A XUNTA INCREMENTARÁ NUN 9% AS PRAZAS EN ESCOLAS INFANTÍS SOSTIDAS CON FONDOS PÚBLICOS O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2016-2017

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, comparecer‡ en rolda de prensa para dar conta da nova orde para a convocatoria de prazas en escolas infant’s titularidade da Xunta de Galicia. Estar‡ acompa–ado pola directora xeral de Familia, Infancia e Dinamizaci—n demogr‡fica, Amparo Gonz‡lez, e polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodr’guez.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, comparecer‡ en rolda de prensa para dar conta da nova orde para a convocatoria de prazas en escolas infant’s titularidade da Xunta de Galicia. Estar‡ acompa–ado pola directora xeral de Familia, Infancia e Dinamizaci—n demogr‡fica, Amparo Gonz‡lez, e polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodr’guez.

    Galicia contará o vindeiro curso escolar cun total de 22.316 prazas sostidas con fondos públicos, superando así a ratio aconsellada pola Unión Europea (UE) e situando a mesma nun 36,7%. Esta porcentaxe de cobertura son case catro puntos máis que ao inicio do presente curso

  • Este aumento resultará das 471 novas prazas públicas que entrarán en servizo no vindeiro curso 2016-2017 nos equipamentos de nova construción situados en Marín, Fene, Oza-Cesuras, Tomiño, Ames-Bertamiráns, A Coruña, Arteixo e Burela; e das 1.400 novas prazas que a administración autonómica financiará a través do Bono Concilia
  • Os pais e nais de nenos de 0 a 3 anos de idade teñen dende maña ata o vindeiro día 26 de marzo para a presentación de solicitude de praza na rede pública de escolas infantís, que oferta un total de 9.693 prazas.
  • A principal novidade da convocatoria deste ano é que se incrementa a puntuación pola situación laboral de ocupación do pai ou da nai nun punto co obxectivo de favorecer a conciliación

 

Santiago, 24 de febreiro de 2016.- A Xunta de Galicia ampliará o número de prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos para o vindeiro curso escolar 2016-2017 ata alcanzar un total de 22.316. Esta cifra supón que, por primeira vez, a Comunidade Autónoma non soamente cumprirá senón que superará a ratio aconsellada pola Unión Europea situándose nun 36,7% de cobertura, case catro puntos máis que ao inicio do curso actual. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a resolución da convocatoria para a adxudicación destas prazas, polo que o prazo de presentación de solicitudes comezará mañá xoves -25 de febreiro- e estará aberto durante un mes –ata o 26 de marzo-.

 

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, informou esta mañá en rolda de prensa desta convocatoria, na que aproveitou para insistir en que “a atención á infancia, o apio ás familias e favorecer a conciliación é unha das liñas estratéxicas da Xunta para este ano”. Así mesmo, fixo fincapé en que “as escolas infantís son un dos piares fundamentais para facer máis doado que os pais e nais poidan compaxinar a vida laboral, familiar e social”.

 

De feito, a rede de escolas infantís dependente directamente da administración autonómica estará formada no curso 2016-2017 por 166 escolas -entre as que xestiona o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Axencia Galega de Servizos Sociais- que supoñen 9.693 prazas públicas. Desta cantidade total de prazas públicas, 471 poñeranse en marcha no vindeiro curso e se corresponden con equipamentos de nova construción situados en: Marín, Fene, Oza-Cesuras, Tomiño, Ames-Bertamiráns, A Coruña, Arteixo e Burela.

 

Prazas financiadas con fondos públicos

Ademais, esta rede autonómica complétase coas prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos que están sostidas con recursos públicos da Xunta de Galicia nos 47 centros educativos dependentes de entidades de iniciativa social – con 2.700 prazas-, co reforzamento das prazas concertadas –nesta nova convocatoria ofértanse 424-; e a través do Bono Concilia que os pais e nais poderán solicitar a partir do mes de maio e que suporá o financiamento de 1.400 novas prazas.

 

Así mesmo, a este listado hai que engadir as prazas en escolas infantís municipais e as que xestionan entidades como o Sergas e as Universidades. Deste xeito, as 22.316 prazas das que disporá a rede galega de escolas infantís o vindeiro curso resulta da suma de prazas públicas das escolas infantís que dependen directamente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e da Axencia Galega de Servizos Sociais, máis aquelas as que participa no seu financiamento a Xunta de Galicia. Estas 22.316 supoñen unha subida do 9% (1.871 prazas máis) en comparación coas prazas ofertadas ao inicio do presente curso escolar, que foron 20.445.

 

Rey Varela sinalou que “o noso obxectivo é conseguir que non exista lista de agarda, para o que seguimos traballando cos Concellos na planificación de escolas infantís para os vindeiros cursos e así facilitar a conciliación”.

 

Presentación de solicitudes

Segundo se recolle no DOG de hoxe, os interesados teñen dende maña ata o vindeiro 26 de marzo para presentar as solicitudes de adxudicación de praza en escolas infantís pertencentes á rede pública, que oferta un total de 9.693 prazas entre os centros xestionados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e os que dependen da Axencia Galega de Servizos Sociais. A relación provisional de admitidos publicarase o 3 de maio e poderase consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como na páxina web: http://benestar.xunta.es, e nos respectivos centros. A relación definitiva poderase consultar dende o día 30 de maio. Os solicitantes admitidos disporán dende o día 1 ao 10 de xuño -ambos os dous incluídos- para matricularse, presentando o impreso de matrícula xunto coa documentación requirida na propia escola infantil na que obtiveron praza. Así mesmo, o curso escolar 2016-2017 comezará o día 5 de setembro de 2016.

 

A principal novidade da convocatoria deste ano é que se incrementa a puntuación pola situación laboral de ocupación do pai ou da nai nun punto. A segunda novidade é que ademais de poder marcar a opción de Bono Concilia na propia solicitude, este ano as familias poderán optar directamente a unha praza concertada cos mesmos servizos e prezos que a praza pública. Neste sentido, cómpre ter en conta que tanto a opción de Bono Concilia como a de praza concertada actívanse no caso de que o neno ou nena para a que se solicita praza na escola infantil pública quede en lista de espera.

 

Por último, outra das novidades é a posibilidade de solicitar o traslado de centro entre todas as escolas infantís da Rede Pública da Administración Autonómica.

 

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: