Concello de Vigo

O alcalde ve con “enorme agrado” a proposta da Xunta de trasladar a Cidade da Xustiza ao Hospital Xeral

Caballero avanzou que este xoves día 18 manterá un encontro co vicepresidente da Xunta para abordar o traslado da Cidade da Xustiza ao Hospital Xeral, unha proposta que a priori valora en positivo aínda que quere “estudala a fondo” e considera que “hai que darlle contido ao actual espazo porque non podemos desvestir esa zona”.

 


Caballero subliña que o voo a Lisboa dará conectividade con moitos outros países

Logo de manter un encontro con responsables da TAP, Caballero augurou o éxito da conexión con Lisboa que arrancará o próximo mes de xullo. Na súa opinión a decisión de esta aerolínea de escoller Peinador para operar coa capital lusa “pon de relieve a importancia de Vigo na xeración e recepción de visitantes”.

 


Caballero saúda a “capacidade excepcional” do alumnado do Colexio Barreiro

Preto de medio centenar de nenos e nenas de quinto e sexto de Primaria do Centro Plurilingüe Barreiro visitaron este martes a casa consistorial, dentro do programa “Visita o teu Concello”. No salón de Plenos municipal foron recibidos e conversaron co alcalde de Vigo, quen salientou a “capacidade excepcional” amosada polos escolares na diálogo e nas preguntas formuladas.

 


Concerto didáctico “Los Moussakis. Música de los Balcanes dentro de una maleta”

Perto de 1.000 escolares vigueses, de 14 centros de Primaria e Secundaria, asistirán ás catro funcións do concerto didáctico “Los Moussakis. Música de los Balcanes dentro de una maleta” que a Obra Social “la Caixa” ofertou, coa colaboración da concellería de Educación do Concello de Vigo, aos centros educativos da cidade.

 


FALADOIRO sobre o libro “Un cesto de mazás.Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu”

Este xoves, 18 de febreiro, ás 19:00 h, no Centro de Documentación e Recursos Feministas, faladoiro sobre o libro: “Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu” con Montse Fajardo (autora)

 


Obradoiro de Escrita Creativa

A Concelleria de Xuventude organiza un obradoiro de Escrita Creativa co fin de é achegar aos mozos e mozas á literatura, tanto á escrita como á lectura, a través de pequenos exercicios que van dende xogos de escrita creativa ata intervencións de inspiración artística con base na literatura, pasando pola elaboración de textos propios e a creación en diversos formatos / audio, vídeo) relacionados con libros ou de creación propia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: