Archive | febrero 26, 2016

El Gobierno autoriza poner a disposición del sector industrial 757 millones de euros en préstamos para el desarrollo de proyectos industriales

  • Este año se unifican las convocatorias Plan Reindus y Competitividad Industrial en una única, que pasa a llamarse Reindustrialización y Fortalecimiento de la Competitividad Industrial.
  • Se concederán apoyos financieros mediante préstamos reembolsables a 10 años, con  tres de carencia y con un interés entre el 1,7% y el 4%.

26.02.16. El Consejo de Ministros ha autorizado hoy al Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través de la Secretaría General de Industria y de la PYME, a convocar préstamos para la inversión industrial correspondiente al Programa de Reindustrialización y de la Competitividad Industrial en el año 2016. El presupuesto destinado a dicha convocatoria asciende a un total de 757,5  millones de euros a disposición del sector empresarial privado.

 

Las principales novedades del año 2016 son la agrupación en una única línea las tradicionales ayudas a la reindustrialización y fomento de la competitividad y se enmarca dentro de la estrategia establecida por la iniciativa ‘Industria Conectada 4.0’. Los préstamos se concederán a 10 años, con tres de carencia, y el tipo de interés se determinará en función de la clasificación obtenida por el beneficiario durante la fase de evaluación y de la garantía constituida antes de la resolución de concesión, por lo que oscilará entre el 1,7% y el 4%. Las garantías a constituir serán del 10% del préstamo solicitado y habrán de constituirse en el momento de la solicitud.

 

 

 

Se apoyarán cuatro tipos de actuaciones distintas:

 

-Creación de establecimientos industriales: inicio de una nueva actividad de producción en cualquier punto del territorio nacional.

 

-Traslado: cambio de localización de una actividad de producción previa hacia cualquier punto del territorio nacional.

 

-Ampliaciones de la capacidad de producción, a través de la implantación de nuevas líneas de producción en centros existentes.

 

-Mejoras y/o modificaciones de líneas de producción previamente existentes.

 

El régimen de concesión será de concurrencia competitiva en cada una de las 11 zonas geográficas específicas definidas y en la general, que incluye el resto de municipios no incluidos en las anteriores.

 

En total, se estima que podrían generarse casi 10.000 nuevos empleos entre empleo directo e indirecto. Finalmente, se espera que este apoyo contribuya a incrementar las exportaciones industriales, especialmente en aquellos productos con un nivel tecnológico más elevado.

 

 

Distribución de las cuantías:

Zona Crédito €
CA de Canarias 14.844.230
CA de Extremadura 12.225.590
Provincia de Teruel 9.584.870
Provincia de Soria 8.797.270
Provincia de Jaén 9.584.870
Comarca del campo de Gibraltar 26.287.590
Comarca de la Bahía de Cádiz 61.771.440
Comarca de Ferrol, Eume y Ortegal 45.711.030
Margen Izquierda del Nervión 7.850.140
Isla de El Hierro 3.526.560
Comarca de Lorca (CA de Murcia) 10.579.700
General 546.809.785
TOTAL 757.573.075

 

 

O Teatro Afundación de Vigo acollerá este domingo o musical El Mago de Oz

O Teatro Afundación de Vigo presenta este domingo, 28 de febreiro ás 18.00 h, o espectáculo musical El Mago de Oz, desenvolvido e interpretado pola compañía Teatromedia, que leva máis de cinco anos de percorrido e preto de 1000 funcións ás súas costas. Dirixido a toda a familia, El Mago de Oz é un show que combina teatro moderno e familiar con baile, cancións e moita diversión para que pequenos e maiores o pasen en grande, gozando, unha vez máis, deste clásico de L. Frank Baum contado dun modo un tanto diferente, porque nesta versión nada é o que parece: a Fada Glinda é tan torpe como efectiva, a Bruxa do Oeste é bastante neurótica, o León Covarde parece unha versión animal de Tony Manero, o Home de Folla de Lata ten complexo de Clint Eastwood e o Espantallo ten a memoria dun peixe e a inocencia dun neno. A través destes personaxes a historia pretende humanizar a maxia e atender as necesidades do público adulto, para que toda a familia goce dunha experiencia compartida.

A XUNTA ADXUDICARÁ POR POXA, EN COMPRA VENDA OU ALUGUEIRO, PRETO DE 300 LOCAIS COMERCIAIS, PRAZAS DE GARAXE E ROCHOS DA SÚA PROPIEDADE

  • Ofrécense 161 locais comerciais, 132 prazas de garaxe e 1 rocho

Santiago, 26 de febreiro de 2016.- A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, venderá en subhasta ou alugará un total de 161 locais comerciais da súa propiedade, así como 132 prazas de garaxe e un rocho, segundo establece a Resolución que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia e pola que se anuncia a adxudicación en poxa pública dos mesmos. Os interesados disporán de 30 días naturais, contados a partir de mañá, para a presentación das súas ofertas. O prego de condicións pode consultarse no seguinte enlace: http://igvs.xunta.es/web/igvs/329.

Poderán tomar parte nas poxas públicas todas as persoas físicas ou xurídicas, nacionais ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non incorran en ningunha das prohibicións de contratar, que deberán presentar unha fianza do tres por cento do importe do ben polo que poxan.

Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa terase en conta o prezo máis alto dos ofertados. En caso de existiren ofertas para compra e para aluguer dun mesmo local, terán preferencia para a adxudicación as ofertas presentadas para  a compra. No caso de rochos unicamente se admitirán ofertas para compra.

Por provincias, na da Coruña saen á poxa un total de 95 locais comerciais emprazados en dez concellos, así como un rocho. En Lugo 31 locais en 11 concellos e 27 prazas de garaxe en tres concellos. Na provincia de Ourense son cinco locais en catro concellos e 33 prazas de garaxe en dous concellos. Finalmente, en Pontevedra ofrécense 30 locais en cinco concellos e e 72 praza de garaxe en Vigo.

LOCALIDADE Nº DE LOCAIS Nº PRAZAS DE GARAXE
A Coruña 4  
As Pontes 6  
Betanzos 2  
Ferrol 59  
Melide 1  
Ortigueira 1  
Pontedeume 1  
Rianxo 6  
Sada 7  
Santiago de Compostela 8  
Celeiro (Viveiro) 1  
Chantada 2  
Foz 1  
Gutiriz 1  
Lugo 11 8
Meira 6 6
A Pastoriza 2  
Ribadeo 1  
Sarria 1  
Vilalba 3 13
Viveiro 2  
Maceda 1  
O Barco de Valdeorras 1  
Ourense 2 28
Ribadavia 1  
Allariz   5
Vigo 1 72
Cangas do Morrazo 3  
Lalín 1  
Pontevedra 5  
Vigo 20  

 

 

Ademais ponse á venda un rocho na Avenida Rosalía de Castro, no Milladoiro (Ames)

 

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA PUBLICA HOXE O DECRETO POLO QUE SE REGULA O CENSO DE VIVENDAS BALEIRAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

Este Decreto regulará a incorporación ao mercado das vivendas baleiras e promoverá a súa utilización na planificación das políticas sociais neste sector

  • Será obrigatorio o rexistro das vivendas baleiras propiedade de entidades financeiras, filiais inmobiliarias e entidades de xestión de activos cando se atopen en concello de máis de 10.000 habitantes
  • O incumprimento da obriga de inscrición conlevará unha sanción de ata 3.000 euros por inmoble non rexistrado
  • Incorpórase a posibilidade de inscrición voluntaria para os inmobles desocupados propiedade dos concellos ou doutras administracións públicas
  • Tamén poderán inscribirse voluntariamente as vivendas baleiras propiedade de persoas e empresas en calquera municipio

 

Santiago, 26 de febreiro de 2016.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o Decreto polo que se crea e se regula o funcionamento do Censo de Vivendas Baleiras da Comunidade Autónoma de Galicia, que ten como obxectivo incorporar ao mercado o parque de inmobles desocupados que son propiedade dos bancos e promover a súa utilización na planificación das políticas sociais de vivenda.

 

O censo permitirá dispoñer de información adecuada en relación co estado de ocupación do parque de vivendas de Galicia co obxecto de realizar a planificación social da política de vivenda por parte da Xunta de Galicia.

 

A inscrición das vivendas no censo será obrigatoria para todas as vivendas baleiras que formen parte de edificios de tipoloxía residencial colectiva ou de complexos inmobiliarios situados en concellos de máis de 10.000 habitantes da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que sexan propiedade de entidades de crédito, das súas filiais inmobiliarias ou das entidades de xestión de activos, incluídos os procedentes da reestruturación bancaria, con independencia de onde se atope o domicilio social dos seus titulares.

 

O Decreto entrará en vigor o vindeiro día 26 de marzo e, desde entón, as entidades disporán dun prazo de seis meses para inscribir os inmobles que nese momento se atopen desocupados.

 

Para as vivendas que se rematen ou se baleiren con posterioridade á entrada en vigor do Decreto, establécese un prazo máximo de oito meses desde a obtención da licenza de primeira ocupación ou desocupación da vivenda polo remate dun contrato de alugueiro ou a compra da mesma.

 

O incumprimento da obriga de inscrición conlevará unha sanción de ata 3.000 euros por inmoble non rexistrado.

 

No Censo de Vivendas Baleiras poderán inscribirse de maneira voluntaria o resto de vivendas baleiras da comunidade autónoma, sexan propiedade de persoas físicas ou xurídicas e independentemente do tamaño do concello onde se empracen.

 

Con respecto ao borrador do Decreto publicado hoxe, establécese a posibilidade de que se inscriban tamén de forma voluntaria as vivendas baleiras propiedade dos concellos e outras administracións públicas.

 

No caso de vivendas de inscrición voluntaria poderase solicitar en calquera momento.

 

A efectos do Censo, considéranse vivendas baleiras as que non sexan ocupadas polos seus propietarios ou non exista unha persoa usuaria que dispoña do correspondente título que lle dea dereito a súa ocupación.

 

Medidas

O Decreto inclúe as medidas que a Xunta de Galicia poderá adoptar para favorecer a ocupación das vivendas baleiras, que son:

 

  1. A Xunta poderá impulsar a sinatura de acordos de colaboración co obxecto de destinar as vivendas inscritas no censo a atender a persoas afectadas por procedementos de execución hipotecaria ou por desafiuzamentos por impago de rendas de aluguer.

 

  1. Ademais, o Goberno galego poderá mediar entre as persoas propietarias das vivendas baleiras inscritas e as persoas demandantes de vivenda, coa fin de favorecer a súa ocupación, facilitando fórmulas de concertación de arrendamentos ou adquisición. Para tal fin, as vivendas baleiras inscritas propiedade das entidades de crédito, e das súas filiais inmobiliarias e das entidades de xestión de activos, incluídos os procedentes da reestruturación bancaria e, sempre que se axusten aos prezos máximos establecidos para as vivendas protexidas, poderán ser ofertadas polo seu propietario á Xunta para a súa adxudicación a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto en aluguer como en venda.

 

  1. Así mesmo, co previo consentimento dos propietarios as vivendas inscritas no censo poderán ser utilizadas nos programas de fomento do aluguer que desenvolva a Xunta ou as administracións locais

 

 

 

REY VARELA PARTICIPA NA XORNADA INFORMATIVA SOBRE O PROGRAMA GALEUROPA AO QUE A XUNTA DESTINARÁ MÁIS DE 7 MILLÓNS DE EUROS

  • Galicia foi a primeira comunidade autónoma española que se incorporou ao traballo en rede de dez países europeos para a posta en marcha dun proxecto transnacional de mobilidade xuvenil
  • “A finalidade do programa é que os mozos e mozas galegas alcancen e asimilen unha visión mundial a nivel persoal e profesional que contribuirá á mellora da súa vida persoal e profesional á vez que se dota de recursos humanos de calidade ao tecido empresarial galego”, explicou o titular de Política Social
  • Na xornada tamén participou o director xeral de Injuve, Rubén Urosa, que explicou o proxecto SIX- Garantía Xuvenil que dá soporte á información sobre este recurso

 

Santiago, 26 de febreiro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, participou esta mañá na inauguración da xornada informativa sobre a convocatoria do programa de mobilidade Galeuropa para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades e empresas públicas ou privadas de países europeos. “Esta iniciativa, que contará cun orzamento superior aos 7 millóns de euros, permitirá que ata 2020 mozos e mozas galegos poidan realizar prácticas formativas non retribuídas en países europeos”, explicou o conselleiro durante a súa intervención.

Na xornada tamén interviron a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez e o director do Instituto da Xuventude de España, Rubén Urosa, quen explicou o proxecto SIX- Garantía Xuvenil, unha rede de administracións e organismos públicos que dan soporte e información aos mozos e mozas sobre o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, especialmente relativa á solicitude de inscrición. No caso galego, colaboran neste proxecto o Centro Coordinador de Información Xuvenil de Santiago e os Espazos Xoves da Consellería de Política Social.

 

No encontro, que serviu para facer balance da convocatoria do ano 2015 así como para adiantar o contido da vindeira deste ano 2016, participaron mozos e mozas beneficiarios do programa Galeuropa 2015 e representantes das entidades promotoras de proxectos de mobilidade. Tamén se deron cita numerosos mozos e mozas interesados en participar no programa, ademais de técnicos de xuventude e de emprego.

Galicia, a través do seu programa Galeuropa, foi no 2015 a primeira comunidade autónoma española que se incorporou ao traballo en rede de dez países europeos para a posta en marcha dun proxecto transnacional de mobilidade xuvenil. Este proxecto enmárcase no Programa Operativo de Emprego xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa Europea de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo. Cada ano publícase unha orde de convocatoria, que no caso de 2016 estará dotada con máis de 2 millóns de euros.

Así, Galicia é unha das rexións europeas que máis investimento destina a este programa proporcionalmente, en función do seu número de mozos e mozas. “Eles son o noso principal activo xa que representan o futuro da nosa economía e da nosa cultura. Por elo, resulta imprescindible desenvolver programas como Galeuropa que contribúan ao crecemento dos máis novos en todos os eidos”, afirmou Rey Varela.

Esta iniciativa forma parte da implementación do sistema de Garantía Xuvenil e a aposta por este tipo de iniciativas ten como finalidade apoiar a formación da mocidade galega mediante a mellora da súa empregabilidade, favorecendo a adquisición de novos coñecementos, habilidades, capacidades e cualificacións para facilitar a súa inclusión no mercado de traballo, de xeito que poidan constatar unha práctica formativa no estranxeiro como parte do currículo. Con estas mobilidades se intenta dotar á comunidade de profesionais con coñecementos non só das habilidades propiamente da súa titulación, senón tamén que coñezan o funcionamento do mundo empresarial internacional e á súa vez adquiran o dominio de idiomas estranxeiros.

O conselleiro explicou na súa intervención que o que se pretende, “é que os mozos e mozas galegas alcancen e asimilen unha visión mundial a nivel persoal e profesional que contribuirá á mellora da súa vida persoal e profesional á vez que se dota de recursos humanos de calidade ao tecido empresarial galego

A XUNTA ABRIRÁ A VINDEIRA SEMANA O PRAZO DE INSCRICIÓN NA BOLSA DE EMPREGO TEMPORAL DA ADMINISTRACIÓN GALEGA

  • As persoas interesadas terán de prazo dende o 1 de marzo ata o 15 de xullo
  • Estas listas son utilizadas pola Xunta para a contratación de persoal laboral temporal e para o nomeamento de funcionarios interinos
  • A inscrición poderase realizar en 25 listas, das que sete ábrense neste 2016
  • O maior número de contratacións no eido da Administración xeral realízase nos centros de servizos sociais, en grupos como coidadores e auxiliares de enfermaría
  • Esta bolsa de emprego súmase ás listas que xestiona a Xunta no eido educativo e sanitario
  • Ademais, a Xunta actualiza os méritos das persoas que xa forman parte das listas, que non teñen que inscribirse de novo

 

Santiago, 26 de febreiro de 2016.-A Xunta de Galicia abrirá a vindeira semana o prazo de inscrición na bolsa de emprego temporal da Administración galega. Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá inscribirse nas listas para a contratación de persoal laboral temporal e para o nomeamento da funcionarios interinos da Xunta de Galicia.

 

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o 1 de marzo ata o vindeiro 15 de xullo, segundo recolle unha resolución da Dirección Xeral da Función Pública no Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe. O número de listas que estarán abertas á inscrición é de 25. Delas, 13 listas son para o nomeamento de funcionarios interinos e 12 para a contratación de persoal laboral. Respecto a 2015 ábrense sete listas.

 

Todas aquelas persoas interesadas en formar parte desta bolsa de emprego temporal poderán solicitar a súa inscrición no prazo de referencia, e para iso deberán presentar a instancia conforme ao modelo que se atopa xa á súa disposición na web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), no apartado de Listas de Contratación. As persoas que xa forman parte desta bolsa non é preciso que se anoten de novo.

 

O acceso ao emprego temporal na Administración galega realízase a través do nomeamento de persoal funcionario interino ou da contratación temporal de persoal laboral. En ambos casos, as persoas seleccionadas proceden das listas elaboradas para este efecto. A orde de prelación dos aspirantes –cuxas solicitudes se engaden ás xa existentes- vén determinada pola suma de puntuacións atribuídas aos seus méritos.

 

Entre as listas abertas á inscrición están as de titulado superior médico; ATS, enfermeiro, practicante; mestre especialista en educación infantil; oficial 1ª cociña; auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico, auxiliar de enfermería; inspección urbanística; arquitectos; enxeñeiros industriais; veterinarios; biólogos; escalas superior e técnicas de finanzas e enxeñeiros técnicos agrícolas.

 

O maior número de contratacións no eido da Administración xeral realízase nos centros de Política Social, en postos de traballo como auxiliares sanitarios, coidadores, auxiliares de enfermaría ou coidadores xeriátricos, xa que os servizos sanitarios, educativos e de xustiza da Xunta incorporan persoal temporal a través das súas propias bolsas de contratación.

Actualización de méritos

Ademais, tamén se publica hoxe no DOG a actualización de méritos das persoas integrantes da bolsa de emprego temporal da Administración galega. Deste xeito, a Xunta de Galicia procede a actualizar os méritos adquiridos ao longo de 2015 polas persoas que xa integran as distintas listas.

 

En todo caso, dende mañá ábrese un prazo de dez días hábiles para que as persoas interesadas poidan solicitar emendas e achegar a documentación xustificativa. Unha vez examinada a documentación, a Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral da Función Pública, dará publicidade ás puntuacións definitivas cunha nova resolución que tamén se publicará no DOG.

 

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL RECIBE AO PRESIDENTE DE ASPACE ESPAÑA E Á FEDERACIÓN ASPACE GALICIA, SELECCIONADA POLA FUNDACIÓN BARRIÉ PARA EXECUTAR UN PROGRAMA SOCIAL A NIVEL NACIONAL

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Baleira, Ángel Enrique Martínez-Puga López. No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 25/02/16

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Baleira, Ángel Enrique Martínez-Puga López. No despacho do conselleiro.
foto xoán crespo
25/02/16

 Durante o encontro, José Manuel Rey Varela reiterou o seu compromiso co colectivo de persoas con parálise cerebral
 Lembra o importe de 85.000 euros polo que se asina o convenio coa Federación para este ano 2016 e que supón un incremento do 340% respecto ao convenio asinado en 2015
 A Consellería de Política Social concerta un total de 203 prazas que supoñen un investimento de 3.340.693 euros e un incremento respecto ao financiamento e as prazas concertadas en 2015

Santiago, 25 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro, reuníronse hoxe co presidente de ASPACE a nivel nacional, Jaume Marí Pàmies e con responsables da Federación ASPACE Galicia, que busca a mellora da calidade de vida das persoas con parálise cerebral e lograr a plena integración para conseguir a igualdade de oportunidades. O motivo do encontro reside en que ASPACE Galicia foi seleccionada pola Fundación Barrié para subscribir un convenio de colaboración co que levar a cabo un programa social a nivel nacional. Deste xeito, Rey Varela felicitou ao conxunto da federación galega, representada neste caso polo seu director xerente, Eulogio López. No encontro, mantido no despacho do conselleiro en San Caetano, o responsable da área social da Xunta de Galicia enxalzou o traballo dunha asociación que “xa conta con 25 anos de dedicación ás persoas que sofren parálise cerebral na nosa comunidade”. Neste sentido, o titular da carteira de Política Social manifestou a importancia das persoas que sofren este trastorno e garantiu “traballo sen descanso” do Goberno Autonómico para acadar “a total integración, a igualdade de oportunidades e o maior desenvolvemento persoal deste colectivo na sociedade”.

Actualmente, ASPACE Galicia conta con nove centros cos que a administración autonómica ten concerto de prazas: Centro Residencial ASPACE CORUÑA, centro educativo ASPACE CORUÑA, centro de día AMENCER Pontevedra, centro de día Princesa Letizia AMENCER Pontevedra, centro de día AMENCER Lourizán, centro ocupacional APAMP, centro de día APAMP, vivendas tutelas As Camelias APAMP e o centro residencial APAMP. En total, a Xunta ten concertadas un total de 203 prazas no ano 2016, para as que achega máis de 3.300.000 euros. Ademais, a administración autonómica ten subscrito un convenio de colaboración coa entidade por valor de 85.000 euros. En total, a Xunta inviste neste exercicio máis de 3.425.000 euros na Federación ASPACE Galicia, coa finalidade de garantir unha mellor calidade de vida ao colectivo de persoas con parálise cerebral.

Na reunión, o conselleiro de Política Social, trasladou ao director xerente da federación, o seu compromiso e o da Xunta de Galicia en manter o concerto de prazas. Rey Varela insistiu en que como administración pública, débese contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas que teñen calquera tipo de discapacidade, así como favorecer a igualdade de oportunidades e a plena inclusión do colectivo de persoas con parálise cerebral.

A Federación ASPACE está presente no Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI). Nesta liña, o mandatario da carteira social lembrou que en 2016 refórzase nun 20% o apoio económico ás federacións integrantes no CERMI acadando esta partida os 3,6 millóns de euros.
ASPACE GALICIA
A federación constituíuse no ano 1991 e está integrada polas asociacións AMENCER- ASPACE, APAMP, ASPACE CORUÑA, ASPACE LUGO e HOY POR MAÑANA. Entre os obxectivos da federación está defender a dignidade e os dereitos das persoas con parálise cerebral e asesorar aos seus membros en aspectos técnicos e legais relacionados coa súa actividade. Ademais, contribúe tanto a nivel estatal como autonómico ao desenvolvemento de normativas en materias que afecten á parálise cerebral.

Máis recursos a discapacidade
No encontro cos representantes de ASPACE, o responsable da área social manifestou que “a promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia é un dos piares desta Consellería”. Así, dixo o conselleiro, a Comunidade Autónoma de Galicia é ”pioneira en ter unha carteira específica de servizos sociais dedicada a esta materia” polo que ten unha maior especialización e programas concretos para todos os colectivos diferentes como alzhéimer, parálise ou dano cerebral, trastorno do espectro autista, enfermidade mental ou intelectual.

JOSÉ MANUEL REY VARELA RETOMA A SÚA ROLDA DE ENCONTROS COS ALCADES GALEGOS PARA CONTINUAR DEBUXANDO A POLÍTICA SOCIAL LOCAL E AUTONÓMICA DOS VINDEIROS ANOS

 Asegura que a Consellería estudará a mellor vía para poñer en funcionamento o centro social do concello lucense

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Baleira, Ángel Enrique Martínez-Puga López. No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 25/02/16

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Baleira, Ángel Enrique Martínez-Puga López. No despacho do conselleiro.
foto xoán crespo
25/02/16

Santiago, 25 de febreiro de 2016.- A Consellería de Política Social afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos co fin de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos de ambas institucións.

A Xunta de Galicia e os responsables das entidades locais adquiren, deste xeito, o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio lucense de Baleira, Ángel Enrique Martínez-Puga López.

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa cooperación emprendida entre as dúas institucións. Así, ambos mandatarios subliñaron a importancia da colaboración respecto da posta en marcha da residencia comunitaria e centro de día do municipio lugués cuxas obras foron recepcionadas en 2014. Segundo Rey Varela, a Consellería de Política Social estudará a mellor vía para poñer en funcionamento o centro.

Conselleiro e rexedor tamén subliñaron a importancia doutros servizos sociais como o Servizo de Axuda no Fogar que neste 2016 incrementouse en 70 horas ata chegar ás 959 en total

O PORRIÑO CELEBRA O 179 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO COA OBRA ‘A VIAXE DE ROSALÍA’

CARTEL A viaxe de Rosalía-MA semana da celebración do 179 aniversario do nacimento de Rosalía de Castro, que se conmemora en toda Galicia con distintos actos nos que se lembra a vida e obra da poetisa de Padrón, chega  ao Porriño da man de Larraitz Urruzola e Teatro Antroido.

Hoxe no Centro Recreativo e Cultural, ás 8 da tarde,  á actriz e titiriteira Larraitz Urruzola, por medio de monicreques de grande talla e manipulación de obxectos, acompañada cunha música acaída e composta para esta ocasión, achega ao público as pasaxes máis importantes da vida e obra de Rosalía,  unha muller culta, traballadora, valente e que interpretou como ninguén un tempo histórico na súa Terra .

‘A viaxe de Rosalía’, invita aos espectadores máis pequenos e as ás súas familias, a viaxar xunto coa escritora e a súa madriña Francisca, por medio dun espectáculo cargado de maletas, teas, zapatos e libros a época na que viviu a escritora máis representativa e coñecida de Galicia e moitas das pasaxes da súa poesía, do seu tempo e da fonda sensibilidade e relación co mundo que reflicte nos poemas que lle sobrevivieron e que forman parte esencial da cultura e da forma de entender dos galegos.

 

O domingo 28 ás 8 da  tarde no mesmo escenario  Laura Ponte e Roi Vidal, de Teatro Entroido, protagonizarán un acto poético, didáctico e divertido co que pretenden ofrecerlle ao gran público as facetas menos coñecidas desa grande muller que foi Rosalía de Castro.  “Rosalías” achegará unha manchea de textos de e sobre Rosalia de Castro para contribuír a espallar unha imaxe renovada na que a padronesa xa non é esa muller sensibleira e romanticona, senón unha intelectual feminista comprometida coa análise da sociedade do seu tempo.