Archive | marzo 1, 2016

4.942 personas visitan, durante el primer fin de semana, la nueva exposición del Titanic en el Parque de las Ciencias de Granada¡¡¡‏

FOTO COLAS GRANADA 28 febrero 2016 FOTOS COLA TITANIC GRANADA 27 FEBRERO 16Casi 5.000 personas visitan la nueva exposición de Titanic en su primer fin de semana abierta al público en el Parque de las Ciencias de Granada ¡¡¡ 

Más de 200 se quedaron sin poder visitarla por falta de tiempo y espacio. 

Se podrá ver hasta el día 27 de marzo en Granada. 

Los visitantes colgaron miles de fotografías en las redes sociales. 

La maqueta del Titanic más grande y espectacular del mundo causa sensación, y emoción, entre los visitantes. 

Un total de 4.942 personas, alguna de las cuales tuvo que esperar más de dos horas para poder entrar en la exposición, han visitado este fin de semana, en el Parque de las Ciencias de Granada, la nueva exposición TITANIC THE  RECONSTRUCTION, inaugurada el pasado día 24 de febrero  donde, las autoridades provinciales, para proceder a su botadura oficial,  rompieron la botella de champán Henri Abelé contra el casco del nuevo Titanic.

 

A pesar de que el Parque de las Ciencias se volcó en la organización, más de 200 personas se quedaron sin poder entrar en la exposición por falta de tiempo para visitarla (la visita dura más de una hora) y por falta de espacio, ya que las dos plantas que ocupan la exposición estuvieron llenas de público durante todas las horas de visita.

 

Aunque el eje central de esta nueva exposición de la Fundación Titanic es el gran espectáculo que produce contemplar la maqueta del Titanic más grande y espectacular del mundo, donde a los visitantes les parece casi increíble lo que están viendo:   Nada más y nada menos de cómo era realmente el Titanic por dentro, y cómo funcionaba, la exposición se completa con muchos más  objetos y documentos de indudable valor.

 

La mayoria de los visitantes disfrutó, además, realizando miles de fotografías del interior del Titanic que este fin de semana ya inundaban las redes sociales.

 

Dado el interés despertado en toda Andalucía, desde cuyos puntos más lejanos de Granada han acudido este fin de semana a visitarla, la Fundación Titanic y el Parque de las Ciencias,  han decidido ampliar la presencia de TITANIC THE RECONSTRUCTION  en Granada hasta el próximo día 27 de marzo.

 

A XUNTA DE GALICIA, A TRAVÉS DO CONSORCIO GALEGO DE IGUALDADE E BENESTAR, ASINA COA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA E O CONCELLO DE OURENSE O CONVENIO QUE POSIBILITARÁ A POSTA EN MARCHA DUN CENTRO INTERXERACIONAL NO MUNICIPIO

  • As novas instalacións, cuxa construción e equipamento financiará a Fundación Amancio Ortega, albergarán unha escola infantil e un centro de formación e actividades para maiores

 firma_convenio FAO Ourense

Santiago, 1 de marzo de 2016-. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e o director xeral da Fundación Amancio Ortega (FAO), Óscar Ortega, asinaron hoxe na sede da FAO o convenio de colaboración que permitirá a construción do centro interxeracional de Ourense, que albergará nun mesmo espazo unha escola infantil de 82 prazas e un centro de día para persoas maiores, cun investimento por parte da Fundación Amancio Ortega superior a 4 millóns de euros.

 

Este novo centro, cuxa construción e equipamento será asumido pola Fundación Amancio Ortega, estará situado na rúa Ramón Abellás, nunha parcela de titularidade municipal cedida ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para este fin. Unha vez finalizada a obra -cuxo deseño responde o modelo creado para a Fundación Amancio Ortega por Elsa Urquijo Arquitectos- o Consorcio será o responsable, xunto co Concello de Ourense, da posta en marcha do centro e da integración da escola infantil na Rede Pública de Escolas Infantís de Galicia.

 

En concreto, a escola infantil, que atenderá a nenos de 0 a 3 anos, contará con seis aulas (dúas para cada franxa de idade) e espazos comúns (comedor, baños e vestiario adaptado, zona de cociña e despensa, almacén e patio propio, entre outros). Pola súa banda, o centro para persoas maiores, dirixido a promover a autonomía e previr a dependencia deste colectivo, dispoñerá de seis salas para actividades e usos múltiples, aseo e vestiario adaptado, sala de curas, lavandería, comedor e patio.

 

Coa firma deste convenio, a Fundación Amancio Ortega continúa coa execución do compromiso adquirido coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia en marzo de 2012, a través do cal se impulsou a construción de nove escolas infantís públicas. As novas escolas atópanse xa en servizo en Ferrol, Melide e Cambre; finalizada a súa construción na Coruña; actualmente en construción en Arteixo e pendentes de trámites administrativos en Lugo,  Vigo e Santiago de Compostela. A súa posta en marcha supoñerá a creación de máis de 750 prazas públicas para nenos de 0 a 3 anos.

 

Características técnicas do centro interxeracional

A superficie da escola infantil é de 1.404,35 m2 construídos, mentres que o Centro de Formación e Aprendizaxe conta con 1.603,40 m2 construídos, sendo o total do edificio 3.007,15 m2.

 

A superficie útil da escola infantil é de 1.089,00 m2 e conta con seis unidades para 82 nenos, distribuídos en dúas aulas de 0 a 1 anos, dúas de 1 a 2 anos e outras dúas de 2 a 3. A escola infantil está estruturada na parte de acceso composta pola recepción e a sala de agarda e xogos; a área de administración que conta co despacho de dirección, sala de reunións, vestiarios e aseos de persoal, lavandería e almacén; así como a a área de comedor e sala polivalente que conta co comedor para nenos, a cociña, despensa e servizos de alimentos e o patio exterior de xogos.

 

O Centro de Formación e Aprendizaxe de persoas maiores ten unha superficie útil de 1.377,95 m2 e ten unha capacidade para 80 persoas. Conta con 8 salas e talleres, 4 despachos e 5 baños adaptados. O Centro está estruturado na parte de acceso composta pola recepción e a sala de agarda; a área de administración que conta con gardarroupa, despacho de dirección, despacho de atención, sala de reunións, vestiarios e aseos de persoal, office persoal, lavandería, botiquín e sala de curas; a área social, composta polas salas de convivencia e sala de visitas, área de comedor para persoas maiores, área dos profesionais e despachos de atención profesional, cociña, despensa e servizos de alimentos; así como o patio exterior.

 

TRES DAS MÁIS DESTACADAS INVESTIGADORAS GALEGAS, AS DOUTORAS ÁFRICA GONZÁLEZ, CARMEN GARCÍA E ANA ULLA, CONMEMORAN NO PORRIÑO O ‘DÍA INTERNACIONAL DA MULLER’ PARTICIPANDO NAS CHARLAS ‘MULLERES CIENTÍFICAS’

O vindeiro martes, 8 de Marzo celébrase o ‘Día Internacional da Muller’, unha conmemoración que lembra a loita polos dereitos das mulleres, á vez que promove a súa participación en actividades políticas, sociais e económicas.
Unha das áreas nas que o traballo e a portación das mulleres seguen sendo descoñecidas é o mundo da Ciencia. Aínda que cada ano as universidades forman miles de futuras científicas, á hora de ocupar a primeira plana, o certo é que na nosa sociedade seguen sendo relegadas.

Por este motivo, o Concello do Porriño quere axudar a facer visibel e apreciabel o labor das investigadoras, programando na Biblioteca Municipal o Ciclo de Charlas ‘Mulleres Científicas’, ás que están invitadas tres das máis importantes científicas de Galicia.

O xoves, día 3, ás 19:00 h. estará no Porriño a Doutora Africa González Fernández (catedrática de Inmunoloxía e directora do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo). Doutora en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Alcalá de Henares, realizou a especialidade MIR de Inmunoloxía na Clínica Puerta de Hierro de Madrid e a estancia  postdoutoral de 4 anos co Premio Nobel César Milstein no Laboratory of Molecular Biology do Medical Research Council de Cambridge, no Reino Unido. Na actualidade, a doutora González participa no deseño dunha vacina para tuberculose, dentro do programa europeo ‘Horizon 2020’.

O luns, día 7 de marzo, á mesma hora, será a quenda da Profesora  Carmen García Mateo (catedrática de Inxeniería de Telecomunicación da Universidade de Vigo e investigadora do Centro de investigación AtlantTIC). Participa nos proxectos europeos COST IC1106 e COST IC1206 como integrante do comité de dirección e é investigadora principal do proxecto coordinado coa UPC e EHU/UPV, SpeechTech4All, un proxecto concedido polo Ministerio de Economía e Competitividade adicado á investigación avanzada nas principais tecnoloxías da fala. O Goberno de Galicia recoñeceu, en 2014, a súa traxectoria co Premio “María Josefa Wonenburger”.

O mércores, 9 de marzo, ás 7 da tarde, a Biblioteca Municipal recibe a Ana Ulla Miguel (doutora en Ciencias Físicas pola Universidade de La Laguna coa especialidade de Astrofísica e Profesora Titular da Universidade de Vigo no Departamento de Física Aplicada). A doutora Ulla ocupou diversos postos de investigación e docencia desempeñados en centros nacionais e estranxeiros, como a Universidade de Tromsø (Noruega), o Laboratorio de Astrofísica Espacial e Física Fundamental (LAEFF, Madrid), a Axencia Espacial Europea (ESA), ou o Instituto Niels Bohr de Copenhague. Na actualidade é integrante da Unión Astronómica Internacional (IAU), da Sociedad Española de Astronomía (SEA) e da Real Sociedad Española de Física (RSEF).

A XUNTA DE GALICIA PON EN MARCHA XORNADAS PROVINCIAIS PARA INFORMAR SOBRE O SISTEMA PARA A AUTONOMÍA E A ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

  • A finalidade destes encontros é informar aos profesionais do ámbito social e sanitario que participan nos mesmos sobre as novas axudas individuais dirixidas a persoas dependentes ou sobre as novas ferramentas a disposición dos traballadores sociais, como a tramitación telemática das solicitudes de discapacidade e dependencia
  • Na xuntanza fíxose especial fincapé na Guía de actuación coordinada contra o maltrato de persoas maiores ou adultas con discapacidade e no Teléfono Social

 

A Coruña, 1 de marzo de 2016.- A Consellería de Política Social desenvolve esta semana unha serie de reunións informativas nas catro provincias galegas sobre o sistema para a autonomía e atención á dependencia dirixidas a traballadores e traballadoras sociais. A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, participou hoxe na primeira destas charlas que se desenvolveu na sede da delegación territorial da Xunta na Coruña: o salón de actos do Edificio Administrativo Monelos. As sesións continuarán na xornada de mañá na delegación territorial de Lugo, pasado mañá na de Ourense e rematarán este venres na de Vigo.

 

O obxectivo destes encontros é informar aos profesionais dos servizos sociais de diferentes ordes de axudas, procedementos e tramitacións en materia de discapacidade. Así, a orde do día das sesións inclúe información sobre a nova orde que rexerá a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal a persoas con discapacidade. A administración autonómica traballa nestes momentos na preparación da convocatoria desta liña de axudas, que conta con financiamento do Fondo Social Europeo (FSE) e que se abrirá ao longo dos vindeiros meses. Tamén se abordaron cuestións como o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e dependencia; con especial atención á tramitación telemática por tratarse dunha nova ferramenta a disposición dos traballadores sociais.

 

Así mesmo, outros dous puntos nos que se fixo fincapé na sesión informativa celebrada esta mañá na delegación coruñesa foron a Guía de actuación coordinada contra o maltrato de persoas maiores ou adultas con discapacidade e o teléfono social. A finalidade foi facer un recordatorio aos traballadores sociais dos concellos e de saúde que asistiron a esta charla do contido e obxectivos desta Guía así como do rexistro de maltrato, como principais axentes implicados na detección e intervención en casos de malos tratos a persoas maiores ou adultas con discapacidade.

 

Difusión do teléfono social

No que atinxe ao teléfono social -900 333 666-, trátase de facer unha nova difusión deste servizo como instrumento de consulta sobre todo tipo de información e orientación dos recursos existentes para persoas maiores, con dependencia ou discapacidade; así como vía de entrada de denuncias de presuntas situacións de maltrato a persoas maiores ou con discapacidade adultas, e a súa derivación ao organismo correspondente.

 

Centos de delegados/as da CIG mobilízanse en Vigo para denunciar a situación económica e laboral da comarca

A central celebrou a primeira das asembleas previas ao Día da Clase Obreira Galega
Centos de delegados/as da CIG mobilizáronse hoxe polas rúas de Vigo e diante da delegación da Xunta na cidade para denunciar a grave situación económica e laboral que padece a bisbarra. Previamente, os representantes sindicais participaron na primeira das asembleas previas ao 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, que van ter lugar en todas as comarcas do país.
2016 03 01 Mobilizacion10MarzoVigo01

Galería de imaxes

Alberte Gonçalves, secretario comarcal da CIG-Vigo, aproveitou a asemblea de delegados/as para debullar a grave situación económica, laboral e social que atravesa a bisbarra, fronte á que puxo en valor a acción sindical da CIG como primeira central da comarca e principal axente mobilizador. Alertou sobre a cada vez maior precariedade no emprego e sobre o risco de exclusión social no que viven milleiros de persoas.

O responsábel sindical botou man dun informe elaborado pola CIG a nivel comarcal “para desmontar a propaganda que anuncia a recuperación económica” e cualificou de “emerxencia social, laboral e produtiva” a situación que padece a comarca. Neste senso, denunciou a desertización industrial que se está a producir e que ten como consecuencia o esmorecemento dos principais sectores produtivos.

Retirada das reformas

Pola súa banda, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, que participou na asemblea e na mobilización posteior, salientou os principais eixos da campaña da central de cara ao 10 de Marzo, reivindicando a retirada das reformas laborais e das pensións, da ‘lei mordaza’ e incidindo na necesidade da soberanía nacional para reactivar a economía do país ao servizo da clase traballadora.

Seixo advertiu que a actual ofensiva do capital baséase en dous aspectos fundamentais, como son o ataque aos dereitos conquistados coa loita obreira ao longo dos anos e unha maior represión para impedir a capacidade de resposta.

Para rematar, os dous dirixentes sindicais lembraron que fronte a esta situación de desemprego e precariedade a CIG ten presentado unha serie de medidas alternativas encamiñadas a favorecer un maior desenvolvemento económico e un reparto da riqueza máis xusto e quitativo. Boa parte delas foron recollidas na ILP que a central promoveu e que chegou ao Parlamento galego, sendo botada abaixo polo PP.

Unha vez finalizada a asemblea a militancia da CIG rematou a xornada concentrándose diante da delegación da Xunta en Vigo, despois dunha manifestación polas rúas da cidade. Alberte Gonçalves, que se dirixiu alí aos presentes, esixiu por segunda vez unha reunión co delegado da institución autonómica para achegarlle as reivindicacións que a central ten para a comarca.

Mobilizacións pensionistas.

Xubilados/as e pensionistas da CIG mobilizaranse para esixir a anulación da reforma das pensións e dos repagos de medicamentos
O colectivo desenvolverá concentracións de protesta en Vigo, Pontevedra, A Coruña, Lugo e Santiago este xoves día 3
O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG desenvolverá unha serie de mobilizacións en Pontevedra, Vigo, A Coruña, Lugo e Santiago este xoves día 3 para reclamar a anulación da reforma das pensión e dos repagos de medicamentos. As concentracións de protesta terán lugar diante da Subdelegación do Goberno e da Xunta entre as 11.00 e as 12.30 horas.
No caso de Pontevedra a mobilización desenvolverase diante da Subdelegación do Goberno español de 11.00 a 12.00 horas, mentres que en Vigo será fronte ao edificio da Xunta de Galiza entre as 11.30 e as 12.30 horas. En Lugo está prevista para as 12.00 e na Coruña para as 12.30 horas, en ambos os casos diante das respectivas subdelegacións do Goberno. En Santiago será ás 11.30 horas diante do INSS.
Dende o Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG explican que o motivo principal das protestas é rexeitar a política de recortes aplicada polo PP español e galego nas prestacións sociais públicas, nas pensións e nos servizos á denominada terceira idade, así como nos sistemas de atención á saúde ou á dependencia.
Consideran que as sucesivas reformas aprobadas tanto polo PP como polo PSOE das pensións e da Seguridade Social fan cada vez máis difícil o acceso ás pensións contributivas, rebaixan as pensións de quen accede ao sistema e atrasa a idade efectiva de xubilación. “Ademais optouse en varios exercicios por non revisar o importe nominal das pensións, ou por facelo por baixo da inflación, chegando agora a incumprir a lei para a súa actualización pola desviación do IPC”, indican.
Tamén denuncian que a última reforma das pensións executada polo PP elimina o IPC para incrementar as pensións e promove un duro recorte que pode reducir até nun 20% as pensións futuras sobre as mentiras do aumento da esperanza de vida.
“Todas esta reformas provocan un empobrecemento maior dos pensionistas, aumentando a diferenza negativa en Galiza da pensión media respecto do Estado español. Especial mención compre facer da discriminación das mulleres nas pensións contributivas por unha vida laboral máis precaria e con importantes lagoas de cotización, que xunto a feminización das pensións non contributivas, fai que 1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos estea baixo o umbral da pobreza”.
A todo isto hai que sumar os repagos, a retirada do financiamento público de medicamentos moi usados e o recobro dos medicamentos que se dan nas farmacias dos hospitais, “aféctandonos especialmente aos pensionistas e enfermos/as crónicos/as, converténdose nun novo imposto á enfermidade e nunha grave dificuldade para acceder á medicación, aumentando o sufrimento das persoas”.
“Hiper-repago sanitario en Vigo”
Os xubilados/as e pensionaistas da comarca de Vigo organizados na CIG aproveitarán a mobilización do xoves para reivindicar unha serie de cuestións que lles afectan de xeito directo, como é o “hiper-repago sanitario que nos aplican os amigos do PP donos/as do hospital Álvaro Cunqueiro”.
En concreto, denuncian o custe do aparcadoiro, do servizo de televisión e das cafetarías do novo centro médico “por enriba das nosas posibilidades”, polo que reclaman a gratuidade do estacionamento e unha calidade asistencial digna.

A ALCALDESA E O CONCELLEIRO DE DEPORTES ASINAN COS ORGANIZADORES O CONVENIO PARA A DISPUTA DA X EDICIÓN DO INTERRUNNING DO PORRIÑO

A alcaldesa do Porriño, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, asinou este martes cos organizadores do Interrrunning o convenio no que se plasma a contribución do Concello á proba, que este 2016 chega á súa X edición.
Interrrunning1
Eva García de la Torre  salientou a importancia desta convocatoria, que se disputa nun circuito totalmente urbán que percorrerá o concello, e “que é xa unha das citas máis atractivas do deporte de Galicia: non hai mellor demostración que o feito do aumento do número de participantes, que superan os mil cincocentos, a presenza de máis espectadores e a importante aposta dos patrocinadores”.

A saída se dará o vindeiro día 13 de marzo ás 10 e media da mañá e, como outros anos, haberá distintos circuitos en función da categoría, sendo o de 10 quilómetros o da absoluta-para participantes nados ata o ano 2000- homologado pola Real Federación Española de Atletismo e considerado un dos máis rápidos de Galicia.

Os competidores poderán correr nas categorías ‘Pitufos’-nados en 2009 e posteriores-; Benxamín –nados entre 2007 e 2008-; Alevín-anos 2005-2006-; Infantil/Cadete-anos 2001-2004-e Absoluta.

 

As inscripcións poderán facerse, ata o martes día 8 deste mes, ás 23:59 horas en Intersport Piñeiro Porriño, Intersport Piñeiro Vigo (nas rúas Lopez Mora e Camelias), Intersport Piñeiro Pontevedra e no portal web:  www.championchipnorte.com.

VISITA DO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO
Antes da sinatura do convenio para a celebración do ‘Interrunning’, a alcaldesa recibiu no seu despacho ao presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó, quen solicituou entrevistarse con Eva García de la Torre para transmitirlle o seu agradecemento persoal, e o da Federación, polo acordo acadado o pasado luns co Baloncesto Porriño.

O mesmo supón a apertura dun novo tempo nas relacións entre o clube e o Concello que permitirá, grazas a unha importante achega aprobada polo Goberno Local, que o Baloncesto Porriño e os seus 1.200 integrantes poidan seguir coa súa actividade, en especial coa formación, adestramento e competición das súas categorías inferiores.

 

 

REY VARELA AMOSA O COMPROMISO DA XUNTA DE GALICIA COAS PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL DURANTE A VISITA Á SEDE DO COMITÉ ANTISIDA DA CORUÑA

  • O conselleiro de Política Social mantivo unha reunión con directivos da entidade, que busca a inclusión na sociedade das persoas afectadas polo VIH/ SIDA, así como de outros colectivos desfavorecidos

 

A Coruña O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita á Asociación de Nenos con Déficit de Atención con/sen Hiperactividade, ANHIDA Coruña  01/03/2016 Foto: Moncho Fuentes / AGN

A Coruña
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita á Asociación de Nenos con Déficit de Atención con/sen Hiperactividade, ANHIDA Coruña
01/03/2016
Foto: Moncho Fuentes / AGN

A Coruña, 1 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, desprazouse hoxe á sede do Comité Antisida da Coruña, CASCO, co obxectivo de coñecer de primeira man as instalacións e actividades que desenvolve esta entidade que atende a persoas afectadas por VIH/ SIDA así como a outros colectivos en risco de exclusión social. Deste xeito, Rey Varela continúa coa rolda de encontros coas entidades, organizacións e axentes coa finalidade de intensificar aínda máis as vías de diálogo e de colaboración en políticas sociais. Á reunión tamén acudiu o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado.

 

Rey Varela agradeceu o traballo que se está a desenvolver en CASCO en prol da inclusión social dos enfermos de VIH/ SIDA e da prevención desta enfermidade. Neste contexto, o conselleiro amosou o compromiso da Xunta de Galicia cos colectivos máis desfavorecidos, como os dos usuarios de CASCO. Proba do compromiso coa inclusión é o aumento neste 2016 da partida orzamentaria destinada a este fin, que alcanza os 86,5 millóns de euros. “Destinar máis recursos á inclusión é unha obriga para a nosa Consellería, na que é unha prioridade que ningún cidadán quede atrás no camiño da recuperación”, afirmou Rey Varela.

 

CASCO desenvolve tres programas a través de tres instalacións. A entidade conta cun centro de atención social continuado no que desde o ano 2003 desenvolven  un programa de prevención do VIH/ SIDA e loitan contra a exclusión dos colectivos máis desfavorecidos como consumidores de drogas, estranxeiros ou persoas sen teito entre outros. Nestas instalacións, os usuarios teñen acceso a recursos básicos como a hixiene persoal, roupa ou comida.  Ao redor de 70 persoas acoden a diario a este centro.

 

Ademais, o comité desenvolve tamén a súa actividade nun piso de acollida para enfermos de VIH/ SIDA. Dende a súa apertura, no ano 2003, foron atendidas un total de 127 persoas. A Xunta de Galicia aporta unha das once prazas deste fogar, no que se desenvolve un programa en réxime residencial con atención as 24 horas do día. Este programa se distribúe nas fases de recuperación médica, inserción formativa e inserción socio- laboral, co obxectivo de conseguir a integración social completa do usuario.

 

O terceiro emprazamento da actividade de CASCO correspóndese co piso de acollida para persoas en situación de exclusión social, onde se traballa na prevención da transmisión da enfermidade a través das fases antes citadas, pero neste caso o programa está dirixido a calquera persoa en situación de exclusión social.

 

Maior compromiso coa inclusión

A administración local a través da Consellería de Política Social está a realizar unha aposta firme pola inclusión. Froito deste compromiso é o aumento das partidas orzamentarias destinadas a colaborar e apoiar ás entidades e colectivos sociais que traballan cos máis desfavorecidos. Neste sentido, a inversión da Orde de Entidades, pasou dos 3,9 millóns de euros do 2015 aos máis de 7 millóns de euros reservados neste 2016.

Ademais, a Xunta de Galicia traballa para ampliar as medidas da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, con máis de 300 accións nas que a persoa e atender aos factores que provocan que estea nunha situación de risco ou de exclusión, constitúen o eixo de toda a intervención.

 

REY VARELA AMOSA O COMPROMISO DA XUNTA DE GALICIA COAS PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL DURANTE A VISITA Á SEDE DO COMITÉ ANTISIDA DA CORUÑA

  • O conselleiro de Política Social mantivo unha reunión con directivos da entidade, que busca a inclusión na sociedade das persoas afectadas polo VIH/ SIDA, así como de outros colectivos desfavorecidos

 

A Coruña O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita ao “Punto de calor” que xestiona o Comité Antisida CASCO. Na rúa Padre Sarmiento, 24 01/03/2016 Foto: Moncho Fuentes / AGN

A Coruña
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita ao “Punto de calor” que xestiona o Comité Antisida CASCO. Na rúa Padre Sarmiento, 24
01/03/2016
Foto: Moncho Fuentes / AGN

A Coruña, 1 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, desprazouse hoxe á sede do Comité Antisida da Coruña, CASCO, co obxectivo de coñecer de primeira man as instalacións e actividades que desenvolve esta entidade que atende a persoas afectadas por VIH/ SIDA así como a outros colectivos en risco de exclusión social. Deste xeito, Rey Varela continúa coa rolda de encontros coas entidades, organizacións e axentes coa finalidade de intensificar aínda máis as vías de diálogo e de colaboración en políticas sociais. Á reunión tamén acudiu o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado.

 

Rey Varela agradeceu o traballo que se está a desenvolver en CASCO en prol da inclusión social dos enfermos de VIH/ SIDA e da prevención desta enfermidade. Neste contexto, o conselleiro amosou o compromiso da Xunta de Galicia cos colectivos máis desfavorecidos, como os dos usuarios de CASCO. Proba do compromiso coa inclusión é o aumento neste 2016 da partida orzamentaria destinada a este fin, que alcanza os 86,5 millóns de euros. “Destinar máis recursos á inclusión é unha obriga para a nosa Consellería, na que é unha prioridade que ningún cidadán quede atrás no camiño da recuperación”, afirmou Rey Varela.

 

CASCO desenvolve tres programas a través de tres instalacións. A entidade conta cun centro de atención social continuado no que desde o ano 2003 desenvolven  un programa de prevención do VIH/ SIDA e loitan contra a exclusión dos colectivos máis desfavorecidos como consumidores de drogas, estranxeiros ou persoas sen teito entre outros. Nestas instalacións, os usuarios teñen acceso a recursos básicos como a hixiene persoal, roupa ou comida.  Ao redor de 70 persoas acoden a diario a este centro.

 

Ademais, o comité desenvolve tamén a súa actividade nun piso de acollida para enfermos de VIH/ SIDA. Dende a súa apertura, no ano 2003, foron atendidas un total de 127 persoas. A Xunta de Galicia aporta unha das once prazas deste fogar, no que se desenvolve un programa en réxime residencial con atención as 24 horas do día. Este programa se distribúe nas fases de recuperación médica, inserción formativa e inserción socio- laboral, co obxectivo de conseguir a integración social completa do usuario.

 

O terceiro emprazamento da actividade de CASCO correspóndese co piso de acollida para persoas en situación de exclusión social, onde se traballa na prevención da transmisión da enfermidade a través das fases antes citadas, pero neste caso o programa está dirixido a calquera persoa en situación de exclusión social.

 

Maior compromiso coa inclusión

A administración local a través da Consellería de Política Social está a realizar unha aposta firme pola inclusión. Froito deste compromiso é o aumento das partidas orzamentarias destinadas a colaborar e apoiar ás entidades e colectivos sociais que traballan cos máis desfavorecidos. Neste sentido, a inversión da Orde de Entidades, pasou dos 3,9 millóns de euros do 2015 aos máis de 7 millóns de euros reservados neste 2016.

Ademais, a Xunta de Galicia traballa para ampliar as medidas da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, con máis de 300 accións nas que a persoa e atender aos factores que provocan que estea nunha situación de risco ou de exclusión, constitúen o eixo de toda a intervención.

 

Business Programs Days na Escuela de Negocios Afundación (marzo)

A Escuela de Negocios Afundación presenta unha nova edición dos seus Business Programs Days que terá lugar durante dúas fins de semana no mes de marzo. Dentro do eido de programas de contido internacional, impartirase o seminario «Intercultural Management», e no de finanzas, «Contabilidade de xestión» e «Control loxístico-produtivo». En consonancia co marco estratéxico en que desenvolve a súa actividade, a Escuela de Negocios Afundación busca reforzar a interdisciplina académica e unha programación formativa, tanto presencial como en liña, axeitada ás necesidades dos diferentes perfís do estudantado e cun paradigma de aprendizaxe fundamentado na destreza das competencias. As inscricións e a consulta demáis información poden realizarse en http://www.afundacion.edu/formacion/business-programs-days.php eno correo info@afundacion.edu