A ALCALDESA E A ASOCIACIÓN DE HOSTALEIROS ACORDAN TRABALLAR COORDINADOS PARA REACTIVAR A ACTIVIDADE ECONÓMICA SECTOR DO PORRIÑO

Reunión hostelerosA alcaldesa do Porriño mantivo unha reunión de traballo coa nova xunta directiva da Asociación de Hostaleiros, elixida o pasado mes de xaneiro, encabezada polo seu presidente, José Manuel Fernández.

Na xuntanza, Eva García de la Torre deu conta á directiva do programa de actividades de lecer, culturais e deportivas programadas no concello durante todo este ano que, como indicou, “ademáis de servir como entretenimento para os veciños, están pensadas para dinamizar a economía da vila”.

A intención do Concello é que haxa propostas durante a meirande parte deste 2016, empezando, nunhas semanas coa celebración de fase final da Copa da Raiña de Balonmán, seguindo co Festival de Cine de Cans-que terá actividades en todo o Porriño os días antes do seu inicio- ou emprender o relazamento da Festa dos Cachos, que terá un contido máis gastronómico, como pediron os hostaleiros.

En xullo está prevista a celebración de Porrigalia, en agosto o Concello pretende organizar actuacións musicais e culturais, e está estudando a posibilidade de que sesións de cine ao aire libre; seguirá setembro coa Festa do Cristo e a Festa dos Callos, en novembro o Pinchorriño e podería volver a plantexarse a ‘Ruta sen alcohol’, antes de chegar á programación do Nadal.

Eva García de la Torre e José Manuel Fernández estiveron dacordo en que haxa unha coordinación entre Concello e a Asociación de Hostaleiros do Porriño de xeito que todas as actividades poidan programarse e organizarse con anticipación de xeito que beneficien aos asistentes, teñan repercusión nos medios de difusión e haxa unha “reactivación” da economía local, tanto no que se refire a cafeterías, terrazas ou restaurantes, como do Comercio, sectores que crean un importante tecido laboral e que son o centro da proxeción dos productos da vila, un dos sinais de identidade do Porriño

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: