REY VARELA AMOSA O SEU COMPROMISO POLA INTEGRACIÓN PLENA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL E APUNTA CARA A EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL COMO UN DOS EIDOS DE MEIRANDE IMPORTANCIA

  • JAVI o DAVID /// (( Tambien AGN )) O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistirá á charla sobre educación afectivo-sexual que impartirá persoal do programa “Quérote” no Centro de Educación Especial “Príncipe Felipe” de Pontevedra. Na avenida de Montecelo, 12 (entrando pola zona da barreira de seguridade, ao final da vía principal, último edificio a man dereita)

    JAVI o DAVID /// (( Tambien AGN )) O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistirá á charla sobre educación afectivo-sexual que impartirá persoal do programa “Quérote” no Centro de Educación Especial “Príncipe Felipe” de Pontevedra. Na avenida de Montecelo, 12 (entrando pola zona da barreira de seguridade, ao final da vía principal, último edificio a man dereita)

    Visita o Centro de Educación Especial Príncipe Felipe (Pontevedra) onde o persoal do programa ‘Quérote’ está a impartir un obradoiro de sexualidade e afectividade a un grupo de 25 mozos e mozas con diversidade funcional

  • Sinala que “a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado aposta por programas formativos nos que os mozos e as mozas poden acceder a unha formación sobre esta temática por parte dun equipo profesional especializado”
  • Desde 2012 realizáronse un total de 132 obradoiros con 1.634 persoas beneficiadas

 

Pontevedra, 17 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou esta mañá o Centro de Educación Especial Príncipe Felipe (Pontevedra) onde o persoal do programa ‘Quérote’ está a impartir un obradoiro de sexualidade e afectividade a un grupo de 25 mozos e mozas con diversidade funcional. O responsable da área social salientou o compromiso da Xunta de Galicia coa plena integración e inserción deste colectivo na sociedade e apuntou cara a importancia dunha “educación afectivo sexual plural e obxectiva que lles permita a vivencia da súa sexualidade de xeito responsable e autónomo”.

 

Esta iniciativa coincide coa programación de actividades participativas para a mocidade que a Consellería de Política Social desenvolve con motivo do Día Europeo da Saúde Sexual nas principais cidades galegas e nas súas redes sociais dende o 12 ata o 19 de febreiro co obxectivo de sensibilizar á poboación da importancia de informarse e reflexionar sobre certos aspectos a ter en conta para unha vivencia saudable da sexualidade.

 

O conselleiro de Política Social dixo nas súas verbas que “a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado aposta pola posta en marcha de programas formativos nos que os mozos e as mozas poden acceder a unha formación sobre esta temática por parte dun equipo profesional especializado”. Nesta liña cifrou os obradoiros realizados ao longo do pasado ano 2015 en 19 sesións e 241 persoas beneficiadas e un total de 132 obradoiros e 1.634 persoas beneficiadas se se teñen en conta os datos desde 2012.

 

Atención personalizada

Nestes obradoiros ábreselle aos mozos a oportunidade de poder acceder a un servizo de consulta personalizado (presencial, telefónico, en liña ou a través de whatsapp) que garante un asesoramento profesionalizado, para que poidan resolver a nivel persoal as dúbidas que lle poidan xurdir neste ámbito da súa vida. O programa frecuentemente acompáñase dunha formación para as familias e os equipos profesionais para que poida seguir desenvolvéndose o traballo nas propias casas e nos propios centros nos que no día a día conviven os mozos e as mozas.

 

Os contidos que se abordan nestes obradoiros agrúpanse en torno a tres grandes bloques: ‘Coñecendo o corpo’, ‘Sentimentos e expectativas relacionais’ e ‘Comportamento afectivo-sexual’.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: