O CONSORCIO PIDE AO CONCELLO DE VIGO QUE DESTINE PRAZAS DO APARCAMENTO DE PORTA DO SOL AOS VECIÑOS DO CASCO VELLO

  • 08022016_EntregaChavesO delegado da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo, Ignacio López-Chaves, espera resposta do goberno local tras unha carta remitida ao alcalde, Abel Caballero, e tras o acordado polo Consello de Administración
  • Considera que a situación actual do subterráneo de Porta do Sol é “magnífica” tras a reversión da concesión do aparcadoiro ao Concello
  • Solicita ao Concello unha alternativa en condicións e que destine prazas para “uso exclusivo, en número suficiente e a prezos accesibles a residentes e comerciantes”
  • López-Chaves informou hoxe tamén da venda de dúas novas vivendas no número 26 da rúa San Sebastián chegando xa a un total de 73 pisos entregados
  • Son os primeiros veciños que se trasladarán a este edificio completamente rehabilitado e que conta con 4 vivendas e 1 local comercial

 

Vigo, 08 de febreiro de 2016.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, informou hoxe en rolda de prensa da problemática que os novos veciños e veciñas do barrio histórico así coma os comerciantes están a ter e lle están a trasladar pola falta de aparcamento na zona, sobre todo, dende o peche do subterráneo da Porta do Sol.

 

Por isto, e tras a petición feita no último Consello de Administración do organismo, o presidente do CCVV remitiu un escrito ao alcalde da cidade, Abel Caballero, para que o goberno local destine prazas de estacionamento “para uso exclusivo, en número suficiente e a prezos accesibles a residentes e comerciantes” no estacionamento subterráneo de Porta do Sol “que hoxe é titularidade do Concello libre de concesións”. “Estamos ante unha oportunidade magnífica para garantir prazas aos veciños e comerciantes”, considerou López-Chaves facendo referencia a recente reversión da concesión do aparcadoiro ao Concello. “Nos diriximos ao Concello para que por favor fagan xestións para reservar esas prazas para residentes”, insistiu o delegado e presidente do CCVV.

 

É máis, esta reclamación tamén foi feita polos últimos adxudicatarios de vivendas que veñen de firmar as súas escrituras co mesmo presidente. Coma informou López-Chaves, nestes días fixo entrega das chaves a dúas novas familias que a partires de agora residirán na zona alta do Casco Vello.

 

Trátase de dúas novas vivendas de protección autonómica (VPA) cuxos adxudicatarios firmaron as súas respectivas escrituras de compravenda e hipotecas e, dende agora, serán os primeiros veciños do edificio completamente rehabilitado no número 26 da rúa San Sebastián e que conta con 4 vivendas e 1 local comercial. “O Consorcio continúa a velocidade de cruceiro o fin para o que foi creado”, dixo. “No que levamos de ano xa firmamos 3 escrituras”, sinalou o delegado matizando ademais que haberá outras nas vindeiras semanas. Deste xeito, son xa un total de 73 as novas familias e ao redor de 150 persoas as que forman parte da nova vida no barrio histórico e que decidiron mudarse a esta zona desde que o organismo comezou a súa oferta de pisos hai xa 5 anos.

 

Pero coma explicou, non so se trasladan novas familias a residir ao Casco Vello senón tamén novos comerciantes e negocios, coma é o caso da nova galería de arte Conde Sueiro, que a semana pasada inaugurou as súas instalacións en Cruz Verde, 5.

 

As 2 VPA entregadas aos seus adxudicatarios forman parte da 6ª fase de rehabilitación integrada polas promocións Ferrería 3-5-7 e San Sebastián 24-26, onde o CCVV realizou un investimento de case 500.000 euros e que foron sorteadas ante notario hai uns meses. Trátase da vivenda C, ubicada na planta primeira do inmoble, cun dormitorio e cunha superficie de 57,86m2. O seu prezo é de 83.897 euros (sen IVE). Pola súa banda, a outra vivenda entregada é un dúplex, vivenda B, tamén cun dormitorio e unha superficie total de 72,65m2. O seu prezo é de 105.342 euros (sen IVE). Ata a actualidade, o IGVS sorteou xa 82 VPA que formaron parte dun total de 6 fases con distintas promocións de inmobles.

 

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: