O Colexio Miralba de Vigo acolle unha conferencia sobre as necesidades financeiras ao longo da vida
As alumnas e alumnos do Colexio Miralba (Jesuitinas) de Vigo asistirán mañá martes, ás 13.00 h, á conferencia Preparado para dar o salto? As necesidades financeiras ao longo da vida, enmarcada dentro do programa de educación financeira de ABANCA e Afundación. A charla será impartida no propio centro por Carlota Sánchez-Montaña, coordinadora adxunta da Área de Educación Superior de Afundación, e está dirixida a estudantes de bacharelato.