Archive | febrero 19, 2016

El Gobierno ratifica el Convenio de la Capitalidad Mundial del Móvil de Barcelona y prorroga el programa de apoyos fiscales‏

  • Se actualiza un Convenio que recoge a la Capitalidad Mundial del Móvil como acontecimiento de excepcional interés público a efectos de beneficios fiscales.
  • Con este acuerdo se beneficiarán las empresas tecnológicas a través de la iniciativa 4YFN (Four Years From Now), y servirá para incrementar programas para emprendedores españoles del sector TIC.

19.02.16. El Consejo de Ministros ha aprobado hoy un Acuerdo por el que se ratifica la autorización provisional para la suscripción de la adenda al Convenio de colaboración entre la Administración General del Estado, la Generalitat de Cataluña, el Ajuntament de Barcelona y la Fundació Barcelona Mobile World Capital Foundation  para la creación del Consorcio “Barcelona Mobile World Capital” y la aprobación de los Estatutos.

 

El Ayuntamiento de Barcelona, la Generalitat de Cataluña y el Gobierno de España han realizado un esfuerzo conjunto que hoy se concreta en la actualización de un Convenio que recoge a la capitalidad Mundial del Móvil como acontecimiento de excepcional interés público a efectos de beneficios fiscales.

 

El fin primordial es atraer financiación privada a este gran proyecto que es la Capitalidad Mundial del Móvil de Barcelona, impulsando y promoviendo aún más su éxito y sus excelentes beneficios para nuestro país.

El incremento de aportación privada servirá para apoyar el emprendimiento de empresas tecnológicas a través de 4YFN (Four Years From Now), para financiar a un mayor número de emprendedores españoles y para realizar más actividades que impulsen la internacionalización del sector tecnológico español.

 

La semana que viene se celebra el “Barcelona Mobile World Congress 2016” dónde la Administración General del Estado a través de Ministerio de Industria, Energía y Turismo, aporta 5 millones anuales y además cuenta con un pabellón de España.

 

Pabellón de España en el Mobile World Congress

 

El Pabellón de España en el Mobile World Congress de Barcelona acogerá en su edición de 2016, que se celebra del 22 al 25 de febrero, un total de 60 empresas de Tecnologías de la Información y de la Comunicación (TIC) españolas, que podrán presentar sus productos y entrar en contacto con potenciales clientes e inversores.

 

El pabellón tiene una superficie de 650 metros cuadrados y está dividido en un área de networking y una amplia zona de stands, que reúne a un total de 40 compañías españolas. Además, otras 20 empresas utilizarán también estas instalaciones para dar a conocer su oferta.

 

El Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través de la Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información y Red.es, se ocupa de la organización de este espacio que está presente en el MWC desde el año 2006 y concentra las últimas tendencias en dispositivos, aplicaciones y contenidos móviles.

 

Los subsectores a los que orientan su actividad las empresas del pabellón de España son tan dispares como telecomunicaciones, ciberseguridad, ciudades inteligentes, software y aplicaciones, marketing, fintech, cloud, e-salud o consultoría.

 

Toda la información sobre el pabellón de España, las empresas participantes y las actividades del pabellón puede consultarse en un portal especialmente habilitado para la feria: www.mwc-spain.es

 

 

A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL CONTINÚA A TRABALLAR COS CONCELLOS NA OPTIMIZACIÓN DE RECURSOS PARA AXUDAR AOS COLECTIVOS MÁIS DESFAVORECIDOS

  • José Manuel Rey Varela reuniuse esta mañá co alcalde de Mañón, Alfonso Emilio Balseiro Gómez, para establecer posibles novas vías de colaboración e repasar os programas que a Xunta desenvolve no municipio
  • A administración autonómica inviste preto de 195.000 euros na residencia de menores María Inmaculada

 

Santiago, 19 de febreiro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá un encontro en San Caetano co alcalde de Mañón, Alfonso Emilio Balseiro Gómez. Unha reunión que serviu para afianzar as liñas de colaboración entre as administracións autonómica e local e que se enmarca na rolda de contactos cos rexedores galegos posta en marcha por Rey Varela.

 

No encontro, o titular de Política Social e o rexedor, repasaron os principais programas que a Xunta de Galicia está a desenvolver na localidade no eido social. Na área de Dependencia, cómpre destacar o incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar, ascendendo así o número total de horas a 892 das que se benefician 29 usuarios. Este incremento foi posible grazas á achega de máis de 77.000 euros da administración autonómica. Na área de infancia, a Consellería de Política Social fai unha importante inversión na residencia de menores María Inmaculada de iniciativa social, xa que subvenciona as 10 prazas concertadas do centro por un importe de máis de 194.000 euros. Ademais, a Xunta mantén unha axuda de preto de 5.000 euros co Punto de Atención á Infancia municipal, que conta con 20 prazas públicas. Cómpre destacar que a Consellería está a traballar na construción dun centro social en Mañón.

 

O conselleiro afirmou ao termo do encontro que a vía para garantir unhas verdadeiras políticas sociais é á da acción conxunta entre administracións para a optimización de recursos, de xeito que redunden na mellora do benestar dos galegos e galegas máis desfavorecidos. Deste xeito, conselleiro e rexedor tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade neste concello.

O PROGRAMA PASAPORTE SOLIDARIO ACHEGA Á REALIDADE DO VOLUNTARIADO A MÁIS DE 1.300 ALUMNOS E ALUMNAS DE 24 CENTROS ESCOLARES

  • A credencial cubre as súas páxinas con accións como acompañar aos maiores ou colaborar na casa

 

Cambre (A Coruña), 19 de febreiro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe o IES David Buján de Cambre, para participar nunha actividade de dinamización da iniciativa Pasaporte Solidario. Un total de 1.344 alumnos e alumnas de 24 centros escolares de primaria participan durante este curso escolar neste programa, que ten como principal obxectivo o de promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa e favorecer que os escolares se comprometan como voluntarios.

 

Cecilia Vázquez aproveitou a súa visita a este centro para escoitar propostas que melloren o Pasaporte Solidario, unha iniciativa que cumpre o seu quinto ano de vida; así como para saudar a todo o alumnado participante e manter con el varias reunións coa fin de coñecer de primeira man o desenrolo das distintas actividades.

 

A directora xeral destacou que “en Galicia existe un firme compromiso cidadán coa acción voluntaria, que se deixa notar de forma especial entre os máis novos e debemos continuar neste esforzo común para contribuír a fortalecer e a pór en valor o voluntariado dende as idades máis novas”.

 

O Pasaporte Solidario é un documento cuxas páxinas conteñen propostas de actividades solidarias pensadas tanto para alumnos de primaria como de secundaria. Cada estudante que o solicita –coordinado polo centro- ten que encher o seu pasaporte con certificados que acrediten o cumprimento da actividade solidaria antes de finais de maio. Entre as accións que hai que certificar para cubrir o Pasaporte, atópanse tarefas como acompañar aos maiores, colaborar na casa ou axudar aos compañeiros da clase.

ABANCA impulsará o negocio con pemes co foco no crédito e o servizo multicanle

  • A entidade prevé incrementos de dous díxitos no ano en financiamento de circulante e préstamos a longo prazo ao tecido empresarial
  • Os negocios de medios de pago, seguros, fondos e plans de pensións mantéñense como estratéxicos para lograr un crecemento rendible
  • O banco aumenta en 38 puntos a súa cota de mercado de crédito en Galicia
20160219-abanca-escotet-futuro
O vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a súa intervención na II Convención ABANCA.

 

20160219-abanca-botas-discurso
O conselleiro delegado do banco, Francisco Botas, nun momento do seu discurso.

 

20160219-abanca-coloquio
Mesa redonda na que integrantes de varias áreas de negocio de ABANCA comparten experiencias e ideas.

 

19-02-2016

O crecemento do negocio con pemes e autónomos será un dos eixes prioritarios de ABANCA durante este ano. A entidade financeira galega marcouse como obxectivo estratéxico reforzar o seu posicionamento neste segmento de clientes a través, fundamentalmente, da concesión de crédito e dunha oferta de produtos e servizos máis dixital y omnicanle.

Os principais directivos do banco expuxeron hoxe as grandes liñas de actuación establecidas para 2016 nun encontro de traballo que reuniu en Santiago de Compostela a máis dun millar de empregados e empregadas da rede comercial e das áreas de apoio ao negocio da entidade. Na convención participaron o presidente de ABANCA, Javier Etcheverría de la Muela; o vicepresidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez; o conselleiro delegado, Francisco Botas, o resto de integrantes do comité de dirección e os membros do consello de administración. Tamén asistiron os directores de oficina e mandos intermedios do banco con sede en Galicia.

Durante a reunión, a dirección de ABANCA explicou que a entidade aspira a incrementar en porcentaxes de dous díxitos o financiamento ao tecido empresarial, especialmente a pemes, micropemes e autónomos. Con este fin, impulsarase a concesión de novo crédito tanto a través de operacións de circulante como de préstamos a medio e longo prazo destinados a facilitar o desenvolvemento de investimentos empresariais. O banco mellorará tamén a súa oferta a distintos sectores económicos e os produtos de alto valor para a empresa (comex, factoring, confirming, etc.), así como as canles alternativas á oficina, para facilitar a realización de transaccións financeiras.

“Este plan de impulso do crédito, unido ao liderado de ABANCA na zona noroeste, a capilaridade da nosa rede e a capacidade de toma de decisións no territorio, vannos permitir potenciar o noso papel como un dos principais axentes dinamizadores da economía da nosa contorna”, manifestou o conselleiro delegado do banco, Francisco Botas durante o acto.

Plan Estratéxico

Pola súa parte, o vicepresidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, destacou que ABANCA xa logrou alcanzar no primeiro ano do Plan Estratéxico da entidade algúns dos obxectivos de negocio establecidos para 2017. “Estamos avanzando a moi bo ritmo cara as nosas metas, especialmente en rendibilidade, solvencia, mellora da calidade do risco e crecemento do investimento”, sinalou.

No marco do Plan Estratéxico 2015-2017, ABANCA seguirá dando prioridade tamén durante este ano á mellora da eficiencia e os negocios de medios de pago, seguros, plans de pensións e fondos de investimento, como vías para mellorar as marxes e lograr unha rendibilidade axustada ao risco. A entidade potenciará especialmente a actividade de seguros e previsión social, co obxectivo de incrementar notablemente a súa cota de mercado. Unha das ferramentas para logralo é o recente lanzamento da Tarifa Plana de ABANCA Seguros, un produto diferencial e moi competitivo no mercado que permite aos clientes agrupar nunha soa conta todos os seguros da súa unidade familiar e repartir o importe global das primas nun único recibo mensual.

Novo aumento de cota de mercado

Durante este ano, o banco seguirá reforzando o seu liderado Galicia, onde segue gañando cota de mercado, cun crecemento de 38 puntos básicos en crédito e de 27 puntos en depósitos (datos ata setembro de 2015). O banco prevé incrementar a súa actividade e posicionamento na zona norte e nas principais cidades españolas, cun foco especial no negocio con pemes e empresas. Así mesmo, ABANCA ampliará a súa rede internacional con novas oficinas en América para mellorar o servizo que presta ás empresas nos seus procesos de internacionalización.

Ademais, a entidade galega avanzará no seu proxecto ‘ABANCA Digital’ coa ampliación da súa oferta de produtos e servizos con contratación e operativa a distancia (a través da súa páxina web, banca móbil e canal telefónico).

CORTES DE TRAFICO CON MOTIVO DO DESFILE DE COMPARSAS

A Policia Local do Porriño informa que con motivo do desfile de comparsas do Entroido e do Enterro da Sardiña, o sábado e o domingo procederase ao corte do tráfico rodado e prohibirase  aparcar en varias rúas do centro urbano.

 

Con motivo do desfile de comparsas do Entroido o sábado prohíbese estacionar e circular na rúa Doantes de Sangue a partir das 17:30 horas e ata a saída de todas as comparsas. Desde as 18:45 horas  prohibirase circular na rúa Antonio Palacios entre a rotonda de Aloques e a rúa Doantes de Sangue (Instituto Pino Manso); en Domingo Bueno entre a rotonda de Aloques e o cruzamento de Pontenova; en Pio  XII; na rúa Manuel Rodríguez entre Xogo dá Ola e Praza de San Sebastián, e entre Leandro Díz  e Praza de San Sebastián.

 

A partir das 18:00 horas do sábado estará prohibido estacionar entre o cruzamento de Sindicatos e o Instituto Piñeiro Manso; e na rúa Manuel Rodríguez entre Xogo dá Ola e o cruzamento de Pontenova.

 

Os accesos á Praza de San Sebastián estarán cortados a partir das 18:45 horas, e desde as 18:00 horas estará prohibido estacionar.

 

O domingo 21 a celebración do Enterro da Sardiña obrigará a realizar cortes de tráfico rodado a partir das 18:30 horas e a prohibir estacionar desde as 18:00 en diversas arterias do centro urbano. Concretamente,  estará prohibido circular na rúa Pio XII entre Fontevella e Manuel Rodríguez; e non se permitirá circular nin estacionar na praza de San Sebastián e na rúa Manuel Rodríguez entre Xogo dá Ola e Praza de San Sebastián.  Realizaranse cortes de tráfico puntuais nas rúas Domingo Bueno, Peña e Buenos Aires.

 

A Policia Local agradece a colaboración cidadá para o bo desenvolvemento das actividades previstas.

 

 

 

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL CONTINUA COA SÚA ROLDA DE ENCONTROS COS ALCALDES GALEGOS COA FINALIDADE DE XUNTAR ESFORZOS ENTRE ADMINISTRACIÓNS E OPTIMIZAR RECURSOS

 

  • Jose Manuel Rey Varela reuniuse esta mañá co rexedor de Tordoia, Antonio Pereiro, co que repasou as actuais vías de colaboración entre as dúas administracións no eido social

 

Santiago, 19 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse hoxe en San Caetano co alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, e a concelleira de Servizos Sociais do municipio, Inés Santos, no marco da rolda de entrevistas que o titular da carteira autonómica está a realizar cos rexedores galegos. O obxectivo destes encontros é coñecer as necesidades no eido social de cada localidade e así poder optimizar os servizos prestados a través da unión de recursos locais e autonómicos.

 

Así as cousas, a rexedor e o titular de Política Social fixeron un repaso dos principais  programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver no municipio; nomeadamente o incremento de 70 horas no Servizo de Axuda no Fogar, grazas ao cal o total de horas de servizo ascende a 814. A Xunta de Galicia investiu no ano 2015 case 70.000 euros neste servizo, do que na actualidade se benefician 16 veciños e veciñas de Tordoia.

 

José Manuel Rey Varela e Antonio Pereiro, tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade neste municipio emprazado na comarca de Ordes.

 

O Teatro Afundación de Vigo acolle mañá o musical Las Minas Puerto Flamenco

descargaO Teatro Afundación de Vigo acolle mañá, 20 de febreiro, ás 21.00 h, o musical Las Minas Puerto Flamenco, que reúne nunha soa xira dez artistas flamencos, gañadores das últimas edicións do Festival del Cante de Las Minas de La Unión, nas modalidades de cante, guitarra, baile e percusión. As entradas poden adquirirse a través das canles habituais de venda de Afundación, en Ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.

Máis de 4.000 escolares asistirán a vindeira semana á obra de teatro Aurora

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa proposta de espectáculos escénicos para escolares en Vigo coa obra Aurora da compañía Elefante Elegante Teatro. A función, dirixida a escolares de 3 a 6 anos, conta a historia de Aurora, unha curuxa á que lle gusta máis a noite que o día. Cando escurece voa feliz, axita as súas ás e asubía coma o vento. Mais ao amencer énchese de tristeza, o sol queima a súa plumaxe e cega os seus ollos. Só o seu amigo o Aviador tentará todo para axudala, mais… será posible vivir nun mundo sen sol? Aurora, á que asistirán máis de 4.200 nenos e nenas, representarase do 22 ao 26 de febreiro no Teatro Afundación de Vigo.

PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL REALIZARÁN PRÁCTICAS FORMATIVAS NAS DEPENDENCIAS DA XUNTA DENTRO DUN PROXECTO PILOTO POSTO EN MARCHA COA FUNDACIÓN DOWN COMPOSTELA

  • Tres persoas con síndrome de Down realizarán actividades de aprendizaxe e formación nos departamentos autonómicos de Presidencia, Vicepresidencia e Política Social; e contarán co apoio dun preparador laboral e dun titor
  • As prácticas terán unha duración máxima de 25 horas semanais, a razón de 5 horas diarias distribuídas libremente dentro do horario normal de 00 a 15.00 horas
  • Rey Varela indicou que o obxectivo desta iniciativa é “dotar a estas persoas dos coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para facilitar a súa integración na sociedade e no mercado laboral, aprendendo e poñendo en práctica técnicas e ferramentas útiles para o desempeño profesional eficaz”

 

Santiago, 19 de febreiro de 2016.- A Xunta de Galicia promove que persoas con síndrome de Down realicen prácticas formativas na administración autonómica ao abeiro dun proxecto piloto de realización de actividades e de aprendizaxe e integración que impulsa a Consellería de Política Social e a Fundación Down Compostela. O conselleiro José Manuel Rey Varela e o presidente da devandita fundación, Juan Jesús Martínez López, asinaron hoxe en San Caetano o convenio de colaboración que terá vixencia ate o 31 de decembro de 2016 e polo que tres persoas con discapacidade intelectual integraranse aos servizos dos departamentos de Presidencia, Vicepresidencia e Política Social.

 

As prácticas terán unha duración máxima de 25 horas semanais, a razón de 5 horas diarias distribuídas libremente dentro do horario normal de 08.00 a 15.00 horas. Os participantes contarán coa figura dun preparador laboral e cun titor que os formarán e acompañarán na súa aprendizaxe laboral. Así, durante o desenvolvemento das prácticas os beneficiarios recibirán formación sobre aspectos como a estrutura xeral da Xunta de Galicia; as competencias atribuídas aos diferentes departamentos e entes; as funcións e os diferentes tipos de empregados públicos; o funcionamento dos sistemas de custodia e traslado de información e documentación entre distintos departamentos da administración autonómica, así como con persoas ou entidades alleas á mesma; e tarefas de apoio ao persoal de administración (reprografía, encadernación…).

 

Rey Varela sinalou que a posta en marcha desta iniciativa piloto supón “un paso adiante, xa que posibilita que por primeira vez mozos e mozas con capacidades diferentes realicen prácticas na Xunta de Galicia”. Neste sentido, indicou que o obxectivo é “dotar a estas persoas dos coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias para facilitar a súa integración na sociedade e no mercado laboral, aprendendo e poñendo en práctica técnicas e ferramentas útiles para o desempeño profesional eficaz”.

 

 

Mellora da calidade de vida

Así mesmo, o conselleiro indicou que contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas que teñen calquera tipo de discapacidade é unha das prioridades desta nova etapa das políticas sociais. Deste xeito, e no que atinxe ao colectivo de afectados de Down, para este ano de 2016 o Goberno galego aumentou nun 10% a contía do convenio coa Federación Down Galicia até chegar aos 446.838 euros.

 

O titular da carteira autonómica de Política Social insistiu en que a plena integración en todos os ámbitos das persoas con Down ou calquera outra discapacidade “debe ser froito da colaboración e do traballo conxunto da sociedade, incluído o mundo empresarial e as administracións públicas, e pasando polos axentes sociais e as entidades que forman o movemento asociativo que diariamente apoian a este colectivo e ás súas familias”. Ao respecto, Rey Varela manifestou que “o emprego é un piar esencial para o benestar e a integración social, sobre todo das persoas cuxa inserción laboral se atopa con máis dificultades”. “Superar estes atrancos e derrubar estas barreiras esixe dun compromiso conxunto da sociedade”, insistiu.

 

A XUNTA EXPÓN AOS CONCELLOS PORTUGUESES DO ALTO MINHO O ÉXITO DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO, QUE LLES PERMITIU AOS GALEGOS AFORRAR 35 MILLÓNS DE EUROS NOS SEUS DESPRAZAMENTOS

  • 20160219_111823_resizedA conselleira de Infraestruturas e Vivenda destaca que desde que entrou en funcionamento este sistema no ano 2011 se emitiron máis de 335.000 tarxetas, coas que se aboaron 42 millóns de viaxes subvencionadas
  • Destaca que o Plan de Transporte Metropolitano é sobre todo “un plan social” con importantes ventaxas tamén económicas e ambientais
  • Manifesta a conveniencia de que o transporte urbano do Concello de Vigo se integre neste sistema, co obxectivo de que os cidadáns desta cidade e da súa área metropolitana poidan beneficiarse plenamente das ventaxes Plan

 

Santiago, 19 de febreiro de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada da directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, mantivo unha reunión con representantes da Comunidade intermunicipal do Alto Miño, para expoñerlles o éxito do funcionamento e as vantaxes do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia. Segundo manifestou, este sistema de transporte público permitiulles xa aos galegos aforrar 35 millóns de euros nos seus desprazamentos.

 

Pola súa banda, en representación da Comunidade do Alto Minho, o vicepresidente da Cámara Municipal de Arcos de Valdevez, Helder Barros, agradeceu ao Goberno galego a celebración desta xornada explicativa e manifestou o interese da agrupación de concellos de replicar este sistema de transporte metropolitano na súa comarca.

 

Ethel Vázquez subliñou que “desde que entrou en funcionamento o Plan de Transporte Metropolitano se puxeron en  circulación máis de 335.000 tarxetas TMG e se expediron case 55 millóns de billetes, dos que 42 millóns foron aboados con esta tarxeta o que supón que  3 de cada 4 billetes emitidos nas áreas onde está implantado o transporte metropolitano tiveron bonificación”.

 

Durante a xuntanza explicou as vantaxes ambientais, económicas e, sobre todo, sociais que supón este plan, unha iniciativa que xa beneficia a 65 concellos e a 1,5 millóns de galegos, que dispoñen dun sistema tarifario moito máis sinxelo.

 

Así mesmo, remarcou que, “en total, xa son máis de 33,5 os millóns de euros investidos no plan de transporte metropolitano desde o ano 2011, deles máis de 27 M € , e dicir, o 80%, foron achegados pola Xunta”.

 

Ethel Vázquez sinalou que todos estes datos se traducen en prezos máis económicos, con descontos que se sitúan no entorno dos 600 euros anuais, ademais de melloras na accesibilidade e na mobilidade de miles de cidadáns,” ao garantirlles unha alternativa real á utilización do vehículo particular; e maior benestar para os galegos, xa que estamos a fomentar o uso do transporte colectivo, liberando de tráfico o centro das cidades, coa conseguinte redución de contaminación e a mellora da calidade do aire”.

 

A conselleira destacou tamén que os números demostran a efectividade desta medida e a boa acollida que está a ter por parte dos cidadáns e animan á Xunta a seguir traballando por estender as vantaxes deste sistema polo resto de Galicia.

 

 

Unha tarxeta única que lles permite aboar a súa viaxe en diferentes medios e compañías con grandes beneficios: aforros medios do 50% nos seus desprazamentos urbanos; transbordos gratuítos co transporte urbano; bonificacións adicionais para usuarios recorrentes e familias numerosas.

 

O Plan de Transporte Metropolitano botou a andar no ano 2011 nas áreas da Coruña, de Santiago e de Ferrol e no ano 2012 se estendeu a Lugo, mentres que desde o mes de abril do ano pasado tamén está operativo en 12 concellos da área metropolitana de Vigo.

 

Actualmente, a Xunta está a avanzar na tramitación para poñer en  marcha este mesmo ano o Plan de Transporte Metropolitano en oito concellos da área de Ourense.

 

A conselleira de Infraestruturas manifestou tamén o seu desexo de que o transporte urbano do Concello de Vigo se integre neste sistema, co obxectivo de que os cidadáns desta cidade e da súa área metropolitana poidan beneficiarse plenamente das ventaxes Plan de Transporte Metropolitano.