 |
Chegou o frío neste inverno serodio e, con el, chegaron as lecturas debaixo da manta. Editorial Galaxia ofrécevos algunhas novidades para ler estes días ao calor do fogar. Poemas para quencer o espírito, a inspiradora vida dun “labrego con algo de poeta”, unha novela de amor, unha de intriga e dúas obras de teatro infantil para gozar en familia. Agardamos que vos gusten.
|
|
|
|
 |
Manuel María. Antoloxía poética
Escolma de Darío Xohán Cabana e Amelia Outeiro
Esta antoloxía recolle unha ampla mostra da enorme dimensión da obra poética de Manuel María e da variedade dos seus temas e formas, pensada para todo tipo de lectores que se queiran achegar por primeira vez á poesía do autor chairego e tamén para aqueloutros que queiran revisitar, recollidos nun só libro, poemarios lidos e poemas lembrados.
244 páxinas
12 € |
|
 |
O enigma de Caronte
Carlos Vila Sexto
O autor da popular novela As sete mortesvolve cunha nova historia de intriga. Un verán entre amigos en Cabo Lázaro, unha morte accidental e unha misteriosa mensaxe que sitúa os protagonistas sobre a pista dun tesouro agocahado nalgún lugar da pequena vila costeira.O enigma de Caronte ten todos os ingredientes precisos para enganchar os lectores dende a primeira páxina.
365 páx.
14 € |
|
|
 |
Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María
Mercedes Queixas Zas
Cun relato directo, ameno e ao tempo rigoroso, a autora achéganos ao itinerario vital de Manuel María, guiándonos por un roteiro vital que entrefeba vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires. O idioma, a fala, o oficio de poeta e a tradición literaria marcan a vida de quen se entregou na defensa da súa xente e da súa cultura. A poesía é o sinal dese compromiso.
194 páxinas
10 € |
|
 |
Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada
Labraña, Carlos
Ilustracións Rodrigo Chao
A nova obra de teatro infantil de Carlos Labraña é unha comedia disparatada protagonizada por unha compañía de pallasos, trapecistas e domadores que lles demostrarán aos pequenos e pequenas lectoras que se acheguen a eles que o circo é, sen dúbida, “o maior espectáculo do mundo”.
De dez anos en diante
6.90 € |
|
|
 |
Amor é unha palabra coma outra calquera
Castro, Francisco
A protagonista desta novela organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. Esta é unha novela de amor contra o amor. Porque amor é unha palabra coma outra calquera…
Ou non.
224 páxinas
17 € |
|
 |
As terapias da doutora Ledicia
Castro, Raquel
Ilutr. Almudena Aparicio
Unha obra de teatro repleta de personaxes necesitados dun tratamento urxente de felicidade para amañar o seu triste corazón. As terapias da doutora Ledicia recibiu o Premio de Honra nos premios Estornela de Teatro que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas, no ano 2014.
De dez anos en diante
8.60 € |
|
|
|
|