A CONSELLEIRA DE INFRAESTRUTURAS AVANZA UN INVESTIMENTO DE 340.000 EUROS NA MELLORA DO FIRME DA TRAVESÍA DE BAIONA E NA CONSTRUCIÓN DUNHA GLORIETA DE ACCESO AO PORTO

  • Vázquez precisa que o proxecto está en fase de redacción e prevese iniciar o proceso de contratación das obras en abril
  • Destaca que as as obras executaranse despois do verán, tal e como solicitou o concello, para minimizar as molestias e non entorpecer o paso da Volta Ciclista
  • En total, as obras abranguerán 3 quilómetros da travesía, atendendo as demandas formuladas polo alcalde

Baiona (Pontevedra), 15 de febreiro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladoulle hoxe ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, que a Xunta licitará no vindeiro mes de abril as obras de reforzo de firme na travesía desta localidade por preto de 340.000 euros.

Vázquez mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co rexedor baionés para presentarlle as actuacións de mellora que se executarán ao longo de 3 km da travesía de Baiona, na estrada PO-552.

A Xunta tiña previsto actuar nun treito de 2 km, entre a glorieta coa rúa das Areas e a existente ao final da travesía, pero atendendo ás demandas formuladas polo alcalde, ampliarase esta intervención, executando reparacións localizadas de firme ao longo dun quilómetro máis (entre os quilómetros 13 e 14 da travesía).

A conselleira explicou que tamén se vai construír unha glorieta no acceso ao Porto de Baiona, dando así cumprimento á solicitude deste municipio pontevedrés.

 

A titular de Infraestruturas precisou que o proxecto está actualmente en fase de redacción, prevendo telo rematado o antes posible coa fin de licitalo en abril e poder iniciar os traballos o antes posible. Neste sentido, Ethel Vázquez concretou que as obras realizaranse despois do verán, tal e como solicitou o concello, para evitar ocasionar molestias innecesarias a veciños e condutores e non entorpecer o paso da Volta Ciclista a España.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: