JOSÉ MANUEL REY VARELA RETOMA A SÚA ROLDA DE ENCONTROS COS ALCADES GALEGOS PARA CONTINUAR DEBUXANDO A POLÍTICA SOCIAL LOCAL E AUTONÓMICA DOS VINDEIROS ANOS
Asegura que a Consellería estudará a mellor vía para poñer en funcionamento o centro social do concello lucense

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de Baleira, Ángel Enrique Martínez-Puga López. No despacho do conselleiro.
foto xoán crespo
25/02/16
Santiago, 25 de febreiro de 2016.- A Consellería de Política Social afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos co fin de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos de ambas institucións.
A Xunta de Galicia e os responsables das entidades locais adquiren, deste xeito, o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio lucense de Baleira, Ángel Enrique Martínez-Puga López.
Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa cooperación emprendida entre as dúas institucións. Así, ambos mandatarios subliñaron a importancia da colaboración respecto da posta en marcha da residencia comunitaria e centro de día do municipio lugués cuxas obras foron recepcionadas en 2014. Segundo Rey Varela, a Consellería de Política Social estudará a mellor vía para poñer en funcionamento o centro.
Conselleiro e rexedor tamén subliñaron a importancia doutros servizos sociais como o Servizo de Axuda no Fogar que neste 2016 incrementouse en 70 horas ata chegar ás 959 en total