Archivo | febrero 24, 2016

A XUNTA INCREMENTARÁ NUN 9% AS PRAZAS EN ESCOLAS INFANTÍS SOSTIDAS CON FONDOS PÚBLICOS O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2016-2017

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, comparecer‡ en rolda de prensa para dar conta da nova orde para a convocatoria de prazas en escolas infant’s titularidade da Xunta de Galicia. Estar‡ acompa–ado pola directora xeral de Familia, Infancia e Dinamizaci—n demogr‡fica, Amparo Gonz‡lez, e polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodr’guez.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, comparecer‡ en rolda de prensa para dar conta da nova orde para a convocatoria de prazas en escolas infant’s titularidade da Xunta de Galicia. Estar‡ acompa–ado pola directora xeral de Familia, Infancia e Dinamizaci—n demogr‡fica, Amparo Gonz‡lez, e polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodr’guez.

    Galicia contará o vindeiro curso escolar cun total de 22.316 prazas sostidas con fondos públicos, superando así a ratio aconsellada pola Unión Europea (UE) e situando a mesma nun 36,7%. Esta porcentaxe de cobertura son case catro puntos máis que ao inicio do presente curso

  • Este aumento resultará das 471 novas prazas públicas que entrarán en servizo no vindeiro curso 2016-2017 nos equipamentos de nova construción situados en Marín, Fene, Oza-Cesuras, Tomiño, Ames-Bertamiráns, A Coruña, Arteixo e Burela; e das 1.400 novas prazas que a administración autonómica financiará a través do Bono Concilia
  • Os pais e nais de nenos de 0 a 3 anos de idade teñen dende maña ata o vindeiro día 26 de marzo para a presentación de solicitude de praza na rede pública de escolas infantís, que oferta un total de 9.693 prazas.
  • A principal novidade da convocatoria deste ano é que se incrementa a puntuación pola situación laboral de ocupación do pai ou da nai nun punto co obxectivo de favorecer a conciliación

 

Santiago, 24 de febreiro de 2016.- A Xunta de Galicia ampliará o número de prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos para o vindeiro curso escolar 2016-2017 ata alcanzar un total de 22.316. Esta cifra supón que, por primeira vez, a Comunidade Autónoma non soamente cumprirá senón que superará a ratio aconsellada pola Unión Europea situándose nun 36,7% de cobertura, case catro puntos máis que ao inicio do curso actual. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a resolución da convocatoria para a adxudicación destas prazas, polo que o prazo de presentación de solicitudes comezará mañá xoves -25 de febreiro- e estará aberto durante un mes –ata o 26 de marzo-.

 

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, informou esta mañá en rolda de prensa desta convocatoria, na que aproveitou para insistir en que “a atención á infancia, o apio ás familias e favorecer a conciliación é unha das liñas estratéxicas da Xunta para este ano”. Así mesmo, fixo fincapé en que “as escolas infantís son un dos piares fundamentais para facer máis doado que os pais e nais poidan compaxinar a vida laboral, familiar e social”.

 

De feito, a rede de escolas infantís dependente directamente da administración autonómica estará formada no curso 2016-2017 por 166 escolas -entre as que xestiona o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Axencia Galega de Servizos Sociais- que supoñen 9.693 prazas públicas. Desta cantidade total de prazas públicas, 471 poñeranse en marcha no vindeiro curso e se corresponden con equipamentos de nova construción situados en: Marín, Fene, Oza-Cesuras, Tomiño, Ames-Bertamiráns, A Coruña, Arteixo e Burela.

 

Prazas financiadas con fondos públicos

Ademais, esta rede autonómica complétase coas prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos que están sostidas con recursos públicos da Xunta de Galicia nos 47 centros educativos dependentes de entidades de iniciativa social – con 2.700 prazas-, co reforzamento das prazas concertadas –nesta nova convocatoria ofértanse 424-; e a través do Bono Concilia que os pais e nais poderán solicitar a partir do mes de maio e que suporá o financiamento de 1.400 novas prazas.

 

Así mesmo, a este listado hai que engadir as prazas en escolas infantís municipais e as que xestionan entidades como o Sergas e as Universidades. Deste xeito, as 22.316 prazas das que disporá a rede galega de escolas infantís o vindeiro curso resulta da suma de prazas públicas das escolas infantís que dependen directamente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e da Axencia Galega de Servizos Sociais, máis aquelas as que participa no seu financiamento a Xunta de Galicia. Estas 22.316 supoñen unha subida do 9% (1.871 prazas máis) en comparación coas prazas ofertadas ao inicio do presente curso escolar, que foron 20.445.

 

Rey Varela sinalou que “o noso obxectivo é conseguir que non exista lista de agarda, para o que seguimos traballando cos Concellos na planificación de escolas infantís para os vindeiros cursos e así facilitar a conciliación”.

 

Presentación de solicitudes

Segundo se recolle no DOG de hoxe, os interesados teñen dende maña ata o vindeiro 26 de marzo para presentar as solicitudes de adxudicación de praza en escolas infantís pertencentes á rede pública, que oferta un total de 9.693 prazas entre os centros xestionados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e os que dependen da Axencia Galega de Servizos Sociais. A relación provisional de admitidos publicarase o 3 de maio e poderase consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como na páxina web: http://benestar.xunta.es, e nos respectivos centros. A relación definitiva poderase consultar dende o día 30 de maio. Os solicitantes admitidos disporán dende o día 1 ao 10 de xuño -ambos os dous incluídos- para matricularse, presentando o impreso de matrícula xunto coa documentación requirida na propia escola infantil na que obtiveron praza. Así mesmo, o curso escolar 2016-2017 comezará o día 5 de setembro de 2016.

 

A principal novidade da convocatoria deste ano é que se incrementa a puntuación pola situación laboral de ocupación do pai ou da nai nun punto. A segunda novidade é que ademais de poder marcar a opción de Bono Concilia na propia solicitude, este ano as familias poderán optar directamente a unha praza concertada cos mesmos servizos e prezos que a praza pública. Neste sentido, cómpre ter en conta que tanto a opción de Bono Concilia como a de praza concertada actívanse no caso de que o neno ou nena para a que se solicita praza na escola infantil pública quede en lista de espera.

 

Por último, outra das novidades é a posibilidade de solicitar o traslado de centro entre todas as escolas infantís da Rede Pública da Administración Autonómica.

 

 

 

AIMEN participa en el desarrollo de un innovador sistema robotizado de fabricación aditiva por láser para producir piezas de grandes dimensiones

Pie de foto:PROYECTO_FADO equipo de trabajo del Proyecto FADO

El proyecto FADO, enmarcado en el Programa FEDER-INNTERCONECTA, está liderado por CT Ingenieros y en él participan, además de AIMEN, las empresas Hydracorte, Airgrup, Syspro, Unimate Robótica y la Universidad de A Coruña.

ð      Con él se conseguirá la fabricación aditiva mediante láser de piezas de grandes dimensiones, mediante un proceso híbrido que combina el aporte de material en forma de hilo y en polvo.

ð      En la industria aeronáutica se podrá emplear para la fabricación de piezas en aleaciones ligeras de gran tamaño; mientras que en los sectores de automoción y metalmecánico permitirá la producción de componentes estructurales de grandes dimensiones. Asimismo, el sistema contribuirá a fabricar piezas de alto valor añadido para la industria energética, petroquímica o naval.

A CIG chama a participar na manifestación en defensa do sector do Mar, por unha nova política pesqueira e contra a Lei de Acuicultura

Está convocada para o vindeiro sábado día 27 de febreiro con saída ás 11:30 horas da Alameda compostelá e remate na praza do Obradoiro

A CIG chama a participar na manifestación en defensa do sector do Mar, por unha nova política pesqueira e contra a Lei de Acuicultura

Compostela, 23 de febreiro de 2016.- A CIG manifesta o seu apoio e chama a participar na manifestación convocada para o vindeiro sábado día 27 de febreiro en defensa do sector do Mar, por unha nova política pesqueira e contra a Lei de Acuicultura. Lei que pretendía impor o PP e que a conselleira acaba de anunciar que retirará diante da oposición de todos os sectores afectados e da sociedade no seu conxunto. A saída está prevista ás 11:30 horas da Alameda Compostelá para rematar na praza do Obradoiro.

Xavier Aboi, responsábel do sector do Mar da FGAMT-CIG, explica que a Lei de Acuicultura do PP, pretendía privatizar as nosas rías e poñelas ao dispor dos intereses das multinacionais. Ao seu entender “foi a presión de todo o sector do mexillón, da baixura e do marisqueo, o que fixo á conselleira ver as orellas ao lobo”.

En todo caso, para Aboi é imprescindíbel saír en defensa do sector do Mar, porque levamos desde a entrada do Estado español na UE, “sufrindo o seu desmantelamento constante, malia ter un enorme potencial para a nosa economía, para a creación de emprego e para favorecer o asentamento de poboación no territorio”.

O responsábel do sector do Mar da CIG entende que, mentres calquera país normal tería favorecido o seu desenvolvemento, aquí “fíxose todo o contrario”, porque se negociou como prioridade o arco Mediterráneo.

Aboi denuncia que se segue a manter o principio de Estabilidade Relativa, que significa que as regras de xogo que se ditaron na entrada da UE seguen inamovíbeis. “Polo tanto, dáse o paradoxo de que hai países europeos que non pescan nin a décima parte da súa cota e se dedican a cambiala en función dos seus intereses”.

Neste sentido explica que hai ducias de toneladas de peixe para consumo humano que podería pescar a flota galega para facela moito máis rendíbel, pero que non pode. “Temos os barcos, pero non nos deixan pescar, a pesar de pasar a xarda ou a anchoa por diante das nosas costas”, asegura e engade que “mentres, Alemaña con 4 barcos ten tres veces máis cota ca nós”.

Segundo Aboi isto mesmo ocorre coa volanta , co arrastre, co cerco, coa baixura… “Entre mentres entran terceiros países en Europa sen controis sanitarios, como si se fai cos produtos galegos, que sofren inspeccións salvaxes, ao tempo que se criminaliza  a nosa flota e os nosos tripulantes”, afirma.

O responsábel do sector do Mar denuncia ademais que se está encauzando o sector cara as cotas individuais, o que ao seu entender é “privatizar o mar e facer que grandes inversores compren cota de pesca e despois a vendan”.

Xunto a isto, Aboi denuncia a política de desguaces á que se aboca á flota galega con porto base en Galiza ou con capital galego. Unha política na que van gastados xa máis cartos dos que suman os orzamentos da Xunta e que, segundo os seus cálculos supera o millón de euros.

A este respecto lembra a flota que faenaba no banco canario-sahariano ou en Mauritania, onde “chegamos a ter máis de 250 barcos dos cales hoxe hai 230 desguazados”. O mesmo que ocorreu coa cota do Gran Sol, onde “tivemos a famosa flota dos 300 hoxe igual chegan aos 60”, di.

Estas son, segundo Xavier Aboi, algunhas d as razóns polas cales a CIG chama a saír á rúa “por unha nova política pesqueira, en defensa do sector do Mar, contra a Lei de Acuicultura e porque queremos seguir vivindo do Mar”.

 

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

 

REY VARELA SALIENTA A IMPORTANCIA DE DARLLE VISIBILIDADE A TRASTORNOS COMO O TDAH “PARA ACADAR A INTEGRACIÓN PLENA DAQUELAS PERSOAS QUE POIDAN MELLORAR A SÚA CALIDADE DE VIDA”

  • O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro cos responsables do Instituto Gallego del TDAH y Transtornos Asociados

    O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro cos responsables do Instituto Gallego del TDAH y Transtornos Asociados

    Gaba o traballo de Ingada que se ocupa dun trastorno que afecta “a un neno por cada aula, aproximadamente o 5,6% da poboación infantil e de 4 adultos de cada 100”

  • Apunta que a Xunta estudará a posibilidade de colaborar coa asociación nun programa para atención a adolescentes e mozos en aras de evitar condutas delituosas, abuso de substancias tóxicas e problemática social

 

Santiago, 24 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, recibiu un aos responsables do Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (Ingada) que preside o investigador galego Ángel Carracedo. O conselleiro gabou o traballo desta asociación que se ocupa dun trastorno que afecta “a un neno por cada aula, aproximadamente o 5,6% da poboación infantil e de 4 adultos de cada 100”. “Darlle visibilidade a este tipo de problemas como o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade é de vital importancia para acadar a integración plena de todas aquelas persoas que poidan mellorar a súa calidade de vida, ese é o propósito da Consellería”, abondou.

 

O responsable da área social fixo fincapé na importancia dunha das causas máis importantes e frecuentes do fracaso escolar e apuntou que é un trastorno que “ten un tratamento farmacolóxico accesible e altamente efectivo, manexable con amplos marxes de seguridade”. Neste tratamento, incidiu o conselleiro, é capital o traballo de asociacións como Ingada que “axuda ás persoas afectadas por TDAH realizando actividades gratuítas e outras cun custo non lucrativo para sufragar os gastos da actividade”.

 

Para Rey Varela, actividades orientadas a formación, orientación, actividades preventivas, asesoría xurídica, inclusión en programas de vixilancia farmacolóxica, intervención familiar ou seguimento do paciente, son indicativos máis que suficientes da atención plena e coidada que Indaga achega a aquelas persoas con TDAH. Cómpre destacar que o vindeiro 23 de abril o Instituto realizará un tramo do Camiño de Santiago desde O Pino ata a praza do Obradoiro. Neste sentido, o conselleiro apuntou que a Xunta de Galicia estudará a posibilidade de colaborar con Indaga nun programa para atención a adolescentes e mozos en aras de evitar condutas delituosas, abuso de substancias tóxicas e problemática social.

 

Desafio BTT entre Portugal e Espanha Vº Eurocidade BTT Valença Tui

btteurocidadeA Eurocidade Valença e Tui desafia os amantes das bikes para o Vº Eurocidade BTT, domingo, 6 de março, uma prova internacional, referência da modalidade na Península Ibérica.

As inscrições estão abertas até 1 de março na página www.biciosos.es ou através do e-mail: marcha@biciosos.es .

Percursos pelas duas cidades, com passagem pela Fortaleza de Valença, centro histórico de Tui e as celebres subidas ao Monte Aloia e ao Monte do Faro vão proporcionar circuitos únicos. No Monte do Faro um circuito sempre com vistas para o vale do rio Minho, no Monte Aloia as vistas que marcam para o mar e as ilhas Cies.

Dois circuitos vão testar a resistência dos participantes, um com 45 km aberto a todas as bikes e com um desnível acumulado de 1005 metros e outro com 69 km’s para os melhores tempos com um desnível acumulado de 1775 metros.

A organização é da Eurocidade Valença Tui e conta com a colaboração da Peña Ciclista Biciosos Rias Baixas, dos Bombeiros Voluntários de Valença e Cruz Vermelha de Valença.

Para os acompanhantes dos participantes na prova estão programados percursos pedestres por Valença e Tui gratuitos.

Malandrómeda estrenan los discos: ‘Cada can que lamba o seu carallo’ y ‘Os corenta e oito nomes do inimigo’

Ayer se estrenaban en streaming los dos nuevos discos de Malandrómeda: Notodo presentó ‘Cada can que lamba o seu carallo’ y Rockdelux ‘Os corenta e oito nomes do inimigo’. Los cuales puedes escuchar también desde hoy en nuestro perfil de soundcloudunnamed (2) unnamed (1)

Este viernes 26 de febrero es la fecha de publicación de ambos álbumes, y desde entonces podrás encontrarlos en las diferentes plataformas digitales, y adquirirlos en la web de Matapadre.

Un día después de la fecha de publicación, este sábado 27, tendremos el primer evento de presentación, que lleva por título De chea con Malandrómeda y tendrá un formato nada habitual, en el que el grupo se hará una ruta por varios locales de la ciudad vieja de Santiago de Compostela, tocando un tema en cada uno de ellos. La fiesta empieza a las 17h en el bar Olvido y termina siete horas después en el Cachán.

La publicación de los discos va acompañada de una gira de presentación que los llevará por difefrentes lugares de Galicia y España. Próximamente anunciaremos más fechas.

27.02 De Chea con Malandrómeda Santiago DC.
04.03 A.C. Xebra Burela
05.03 Lata de Zinc Oviedo
12.03 O Mercado Street Food Lugo
18.03 Labranza Meiro
19.03 El Pueblo Ourense
02.04 A Nave 1839 A Coruña
08.04 Jato Pús Ordes
09.04 Liceo Mutante Pontevedra
16.04 Distrito 09 Vigo

 

Videoclip ‘VHS do futuro’ – Malandrómeda

A DIRECTORA XERAL DE MAIORES PARTICIPA NO FORO DA MACROREXIÓN EUROPEA RESOE, SOBRE A INTEGRACIÓN DAS TECNOLOXÍAS NOS MODELOS PÚBLICOS DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS DE AVANZADA IDADE

  • O grupo de traballo estivo formado por máis de 40 representantes de organismos públicos e privados de Galicia, Asturias, Castela e León e as rexións Norte e Centro de Portugal
  • A intervención da directora xeral, Coro Piñeiro, estivo centrada no enfoque preventivo e as novas tecnoloxías nos modelos de atención a maiores

 

Xixón, 23 de febreiro de 2016.- A directora xeral de Maiores e Discapacidade, Coro Piñeiro, acudiu hoxe ao obradoiro de traballo sobre a integración das tecnoloxías nos modelos públicos de atención ás persoas maiores, co obxectivo de promover a súa autonomía. Este encontro enmárcase no traballo que está a realizar a macrorexión europea RESOE, integrada por Galicia, Asturias, Castela e León e as rexións Norte e Centro de Portugal e que ten por obxectivo cooperar en ámbitos de intereses mutuo, como  as consecuencias socio económicas da cada vez maior proporción de poboación de máis de 65 anos.

Máis de 40 persoas procedentes de organismos públicos e privados participaron nesta xornada de traballo, na que Coro Piñeiro centrou a súa intervención no enfoque preventivo e as novas tecnoloxías nos modelos de atención a maiores, como unha oportunidade para conseguir que as persoas estean o máximo tempo posible nos seus entornos. Ademais, o foro centrouse noutras tres cuestións: como colaborar de cara a Europa en relación ao envellecemento, que metodoloxía de creación e desenvolvemento de clúster de envellecemento adoptar e que características tería que ter un modelo de atención a maiores, vinculado á introdución de tecnoloxía e innovación.

 

Envellecemento activo

Para a Xunta de Galicia a promoción dun envellecemento activo é fundamental. Galicia ten unha poboación envellecida polo que temos que erradicar a caída da natalidade e promocionar un envellecemento saudable, activo e reconfortante. O significativo aumento da poboación maior de 75 anos esixe un incremento na oferta pública de coidados de longa duración. A Xunta conta cunha estratexia de futuro para evitar situacións de dependencia non desexadas a través da prevención así como a estratexia de envellecemento que está en pleno proceso de elaboración.

Neste intre, vén de rematar o período de consulta ás entidades, organizacións, axentes sociais e persoas a título individual no que achegaron as súas suxestións ao contido da Estratexia Galega de Envellecemento Activo dende a Innovación 2016-2020. Esta Estratexia xurde coa vontade de dar resposta ao incremento da esperanza de vida media na nosa Comunidade Autónoma, que é unha das máis elevadas de toda España situándose en 86 anos fronte a 82 da media nacional. Ademais, este marco de actuación reforza o compromiso co envellecemento activo e o benestar tanto dos maiores como das persoas con discapacidade, dous colectivos prioritarios para o Goberno galego. Neste sentido, os catro eixes en que se fundamenta a Estratexia son o emprego; a participación na sociedade; a vida independente, activa e segura; e a non discriminación e a igualdade de oportunidades.

En definitiva, trátase de que Galicia se sitúe á cabeza das Comunidades en envellecemento activo e saudable; e para iso a Estratexia tamén fixa metas en terapia e formación. O Goberno galego quere que esta Estratexia de Envellecemento Activo dende a Innovación 2016-2020 sexa o resultado dun proceso de participación. Deste xeito, preténdese a intervención das administracións públicas, universidade, tecido empresarial, colectivos profesionais, asociacións e cidadanía en xeral.

 

FACENDA E SINDICATOS ACADAN UN ACORDO PARA ELEVAR NOUTRAS 266 PRAZAS A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DESTE ANO

Este acordo facilitará a promoción interna do persoal laboral da Xunta

  • Neste 2016, a Xunta ofertará no eido da Administración xeral un total de 714 prazas, máis do dobre que o ano anterior
  • O 75% da oferta estará centrada nos servizos sociais e no servizo de prevención e extinción de incendios
  • Do total, 332 prazas serán de acceso libre e a elas poderá opositar calquera persoa
  • Outras 382 prazas correspóndense coa promoción interna, o que permitirá aos empregados públicos mellorar o seu posto de traballo
  • Xunta e sindicatos tamén acordaron que a OEP de 2017 se centre nas categorías de persoal laboral con maior temporalidade
  • Ademais, a Xunta resolverá un concurso de traslados para o persoal laboral dos grupos IV e V antes da toma de posesión do novo persoal procedente desta OEP.

La magia de elrow vuelve a Valencia por Fallas con un festival multitudinario

unnamedMás de 14 horas de música electrónica y espectáculo con más de 15 artistas de la talla de ‘The Martinez Brothers’ y alrededor de 100 animadores

Barcelona, 24 de Febrero de 2016.- El próximo 12 de marzo elrow, expertos en entretenimiento desde 1870, con la colaboración de Hotel 82, llevan a Valencia una de sus producciones más espectaculares, elrow Town Fallas 2016. El festival, que durará más de 14 horas, contará con sesiones de 15 artistas de la escena electrónica nacional e internacional y las actuaciones de 10 compañías de teatro en directo. Se celebrará en el recinto Multiespai La Punta y contará con dos escenarios cubiertos, zona de comida y de chill out, y reservado vip.

En el escenario principal tendrán lugar las actuaciones de los artistas de primera línea mundial como The Martinez Brothers, dos hermanos del Bronx que deleitarán al público con la electrónica más underground del momento, o Eats Everything, afamado artista británico. También actuarán los residentes de elrow De la Swing y Marc Maya, entre otros. El espacio Hotel 82, por su parte, contará con las sesiones de Mistress Barbara, leyenda del techno mundial y Markantonio, uno de los máximos exponentes de la escena napolitana.

La temática de elrow elegida para el escenario principal es un universo salvaje cargado de locura y diversión inspirado en la jungla brasileña con lianas, árboles, vegetación tropical y fauna exótica. Las Jirafas, elefantes, gorilas y demás criaturas inflables gigantes junto a los más de 80 artistas teatrales y acróbatas compartirán la pista de baile con el público asistente creando el ambiente divertido, alocado y desenfadado que caracteriza a las producciones de elrow.

La cabina del DJ estará integrada en una gran instalación iluminada por un mapping de animaciones psicodélicas con un mono gigante como protagonista y la zona de comida será una auténtica y original feria de gastronomía callejera plagada de foodtrucks con diferentes propuestas culinarias sobre ruedas.

Las entradas ya están disponibles a la venta en este enlace  y se ha habilitado un servicio de autobús lanzadera desde Barcelona el mismo sábado a las 12h (Plaza España) con vuelta el domingo al finalizar el evento. Más información aquí. Asimismo, hay servicio de autobús desde Madrid, Albacete, Castellón, Zaragoza, Teruel, Murcia, Elche, Alicante, Benidorm y Gandía.

Acerca de elrow
elrow es un nuevo concepto de espectáculo provocador, innovador y transgresor que mezcla la mejor música electrónica del momento con decorados y escenarios imposibles; performances y bailes explosivos, y  personajes estrambóticos y grotescos.

La marca elrow cuenta con más de diez shows temáticos de creación y producción propia como el colorido Bollywood, el desenfadado ‘Singermorning’, la castiza ‘Feria de Abril’, o el exótico ‘Sambódromo do Brasil’. Ya sea en su hogar de nacimiento en Viladecans (Barcelona); en su residencia de verano en Space (Ibiza), o en los festivales o clubs internacionales a los que traslada regularmente sus shows como Londres o Ámsterdam, el objetivo de elrow es hacer feliz al público transportándole a un mundo de diversión, descaro y desinhibición donde él mismo se convierte en el protagonista de la función.

A Real Filharmonía de Galicia en Afundación en Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta mañá, xoves 25 de febreiro, en Vigo, o seu terceiro concerto da tempada de música clásica, nesta ocasión coa Real Filharmonía de Galicia (RFG) dirixida por Paul Daniel, o seu director titular, e co pianista madrileño Luis Fernando Pérez como solista. O recital, composto por obras de Mendelssohn e Schubert, terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas poden adquirirse mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.