Archivo | febrero 10, 2016

El ministro de Industria, Energía y Turismo se reúne con Red Eléctrica para analizar los avances del proyecto de bombeo de Chira-Soria‏

  • Se trata de una apuesta clave en el nuevo modelo energético canario, con una inversión prevista en torno a los 300 millones de euros.

 

  • La nueva central es una herramienta del operador del sistema para la garantía del suministro, la seguridad del sistema y la integración de energías renovables.

 

 

08.02.16. El ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, se ha reunido hoy con el presidente de Red Eléctrica de España, José Folgado, y el consejero delegado de la compañía, Juan Lasala, para analizar los avances del proyecto de bombeo reversible de Chira-Soria en Gran Canaria.

 

El proyecto, que se gestó durante la presidencia de Soria al frente del Cabildo de Gran Canaria (2003-2007), se encuentra en fase de tramitación, y contempla la construcción de una central hidráulica de bombeo de 200 MW, así como su conexión con la subestación de Santa Águeda mediante una línea eléctrica de 220 kV, con una inversión prevista en torno a 300 millones de euros. Se trata de una pieza clave en la implantación en los próximos años del nuevo modelo energético en las islas Canarias, basado en las energías renovables y las interconexiones entre islas.

 

La transmisión a Red Eléctrica del proyecto, según lo establecido en la Ley 17/2013 de 29 de octubre y la Orden Ministerial IET/728/2014, supone la necesidad de adaptar el proyecto de una central inicialmente diseñada para generación a su nueva función de herramienta del operador del sistema para la garantía del suministro, la seguridad del sistema y la integración de energías renovables no gestionables. Esto implica revisar la solución técnica de una forma que, además, sea coherente con el proyecto en tramitación por Endesa.

 

Red Eléctrica ha señalado que ha buscado las soluciones técnicas y constructivas más innovadoras para maximizar la eficiencia del sistema eléctrico, lo que permitirá que este complejo proyecto se convierta en un referente tecnológico en materia de almacenamiento. En el estudio realizado, la compañía ha informado al ministro de que ha identificado numerosos aspectos que pueden ser mejorados para minimizar el impacto ambiental sobre el territorio, así como otras acciones que incrementarán el valor social del proyecto.

 

En fechas próximas, una vez completados los trámites necesarios con el Ministerio de Industria, Energía y Turismo, Red Eléctrica se reunirá con los responsables autonómicos, insulares y locales para explicarles las modificaciones y mejoras que se plantean, con el objetivo de recabar las autorizaciones correspondientes, además de solicitar la declaración de interés estratégico de la instalación.

 

 

 

 

A ACTUACIÓN DA POLICÍA LOCAL DO PORRIÑO DETÉN A DOUS SUPOSTOS MALTRATADORES

O Porriño, martes 9 de febreiro.- Axentes da Policía Local do Porriño realizaron nos días pasados varias actuacións contra dous presuntos autores de delitos de violencia de xénero cometidos no concello.

A.P.G. veciño de Mos de 23 años, foi arrestado logo da chamada da súa ex parella á Policía.Os axentes dirixíronse a unha vivenda da rúa Domingo Bueno onde comprobaron que o home insultaba e ameazaba de morte á denunciante. Polos feitos procederon á súa detención como presunto autor dun delito de violencia machista pasando ás dilixencias e o denunciado a disposición xudicial.

Ademais, as axentes detiveron a outro home, A.M.V.S. veciño do Porriño de 44 anos acusado de agredir na rúa á súa parella á que causou varias lesións.  A Policía Local fora alertada por unha chamada telefónica na que avisaban de que un home estaba pegando a unha muller preto do mercado de Abastos.
Cando os policías chegan ao lugar asisten á vítima e chaman a unha ambulancia que a traslada a un centro médico. Logo de falar con varias testemuñas dos feitos que relatan a agresión, os axentes localizan ao presunto agresor  e proceden ao seu arresto como suposto autor dun delito de violencia de xénero, pasando as dilixencias e o suxeito a disposición xudicial.

Por último, o pasado domingo, preto das 4 da tarde, unha persoa telefónea ao 092 para denunciar o roubo dun coche, modelo Mercedes Sport. A Policía Local localiza o coche sobre as 9 da noite dese mesmo día confirmando que o seu roubo fora denunciado nas dependencias da Garda Civil.

 

 

 

Próximos eventos CUARENTA , Rosalia de Castro, 29 Vigo

CUARENTA40Próximos eventos CUARENTA , Rosalia de Castro, 29 Vigo

JUEVES 11/2/2016SESIÓN ESPECIAL REMEMBER en CUARENTA a cargo de: TEBEO EN ZIPP

Contaremos con la presencia del Staff de Tebeo.

Para más info. no dude en ponerse en contacto con nosotros en el telf: 652 099 142

en la dirección de correo electrónico: 40eventos@gmail.com

VIERNES 12/2/2016 –  Session especial Dj residente 100% comercial music – en primera planta y 90´s Classic House Tracks Visual en planta baja –  a partir de las 23:30 h. Entrada libre

SÁBADO 13/2/2016 – Session especial SAN VALENTIN con  Dj residente 100% comercial music -y 90´s Classic House Tracks Visual en planta baja –  a partir de las 23:30 h. Entrada libre

DOMINGO 14/2/2016 – PURE HOUSE MUSIC: SOUNDAYS con  LOLO The Sound DJ DANI MUÑOZ , a partir de las 23:30 h. Entrada libre

A XUNTA DE GALICIA E A FUNDACIÓN ONCE POÑEN EN COMÚN AS INICIATIVAS DE INCLUSIÓN, FORMACIÓN E EMPREGO QUE DIRIXEN ÁS PERSOAS CEGAS OU CON DISCAPACIDADE VISUAL

  • Rey Varela sinalou que o Goberno galego e a ONCE comparten un obxectivo básico e fundamental como é o de sensibilizar, concienciar e informar á cidadanía sobre a importancia de conseguir, entre todos, a inclusión na sociedade das persoas con discapacidade

 

Santiago, 9 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, entrevistouse esta tarde no seu despacho de San Caetano con responsables da Fundación ONCE, entre eles, o seu presidente executivo Alberto Durán. Este encontro serviu para coñecer de primeira man as actividades que dende a súa orixe fai case dez anos leva a cabo esta fundación así como para explicar as prioridades da Xunta de Galicia para este ano 2016 en materia de atención ás persoas con discapacidade.

 

Rey Varela destacou o traballo da Fundación ONCE no ámbito da inclusión social e os programas de formación e emprego. Ademais, o conselleiro explicou que a Xunta de Galicia e a ONCE comparten un obxectivo básico e fundamental como é o de sensibilizar, concienciar e informar á cidadanía sobre a importancia de conseguir, entre todos, a inclusión na sociedade das persoas con discapacidade visual.

 

Neste sentido cómpre tamén sinalar que o Goberno galego vén de aprobar  o pasado mes de novembro a Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, instrumento de planificación que a Xunta de Galicia pon ao servizo da comunidade para seguir avanzando na igualdade de oportunidades e na aceptación das diferenzas para un grupo de poboación heteroxéneo con necesidades e demandas diversas. A ONCE formou parte do equipo de traballo que elaborou esta estratexia.

 

Accesibilidade

 

Así mesmo, Rey Varela insistiu en que un dos eixes en que está a profundar o Goberno galego é no da procura da accesibilidade universal, e así queda tamén de manifesto na Estratexia sobre discapacidade que recolle unha liña de actuación específica con máis de 60 medidas. Na actualidade a Consellería de Política Social e outros departamentos da Xunta de Galicia está a manter reunións periódicas con membros do CERMI con gallo de desenvolver un plan de traballo.

 

Ademais, a administración autonómica convocará este ano unha nova liña de axudas dirixidas aos concellos para a supresión de barreiras á que destinará entre este ano e o seguinte preto de 1 millón de euros procedentes de fondos europeos. Así mesmo, tamén está previsto complementar este programa con outra liña de acción destinada a facilitar produtos de apoio ás persoas con diferentes discapacidades e contribuír así á igualdade de oportunidades destas persoas.

 

Por outra banda, a ONCE, a través da súa fundación, é un dos socios membros do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI). Dentro da liña de mellorar a coordinación e colaboración coas entidades de ámbito social, a Xunta mellorou este ano o convenio de colaboración con esta agrupación de entidades aumentando a súa contía un 20% ata chegar aos 3,6 millóns de euros.

 

Unha década de traxectoria

A Organización Nacional de Cegos de España (ONCE) crea a súa fundación no ano 2007 coa finalidade de procurar a cooperación e inclusión social das persoas con discapacidade. Esta entidade finánciase a través dunha porcentaxe da venda dos produtos de xogo da organización. A ONCE, xunto coa súa fundación e a súa Corporación Empresarial (CEOSA), xera máis de 115.000 empregos directos e indirectos en toda España.

nformación de eventos en ISLAND CLUB, Plaza de la Estrella, 8 VIGO

SABADOS_ESTRELLAViernes 12 de Febrero:

En la sala LA ESTRELLA: Clases de Kizomba con Juanjo BK  a partir de las 23:30 h.  clases de Bachata con Tony Bachata a las 00:15

En sala MIKONOS Session especial de Dani Muñoz – a partir de las 23:30 h. – entrada 5€ con consumición mínima incluida.

Sábado 13 de Febrero:

SHOW ESPECIAL “San Valentin” un espectáculo muy especial y divertido con Cristian Show, el será vuestro cupido!  Este Sábado 13 de febrero a las 23:45h. actuación en Island Club. Entrada con Copa: 15€ Información y reservas en el 652099142!!!.

En la sala LA ESTRELLA:  Especial San Valentin: con Joao Sá y Paula Brites (Portugal) Clases de Kizomba a las 00:00 h.  entrada 5€ con consumición mínima incluida.

En sala MIKONOS Especial celebracion Brithday RUBI (de MHYV) con Session especial de Dani Muñoz – a partir de las 23:30 h. – entrada 5€ con consumición mínima incluida.

O PPDEG AFIRMA QUE A XUNTA LEVA DESDE 2009 APLICANDO UN PLAN DE CHOQUE EN DEPENDENCIA, CUN INCREMENTO DO 159% NO ORZAMENTO E DUPLICANDO A RATIO DE PERSOAS ATENDIDAS

A portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez, lembrou que o obxectivo para este ano é incorporar ao sistema a 10.000 novas persoas, acadando o 75% do ratio de atendidos

Santiago, 9 de febreiro de 2016.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, respondeu hoxe á demanda dos socialistas galegos de acometer un plan de choque en materia de dependencia afirmando que o actual Goberno galego “leva implantando este plan de choque desde o ano 2009, ao incrementar un 159 por cento o orzamento destinado a dependencia, duplicar o ratio de persoas atendidas ou crear máis de 7.800 novas prazas públicas”.

 

De cara ao futuro, Marta Rodríguez avanzou que a Consellería xa avanzou que o seu obxectivo para o presente ano é incorporar ao sistema a 10.000 novas persoas, o que suporá incrementar o ratio ata o 75 por cento; ao tempo que se aumente o servizo de axuda no fogar, as libranzas de coidados a familiares e as prazas públicas en residencias e centros de día”.

 

LIBRANZA, ÚLTIMO RECURSO

 

Na súa intervención na sesión plenaria, a portavoz popular salientou que o orzamento da Xunta para dependencia incrementouse en 198,2 millóns de euros entre 2009 e 2015, ao tempo que a ratio de atención pasou do 30 ao 60,33 por cento.

 

“Para reducir as listas de espera en dependencia fan falta centros de día, residencias e incrementar os medios do servizo de axuda no fogar”, manifestou Marta Rodríguez, quen lembrou que “desde o Partido Popular sempre defendemos que a libranza era o último recurso ao que se debía recorrer para atender a unha persoa con dependencia”.

 

Para rematar, a portavoz popular afirmou que “a Xunta non está a realizar ningunha revisión de oficio” e lembrou que un decreto aprobado polo Goberno socialista en 2001 xa recolle que as persoas declaradas en dependencia antes da entrada en vigor desta norma non precisan dunha nova renovación.

 

 

 

REY VARELA AFONDA NO SEU COMPROMISO COAS PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA E AVANZA EN NOVAS LIÑAS DE COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN MENELA

  • 13,00 h.-        O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un           encontro cos responsables da Fundación Menela, de atención ás persoas con         Trastorno do espectro do autismo e as súas familias.  foto xoán crespo 09/02/16

    13,00 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un
    encontro cos responsables da Fundación Menela, de atención ás persoas con
    Trastorno do espectro do autismo e as súas familias.
    foto xoán crespo
    09/02/16

    Lembra que a Consellería de Política Social destina no ano 2016 un total de 1.077.810 euros para o mantemento das 55 prazas concertadas que a Xunta de Galicia financia no Centro Castro Navás do Concello de Nigrán

  • Anuncia o incremento dun 26% no convenio coa Federación Autismo Galicia, da que forma parte Menela e lembra que a Xunta conta con 194 prazas concertadas para as persoas con este trastorno nos sete centros da comunidade que contan cun financiamento de 3,6 millóns de euros

 

Santiago, 9 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo no día de hoxe un encontro de traballo cos responsables da Fundación Menela, de atención ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e as súas familias. Deste xeito, o responsable da área social apuntou cara a necesidade de “mellorar a calidade de vida destas persoas e das súas familias a través da especialización e da integración social” e lembrou que a Consellería de Política Social destina no ano 2016 un total de 1.077.810 euros para o mantemento das 55 prazas concertadas que a Xunta de Galicia financia no Centro Castro Navás do Concello de Nigrán.

 

O conselleiro destacou a función do Centro Castro Navás como un dos recursos máis importantes da Fundación Menela. Este centro acolle a persoas maiores de 16 anos con Trastorno do Espectro Autista en réxime de Media Pensión (14 prazas concertadas pola Xunta) e distintos tipos de estancias de residencia, con e sen fin de semana (41 prazas concertadas). Deste xeito, desde este edificio a Fundación Menela presta servizos de terapia ocupacional e axuste persoal e social, así como desenvolve actividades de ocio dirixidas a reforzar as habilidades de inclusión social e desenvolvemento autónomo. A atención que a Fundación Menela presta aos seus pacientes compleméntase coa Sede Social, o edificio CAMI e o Centro de Educación Especial Menela.

 

Nas súas verbas, Rey Varela, anunciou ademais o incremento dun 26% no convenio coa Federación Autismo Galicia, da que forma parte a Fundación Menela, ata acadar os 155.044 euros e lembrou que a Xunta de Galicia conta con 194 prazas concertadas para as persoas que sofren este trastorno nos sete centros que están distribuídos na Comunidade galega e que contan cun financiamento de 3,6 millóns de euros. Do mesmo xeito, informou que neste ano 2016 o número de prazas concertadas amplíase en polo menos 20 prazas máis.

 

Na súa visita, o titular da área social manifestou que a Comunidade Autónoma de Galicia é ”pioneira en dotarse dunha carteira específica de servizos sociais dedicada á promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia”. Deste xeito, acádase unha maior especialización e programas concretos para todos os colectivos diferentes como é o caso das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA).

 

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL PON EN MARCHA O PROGRAMA FORMATIVO LÍDERES DE FUTURO, ORIENTADO Á MELLORA DE COMPETENCIAS DA MOCIDADE GALEGA NO EIDO SOCIO LABORAL

  • 11,30 h.-           O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado da        directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentará        en rolda de prensa o programa Líderes de futuro. Na sala de prensa da consellería        (edificio de Traballo, 3º andar).  foto xoán crespo 09/02/16

    11,30 h.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado da
    directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentará
    en rolda de prensa o programa Líderes de futuro. Na sala de prensa da consellería
    (edificio de Traballo, 3º andar).
    foto xoán crespo
    09/02/16

    O obxectivo é potenciar o liderado da xuventude nos ámbitos profesional, social e cultural

  • O programa vai destinado a un total de 50 mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos
  • Líderes de Futuro estrutúrase en dúas fases que conterán seminarios, obradoiros, actividades ao aire libre e sesións de coaching

 

Santiago, 9 de febreiro de 2016.- A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pon en marcha o programa formativo Líderes de Futuro a través do cal se desenvolverán accións orientadas á mellora de competencias e habilidades da mocidade galega. Unha iniciativa que era presentada esta mañá polo conselleiro José Manuel Rey Varela.

 

Así as cousas, o titular da carteira autonómica de políticas sociais aseguraba na rolda de prensa ofrecida en San Lázaro que “os mozos e mozas galegos son o noso principal activo xa que representan o futuro da nosa economía, da nosa cultura e da nosa demografía. Por iso é vital realizar programas como o que hoxe presentamos”. Na presentación do programa tamén estivo presente a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, quen explicou que o obxectivo desta acción é “potenciar o liderado da xuventude galega nos ámbitos profesional, social e cultural, así como mellorar as súas habilidades no desempeño de liderar un proxecto que facilite a súa empregabilidade a través do desenvolvemento de habilidades persoais e directivas.”

 

Líderes de Futuro vai dirixido a un total de 50 mozos e mozas galegos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. As prazas ofertadas repartiranse en tres grupos: 15 prazas para aqueles que emprenderan algunha actividade profesional por conta propia no ano 2015, outras 15 prazas para aqueles rapaces e rapazas inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e 20 prazas para aqueles líderes de asociacións xuvenís inscritas no rexistro de entidades xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e membros de grupos informais que participaran en proxectos de Educación non Formal.

 

Estrutura de Líderes de Futuro

O programa Líderes de Futuro está estruturado en dúas fases que buscan o enriquecemento e o desenvolvemento de habilidades directivas, centradas no liderado, a motivación, a comunicación, a xestión de emocións e a organización propia e produtiva dos colaboradores.

 

A primeira fase abrangue tres etapas. A primeira delas, corresponde ao seminario “Liderar na xuventude. Motivación para o éxito”, dividido en dúas sesións de catro horas. A segunda abrangue tres obradoiros: “Sacar o máximo partido do meu estilo de comunicación”, “A xestión de emocións con intelixencia” e “A organización: sacando o máximo partido dos meus colaboradores e de min mesma/o”. Todos eles de catro horas de duración. O programa tamén prevé unha terceira etapa coa realización de xornadas de outdoor training de práctica de golf, condución de kart ou paintball. Cada alumno/a participará nunha desas tres actividades propostas. Durante o desenvolvemento destas tres etapas, farase unha avaliación sistemática e continua de cada participante e en función dos resultados, 25 deles pasarán á segunda fase do programa baseada na mentorización e coaching personalizado. Mediante esta actividade desenvolverán as habilidades adquiridas ao longo das sesións xa realizadas. Os mentores acompañarán a cada alumno/a na consecución dos seus obxectivos particulares, axudándolles a planificar os seus pasos e completar o camiño de mellora e crecemento profesional. Este proceso facilitará a aprendizaxe dos participantes e promoverá cambios cognitivos, emocionais e de conduta que expandirán a capacidade de acción en función do logro das metas propostas.

 

Os seminarios, obradoiros e xornadas de outdoor training desenvolveranse durante os meses de febreiro e marzo. As sesións de coaching personalizado realizaranse ao longo dos meses de abril e principios de maio.

 

Inscricións no programa

Os/as interesados/as poderán inscribirse de xeito gratuíto no programa entre o 9 e o 21 de febreiro a través do formulario dispoñible en http://xuventude.xunta.es. Así mesmo, deberán presentar o seu curriculum vitae, unha carta de motivación e a vida laboral no caso daqueles que emprenderan actividade profesional por conta propia no 2015. No caso de pertencer a unha asociación xuvenil, terán que enviar o certificado da asociación que indique que o interesado é un membro activo da mesma e que cargo ocupa e se o/a mozo/a pertence a un grupo informal deberá presentar unha declaración responsable de pertencer ao grupo. Toda esta documentación, necesaria para a inscrición, deberá enviarse a través do enderezo lideresdefuturo@xunta.es. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

 

Compromiso coa xuventude

Líderes de Futuro forma parte das accións encamiñadas a acadar o benestar e desenvolvemento da xuventude galega. Con ese obxectivo no horizonte, Rey Varela lembrou que no ano 2016 “temos aumentado o orzamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado nun 15% con respecto ao ano pasado, ata acadar os 9,4 millóns de euros dispoñibles para esta área na actualidade”. Este incremento orzamentario repercutirá de xeito directo sobre as entidades locais que realizan proxectos das Oficinas Municipais de Información Xuvenil, así como sobre o programa Iniciativa Xove e sobre as axudas ao fomento do voluntariado entre outras liñas de actuación.

PHOTOBOLSILLO PRESENTA LA OBRA DE MIGUEL BERGASA, UN FOTÓGRAFO QUE HA CONSEGUIDO DILUIR LAS FRONTERAS ENTRE AMÉRICA LATINA Y ESPAÑA

unnamedEl nuevo volumen de la Biblioteca de Fotógrafos Españoles recoge 53 fotografías en blanco y negro realizadas por Miguel Bergasa entre 1976 y 2014

Su trayectoria, caracterizada por la paciencia y la perseverancia, oscila entre el retrato de una España cotidiana que se desvanece y la pasión por la cultura latinoamericana

Desde 1983, Bergasa ha realizado 27 expediciones a otros tantos países del continente con el objetivo de comprenderlo en profundidad e investigar minuciosamente diferentes temas

Sus series tienden puentes entre España y América Latina mostrando semejanzas entre sus costumbres

El libro está prologado por la comisaria y artista Rosalind Williams, que traza paralelismos entre la trayectoria del autor y la historia de la fotografía en España

Miguel Bergasa presentará el nuevo PHotoBolsillo acompañado por Rosalind Williams y Chema Conesa el próximo martes 16 de febrero a las 19.30h en La Fábrica (C/ Alameda 9. Madrid)

Miguel Bergasa es el fotógrafo protagonista del nuevo número de la Biblioteca de Fotógrafos Españoles PHotoBolsillo. Un libro que recorre de manera monográfica la obra del fotógrafo a través de 53 fotografías en blanco y negro realizadas entre 1976 y 2014.

Nacido en Pamplona en 1951, Bergasa se interesó por la fotografía a comienzos de la década de 1970. Perfeccionó sus habilidades en el revelado y la impresión en la Agrupación Fotográfica de Navarra y, tras instalarse en Madrid, mantuvo breve contacto con la Real Sociedad Fotográfica y se integró en la comunidad fotográfica de la ciudad