Archivo | febrero 15, 2016

FONTEVELLA TEATRO CUMPRE 21 ANOS EN ESCENA REPRENTANDO NA CASA DA CULTURA DO PORRIÑO ‘PROHIBIDO CASAR’

Os vellos non deben de namorarse…agás do teatro. Ese podería ser o lema dos integrantes de ‘Teatro Fontevella’, quince homes e mulleres que dende hai vinteún anos saen a escena dentro e fora do Porriño, o seu berce.

A nova non chegaría a mais se nin fose porque nesta ‘compañía’ os seus integrantes teñen entre 68 e 88 anos de idade. Empezaron en 1995 nas
clases de lectura para maiores do concello e da man de Chelo Pampillón e do grupo ‘Atrezo’ crearon, coa seu estilo e a súa vontade, un xeito novo de representar.

So catro dos seus fundadores seguen hoxe de ‘xira’ con Fontevella que pode presumir de ter un dos elencos máis experimentados e aplaudidos da escena galega do que, ata hai moi pouco, formaban parte actrices e actores de 92, 93, mesmo 98 anos que foron quen de adaptar obras de Castelao, Casona, Millán e, xa máis recentemente, de Ramilo ou de Doro Piñeiro.

Precisamente de Piñeiro é a obra coa que celebrarán, este xoves, día 18, ás 8 e media da tarde na Casa da Cultura do Porriño, as súas dúas décadas e un ano entre a traxedia, a comedia e o drama. ‘Prohibido casar’ levantará o telón con Adriano Campos, Jorge P.Fontenla, Amparo Tellado, Ofelia Méndez, Marina Tellado, Velentina Boullosa, Lola Vila, Norma Pérez, Flor Gordo e Damián Alonso, nos seus principais papeis nunha velada de teatro que, como dixo Federico García Lorca “é poesía que sae dun libro para facerse humana”.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, anima a todos os veciños a achegarse á Casa da Cultura para gozar da representación e para amosar o orgullo do Porriño de contar cunha das compañías máis admiradas de Galicia que, “dende hai máis de dous décadas levan o seu arte, a súa imaxinación e o seu exemplo ligado aos porriñeses”.

É unha boa razón para estar o xoves que ven na platea, aínda que se cadra hai outra mellor escrita nun dos papeis que deixou Arthur Miller, “o teatro chega onde non chegan outros agarimos”.

 

 

REY VARELA SITÚA A RECUPERACIÓN DEMOGRÁFICA COMO UN RETO DE PRESENTE E FUTURO NO FORO DE REXIÓNS ESPAÑOLAS CON DESAFÍOS DEMOGRÁFICOS (FREDD) QUE LIDERARÁ GALICIA DESDE O MES DE XUÑO

20160215_Foro_CCAA_Desafios_Demograficos11 Apunta que “hoxe acadouse un consenso en torno a que o tema demográfico ten que formar parte da axenda española e da axenda europea no futuro”
 Marca os obxectivos do foro en “trasladar á Comisión europea a necesidade de ter en conta no deseño das políticas as especificidades derivadas do cambio demográfico, demandar ao Goberno central un gran Pacto de Estado en torno aos desafíos demográficos e potenciar a participación no Foro na Rede de Rexións Afectadas polo Cambio Demográfico”
 Sitúa o papel da Xunta en “sensibilizar á poboación e dar pasos na dirección axeitada para construír unha Galicia mellor e máis nova”
 Subliña a importancia do “feixe de actuacións que desenvolvemos no marco autonómico e que xa están comezando a ter os seus primeiros resultados” e anuncia que a Tarxeta Benvida “xa conta con case 1.000 solicitudes que desde a Xunta iremos resolvendo nestas datas”

Valladolid, 15 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou esta mañá na reunión do Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREDD) que tivo lugar na Comunidade de Castilla y León. O foro está composto por oito Comunidades Autónomas que presentan balances demográficos negativos como Galicia, Castilla La Mancha, Castilla y León, Extremadura, Asturias, Aragón, Cantabria e La Rioja, estas dúas últimas incorporadas na cita de hoxe. Na súa intervención, o responsable da área social galega anunciou que Galicia “liderará este foro dese o vindeiro mes de xuño e que a vindeira reunión terá lugar no mesmo mes na nosa terra, unha rexión que contempla a recuperación da demografía como un reto de presente, pero sobre todo, de futuro”.

O conselleiro de Política Social destacou a “produtividade” da reunión cos responsables doutras comunidades e salientou a “importancia do reto demográfico, un reto que ten Galicia desde hai anos pero que compartimos con outras Comunidades Autónomas gobernadas por partidos políticos diferentes”. Nesta liña destacou que todos os participantes no foro “coincidimos en que a solución dos problemas ten que estar por riba das nosas diferenzas políticas”. “Hoxe acadouse un consenso en torno a que o tema demográfico ten que formar parte da axenda española e da axenda europea no futuro”, apuntou.

Na xornada que se desenvolveu na Consejería de la Presidencia de la Junta de Castilla y León, o conselleiro de Política Social destacou os logros acadados polo foro como “a inclusión do obxectivo transversal do cambio demográfico no Acordo de asociación de España 2014-2020 remitido á Comisión Europea ou a comparecencia no Senado, na Comisión de entidades sociais”. Asemade o mandatario galego dixo que con este traballo comezado en 2013 preténdese “trasladar á Comisión europea a necesidade de ter en conta no deseño das políticas as especificidades derivadas do cambio demográfico, demandar ao Goberno central un gran Pacto de Estado en torno aos desafíos demográficos e potenciar a participación no Foro na Rede de Rexións Afectadas polo Cambio Demográfico”.

José Manuel Rey Varela advertiu que “a Política de Cohesión europea debe estar moito máis estruturada para dar resposta aos desafíos demográficos”. O conselleiro situou o papel da Xunta en “sensibilizar á poboación e dar pasos na dirección axeitada para construír unha Galicia mellor e máis nova”.

1.000 solicitudes da Tarxeta Benvida
Nesta liña, subliñou a importancia do “feixe de actuacións que desenvolvemos no marco autonómico e que xa están comezando a ter os seus primeiros resultados”. Así, destacou o Programa de Apoio á Natalidade (PAN) que “procura dar resposta ás necesidades dos pais, garantir o benestar das familias e apoialas de xeito continuo”. Dentro das accións que contempla o programa, o conselleiro salientou a Tarxeta Benvida, coa que as familias con nenos nacidos no 2016 terán unha axuda directa de 100€ ao mes para os gastos básicos do bebé e anunciou que esta iniciativa “xa conta con case 1.000 solicitudes que desde a Xunta iremos resolvendo nestas datas”.

Do mesmo xeito enumerou outras actuacións do Goberno Autonómico en prol da recuperación demográfica como “A dedución fiscal por nacemento ou adopción, a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo, o incremento das prazas na rede pública de escolas infantís, a posta en marcha das Casas Niño no rural, o bono coidado, o bono concilia ou a incorporación da flexibilidade do horario laboral e o teletraballo na función pública galega”.

Lois Pereiro 58+58

Cicloxénese Lois! Actividades· VIGOCICLOXÉNESE EXPLOSIVA NO 58 CUMPREANOS DE LOIS PEREIRO

Mañá, 16 de febreiro, Lois Pereiro cumpre 58 anos. Con tal motivo, unha serie de amigos en todo o mundo organizan unha serie de actos desde ese día ata finais de mes en homenaxe del e da súa obra, baixo o título xenérico de Cicloxénese Cultural Explosiva. Iso inclúe un ciclo de conferencias e intervencións na Universidade de Vigo, exposicións en Monforte e nas Universidades de California (UCLA) e Conneticut (UConn), concertos en Nova York e un recital escénico na Coruña.

Os actos comezaron hoxe luns no pavillón central da Universidade de Vigo, coa inauguración da exposición “Siluetas Furtivas: I Certame Cicloxénico de Ilustración e VideoCreación”, unha performance e estrea en España do documental Desaparecidos, de Carla Navi. Mañá as actividades durarán todo o día e estarán centradas na música.  As Siluetas Furtivas son obras gráficas ou audiovisuais sobre a vida ou a obra do poeta monfortino que remitiron distintos artistas ata o 31 de xaneiro. Desde entón, nas redes sociais foise realizando unha votación  para seleccionar as favoritas, que son as que se expoñerán na UVIGO, UCLA, Uconn e Monforte. As favoritas de público e xurado levarán premios cedidos por artistas como Antón Patiño ou Emilio Cabezas, ou por iniciativas como Curtopía, Revista Luzes e BöömDïäS. Tamén serán editadas por Astromántica Cartoneira.

En NY, os grupos musicais Fluzo e Xenderal actuarán esta fin de semana no Palisades de Brooklyn e no Silvana de Harlem baixo o título Galician Cultural Cyclogenesis. Finalmente, na Coruña, a finais de mes, Lino Braxe dirixirá un recital escénico coa participación da xeración máis nova de creadores, chamado 20 voces por L@is, en referencia a que este ano tamén se cumpre o 20 aniversario do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2011.

Un saúdo

Una empresa que recibe subvenciones de la Xunta financia la página Web de los candidatos gallegos parte de la última campaña a las elecciones generales del 20D.

a empresa que recibe subvenciones y contratos públicos paga parte de la campaña de los candidatos de Galicia a las elecciones del 20 de Diciembre de 2015..

Pladesemapesga destapa uno de los mayores escándalos de la financiación política del PPdeG.

El PP de  Génova y Feijóo mediaron para que una empresa adjudicataria de subvenciones públicas pagase parte de la campaña y una página Web del PPdeG, y en este momento la citada Web hasta el final de 2016 consta a nombre de la empresa privada que recibe dinero público.

Primero la Gúrtel, la Púnica, ayer Madrid, y ahora al Presidente gallego Alberto Núñez Feijóo cada vez más cerca de que estalle la corrupción extendida en el PPdeG……

La campaña electoral a las elecciones generales del 20 de Diciembre de los candidatos en Galicia fue negociada por Alberto Núñez Feijóo, actual presidente regional del PPdeG, y al que le fue pagada también en las últimas elecciones gallegas, celebradas el 1 de marzo de 2009, y las elecciones de 2012, que él mismo adelantó, en las que se proclamó presidente el día 21 de octubre de 2012 fueron sufragadas en parte por una empresa privada que ha logrado contratos de la Xunta de Galicia, según se desprende de los documentos a los que ha accedido PLADESEMAPESGA.

El presidente del PPdeG, negoció con un responsable de la empresa receptora del dinero público para que asumiese el coste del proyecto Web delwww.ppdegalicia.com/  y la de la última campaña del 20Dhttp://candidatos.ppdegalicia.com/  adjudicándose el pago en sus servidores y bajo su propiedad como testaferros y propietarios del PP Gallego.

 

El Presidente del PPdeG y de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pretende sin conseguirlo, alejar la organización regional de Galicia de los escándalos de corrupción, se ha distinguido en las últimas semanas por la contundencia con la que ha prometido combatir los escándalos que afectan a los populares, pero en su “ombligo” tiene las muescas del próximo escándalo en el PP, y que por lógica toca a Galicia.

 

Pladesemapesga en reiteradas ocasiones ha solicitado al Presidente Gallego, aclaraciones o desmentidos sobre este asunto de otorgar subvenciones a la empresa que financia parte de la campaña política del PPdeG, declinando responder, aunque miembros cercanos a su gabinete aseguraron a Pladesemapesga ayer, que, pese a que es el Presidente del PPdeG, no se enteró, ni sabe cómo se contrató la Web Regional del Partido Popular a pesar de su cargo.

 

El último encargo para la campaña de las últimas elecciones para los candidatos de Galicia se hizo desde la Calle Génova, sede central del PP, según a podido documentar Pladesemapesga.

 

La fuente cercana al gabinete de Feijóo afirmó que “el responsable de la organización del PPdeG es el actual Vicepresidente de la Xunta, Alfonso Rueda” y que “el PP ya tiene su propia página Web, www.pp.es/  ”, desentendiéndose del PP a nivel Nacional.

 

La Web de los candidatos del  PP en Galicia se puso en marcha pocos meses antes de los comicios electorales y bajo las presuntas infracciones a la Ley Electoral. ofertando información del por que hay que votar al PP.

 

En la Web todavía es posible hallar noticias referidas a las campañas electorales de Feijóo y declaraciones del mismo, recientes sobre las benevolencias y de su actividad política de su condición de presidente del PPdeG, pero también bajo los cargos de Presidente de la Xunta de Galicia, es el caso del proyecto más rechazado socialmente en Galicia como es el de la acuicultura, en la que se incluyen fotografías en el Parlamento de Galicia, de el y su vicepresidente el Sr Alfonso Rueda.

 

Por su parte, los responsables y propietarios de la Web del www.PPdeGalicia.com  , uno de ellos que ahora dirige otra sociedad dedicada a potenciar la protección de datos y marcas en las redes sociales, no pudo ser localizado para conocer su postura. Altos cargos del PP Gallego negaron haber contratado con ninguna empresa de proyectos Web o haber colaborado con el PPdeG para que parte de la campaña política fuera financiada con subvenciones y contratos de la Xunta de Galicia..

 

Ver o descargar documentos de acceso público en:

 

http://xornaldegalicia.es/especiales/corrupcion/6135-la-empresa-que-recibe-subvenciones-de-la-xunta-financia-la-pagina-web-del-ppdeg-pago-a-los-candidatos-gallegos-parte-de-la-ultima-campana-a-las-elecciones-generales-del-20d

A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS AVANZA UN INVESTIMENTO DE 340.000 EUROS NA MELLORA DO FIRME DA TRAVESÍA DE BAIONA E NA CONSTRUCIÓN DUNHA GLORIETA DE ACCESO AO PORTO

  • Vázquez precisa que o proxecto está en fase de redacción e prevese iniciar o proceso de contratación das obras en abril
  • Destaca que as as obras executaranse despois do verán, tal e como solicitou o concello, para minimizar as molestias e non entorpecer o paso da Volta Ciclista
  • En total, as obras abranguerán 3 quilómetros da travesía, atendendo as demandas formuladas polo alcalde

Baiona (Pontevedra), 15 de febreiro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladoulle hoxe ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, que a Xunta licitará no vindeiro mes de abril as obras de reforzo de firme na travesía desta localidade por preto de 340.000 euros.

Vázquez mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co rexedor baionés para presentarlle as actuacións de mellora que se executarán ao longo de 3 km da travesía de Baiona, na estrada PO-552.

A Xunta tiña previsto actuar nun treito de 2 km, entre a glorieta coa rúa das Areas e a existente ao final da travesía, pero atendendo ás demandas formuladas polo alcalde, ampliarase esta intervención, executando reparacións localizadas de firme ao longo dun quilómetro máis (entre os quilómetros 13 e 14 da travesía).

A conselleira explicou que tamén se vai construír unha glorieta no acceso ao Porto de Baiona, dando así cumprimento á solicitude deste municipio pontevedrés.

 

A titular de Infraestruturas precisou que o proxecto está actualmente en fase de redacción, prevendo telo rematado o antes posible coa fin de licitalo en abril e poder iniciar os traballos o antes posible. Neste sentido, Ethel Vázquez concretou que as obras realizaranse despois do verán, tal e como solicitou o concello, para evitar ocasionar molestias innecesarias a veciños e condutores e non entorpecer o paso da Volta Ciclista a España.

 

 

A XUNTA DE GALICIA PROMOVE O VOLUNTARIADO E A SOLIDARIEDADE ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA A TRAVÉS DO PROGRAMA “MÓVETE”

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou hoxe este proxecto piloto no CEIP Virxe da Cela de Monfero. A iniciativa tamén se levará a cabo no CEIP das Fontiñas de Santiago e no da Lomba en Vilagarcía de Arousa
  • O programa “Móvete” pretende ser un instrumento para a formación integral dos estudantes máis novos a través de valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico e vincula á música como elemento de motivación

 

Monfero (A Coruña), 15 de febreiro de 2016.- A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, inicia de xeito experimental o programa “Móvete” de dinamización do voluntariado entre o alumnado dos primeiros cursos de educación Primaria. Este proxecto piloto levarase a cabo en tres centros de ensinanza Infantil e Primaria: o Virxe da Cela de Monfero, o das Fontiñas de Santiago e o da Lomba en Vilagarcía de Arousa. En total, participarán en Móvete ata final de curso máis dun cento de nenos e nenas entre os 6 e os 10 anos de idade.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou esta mañá este programa no CEIP Monfero, que “pretende ser un instrumento para a formación integral dos estudantes máis novos a través dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico e vinculado á música como elemento de motivación”, dixo.

 

Así, este programa conta como base coa canción e o vídeo “Móvete” de Paco Nogueiras, a través da que se elaborará unha unidade didáctica de aplicación a través duns obradoiros en cada centro. Os obxectivos da unidade didáctica céntranse na posta en valor da solidariedade e na acción voluntaria como medio para mellorar as realidades dos máis desfavorecidos.

 

Accións solidarias en cada centro

Nas unidades didácticas cada centro escollerá unha acción solidaria para desenvolver co alumnado, que estará adecuada ás idades do grupo seleccionado e que poderá ser de sensibilización ou dun carácter máis activo, segundo o diagnosticado nos obradoiros iniciais.

 

Por último, Cecilia Vázquez destacou que “con este proxecto estamos en disposición de ofrecerlles aos mozos e mozas galegos a posibilidades de que desenvolvan un itinerario voluntario completo e continuo”. De tal xeito que este itinerario comeza en Primaria con Móvete, segue con Pasaporte Solidario –dirixido a rapaces de ata 12 anos-, continua coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria, e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.

 

 

A XUNTA DE GALICIA OFERTA ÁS PERSOAS MAIORES MÁIS DE 600 PRAZAS PARA ESTADÍAS DE DEZ DÍAS EN BALNEARIOS DE TODA A COMUNIDADE

  • O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación da orde no DOG e rematará o vindeiro día 7 de marzo. Os interesados xa poden acceder á información e ao modelo de solicitude na web http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-de-maiores
  • Nesta edición incorpóranse ao programa novos balnearios e ademais diminúe o importe que teñen que achegar os participantes en tanto que a Xunta nesta convocatoria contribúe ao prezo da praza nun importe medio do 27% do custe cando o ano pasado era do 20%
  • Esta acción vai dirixida aos maiores de 60 anos ou de 55 que teñan a condición de pensionista. Os solicitantes poderán ir acompañados de fillos ou fillas cunha discapacidade igual ou superior ao 33%
  • O obxectivo da iniciativa é contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, convivencia e tratamento termal

 

Santiago, 15 de febreiro de 2016.- A Xunta de Galicia ten lista unha nova edición do programa “Benestar en Balnearios” que impulsa a Consellería de Política Social e co que pretende contribuír ao mantemento da autonomía das persoas maiores, facilitándolles a posibilidade de gozar duns días de descanso, convivencia e tratamento termal; e así ocupar o seu tempo libre dun xeito activo e positivo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará mañá martes a orde que regula a convocatoria desta iniciativa, que nesta ocasión oferta un total de 607 prazas repartidas por toda Galicia e dirixidas a persoas maiores de 60 anos ou de 55 reunindo a condición de pensionista.

 

Este programa desenvolverase, como en pasadas edicións, nos balnearios de Acuña en Caldas de Reis (Pontevedra); Arnoia en Ourense; Augas Santas en Ferreira de Pantón (Lugo); Baños de Brea en Vila de Cruces (Pontevedra); Baños de Molgas en Ourense; Caldelas de Tui en Tui (Pontevedra); O Carballiño (Ourense); Carballo (A Coruña); Cuntis (Pontevedra); Laias en Cenlle (Ourense); Lobios (Ourense); Río Pambre en Palas de Rei (Lugo); Termas Romanas de Lugo; e como novidade neste 2016 participan tamén o Balneario de Guitiriz (Lugo) e o Balneario Eurostars Isla de La Toja no Grove (Pontevedra). Outra das melloras da nova  convocatoria é que diminúe o importe que teñen que achegar os participantes posto que a Xunta este ano contribúe ao prezo da praza nunha contía media do 27% do custe cando o ano pasado era do 20%.

 

O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación da orde no DOG –isto é, o mércores 17 de febreiro- e rematará o próximo 7 de marzo. Os interesados xa poden acceder á información e ao modelo de solicitude na web do departamento http://benestar.xunta.es/web/portal/portada-de-maiores

 

Esta iniciativa facilita ás persoas con menos recursos a posibilidade de gozar duns días de tratamento termal en balnearios emprazados en Galicia. A duración da estadía é de dez días (nove noites). A mesma inclúe a estadía en habitacións compartidas, en réxime de pensión completa en balnearios, hoteis ou residencias; tratamento termal, segundo prescrición facultativa; e actividades de animación sociocultural.

 

Requisitos

Para participar nesta iniciativa é necesario ter máis de 60 anos ou de 55 reunindo a condición de pensionista; estar empadroado e residir en Galicia; valerse por si mesmo; e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin trastornos mentais ou condutuais.

 

Tamén poderán participar os fillos ou fillas das persoas solicitantes que teñan un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando o podan facer sen necesidade de apoio de terceira persoa e se podan desprazar con autonomía e compartan a habitación coas persoas proxenitoras.

 

As solicitudes poderanse presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es (procedemento BS607A), nas xefaturas territoriais e nos centros sociocomunitarios. No caso das parellas que queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda deberán presentar unha única solicitude para a súa baremación conxunta, acompañada da documentación que nela se indica.

 

REÁBRESE AO TRÁFICO O TREITO DO CORREDOR DO MORRAZO AFECTADO POLO TEMPORAL DE CHUVIAS

  • A Axencia Galega de Infraestruturas adoptou as medias necesarias para garantir a seguridade na circulación e vixiará a zona onde o pasado venres se desprendeu un noiro

Santiago, 15 de febreiro de 2016.-   A Axencia Galega de Infraestruturas reabriu esta mañá ao tráfico o treito do Corredor do Morrazo (CG 4.1) afectado polo forte temporal de chuvias da pasada fin de semana, entre os puntos quilométricos 0 e 3 do, en sentido Cangas. Actualmente mantense pechado ao tráfico o carril de vehículos lentos desde o punto quilométrico 1 ata o 1+800.

Este treito do Corredor do Morrazo foi pechado ao tráfico o pasado venres pola noite para garantir a seguridade na circulación, xa que a vía se viu afectada polo desprendemento dun noiro por mor das fortes chuvias. Os técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) traballaron durante todo o fin de semana para resolver este problema o antes posible.

A reapertura ao tráfico realízase logo de adoptar todas as medias necesarias para garantir a seguridade na circulación, entre elas a colocación dunha barreira de formigón na base do noiro, e a zona afectada manterase vixiada, mentres se traballa nas medidas para a solución definitiva da incidencia.

 

#SonRías2016 | Primeiras confirmacións: Lendakaris Muertos, Boikot, Heredeiros e Poetarras

1 2 3 4O Festival SonRías Baixas anuncia as primeiras bandas coas que encherá de rock e de festa a vila de Bueu a primeira fin de semana agosto. Trátase de dúas bandas de referencia no panorama rockeiro español e dous dos mellores exemplos da provocación feita música en Galicia: os míticosLendakaris Muertos, máximos expoñentes do punk español máis gamberro e absurdo, regresan aos escenarios despois dun parón de dous anos e terán no SonRías Baixas a súa parada oficial no noroeste peninsular: os madrileños Boikot volven a Bueu, por aclamación popular, despois de arrasar na edición de 2013 coa súa enerxía e diversión revolucionaria; tamén repiten osHeredeiros da Crus, outra das bandas máis queridas do público do SonRías Baixas, nun dos poucos concertos de gran formato que ofrecerán este verán, despois de facer sold out en toda a súa xira de salas; e pechan este primeiro avance os Poetarras, un colectivo “arterrorístico” especialista en crear cancións pegadizas e irreverentes que os teñen convertido nos seus poucos anos de vida nos máximos expoñentes da nova retranca galega.

A organización promete máis sopresas para as próximas semanas e pon xa á venda na súa web as primeiras 500 entradas a un prezo reducido de 18,50 euros máis gastos o abono dos dous días, acampada incluída, unha oferta sen comparación nos festivais da península. O prezo na billeteira será de 35 euros.