XUVENTUDE ADIANTA EN LUGO A PUBLICACIÓN DUNHA NOVA ORDE DE AXUDAS PARA PROXECTOS DE VOLUNTARIADO DE ENTIDADES DOTADA CON 145.000 EUROS

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado reuniuse con mozos e mozas das comarcas de A Mariña, A Fonsagrada, Meira, Terra Cha, Os Ancares, A Ulloa e Lugo
  • O departamento de voluntariado incrementa este ano o seu orzamento un 4% con respecto a 2015
  • Cecilia Vázquez tamén presentou aos concelleiros das comarcas do norte e do centro de Lugo a programación de 2016

 

Santiago, 29 de febreiro de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo hoxe en Lugo a segunda xuntanza de traballo cos mozos e mozas que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro.

 

Alí, a directora xeral adiantou que en 2016 publicarase unha nova Orde de axudas de Fomento de Actividades de Voluntariado dotada con 145.000 euros. A esta Orde poderán acollerse as entidades de voluntariado inscritas no rexistro oficial. Xunto á Orde de Voluntariado Xuvenil, que conta con outros 375.000 euros, o departamento de voluntariado incrementa este ano o seu orzamento un 4% con respecto a 2015.

 

A xuntanza cos mozos e mozas ten como obxectivo escoitar as súas conclusións na hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas ideas, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para a mocidade de Galicia. En verbas de Cecilia Vázquez, a Xunta “considera prioritario que os rapaces tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación de Xuventude”.

 

Nesta ocasión, os mozos e mozas que participaron na xuntanza foron os das comarcas de A Mariña, A Fonsagrada, Meira, Terra Cha, Os Ancares, A Ulloa e Lugo.  Ademais, Cecilia Vázquez tamén mantivo unha xuntanza con alcaldes e concelleiros de xuventude destas comarcas, co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica e poder presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.

 

En total, nos meses de febreiro, marzo e abril Cecilia Vázquez mantén un total de 14 encontros con mozos e mozas de toda Galicia e cos responsables de xuventude dos concellos. A primeira das xuntanzas tivo lugar en Chantada e ademais desta de Lugo  tamén se celebrarán en Noia, Melide, Ferrol, A Coruña, Lalín, Vilagarcía, Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo, Betanzos e Carballo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: