TRES DAS MÁIS DESTACADAS INVESTIGADORAS GALEGAS, AS DOUTORAS ÁFRICA GONZÁLEZ, CARMEN GARCÍA E ANA ULLA, CONMEMORAN NO PORRIÑO O ‘DÍA INTERNACIONAL DA MULLER’ PARTICIPANDO NAS CHARLAS ‘MULLERES CIENTÍFICAS’

O vindeiro martes, 8 de Marzo celébrase o ‘Día Internacional da Muller’, unha conmemoración que lembra a loita polos dereitos das mulleres, á vez que promove a súa participación en actividades políticas, sociais e económicas.
Unha das áreas nas que o traballo e a portación das mulleres seguen sendo descoñecidas é o mundo da Ciencia. Aínda que cada ano as universidades forman miles de futuras científicas, á hora de ocupar a primeira plana, o certo é que na nosa sociedade seguen sendo relegadas.

Por este motivo, o Concello do Porriño quere axudar a facer visibel e apreciabel o labor das investigadoras, programando na Biblioteca Municipal o Ciclo de Charlas ‘Mulleres Científicas’, ás que están invitadas tres das máis importantes científicas de Galicia.

O xoves, día 3, ás 19:00 h. estará no Porriño a Doutora Africa González Fernández (catedrática de Inmunoloxía e directora do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo). Doutora en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Alcalá de Henares, realizou a especialidade MIR de Inmunoloxía na Clínica Puerta de Hierro de Madrid e a estancia  postdoutoral de 4 anos co Premio Nobel César Milstein no Laboratory of Molecular Biology do Medical Research Council de Cambridge, no Reino Unido. Na actualidade, a doutora González participa no deseño dunha vacina para tuberculose, dentro do programa europeo ‘Horizon 2020’.

O luns, día 7 de marzo, á mesma hora, será a quenda da Profesora  Carmen García Mateo (catedrática de Inxeniería de Telecomunicación da Universidade de Vigo e investigadora do Centro de investigación AtlantTIC). Participa nos proxectos europeos COST IC1106 e COST IC1206 como integrante do comité de dirección e é investigadora principal do proxecto coordinado coa UPC e EHU/UPV, SpeechTech4All, un proxecto concedido polo Ministerio de Economía e Competitividade adicado á investigación avanzada nas principais tecnoloxías da fala. O Goberno de Galicia recoñeceu, en 2014, a súa traxectoria co Premio «María Josefa Wonenburger».

O mércores, 9 de marzo, ás 7 da tarde, a Biblioteca Municipal recibe a Ana Ulla Miguel (doutora en Ciencias Físicas pola Universidade de La Laguna coa especialidade de Astrofísica e Profesora Titular da Universidade de Vigo no Departamento de Física Aplicada). A doutora Ulla ocupou diversos postos de investigación e docencia desempeñados en centros nacionais e estranxeiros, como a Universidade de Tromsø (Noruega), o Laboratorio de Astrofísica Espacial e Física Fundamental (LAEFF, Madrid), a Axencia Espacial Europea (ESA), ou o Instituto Niels Bohr de Copenhague. Na actualidade é integrante da Unión Astronómica Internacional (IAU), da Sociedad Española de Astronomía (SEA) e da Real Sociedad Española de Física (RSEF).

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: