REY VARELA REFORZA O COMPROMISO DA XUNTA COAS PERSOAS CON SÍNDROME DE DOWN E LEMBRA QUE TRES PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL SE INCORPORARÁN Á ADMINISTRACIÓN GALEGA PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS

  • _A9A3220Para este ano de 2016 o Goberno galego aumentou nun 10% a contía do convenio coa Federación Down Galicia até chegar aos 446.838 euro
  • Salienta que “a oferta pública de emprego da Xunta de Galicia para 2015 incorpora “por primeira vez 6 prazas para discapacidade intelectual, unha oferta que se duplica na oferta pública de emprego para 2016 con 12 prazas máis outras 17 do Sergas”, o que valorou como “un paso moi importante para ter presente a diversidade dentro da discapacidade”

 

Santiago, 29 de febreiro de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado pola directora xeral de Persoas Maiores e Discapacidade, Coro Piñeiro, realizou esta mañá unha visita á Asociación Síndrome de Down Teima en Ferrol. Alí, o responsable da carteira social amosou unha vez máis o compromiso do Goberno Autonómico con este colectivo de “vital importancia” xa que o obxectivo da Consellería de Política Social é acadar a “plena integración de todos os grupos da sociedade, tendo especial consideración aqueles que presentan maiores dificultades”. O conselleiro indicou que contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas que teñen calquera tipo de discapacidade é unha das prioridades desta nova etapa das políticas sociais.

 

Neste sentido, o conselleiro lembrou que “de xeito inminente” tres persoas con discapacidade intelectual integraranse aos servizos dos departamentos de Presidencia, Vicepresidencia e Política Social ata o 31 de decembro de 2016 en virtude do convenio asinado coa Fundación Down Compostela que permite que estas persoas realicen prácticas formativas na administración autonómica ao abeiro dun proxecto piloto de realización de actividades e de aprendizaxe e integración. O titular de Política Social asegurou que este proxecto “irase ampliando a todas as sedes da Xunta de Galicia”. Do mesmo xeito salientou a importancia que ten para a Xunta de Galicia o tecido asociativo “que atende de primeira man as demandas que presentan as diferentes diversidades”.

 

Na súa visita, na que ambas institucións mantiveron unha reunión sobre temas que afectan á discapacidade, José Manuel Rey Varela enxalzou o traballo de Teima Down Ferrol que atende a “58 persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual”. No eido da empregabilidade salientou que, grazas ao traballo de Teima, “7 persoas presentaranse por terceira vez a Madrid á convocatoria de emprego público do Ministerio de Facenda optando a unha das 70 prazas de axudante de xestión e servizos sociais”. Neste punto tamén salientou que a oferta pública de emprego da Xunta de Galicia para 2015 incorpora “por primeira vez 6 prazas para discapacidade intelectual, unha oferta que se duplica na oferta pública de emprego para 2016 con 12 prazas máis outras 17 do Sergas”, o que valorou como “un paso moi importante para ter presente a diversidade dentro da discapacidade”

 

No que atinxe ao colectivo de afectados de Down, para este ano de 2016 o Goberno galego aumentou nun 10% a contía do convenio coa Federación Down Galicia até chegar aos 446.838 euros. Un convenio que, para o conselleiro, permitirá “dar uns mellores servizos e de maior especialidade”.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: