REY VARELA SITÚA A RECUPERACIÓN DEMOGRÁFICA COMO UN RETO DE PRESENTE E FUTURO NO FORO DE REXIÓNS ESPAÑOLAS CON DESAFÍOS DEMOGRÁFICOS (FREDD) QUE LIDERARÁ GALICIA DESDE O MES DE XUÑO

20160215_Foro_CCAA_Desafios_Demograficos11 Apunta que “hoxe acadouse un consenso en torno a que o tema demográfico ten que formar parte da axenda española e da axenda europea no futuro”
 Marca os obxectivos do foro en “trasladar á Comisión europea a necesidade de ter en conta no deseño das políticas as especificidades derivadas do cambio demográfico, demandar ao Goberno central un gran Pacto de Estado en torno aos desafíos demográficos e potenciar a participación no Foro na Rede de Rexións Afectadas polo Cambio Demográfico”
 Sitúa o papel da Xunta en “sensibilizar á poboación e dar pasos na dirección axeitada para construír unha Galicia mellor e máis nova”
 Subliña a importancia do “feixe de actuacións que desenvolvemos no marco autonómico e que xa están comezando a ter os seus primeiros resultados” e anuncia que a Tarxeta Benvida “xa conta con case 1.000 solicitudes que desde a Xunta iremos resolvendo nestas datas”

Valladolid, 15 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou esta mañá na reunión do Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREDD) que tivo lugar na Comunidade de Castilla y León. O foro está composto por oito Comunidades Autónomas que presentan balances demográficos negativos como Galicia, Castilla La Mancha, Castilla y León, Extremadura, Asturias, Aragón, Cantabria e La Rioja, estas dúas últimas incorporadas na cita de hoxe. Na súa intervención, o responsable da área social galega anunciou que Galicia “liderará este foro dese o vindeiro mes de xuño e que a vindeira reunión terá lugar no mesmo mes na nosa terra, unha rexión que contempla a recuperación da demografía como un reto de presente, pero sobre todo, de futuro”.

O conselleiro de Política Social destacou a “produtividade” da reunión cos responsables doutras comunidades e salientou a “importancia do reto demográfico, un reto que ten Galicia desde hai anos pero que compartimos con outras Comunidades Autónomas gobernadas por partidos políticos diferentes”. Nesta liña destacou que todos os participantes no foro “coincidimos en que a solución dos problemas ten que estar por riba das nosas diferenzas políticas”. “Hoxe acadouse un consenso en torno a que o tema demográfico ten que formar parte da axenda española e da axenda europea no futuro”, apuntou.

Na xornada que se desenvolveu na Consejería de la Presidencia de la Junta de Castilla y León, o conselleiro de Política Social destacou os logros acadados polo foro como “a inclusión do obxectivo transversal do cambio demográfico no Acordo de asociación de España 2014-2020 remitido á Comisión Europea ou a comparecencia no Senado, na Comisión de entidades sociais”. Asemade o mandatario galego dixo que con este traballo comezado en 2013 preténdese “trasladar á Comisión europea a necesidade de ter en conta no deseño das políticas as especificidades derivadas do cambio demográfico, demandar ao Goberno central un gran Pacto de Estado en torno aos desafíos demográficos e potenciar a participación no Foro na Rede de Rexións Afectadas polo Cambio Demográfico”.

José Manuel Rey Varela advertiu que “a Política de Cohesión europea debe estar moito máis estruturada para dar resposta aos desafíos demográficos”. O conselleiro situou o papel da Xunta en “sensibilizar á poboación e dar pasos na dirección axeitada para construír unha Galicia mellor e máis nova”.

1.000 solicitudes da Tarxeta Benvida
Nesta liña, subliñou a importancia do “feixe de actuacións que desenvolvemos no marco autonómico e que xa están comezando a ter os seus primeiros resultados”. Así, destacou o Programa de Apoio á Natalidade (PAN) que “procura dar resposta ás necesidades dos pais, garantir o benestar das familias e apoialas de xeito continuo”. Dentro das accións que contempla o programa, o conselleiro salientou a Tarxeta Benvida, coa que as familias con nenos nacidos no 2016 terán unha axuda directa de 100€ ao mes para os gastos básicos do bebé e anunciou que esta iniciativa “xa conta con case 1.000 solicitudes que desde a Xunta iremos resolvendo nestas datas”.

Do mesmo xeito enumerou outras actuacións do Goberno Autonómico en prol da recuperación demográfica como “A dedución fiscal por nacemento ou adopción, a exención de pago nas escolas infantís para o segundo fillo, o incremento das prazas na rede pública de escolas infantís, a posta en marcha das Casas Niño no rural, o bono coidado, o bono concilia ou a incorporación da flexibilidade do horario laboral e o teletraballo na función pública galega”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: