Archivo | febrero 18, 2016

O pianista Luis Fernando Pérez actuará a vindeira semana coa Real Filharmonía de Galicia en Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta o vindeiro xoves, 25 de febreiro en Vigo, o seu terceiro concerto da tempada de música clásica, nesta ocasión coa Real Filharmonía de Galicia (RFG) dirixida por Paul Daniel, director titular da mesma, e co pianista madrileño Luis Fernando Pérez como solista. O recital, composto por obras de Mendelssohn e Schubert, terá lugar ás 20.30 h. no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13).

DESAFIO BOOT CAMP RACE BOIRO 2016

D.B.C.R.6 D.B.C.R.7 D.B.C.R. 2
El próximo 07 de Mayo se celebra en BOIRO (A Coruña) la segunda edición de DESAFIO BOOT
CAMP, una carrera de obstáculos espectacular que ya tuvo en Vigo en su primera edición
más de 1000 participantes y que en esta edición es clasificatoria para el campeonato de
Europa de obstáculos, OCR (http://ocreuropeanchampionships.org).

Las carreras de obstáculos DESAFIO BOOT CAMP, cuya segunda edición tendrá lugar el próximo 07 de
mayo en Boiro (A Coruña), destacan por varias cuestiones; la primera son los enclaves, estratégicamente
seleccionados para dar a los corredores la esencia DESAFIO: playa, asfalto y monte, tres superficies
diferentes en un mismo recorrido y al público lugares exquisitos para visitar. Otra de las características
que define a las carreras DESAFIO BOOT CAMP, y que podremos ver en Boiro, es la selección cuidada de
los obstáculos, diferentes a otras carreras, con la intención de mantener el efecto sorpresa en el
corredor.
La organización (Diesemm), que cuenta con el apoyo incondicional al proyecto por parte del Concello de
Boiro , ha diseñado según nos cuentan, un recorrido que a regañadientes sabemos que tocará la playa
de Barraña y sus alrededores en un circuito de 8 km y 26 obstáculos. Como novedad en esta edición
veremos en Boiro dos categorías XTREME y RACE.
Modalidad Xtreme, para deportistas experimentados en este tipo de carreras y que será
clasificatoria para el europeo a celebrar en Holanda en Junio. 20 corredores clasificarán para el
campeonato de Europa de carreras de obstáculos (10 en categoría masculina y 10 en categoría
femenina). La organización ha decidido hacer más exigente esta categoría y para ello y por primera vez
en Galicia aplicará la normativa O.S.O. (obligatorio superar el obstáculo), de manera que a aquellos que
no la cumplan, aunque se les permitirá terminar la carrera, se les desclasificará. Conocedores del nivel
que alcanzará esta categoría se han limitado las plazas a 160, organizando tandas de menor número de
corredores para dar mayor espectacularidad al evento.
Modalidad RACE, permitirá competir de forma individual (masculino, femenino y categoría
veterano) o por equipos en las diferentes tandas que se han dispuesto. Para deportistas de todo tipo, es
decir desde el que comienza y busca una nueva experiencia hasta el que ya ha adquirido un buen nivel
de entrenamiento, o el que espera pasárselo en grande con sus compañeros de entrenamientos, la
categoría RACE pretende ser un gran DESAFIO para todos.
Una vez más, la organización ha pensado en BOIRO en los más pequeños y habrá un DESAFIO
BOOT CAMP KIDS para que los más pequeños de la familia también vivan una experiencia y nos
demuestren que hay un gran futuro en las carreras de obstáculos.
BOIRO (A Coruña), el 07 de Mayo, vivirá un gran espectáculo deportivo, pensado para el
deportista y para el público, espectacular por el entorno que nos brinda el enclave, por las capacidades
que nos mostrarán los deportistas, por el espíritu de diversión que acompaña a estas pruebas y el
ambiente post-carrera que es una fiesta para todos.

Para los que ya hayan decidido inscribirse pueden hacerlo en http://www.desafiobootcamp.com o en la
página de la secretaría técnica http://www.championchipnorte.com. Pero además tendremos las ultimas
noticias, promociones, sorteos, etc. en nuestro FACEBOOK .

Francisco Castro presenta en Vigo Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro

Francisco Castro presenta en Vigo Amor é unha palabra coma outra calquera

Unha novela sobre os sentimentos, o amor e o sexo

Francisco Castro presenta Amor é unha palabra coma outra calquerao próximo martes día 23 de febreiro ás 20h na Casa do Libro de Vigo, acompañado por Ramón Nicolás e por Víctor F. Freixanes

Francisco Castro presenta o seu novo libro, Amor é unha palabra coma outra calquera, o próximo martes día 23 de febreiro ás 20h na Casa do Libro de Vigo, acompañado polo crítico literario Ramón Nicolás e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes. Agradecémosvos, como sempre, a axuda na difusión. Tedes á vosa disposición a capa do libro, unha fotografía do autor (por favor, asinádea, é de Cristina Brea) e unha lista de spotify, coas cancións que acompañan a lectura da novela. Se necesitades máis información, recibir o libro ou axendar algunha entrevista, non dubidedes en contactar.

Amor é unha palabra coma outra calquera… ou non. Carla, a protagonista desta novela, organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. Carla, en definitiva, organiza a vida arredor de seu home, pero, que acontece cando ese centro de gravidade un día colle a porta e marcha?, e que acontece se, ademais, un cadáver aparece dentro da casa para acabar de darlle a volta a todo? Unha novela de amor contra o amor.
Porque amor é unha palabra coma outra calquera. Ou non.

Francisco Castro naceu en Vigo en 1966 e é escritor e editor, así como colaborador en prensa e televisión. Publicou libros para todos os chanzos de idade. Entre outras obras, escribiu Spam (premio Blanco Amor de novela 2005) e, para pequenos,Chamádeme Simbad (Lista de Honra de IBBY, 2012); en colaboración con Fina Casalderrey, O neno can (Lista de Honra de IBBY – Oslo, 2014), así como a exitosaTes ata as 10. Posúe os premios máis importantes da literatura galega e a súa obra está traducida a varias linguas, entre outras, o portugués de Brasil e o italiano. Pioneiro no uso das redes sociais como ferramenta de comunicación coas lectoras e lectores, desenvolve unha intensa actividade a través do blog, A canción do náufrago (http://franciscocastro.blogaliza.org), do seu perfil en Twitter (@chamademesimbad) e na súa páxina de Facebook.

Editorial Galaxia

Chegou o frío neste inverno serodio e, con el, chegaron as lecturas debaixo da manta. Editorial Galaxia ofrécevos algunhas novidades para ler estes días ao calor do fogar. Poemas para quencer o espírito, a inspiradora vida dun “labrego con algo de poeta”, unha novela de amor, unha de intriga e dúas obras de teatro infantil para gozar en familia. Agardamos que vos gusten.

Novidades Febreiro 2016

Manuel María. Antoloxía poética
Escolma de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro

Esta antoloxía recolle unha ampla mostra da enorme dimensión da obra poética de Manuel María e da variedade dos seus temas e formas, pensada para todo tipo de lectores que se queiran achegar por primeira vez á poesía do autor chairego e tamén para aqueloutros que queiran revisitar, recollidos nun só libro, poemarios lidos e poemas lembrados.

244 páxinas
12 €

O enigma de Caronte
Carlos Vila Sexto

O autor da popular novela As sete mortesvolve cunha nova historia de intriga. Un verán entre amigos en Cabo Lázaro, unha morte accidental e unha misteriosa mensaxe que sitúa os protagonistas sobre a pista dun tesouro agocahado nalgún lugar da pequena vila costeira.O enigma de Caronte ten todos os ingredientes precisos para enganchar os lectores dende a primeira páxina.

365 páx.
14 €

Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María
Mercedes Queixas Zas

Cun relato directo, ameno e ao tempo rigoroso, a autora achéganos ao itinerario vital de Manuel María, guiándonos por un roteiro vital que entrefeba vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires. O idioma, a fala, o oficio de poeta e a tradición literaria marcan a vida de quen se entregou na defensa da súa xente e da súa cultura. A poesía é o sinal dese compromiso.

194 páxinas
10 €

Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada
Labraña, Carlos
Ilustracións Rodrigo Chao

A nova obra de teatro infantil de Carlos Labraña é unha comedia disparatada protagonizada por unha compañía de pallasos, trapecistas e domadores que lles demostrarán aos pequenos e pequenas lectoras que se acheguen a eles que o circo é, sen dúbida, “o maior espectáculo do mundo”.

De dez anos en diante
6.90 €

Amor é unha palabra coma outra calquera
Castro, Francisco

A protagonista desta novela organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. Esta é unha novela de amor contra o amor. Porque amor é unha palabra coma outra calquera…
Ou non.

224 páxinas
17 €

As terapias da doutora Ledicia
Castro, Raquel
Ilutr. Almudena Aparicio

Unha obra de teatro repleta de personaxes necesitados dun tratamento urxente de felicidade para amañar o seu triste corazón. As terapias da doutora Ledicia recibiu o Premio de Honra nos premios Estornela de Teatro que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas, no ano 2014.

De dez anos en diante
8.60 €

Grial 208

Unha reflexión sobre a creación artística na Galicia de hoxe dende diversas perspectivas: a creación, a producción, a difusión, a comunicación e, acaso de xeito especial, as distintas formas de organización (mesmo institucional) que a creación artística presenta nos nosos días, dende o política de museos e os departamentos universitarios á crítica especializada. Coordinada por Agar Ledo.

132 páx.
12 €

Noticias

A AELG outorga a letra E a Helena Villar Janeiro
Fervenzas literarias premia Os elefantes de Sokúrov de Antón Riveiro Coello como mellor novela do ano e O meu pesadelo favorito de María Solar como mellor libro de literatura infantil.
A tradución de Ramon Nicolás de Bisa Bea, Bisa Bel entra na Lista de Honra de IBBY
María Fumaça entra na selección The World Through Picture Books de IBBY
Malores Villanueva obtén a máxima cualificación coa tese de doutoramento: A editorial Galaxia. Proxecto e Traxectoria, 1950.1963
Mario Regueira obtén a máxima cualificación coa tese de doutoramento: A narrativa na reconstrución do campo literario de posguerra. Repertorios e imaxinario nacional no proxecto de Galaxia
Celébrase o 55 aniversario da publicación das Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas
Alfonso Mato e Santiago Lamas gañan o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2015 coa obra De camiños, viaxeiros e caminantes. Peregrinos de NÓS ao cabo do mundo