FONTEVELLA TEATRO CUMPRE 21 ANOS EN ESCENA REPRENTANDO NA CASA DA CULTURA DO PORRIÑO ‘PROHIBIDO CASAR’

Os vellos non deben de namorarse…agás do teatro. Ese podería ser o lema dos integrantes de ‘Teatro Fontevella’, quince homes e mulleres que dende hai vinteún anos saen a escena dentro e fora do Porriño, o seu berce.

A nova non chegaría a mais se nin fose porque nesta ‘compañía’ os seus integrantes teñen entre 68 e 88 anos de idade. Empezaron en 1995 nas
clases de lectura para maiores do concello e da man de Chelo Pampillón e do grupo ‘Atrezo’ crearon, coa seu estilo e a súa vontade, un xeito novo de representar.

So catro dos seus fundadores seguen hoxe de ‘xira’ con Fontevella que pode presumir de ter un dos elencos máis experimentados e aplaudidos da escena galega do que, ata hai moi pouco, formaban parte actrices e actores de 92, 93, mesmo 98 anos que foron quen de adaptar obras de Castelao, Casona, Millán e, xa máis recentemente, de Ramilo ou de Doro Piñeiro.

Precisamente de Piñeiro é a obra coa que celebrarán, este xoves, día 18, ás 8 e media da tarde na Casa da Cultura do Porriño, as súas dúas décadas e un ano entre a traxedia, a comedia e o drama. ‘Prohibido casar’ levantará o telón con Adriano Campos, Jorge P.Fontenla, Amparo Tellado, Ofelia Méndez, Marina Tellado, Velentina Boullosa, Lola Vila, Norma Pérez, Flor Gordo e Damián Alonso, nos seus principais papeis nunha velada de teatro que, como dixo Federico García Lorca “é poesía que sae dun libro para facerse humana”.

A alcaldesa, Eva García de la Torre, anima a todos os veciños a achegarse á Casa da Cultura para gozar da representación e para amosar o orgullo do Porriño de contar cunha das compañías máis admiradas de Galicia que, “dende hai máis de dous décadas levan o seu arte, a súa imaxinación e o seu exemplo ligado aos porriñeses”.

É unha boa razón para estar o xoves que ven na platea, aínda que se cadra hai outra mellor escrita nun dos papeis que deixou Arthur Miller, “o teatro chega onde non chegan outros agarimos”.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: