Archivo | febrero 6, 2016

Especial San Valentin – Cristian Show

cristian sanvalentinEl próximo Sábado 13 de Febrero CRISTINA SHOW actuara en la sala ISLAND CLUB en la plaza de la Estrella – Vigo, con el  Show  Especial San Valentín … ( adjuntamos cartel del evento.)

Entrada 15€ con Copa, hora: 23:45 h.

O CONCELLO DO PORRIÑO AUMENTA A SÚA DOTACIÓN PARA O FESTIVAL DE CANS E REALIZARÁ ACTIVIDADES CULTURAIS ARREDOR DO MESMO NAS DATAS ANTERIORES AO SEU COMEZO

FESTIVAL CANSA alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e o director do Festival
de Cans, Alfonso Pato, mantiveron unha xuntanza para definir a
colaboración do Concello co famoso festival audiovisual que, cada ano,
fai da parroquia de Cans o destino de milleiros de persoas, recibe a
destacados artistas e o atrae o seguimento de incontábeis medios de
comunicación.

Eva García de la Torre adiantou que a apOrtación municipal ao festival
aumentará nun 20% en relación coa edición de 2015, pasando de 15.000 a
18.000€. Ademais, a Concellería de Cultura,da que a propia alcaldesa é
titular, coordinará co festival a organización de distintas actividades  que xirarán
arredor de Cans e terán como escenario todo o Porriño as datas
anteriores ao inicio do festival.

Alfonso Pato, pola súa banda, estivo dacordo en que a vila rinda unha
homenaxe aos veciños da parroquia de Cans, que son os verdadeiros
protagonistas e quenes fan posible que o festival siga existindo e
medrando. Todos os porriñeses se identifican con eles, recoñecendo a súa
contribución, o seu traballo a prol do talento, da imaxinación e da
cultura e por conquerir que o festival sexa un dos sinais de identidade,
de xeito que todos os meses de maio Porriño é Cans.

O GOBERNO LOCAL, ASOMBRADO POLAS MANIFESTACIÓNS DO CONCELLEIRO DE EU-SON

Por outra banda, o goberno local amosa a súa sorpresa polas declaracións
públicas do grupo municipal de EU-Son nas que rexeita a contratación dun
técnico para a área de cultura, vencella este feito a que se preste máis
atención a políticas sociais por parte do Concello e critica o que
cualifica como ‘estancamento’ na xestión realizada nas mesmas.

A sorpresa é aínda maior ao lembrar que, no Pleno da Corporación do
pasado 28 de outubro, o grupo municipal de EU-Son impediu co seu voto
que 1,3 millóns de euros do superávit das contas municipais se adicasen
á realización de proxectos urxentes, necesarios e longamente demandados
polos veciños de varias parroquias do Porriño.

O plantexamento de EU-Son chega a causar estupor polo feito de que unha
organización política que se define como de esquerdas, esqueza  o feito
de que o eido da cultura é un dos máis prexudicados pola crise e as
políticas posteriores dos gobernos estatal e galego. Basten como datos o
recorte, en preto dun 75%, das axudas públicas ás actividades culturais
ou o incremento do IVE, do 8 ao 21%, facendo que España se sitúase á
cabeza da Unión Europea, duplicando a mesma taxa  de Francia e
triplicando a de Alemaña.

 

 

CARNAVAL COLEGIO LAR – Vigo

COLLAGE 1 P1100176jornada de carnaval celebrada hoy en el Colegio Lar, en Mos. Estudiantes de todos los cursos, y también profesores, se disfrazaron para festejar la llegada de don Carnal.

O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO PPDEG PARA CONMEMORAR O CUARTO CENTENARIO DO PASAMENTO DE CERVANTES E HOMENAXEAR AO SEU MECENAS O VII CONDE DE LEMOS

  • Ademais, Rodríguez dixo que o VII Conde de Lemos “é unha figura que ten relevancia polo seu legado cultural e histórico, por ser defensor do voto en Cortes de Galicia e por terse comprometido co desenvolvemento de actividades industriais”

 

Santiago, 5 de febreiro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a impulsar e acompañar as principais iniciativas culturais que se realicen en Galicia para a conmemoración en 2016 do cuarto centenario do pasamento de Miguel de Cervantes, así como render unha homenaxe ao seu mecenas o VII Conde de Lemos. A deputada Julia Rodríguez salientou que “se trata de facer un recoñecemento de ambas figuras e poñer en valor o importante vínculo que une á un dos autores mais destacados da literatura universal, Miguel de Cervantes, con Galicia”.

 

Julia Rodríguez lembrou que o VII Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, “é unha figura notable da historia e a cultura de Monforte, pero que transcende do ámbito local, para  tomar relevancia en toda Galicia, non so polo legado cultural e histórico que deixou senón tamén por ter sido defensor do voto en Cortes de Galicia e por terse comprometido co desenrolo de actividades industriais encamiñadas a beneficiar os galegos da época, como a manufactura téxtil da seda ou a introdución do millo en Galicia”.

 

“Ademais, o VII Conde de Lemos, actuou como mecenas de importantes escritores do século de ouro, garantindo así a publicación de obras notables daquela época”, sinalou a deputada popular.

 

Un deses escritores foi Miguel de Cervantes, que dedicou unha boa parte das súas obras, entre elas, a segunda parte do Quixote, ao VII Conde de Lemos, con quen o escritor mantivo unha intensa relación ata os seus derradeiros días de vida.

 

PERSOEIRO POLIFACÉTICO

 

Ao longo deste ano 2016 conmemóranse os 400 anos da morte de Cervantes. “É esta unha boa ocasión para recoñecer a un persoeiro tan polifacético e destacado da historia e a cultura de Galicia, e, sobre todo, para poñer en valor o importante vínculo que une a un dos escritores mais importantes da literatura universal, Miguel de Cervantes, con Galicia”, manifestou Julia Rodríguez.

 

O Grupo Popular aceptou, ademais, a emenda do BNG para que a Xunta impulse medidas para o coñecemento da figura do VII Conde de Lemos e a súa influencia na sociedade do seu tempo, así como a importancia dos cargos que desempeñou e a súa relación coa cultura e coa Historia de Galicia.

REY VARELA REITERA O COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO COA INCLUSIÓN SOCIAL DAS PERSOAS MIGRANTES NA INAUGURACIÓN DAS NOVAS INSTALACIÓNS DA FUNDACIÓN JUANSOÑADOR

  • A Xunta de Galicia colabora coa entidade a través do Proxecto Teranga de inserción sociolaboral, para o que aporta preto de 145.000 euros
  • A administración autonómica tamén ten subscrito un convenio de colaboración para o financiamento de actuacións de o desenvolvemento persoal e social, coa finalidade de acadar a inclusión social de menores en situación de vulnerabilidade

 

Vigo, 5 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu esta mañá á inauguración das novas instalacións en Vigo da Fundación JuanSoñador, que ten como finalidade facer realidade o dereito das persoas máis necesitadas a unha vida máis digna, centrando a súa actividade nos menores, familias e inmigrantes en situación de risco ou exclusión social. No acto de inauguración tamén estivo presente o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente e o presidente da entidade, José María Blanco Alonso.

 

O titular da carteira autonómica destacou a gran labor da fundación no ámbito social, resaltando os programas que realiza en Galicia para contribuír ao benestar das persoas que máis o precisan.

 

Proxecto Teranga

Unha das accións que se desenvolven no centro da Fundación na cidade olívica, é o proxecto Teranga, que favorece a plena inserción sociolaboral das persoas migrantes para aumentar a súa calidade de vida, atendéndoas de forma integral e velando pola efectividade dos seus dereitos e deberes, fomentando o traballo en rede con outras entidades e potenciando a interculturalidade como modelo de cidadanía. Este proxecto está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social, quen achega preto de 145.000 euros.  No marco do Teranga, a Fundación Juan Soñador imparte cursos de castelán, galego, de igualdade de xénero ou de informática. “Trátase de actividades que favorecen a integración das persoas migrantes que buscan a inclusión na nosa sociedade, a través da mellora das súas competencias lingüísticas e laborais”, declarou Rey Varela.

 

Familia, infancia e dinamización demográfica

O conselleiro de Política Social tamén fixo fincapé no compromiso da Xunta de Galicia con “acadar a igualdade de oportunidades e favorecer a inclusión social dos menores que están nunha situación de vulnerabilidade”.

 

Froito dese compromiso, José Manuel Rey Varela, asinou no pasado mes de novembro un convenio para contribuír ao financiamento de diferentes programas de actuación que leva a cabo esta entidade e que están dirixidos a favorecer o desenvolvemento persoal e social, o apoio escolar, a atención familiar e a dinamización do tempo libre de menores en risco de exclusión social. A achega da Consellería á Fundación JuanSoñador para este fin, ascende a 60.000 euros, sendo o presuposto total do convenio de 101.036,77 euros –a cantidade que resta corre a cargo da propia fundación-. As actividades e programas da entidade teñen como beneficiarios menores de 6 a 18 anos e as súas familias, preferentemente adolescentes con fracaso e/ou abandono escolar; e veñen derivados desde os servizos sociais comunitarios, equipos técnicos do menor, entidades sociais ou equipos de orientación dos centros escolares.

CONCELLO DO PORRIÑO CAMBIOS ENTROIDO

O Porriño, venres 5 de febreiro.- Ante as previsións meteorolóxicas para os vindeiros días, o Concello do Porriño ven de facer cambios nos actos do Entroido que empeza este sábado. O programa da mañá mantense coa ‘Animación de rúa’, ás 12, o pregón, que pronunciará a actriz Araceli Saavedra, ás 12 e media; o ‘Xantar do Entroido’, ás 14 h. Pola tarde celebrarase, as 4 o ‘73º Xogo da Ola’ e ás 4 e media, na Praza de Antonio Palacios, a ‘Animación na rúa’.

Por mor do mal tempo, retrásase das 18:00 h ás 20:00 h. o ‘Gran desfile de Comparsas’, coa Rondalla Santa Eulalia de Atios. Ademais, modifícase o percorrido: o desfile sairá dende a Praza de San Sebastián cara á Praza do Concello.

Do mesmo xeito, mantense, o domingo, día 7, a ‘Festa Infantil’ no Círculo Recreativo e Cultural, ás 5 da tarde, e as actividades do luns, día 8: ‘Animación na rúa’ na Praza Antonio Palacios, ás 12 h.; ‘Baile de disfraces’ coa Orquestra Dúo Amanecer, no Centro Sociocomunitario do Porriño, ás 17 h.

 

 

A XUNTA RESERVARÁ 29 PRAZAS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA 2016

  • A Administración galega reserva 12 prazas para este colectivo na Administración xeral, o dobre que en 2015, e outras 17 no Sergas
  • A Oferta de Emprego Público da Administración xeral inclúe 35 prazas para o conxunto da discapacidade, que se sumarán ás de Sanidade e Educación
  • A OEP 2016 reserva máis do 8% das prazas de acceso libre para a quenda de discapacidade e supera a cota legal do 7%
  • O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presidiu en Santiago o Consello Asesor para a integración da discapacidade na Función Pública galega

 

Santiago, 5 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, anunciou hoxe que a Oferta de Emprego Público (OEP) da Xunta de Galicia para 2016 incluirá no eido da Administración xeral un total de 35 prazas reservadas para persoas con discapacidade. Ademais, dentro delas haberá 12 prazas para a discapacidade intelectual, que se unirán a outras 17 que ofertará o Servizo Galego de Saúde, o que suma un total de 29.

 

O titular de Facenda, que presidiu hoxe en Santiago o Consello Asesor para a integración da discapacidade na Función Pública galega, explicou que a Xunta na oferta de emprego público de 2015 reservou por primeira vez prazas para a discapacidade intelectual, e avanzou que na OEP de 2016 duplicará esta oferta. Así, no eido da Administración xeral ofertáronse 6 prazas en 2015 e este ano aumentaranse a 12.

 

Ademais, a estas 12 prazas de Administración xeral hai que sumar outras 17 prazas de celadores que serán ofertadas polo Servizo Galego de Saúde, que ten previsto convocar un proceso independente para este colectivo.

 

Na reunión do Consello Asesor, o conselleiro de Facenda tamén confirmou que neste mes de febreiro convocaranse as primeiras oposicións para que persoas con discapacidade intelectual poidan ser empregados públicos da Xunta. Os exames desta convocatoria realizaranse ao longo do ano, e na preparación deste proceso a Xunta conta co apoio das asociacións Down Galicia e Fademga.

 

Máis funcionarios con discapacidade

A inserción laboral de persoas con discapacidade constitúe unha vía fundamental para alcanzar unha plena integración social, polo que é necesario adoptar as medidas necesarias para incrementar o emprego destas persoas, aumentar as súas posibilidades de traballo e impedir calquera forma de discriminación.

 

As administracións públicas deben promover e desenvolver iniciativas que axuden a alcanzar unha inserción laboral efectiva das persoas con discapacidade. Neste sentido, a oferta de emprego para 2016 reservará o 8,1% das prazas de acceso libre e o 7,8% das prazas de promoción interna para a discapacidade, superando a cota legal do 7%.

 

Neste sentido, a presenza de traballadores con discapacidade na Administración galega está a aumentar progresivamente. Pese a que o obxectivo está situado no 2%, na actualidade xa está superado no eido da Administración xeral (4,05%), no de Sergas (4,17%), na Administración de Xustiza (2,67%) e no persoal funcionario de carreira de Educación (2,06%).

 

A finalidade do Consello Asesor é a de estudar e promover as iniciativas que se desenvolven para acadar unha inserción laboral efectiva das persoas con discapacidade na Administración Pública galega. Deste órgano forman parte representantes da Administración, das organizacións sindicais e de colectivos da discapacidade.

O CONSELLEIRO DE FACENDA TRASLÁDALLE AO PRESIDENTE DA AIREF O TRABALLO FEITO POLA XUNTA A PROL DA CONSOLIDACIÓN FISCAL

2016-02-05 11.31.31_resizedSantiago, febreiro de 2016.- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, mantivo hoxe un encontro en Santiago co presidente da Autoridad Independiente de Responsabilidad Fiscal (AIREF), José Luis Escrivá, na que lle trasladou o traballo realizado pola Xunta de Galicia nos últimos anos a prol da consolidación fiscal.

 

Na reunión, o titular de Facenda explicoulle ao presidente da AIREF o labor realizado pola Administración galega nos últimos anos para acadar o cumprimento do obxectivo de déficit, que sitúa a Galicia como unha comunidade de referencia neste eido. Tamén abordaron o último informe da AIREF, que estima un crecemento do PIB galego do 2,6% en 2015.

 

No encontro, o conselleiro de Facenda estivo acompañado polo director xeral de Planificación e Orzamentos da Xunta, Miguel Corgos.