Dima Slobodeniouk dirixirá a Orquesta Sinfónica de Galicia mañá en Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta mañá en Vigo o seu segundo concerto da nova tempada de música clásica, nesta ocasión coa Orquesta Sinfónica de Galicia dirixida por Dima Slobodeniouk e con Patricia Kopatchinskaja como violinista solista. O recital, composto por obras de Jonathan Harvey, Schumann e Brahms, terá lugar ás 20.30 h. no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, á parte da política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas, este mesmo día a fundación galega inaugura o programa «Quedamos no palco, quedamos coa clásica» co que pon a disposición dos centros educativos de ESO e bacharelato entradas de balde para os concertos. Os centros poden solicitalas no teléfono 988 391 746 ou no correoquedamosnopalco@afundacion.org. O mesmo programa tamén ofrece entradas con desconto para os menores de 35 anos media hora antes de cada concerto no despacho de billetes do teatro.

Moitas grazas e un cordial saúdo,

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: