Dima Slobodeniouk dirixirá a Orquesta Sinfónica de Galicia a vindeira semana en Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta a vindeira semana en Vigo o seu segundo concerto da nova tempada de música clásica, nesta ocasión coa Orquesta Sinfónica de Galicia dirixida por Dima Slobodeniouk e con Patricia Kopatchinskaja como violinista solista. O recital, composto por obras de Jonathan Harvey, Schumann e Brahms, terá lugar o xoves 18 de febreiro ás 20.30 h. no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, á parte da política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas, este mesmo día a fundación galega inaugura o programa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica» co que pon a disposición dos centros educativos de ESO e bacharelato entradas de balde para os concertos. Os centros poden solicitalas no teléfono 988 391 746 ou no correo quedamosnopalco@afundacion.org. O mesmo programa tamén ofrece entradas con desconto para os menores de 35 anos media hora antes de cada concerto no despacho de billetes do teatro.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: