A APOSTA POR UN PORRIÑO LIMPO EMPEZA A FACERSE REALIDADE CO CAMBIO DE COLECTORES

Orlando mARQUEZO Porriño venres 12 de febreiro.- “O prioritario é, como comentou a alcaldesa en varias ocasións, regularizar o servizo de limpeza e de recollida do lixo no concello”. Orlando Márquez, concelleiro de Limpeza, Parques e Xardíns e Tráfico, sinala este como un dos principais obxectivos do departamento que dirixe e que, indica, “é esencial para garantir un servizo de limpeza municipal efectivo”.

O goberno local, indica Márquez, quere “facer un traballo integral no que ten que ver coa limpeza e a recollida de residuos”. Isto pasa polo tratamento dos residuos sólidos urbáns, con colectores de recollida de papel, vidro e compostaxe, ademais da aprobación de execcións en taxas municipais e, como aprobou o Pleno do Concello, aplicar a modificicación da Ordenanza Fiscal do Lixo, que recolle novas taxas para as familias, o comercio e as industrias radicadas no Porriño, “unha parte moi importante é que, por primeira vez, se aplicará a exención no pago do recibo do lixo a familias en situación de necesidade”.

Esta mesma semana, sinala o concelleiro, xa se remprazaron os colectores de papel, e xa se colocaron 35 novos, de cor azul e carga lateral, no casco urbán. Nas vindeiras semanas, se iniciará o “cambio dos vellos contedores do lixo orgánico,de tapa superior, en todas as parroquias”, serán máis de cen, o que permitirá dar o paso que a instalación de illas de reciclaxe con colectores de papel, vidro e residuos sólidos. Ademais, a aqueles emprazamentos nos que non sexa posible colocar recipientes de carga lateral, chegará un camión para garantir a recollida do lixo.

O proxecto dun ‘Porriño limpo’ pasa, tamén, comenta o concelleiro, “pola colaboración de todos” e, neste sentido, está en estudo a colocación de papeleiras en todo o municipio, unha campaña de información sobre o Punto Limpo e a mellora no mantemento de camiños e beirarrúas.
O goberno local tamén incluirá nos orzamentos do ano que ven a humanización de Torneiros, cunha “actuación integral, que axude a crear contornas amábeis, con máis zonas verdes”. O proxecto abranguera a instalación, en todas as parroquias e no centro, de mobiliario urbán, ademais de papeleiras, “bancos, iluminación e novas sinais”.

Polo que se refire ao tráfico, Márquez sinala como actuacións urxentes a delimitación e sinalización dos aparcamentos reservados a persoas con mobilidade reducida, que empezarán a ser “pintados e delimitados cunha nova sinalización, vertical e horizontal”, tal e como acordaron a alcaldesa e o presidente de COGAMI, unha actuación que seguirá polos pasos de peóns, sobre todo nas parroquias, que en moitos casos xas non son visibles e que é necesario volver a sinalar,  mesmo que as liñas de beirarrúas, desvíos e cruzamentos.

Nas semanas pasadas, engade Orlando Mázquez, púxose en marcha a mellora e recuperación dos parques e xardíns municipais. O primeiro paso xa está rematado: a poda das arbores en todo o concello.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: