e saúde no traballo, co obxectivo de favorecer a redución da sinistralidade laboral
  • Outras 116 prazas ofrécense á promoción interna, o que permitirá aos empregados públicos acceder a un posto de maior categoría garantindo a promoción profesional
  • As 1.112 prazas no eido educativo inclúen 500 prazas para mestres, 478 para docentes de ensinanza secundaria, 122 para profesores de FP e 12 na Inspección
  • Nas próximas datas concretarase a distribución das 818 prazas no eido sanitario.

 

¡RICHIE HAWTIN PINCHA A ANDRÉS CAMPO PARA ABRIR SU ESSENTIAL MIX!

  • unnamed
  • Comparte su sesión del ya mítico 73º aniversario del club de sus amores, Florida 135; y otra en ElRow
¡Menudo comienzo de año para Andrés Campo! Tras un 2015 de ensueño, donde el residente de la mítica Florida 135 y asiduo de ElRow ha ido afianzando su perfil tanto a nivel nacional como internacional, 2016 ha comenzado fuerte, con su agenda habitual del mes de enero. Sin embargo, un evento sin precedentes ha perturbado el equilibrio en la fuerza…
NOVEDADES
…Y es que el pasado 29 de enero la leyenda y pionero del techno Richie Hawtin presentaba su primer Essential Mix en 15 años, grabado desde el impresionante Exchange LA, en Los Ángeles (EEUU). Medios de la talla de Pitchfork, Resident Advisor, MixMag, FactBillboard se han hecho eco de su actuación, dándole una visibilidad sin precedentes. ¿Y qué tiene que ver con Andrés, os preguntaréis? ¡Pues que Hawtin decidió abrir su live set con el track ‘White (Lander B & Oscar Escapa Remix)’ de Andrés Campo! Y no solo eso, sino que desde entonces el track ha estado entre los tres más populares en el player de la BBC, manteniéndose varios días como el más popular del día.
‘White (Lander B & Oscar Escapa Remix)’ es un track de Andrés Campo, publicado en el sello del oscense, Florida Music, como parte del disco ‘Greyscale EP: The Remixes’ y que ha corrido a cargo de Lander B y Oscar Escapa. El disco también contiene remixes de Loco & Jam, Alberto Ruiz y Alexander Laurell & Toti Pereira. Haced click en la imagen para obtenerlo.
‘White (Original Mix)’ aparece en el aclamado EP ‘Greyscale’, publicado por Andrés como referencia número 15 de Florida Music, sello que administra y uno de los proyectos más importantes del artista oscense. Podéis acceder a ‘White’ haciendo click en la imágen.
TRACKS & RELEASES
Hace poco Andrés Campo colaboraba con Matt Minimal en su EP ‘No House’ con un remix. Este trabajo se publicó el 25 de enero en Stick Recordings. Se trata de un corte acelerado, muy percusivo, físico y con momentos epico-eufóricos de primer nivel y que está teniendo gran acogida en todos los estamentos de la industria. Podéis escucharlo haciendo click en la imagen.
Asímismo ocurría con el trabajo a tres bandas entre Marc B, Javi Row y Jonathan Colell ‘Fiction’, quienes reclamaron la participación de Andrés Campo y Alberto Ruiz como remixers. En el caso de Andrés, la remezcla es del tema que da título al trabajo, ‘Fiction’, consiguiendo un track potente, minimalista, cargado de sonidos metálicos y de oscuridad. Publicado también en Stick, el pasado 11 de enero, haced click en la imagen para escucharlo.
SETS & STREAMING
Además, Andrés Campo, como residente de un club tan mítico como Florida 135, recuerda que su set del pasado 73 aniversario, celebrado el 7 de diciembre, está disponible para todos los technocratas que quieran escucharlo en Soundcloud, donde podréis disfrutar de más de una hora de su sesión en una fecha tan señalada.
Y como las cosas buenas nunca vienen solas, también tenéis disponible el set que se marcó Andrés en la pasada fiesta de Navidad que dio ElRow en Viladecans, el pasado 25 de diciembre. Tres horas de musicón que podréis revivir o disfrutar por primera vez haciendo click en la imagen.
Con estos comienzos de año tan vertiginosos, solo nos queda ver qué sorpresas tiene 2016 preparadas para nuestro oscense más electrónico e internacional. Si todo sigue a este paso, Andrés es capaz de llegar ¡al infinito y más allá!

¡Estad atentos a sus próximas fechas y novedades!

Crónica da concentración: STOP Pobreza Enerxética

20160204_114202Esta maña preto dunha centena de persoas convocadas por colectivos da cidade concentrámonos ás portas da Xunta de Galicia en Vigo para esixir o fin da pobreza enerxética e subministros básicos garantidos para todas.

Achegamos o manifesto lido esta maña na concentración:

Cos nosos dereitos non se negocia. Subministros básicos para todas!

A Xunta de Galicia, un ano máis, ven de convocar unhas mal chamadas “axudas públicas” contra a pobreza enerxética. Coma sempre, volven a ser uns parches propagandísticos, miserentos, restritivos e totalmente inútiles para loitar contra a precaria situación na que se atopan moitas familias do noso país. Ao igual que o Concello de Vigo, a Xunta intenta agochar con esmolas o terror que sofren moitos fogares en Vigo e na Galiza que son privados duns mínimos para a vida.

Sufrimos a miseria e a precariedade que provoca a privatización dos dereitos básicos, convertidos, hoxe, en produtos de consumo sometidos ao mercado e non ao interese colectivo. Os nosos dereitos máis básicos: poder vivir con luz, quentar os nosos fogares, ducharnos ou quentar a comida están a ser sometidos á lóxica perversa e depredadora da especulación dos mercados.

Mentres nós sufrimos a violencia dos cortes de luz, as grandes empresas enchen os petos facendo negocio coas nosas necesidades:

As tres grandes compañías con actividade no Estado —Iberdrola, Unión Fenosa Gas Natural e Endesa— manteñen, ano tras ano, os seus beneficios, sempre por riba dos 5.000 millóns de euros, e no ano 2015 todas as grandes eléctricas aumentaron beneficios nun 18% máis que no ano anterior.

Eles enriquécense, co beneplácito dos gobernos, o cal contrasta co empobrecemento de amplas capas sociais e coas alarmantes cifras de fogares  galegos en situación de exclusión social. Arredor de medio millón de persoas que no país non poden cubrir as necesidades básicas:

España ocupa o cuarto lugar entre as facturas máis caras de Europa. Segundo o “Informe Robinson”, a electricidade nos fogares do Estado Español encareceuse nun 52% entre 2008 e 2014, unha suba que duplica a media da Unión Europea.

O sistema capitalista que nos absorbe, aumenta cada vez máis a fenda crecente entre as que máis teñen e as que menos, o que fixo que se triplicase a pobreza enerxética na Galiza, que afecta xa a unha de cada dez familias (100.000 fogares).

No estado español, estímase que 5,1 millóns de persoas sofren a pobreza enerxética, unha cifra que aumentou nun 47% nos últimos cinco anos.

Perante esta situación, berramos que estamos fartas de promesas e propaganda. Fartas da mercantilización do que ten que ser un dereito universal. Fartas deste sistema que nos condena á miseria e á precariedade.

Esiximos o que é de todas, o que nos teñen arrebatado ás administracións incompetentes e as grandes empresas.

Esiximos:

1º. Xestión pública dos servizos básicos: fin das concesións ás empresas privadas que non garanten os nosos dereitos.

2º. Luz, auga e gas para todas: tarifas sociais en función dos recursos das persoas. Quen non ten non paga.

3º Cese inmediato dos cortes de subministros.

Vigo, 4 febreiro 2016

ODS-Coia, PAH Vigo Tui-Baixomiño, Os Ninguéns, RSP-Vigo e G.A.S.

– See more at: http://odscoia.arkipelagos.net/cr%C3%B3nica-da-concentraci%C3%B3n-stop-pobreza-enerx%C3%A9tica#sthash.vYzoviu4.dpuf

A XUNTA DESTACA O CARÁCTER SOCIAL E FORMATIVO DOS PROXECTOS DE VOLUNTARIADO EUROPEO NOS QUE PARTICIPA A MOCIDADE GALEGA

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe en Carral unha mostra de traballos feitos por dúas mozas de Polonia e Italia que están a levar a cabo unha acción voluntaria nesta vila coruñesa
  • Os proxectos de Servizo Voluntario Europeo supoñen para os mozos e mozas participantes unha experiencia de educación non formal para o exercicio da solidariedade, a promoción das relacións con culturas distintas e a adquisición de competencias, aptitudes e habilidades que axudarán ao seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional

 

 

Carral (A Coruña), 4 de febreiro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe na Casa da Cultura do concello de Carral a exposición dos traballos realizados nos últimos meses por dúas mozas de Polonia e Italia que están a desenvolver un proxecto de Voluntariado europeo neste municipio coruñés.

 

Cecilia Vázquez destacou que actualmente en Galicia teñen a certificación para participar en proxectos de Servizo Voluntario Europeo un total de 17 concellos e 47 entidades sen ánimo de lucro. Ao respecto deste programa, do que este ano se conmemora o vixésimo aniversario, “ofrece aos mozos e mozas unha experiencia de educación non formal para o exercicio da solidariedade, a promoción das relacións con culturas distintas e a adquisición de competencias, aptitudes e habilidades que axudarán ao seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional”.

 

En concreto, a iniciativa do Servizo Voluntario Europeo do Concello de Carral conta cun orzamento de 23.257,49 euros e participan cinco mozos e mozas: as dúas voluntarias de acollida que están residindo en Carral, e un mozo e dúas mozas desta vila coruñesa que son de envío –dous están en Italia e unha en Polonia-. Estas cinco persoas levan a cabo durante seis meses o seu proxecto de voluntariado.

 

Elevada participación

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado indicou que no ano 2015 foron aprobados en Galicia un total de 19 proxectos de Servizo Voluntario Europeo que suman un orzamento de 356.114 euros e nos que participaron 66 mozos e mozas.

 

O Servizo Voluntario Europeo é unha acción incluída no programa europeo Erasmus+: Xuventude en Acción, dentro da liña estratéxica de mobilidade dos mozos e mozas. Esta iniciativa europea ofrece á xuventude, con idades comprendidas entre os 17 e os 30 anos, a oportunidade de contribuír ao traballo diario das organizacións que traballan no ámbito xuvenil , o desenvolvemento persoal e socioeducativo, a implicación civil, asistencia social, a inclusión dos desfavorecidos, o medio ambiente e os programas de educación non formal, entre outros.

 

As entidades que poden participar en Erasmus+: Xuventude en Acción nos proxectos de Servizo Voluntario Europeo son as entidades sen ánimo de lucro; os organismos públicos de ámbito local, rexional e nacional; e as empresas con responsabilidade social cooperativa. Así mesmo, os mozos e mozas participan nesta liña de acción normalmente de maneira individual. Sen embargo, o programa recolle a posibilidade da realización dun Servizo Voluntario Europeo de grupo no que estean implicados polo menos dez voluntarios; e tamén a participación de voluntarios en eventos a gran escala europea con mínimo de 30 voluntarios. O período de duración do servizo oscila entre os dous e os doce meses.

 

“For Birds’ Sake”, una velada historia de amor entre hombres y pájaros en Estambul

unnamedLas fotógrafas Maria Sturm y Cemre Yesil han retratado una práctica que hunde sus raíces en el Imperio Otomano y que ha sido adoptada por los hombres turcos durante siglos: la custodia y crianza de pájaros cantores

Los criadores u “hombres pájaro” mantienen una estrecha relación con sus jilgueros y los custodian en jaulas cubiertas para potenciar la belleza de sus trinos

Esta tradición, de la que participan únicamente hombres, corre peligro debido a los cambios legislativos en Turquía y al creciente proceso urbanístico que sufre Estambul

Sturm y Yesil abordan de forma sutil esta relación entre hombres y pájaros, repleta de contradicciones entre la pasión, el amor y el placer

For Birds’ Sake es un libro único, cada uno de los ejemplares a la venta está cubierto con una funda de tela realizada artesanalmente por un sastre turco. 

Durante siglos, la custodia y crianza de pájaros cantores, en especial de jilgueros, ha estado muy ligada a la ciudad de Estambul. Su situación geográfica como lugar de paso en las rutas migratorias entre África y Europa y la riqueza medioambiental del área del Bósforo, repleta de bosques, lagunas y humedales, ha propiciado el encuentro entre los pájaros y los hombres a través del canto. Una tradición con múltiples plataformas sociales que hunde sus raíces en una comunidad griega que vivió en Estambul durante el Imperio Otomano y que ha sido adoptada por los hombres turcos y mantenida a los largo de los años.

Es esa fascinación, transmitida de padres a hijos, así como la estrecha relación entre los criadores y sus aves la que llevó a las fotógrafas Maria Sturm y Cemre Yesil a trabajar en un proyecto que ahora ve la luz en el libro For Birds’ Sake (La Fábrica, 2015). Una publicación que muestra el misterioso vínculo que se genera entre los pájaros y sus cuidadores, repleto de contradicciones entre el amor, la posesión y el placer. Una mirada sutil y en clave femenina hacia este microuniverso de pájaros y hombres.

O musical El Mago de Oz chega a finais deste mes a Vigo e Pontevedra

mago1O Auditorio Sede Afundación de Pontevedra e o Teatro Afundación de Vigo acollen os vindeiros 20 e 28 de febreiro, ás 18.00 h., o espectáculo musical El Mago de Oz,desenvolvido e interpretado pola compañía Teatromedia que leva máis de cinco anos de percorrido e preto de 1000 funcións ás súas costas. Dirixido a toda a familia, El Mago de Oz é un show que combina teatro moderno e familiar con baile, cancións e moita diversión para que pequenos e maiores o pasen en grande, gozando unha vez máis deste clásico de L. Frank Baum contado dun modo un tanto diferente, porque nesta versión nada é o que parece: a Fada Glinda é tan torpe como efectiva, a Bruxa do Oeste é bastante neurótica, o León Covarde parece unha versión animal de Tony Manero, o Home de Folla de Lata ten complexo de Clint Eastwood, e o Espantallo ten a memoria dun peixe e a inocencia dun neno. A través destes personaxes a historia pretende humanizar a maxia e atender as necesidades do público adulto, para que toda a familia goce dunha experiencia compartida.

Últimas sesións das Xornadas «A Cociña Gráfica» dedicadas aos novos formatos de impresión téxtil e gravado

jornadas 2O Colegio Hogar da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) celebra mañá, a partir das 11.00 h., as súas últimas sesións das III Xornadas «A Cociña Gráfica», organizadas polo departamento de artes gráficas do centro. Inauguradas o pasado día 3, participaron nelas importantes empresas da contorna e profesionais do ámbito da impresión e a comunicación gráfica co obxectivo común de achegar aos alumnos e alumnas do centro e aos profesionais do sector as últimas tecnoloxías, materiais e maquinaria de artes gráficas.