Archivo | febrero 11, 2016

A ORQUESTRA NEVADA ACTUARÁ ESTE VENRES NA PRAZA DO CONCELLO DENTRO DOS ACTOS DO ENTROIDO

O Concello do Porriño informa que a verbena do Entroido que estaba prevista para o pasado sábado, se celebrará este venres, día 12, ás 22:00 h. na Praza do Concello coa actuación da ‘Orquestra Nevada’.

O sábado, día 13, ás 16:00 h., chega o ‘73º Xogo da Ola’, na rúa do mesmo nome; ás 16:30, na Praza de Antonio Palacios, ‘Animación na rúa’ que dará paso, ás 18:30 h. ao ‘Gran Desfile de Comparsas’, xunto coa Rondalla Santa Eulalia de Atios, que sairá da Praza de San Sebastián.

A ALCALDESA DO PORRIÑO E O PRESIDENTE DE COGAMI ASINARÁN UN CONVENIO PAR A ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS EN TODA A VILA

COGAMIO Porriño xoves 11 de febrero.- A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada dos concelleiros de Vías e Obras, Manuel Carrera, e de Tráfico, Orlando Márquez, mantivo unha xuntanza co presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Anxo Queiruga, o responsable desta asociación na provincia de Pontevedra, Celso Álvarez, como paso previo a sinatura dun convenio entre o Concello e Confederación Galega de Minusválidos que permitirá adaptar a vila ás necesidades das persoas con mobilidade reducida.

 

Durante a reunión, na que estivo tamén presente Israel Mercader, integrante da lista electoral do PSOE nas pasadas Eleccións Muncipais e histórico loitador pola integración e a igualdade no Porriño, acordouse que o Concello elaborará un ‘Plan Director’ de eliminación de barreiras arquitectónicas en toda a vila que integrará o convenio entre o Concello e COGAMI, convenio que terá unha duración de catro anos.

 

COGAMI asesorará ao goberno local na realización de todos os proxectos que acometa a Concellería de Vías e Obras, nunha primeira fase en edificios e dependencias municipais, instalacións deportivas, beirarrúas, pasos de peones, mobiliario urbán e estacionamentos do casco urbán e, de seguido, no conxunto das parroquias.

 

Ademáis, o Concello impulsará un ‘Plan de Emprego’ que terá como finalidade a eliminación de barreiras.

 

 

O director de PSA Peugeot Citroën en Vigo, Yann Martin, visitará mañá o Colegio Hogar Afundación

11.02.2016 O director do Polo Industrial Ibérico de PSA Peugeot Citroën, Yann Martin,

visitará mañá ás 12.00 h. o Colegio Hogar Afundación. A cita, na que estará acompañado polo presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, ten como obxectivo mostrarlle de primeira man o traballo que se desenvolve neste centro educativo, punteiro na formación en automoción.

 

O CPR Colegio Hogar Afundación, emprazado na rúa Filipinas 6, en Vigo, é un centro de referencia na formación de profesionais e na súa inserción laboral. Cun total de 560 alumnos e alumnas matriculados neste curso, oferta ciclos formativos de grao medio, preimpresión dixital, impresión gráfica, soldadura e caldeirería, mecanizado, instalacións eléctricas e automáticas, e instalacións de telecomunicación, e de grao superior, programación da produción en fabricación mecánica, automatización e robótica industrial e mantemento electrónico.

 

Actualmente, o centro é un modelo na formación profesional e na inserción laboral dos máis novos e referente para as empresas ás que dirixe cualificados profesionais. Un claro exemplo disto son os resultados que o centro obtivo o curso pasado no seu programa de formación en centros de traballo, no que máis dun 50 % dos participantes —55% no sector da automoción— accederon a un contrato laboral.

Venha Namorar em Valença Este Fim de Semana

Menus especiais nos restaurantes e noites românticas nos hotéis, vão transformar Valença, na Fortaleza dos Namorados, no fim de semana de 13 e 14 de fevereiro.amor

A restauração apresentará menus especiais, com pratos elaborados especificamente para evocar esta data. As unidades hoteleiras de Valença preparam-se para proporcionar, aos seus clientes, noites românticas, a preços convidativos, com todos os detalhes que a data o merece.

Em Valença será possível degustar menus especiais dos namorados nas seguintes 17 unidades locais que aderiram à iniciativa: Coroa Verde (251 825 759); Cozinheiro (918104871); Delicias do Minho (251818227); Fonte D’Ouro (251 839 393); Fortaleza I (251823146); Fortaleza II (251818461); Marytone (251826713); Merendola (251 822 201); Nossa Senhora da Cabeça (962673444); O Brasão (251 837237); Pousada S. Teotónio (251 800 260); Prata do Minho (251 837346); Eleven Lounge (963960123); Rocha e Grill (251 826 455); Solar do Bacalhau (251 822 161); TrattoriaCasa di Mamma (251818145); Zé Maria (251 825364).

Devido às condições atmosféricas as atividades programadas, para este evento, na rua, foram canceladas.

A Fortaleza de Valença é o cenário ideal para um fim de semana romântico, numa cidade histórica repleta de estórias, memórias e recantos onde a magia do lugar proporciona locais únicos para namorar.

Valença é um destino de eleição para celebrar e viver o Dia de São Valentim de uma forma especial este ano.

Surpreenda o sua cara metade e deixe-se apaixonar por e em Valença!!!

LÓPEZ-CHAVES CONSIDERA QUE CABALLERO NON DIXO A VERDADE AOS PAIS E NAIS QUE PEDIRON PRAZA NAS ESCOLAS INFANTÍS DE NAVIA E MESTRES GOLDAR

  • 11022016_RdPEscolasO delegado territorial da Xunta en Vigo sinala que o alcalde quería abrir os centros educativos “sen os requisitos mínimos” que esixe a lexislación en materia de escolas infantís para nenos e nenas de 0 a 3 anos
  • O pasado mes de outubro, tras xirar unha visita de inspección, os técnicos autonómicos requiriron adaptacións porque os centros amosaban graves deficiencias arquitectónicas, materiais e documentais
  • A mostra disto é o feito, coma informou López-Chaves, de que o Concello tivo que adxudicar novas obras de adaptación en Mestres Goldar o pasado 23 de decembro
  • Tras a última visita de comprobación feita polos técnicos da Xunta esta semana, o delegado espera que “xa cumpran a normativa e se poida autorizar” a súa apertura

 

Vigo, 11 de febreiro de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu esta mañá en rolda de prensa para informar da situación na que se atopan as escolas infantís Mestres Goldar e Navia para nenos e nenas de 0 a 3 anos da cidade olívica tras as últimas declaracións feitas polo alcalde Abel Caballero.

 

López-Chaves sinalou claramente que se trata da “historia dun engano” porque o rexedor “enganou ás familias durante moitos anos”. E non quixo centrarse no feito de que os seus primeiros anuncios ao respecto destas escolas datan do ano 2010, senón nas últimas datas nas que o goberno local solicita a autorización para que a apertura das escolas poida ser aprobada pola Administración autonómica, encargada de vixiar que se cumpra a normativa de seguridade establecida para as escolas infantís de 0 a 3 anos. “Lanzou un engano masivo aos pais afirmando que Navia e Mestres Goldar non se abrían porque a Xunta non quería, cando o certo é que nin solicitara autorización nin as escolas cumprían os requisitos mínimos dun centro onde van a ir nenos e nenas de 0 a 3 anos”, dixo o delegado.

 

Foi no mes de outubro cando os técnicos autonómicos xiraron unha visita de comprobación aos centros concluíndo nos seus informes que “non se axustan ao proxecto” ademais de requirir obras de adaptación posto que amosaban graves deficiencias arquitectónicas, materiais e documentais. “Caballero quería abrir unha escola infantil sen os requisitos mínimos que esixe a lexislación”, concluíu o delegado, tirando de hemeroteca e facendo referencia ao feito de que no pasado mes de setembro o alcalde dicía que poderían abrir xa. “Non se podían abrir por falta de cumprimento da normativa legal”, insistiu López-Chaves, quen matizou que a Xunta velou pola seguridade dos nenos e nenas de 0 a 3 anos.

 

E a mostra disto, coma especificou, é o feito de que o Concello tivo que contratar o pasado 23 de decembro de 2015, novas obras de adaptación en Mestres Goldar. “Tan graves eran as deficiencias que o 23 de decembro ten que adxudicar obras por 30.000 euros para adaptar a escola infantil á normativa legal”, dixo.

 

Con todo, e de acordo coa normativa, os técnicos da Xunta xiraron unha nova inspección esta mesma semana esperando López-Chaves que as escolas infantís “xa cumpran a normativa e se poida autorizar” a súa apertura. “Unha vez que se vexa que se fixeron as adaptacións requiridas pola Xunta para evitar por en risco aos nenos e nenas se poderá autorizar a apertura”. Aínda así, o delegado quixo deixar claro que “houbo un engano continuo” por parte do alcalde de Vigo “anunciando que non se abrían porque a Xunta non quería” cando o certo era que “nin a Xunta nin o Concello poderían abrilas porque estaríamos a por e grave risco aos nenos e nenas de 0 a 3 anos”

 

Pladesemapesga denuncia públicamente que SASEMAR MIENTE en las informaciones de un rescate de 2 tripulantes de un bote a remos a 188 millas de Canarias.

Sasemar miente. No hubo tal rescate. Sasemar se desvive por más medallas para escanciar sidra a costa de las gentes de la Mar, ..!!! Es que nadie va a tomar medidas con estos sinvergüenzas, caraduras !!!..Sres. del PSOE y PODEMOS aceleren la gobernabilidad para deshacernos de estos “piratas del Siglo XXI”, la MARCA ESPAÑA muy deteriorada con estos golfos…

 

El rescate lo realizo un buque mercante alertado por los centros coordinadores de salvamento. Realmente se realizo un trasbordo desde el mercante que los recogió al helicóptero de salvamento. A destacar la eficacia de la Alerta de Socorro de la Radio Baliza activada desde el bote a remos. Sasemar ya ” ROBARA LOS MÉRITOS DEL PESQUERO GENEROSO TERCERO”….

 

Sres. de Sasemar, se están equivocando de nuevo, nosotros les comparamos con los que le “Roban las bragas a Leticia Sabater”…No se lo creen, pasen y lean:

 

http://www.laverdad.es/gente-estilo/201511/11/roban-bragas-leticia-sabater-20151111135814.html

 

El pesquero gallego ” Generoso Tercero ” fue felicitado por el Coast Guard y el Gobierno USA, por su extraordinaria actuación en el rescate de los 3 tripulantes de un velero francés en aguas de Azores. Sasemar, Valero y pedrosa con la autorización de Ana Pastor, robaban los méritos de los arriesgados tripulantes del pesquero, dejando en las cámaras del Cost Guard Americano la verdad del rescate y en muy mal lugar a los responsables políticos de Salvamento Marítimo…

 

Artículo y documentos descargables;

 

http://www.diariomaritimo.com/pladesemapesga/2865-pladesemapesga-denuncia-publicamente-que-sasemar-miente-en-las-informaciones-de-un-rescate-de-2-tripulantes-de-un-bote-a-remos-a-188-millas-de-canarias

LA BIEN QUERIDA (GIRA GALICIA EN ACÚSTICO)

En marzo visitará las ciudades gallegas: Ferrol, Vigo, Santiago de Compostela y Vilagarcía de Arousa.

unnamed (1)

La publicación de cada uno de los discos de La Bien Querida se convierte en un acontecimiento esperado por muchos buscadores de tesoros, porque cada uno de sus discos contienen justamente eso, piezas musicales brillantes que convierten minutos triviales en momentos únicos para disfrutar de sensaciones que todos hemos sentido o deseamos sentir.

A pesar de una clara evolución a lo largo de su carrera, con guiños al flamenco o a la electrónica, La Bien Querida ha sabido mantener su sitio, respaldada por la coherencia y elegancia de sus composiciones, que con mucha frecuencia son colocadas en los puestos más altos de las listas de lo mejor del año en revistas especializadas como Rockdelux, Mondosonoro, El Pais, jenesaispop, Ruta 66…

En el mes de marzo visitará Galicia y se traerá bajo el brazo su último disco, “Premeditación, Nocturnidad y Alevosía”, que  reúne las canciones publicadas en sus tres maxi singles previos. Se convierte así en una compilación perfecta, formada por piezas sublimes, resultado de la comunión entre la intensidad de las emociones que trasmiten y la distancia con que son ejecutadas.

Más info sobre La Bien Querida (bio, fotos…): www.elefant.com
Gira Galicia

3 de marzo Ferrol.
Ciclo “A Feira do Xoves no Torrente”
A Capela do C.C. Torrente Ballester. Hora: 21:00
Precio (único): 8€*
Venta entradas: Teatro Jofre y www.ataquilla.com 

4 de marzo Vigo.
Radar Estudios. Hora: 22:00
Precio: anticipada12€*. Taquilla: 15€
Venta de entradas: Discos Elepé, Tienda Tipo y www.entradasgo.com

5 de marzo Santiago de Compostela.
Festival “Santiautor”
Sala Sónar. Hora: 22:00
Precio: anticipada12€*. Taquilla: 15€
Venta de entradas: A Reixa Tenda y www.ticketea.com

6 de marzo Vilagarcía de Arousa.
Ciclo “Achégate ao Salón”
Salón García. Hora: 12:30
Precio: anticipada 8€*. Precio reducido niños de 3 a 16 años: 4€*
Venta de entradas: Salón García (día actuación) y www.ticketea.com

Más info gira: www.newliveproducciones.com

A XUNTA DE GALICIA POTENCIARÁ O SERVIZO DE ATENCIÓN NO FOGAR NO MUNICIPIO DE RIÓS PARA CHEGAR A UN MAIOR NÚMERO DE DEPENDENTES

  • Rey Varela puxo en común co primeiro edil de Riós os eixes de actuación do Goberno galego en materia social para este ano 2016

 

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Riós, Francisco A. Veiga Romero.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Riós, Francisco A. Veiga Romero.

Santiago, 10 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continuou hoxe a súa rolda de entrevistas con rexedores e rexedoras co obxectivo de poñer en común as liñas estratéxicas que guiarán este ano a actuación do Goberno galego no ámbito da inclusión; da atención aos maiores e ás persoas con dependencia; do apoio á familia, á infancia e á conciliación; e da xuventude. Nesta ocasión, a reunión de traballo foi co alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga Romero, e serviu tamén para repasar a situación dos servizos sociais neste municipio de Ourense.

 

Así, nesta nova etapa dirixida por José Manuel Rey Varela, o conselleiro insiste no diálogo cos entes municipais para optimizar os recursos locais e autonómicos de ambas institucións en beneficio dos galegos e galegas. Deste xeito, a Xunta de  Galicia e os responsables das entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada concello.

 

Neste sentido o responsable da carteira autonómica de Política Social e o primeiro edil de Riós contemplaron as posibilidades de cooperación futura en aspectos como a atención á dependencia. Ao respecto, Rey Varela anunciou un incremento de 70 horas no Servizo de Atención no Fogar (SAF), coa finalidade de chegar a un maior número de beneficiarios. O obxectivo da Xunta no conxunto da Comunidade Autónoma é subir ata o 75% a ratio de cobertura do sistema galego de coidados e promoción da autonomía persoal, que actualmente atende a practicamente dous terzos das persoas que teñen recoñecida a dependencia.

 

PRETO DE 1.000 VIVENDAS DO PORRIÑO PODEN CONECTARSE XA Á REDE XERAL DO SANEAMENTO

Carrera y Eva (1)O Porriño, mércores 10 de febrero.- Un total de 960 vivendas do Porriño poden engancharse xa a rede xeral de saneamento logo do remate das obras que abrangue o proxecto de Accións Prioritarias acometidas polo Concello. Como se comprometeran a alcaldesa, Eva García de la Torre, o concelleiro de Vías e Obras e primeiro tenente de Alcalde, Manuel Carrera, as melloras estaban rematadas a principios deste ano e, logo de que se efectuase a súa recepción municipal e por parte do Consorcio do Louro- como se fixo no Comité Directivo do pasado día 1,xa e posible realizar ás conexión á mesma.

Veciños de Chenlo, Mosende, Pontellas, Torneiros, Cans ou a bisbarra de Carracido, xa poden enganchar as súas vivendas á rede xeral. Para elo teñen que ter rematado os trámites diante co Consorcio do Louro e, no caso de non telos feitos, dirixirse ás oficinas que este organismo ten no Porriño.

Manuel Carrera subliña que trátase “dunha obra de vital importancia para os porriñeses” coa que se incrementa “de xeito moi notable” a porcentaxe de familias do concello que poden conectar coa rede xeral do saneamento, “tal e como se comprometera o goberno local dende que empezara a súa xestión hai algo máis de 6 meses”.

O primeiro tenente de alcalde subliña que o orzamento total deste proxecto superou os 3 millóns de euros, unha inversión posible logo do acordo entre o Concello do Porriño e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Manuel Carrera quere pedir desculpas aos veciños polos prexuízos e molestias que tiveron que sufrir durante o tempo que tardaron en rematar estas melloras, agradece a súa comprensión e lembra que este é “un paso moi importante e definitivo para o saneamento integral de todo o concello antes de que remate este mandato”.

 

 

Eugenia: cronoloxía dun desaloxo

eugeniadesaloxoHoxe un pequeno grupo de persoas acudimos á rúa Jenaro de la Fuente ante a chamada de urxencia de Eugenia. Ás 11 da mañá axentes da policía nacional petábanlle na porta para informala de que ela e o seu fillo tiñan que deixar a vivenda e entregar as chaves. Ás presas alí nos presentamos para axudalos a recoller os poucos enseres que tiñan. Contra as 12:30 rematamos de baleirar a vivenda e tras entregar as chaves Eugenia ficaba na rúa. O apoio mutuo é o único que a sostén. Como contamos nesta cronoloxía coa súa historia, as diferentes administracións non teñen vontade nin de garantir o dereito a teito, nin a unha vida digna.

Cronoloxía historia de Eugenia

Eugenia é unha muller de 50 anos, con catro fillos, que hoxe, día 10 de febreiro, converteuse nunha vítima máis deste sistema que prioriza a propiedade privada e os intereses mercantilistas por riba dos dereitos e as necesidades das persoas.

Deste modo, e en virtude dun Auto do Xulgado de Instrución nº 6 de Vigo, de data 28 de xaneiro de 2016, ditado nas Dilixencia previas nº 5991/2015 foi executado o desaloxo forzoso de Euxenia e Juan Francisco, o seu fillo de 20 anos.

O caso de Eugenia non é só un caso máis deses desafiuzamentos que segundo o Alcalde de Vigo “non se producen nesta cidade”. O caso de Eugenia é unha mostra fiel e contrastada de que as administracións públicas non son quen de actuar en casos de extrema necesidade, nin de dotar de recursos e mecanismos válidos e eficaces contra a desprotección e a precariedade da cidadanía.

Eugenia formaba parte dunha unidade familiar formada polo seu esposo, e os seus catro fillos. Vítima de maltrato continuado por parte do seu home, Eugenia toma forzas para rematar con esa situación no ano 2006.

Deste xeito, en data 30/12/2006, polo xulgado de instrución nº 5 de Vigo ditouse auto na que se establecía unha orde de protección a favor de Eugenia e contra do seu marido.

En data 27/09/2007 foi ditada sentencia polo xulgado do penal nº 3 de Vigo  polo que se condena ao seu marido, a unha pena de prisión por maltrato e se lle amplía a orde de afastamento.

A partires dese momento Eugenia fica soa xunto cos seus catro fillos sen ingresos e sen unha vivenda na que poder residir. E a partir dese momento, dada a súa delicada e difícil situación acode na procura dos recursos que a administración pública ofrece para unha muller na súas condicións.

E é tamén a partires dese momento cando se fai máis patente a inutilidade das axudas que se prestan dende a Xunta e o Concello, constituídas en meras esmolas que non atallan o problema de raíz e que non solucionan ningún dos problemas de subsistencia de Eugenia e a súa familia.

Presenta solicitude de adxudicación directa de vivenda para mulleres vítimas de violencia de xénero en agosto de 2007. Adxudicación que nunca chegou a facerse efectiva.

Constitúese en demandante de vivenda de protección autonómica da Xunta de Galicia dende 2008 até a actualidade, presentando todas as prórrogas legalmente esixidas.

En data 10/05/2010 se lle comunica que está no posto 24 da lista de agarda para as vivendas de promoción pública en San Paio de Navia.

A día de hoxe non lle foi adxudicada vivenda pública de ningunha clase.

Solicita tamén a incorporación ao programa de fomento de inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero da Xunta de Galicia no ano 2008.

Como a vivenda de protección pública nunca chega, solicita en data 14/09/2010 as axudas do denominado “Programa Aluga”, que non lle é concedido. Dende xaneiro até maio de 2007 reside na Casa de Acollida para mulleres maltratadas do Concello de Vigo.

En febreiro de 2008 se lle denega a axuda económica de pago periódico para mulleres vítimas de violencia de xénero (salario liberdade) por motivos burocráticos e debido aos restritivos requisitos desta axuda pública.

En maio de 2014 foi desafiuzada da vivenda onde residía e na que abonaba unha renda de alugueiro de 350€ máis 50€ de comunidade en maio de 2014. Contando cuns ingresos de 426€ da “axuda familiar”.

Eugenia vese na rúa xunto dos dous dos catro fillos que residían con ela, por iso decide ocupar unha vivenda que levaba baleira dende o 2011 (e que é a vivenda da que hoxe foi desaloxada).

Dende maio de 2014 ocupa sen incidentes dita vivenda, aboando os recibos de subministros e incluso as cotas da comunidade de veciños até que en xaneiro de 2016 recibe citación do xulgado de instrución nº 6 de Vigo pola presunta comisión dun delito de usurpación. Ela e máis seu fillo maior de idade prestan declaración como imputados o 19 de xaneiro.

En xaneiro deste ano solicita o denominado bono de alugueiro social do plan rehabilita da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

O 1 de febreiro se lle notifica o auto (de 28 de xaneiro) polo que se lle concede un prazo de 5 días para que desaloxe a vivenda, como medida cautelar, baixo ameaza de imputarlle un delito de desobediencia e de ser desaloxada pola “forza pública” no caso de non proceder ao desaloxo voluntario.

O 2 de febreiro presenta un recurso contra esa medida cautelar de desaloxo, con expresa solicitude de suspensión do prazo. Solicitude que non foi contestada sequera, e recurso que se atopa en tramitación.

En data 02/02/2016 diríxese ao IGVS para pedir unha alternativa habitacional. Na mesma data se dirixe ao Alcalde do Concello de Vigo. Mantén diversas reunións coa traballadora social do Concello, cos responsables da Xunta en Vigo, sen resposta ou solución algunha.

Finalmente, e sen ningún tipo de previo aviso, o 10 de febreiro, menos de 48 horas despois de cumprirse o prazo de desaloxo voluntario, ás 11:00 catro efectivos da policía nacional preséntanse na casa de Eugenia e forzan o desaloxo dela e do seu fillo Juan Francisco. Desaloxo que transcorre sen incidentes graves.

O xulgado notifica á propietaria da casa do día e a hora do desaloxo, máis non á Eugenia nin á súa representación procesal.