Archivo | marzo 2, 2016

Concello de Vigo


Caballero cifra en 30 millóns os investimentos no Casco Vello baixo o seu mandato

O alcalde amosouse “encantado” pola celebración do aniversario do Consorcio do Casco Vello -do que o Concello forma parte- cun paseo pola zona alta e actos institucionais. Caballero engadiu que os 30 millóns adicados ao casco histórico vigués polo seu goberno son “cifras moi significativas da nosa acción”, e nomeou a Pinacoteca, as humanizacións, a UNED e os Coidadores de Barrio, entre outras.

 


A Festa da Reconquista protagoniza a revista de marzo de Air Nostrum

O alcalde explicou que esta promoción de Vigo e dos seus eventos é unha das formas de colaboración entre o Concello e a compañía aérea e que servirá para que “centos de miles de persoas” coñezan a festa e a cidade durante un mes na revista, que leva á portada unha imaxe da recreación da expulsión dos franceses.

 

O alcalde citará a veciños e comerciantes polo peche do Centro de Especialidades da Doblada

Caballero anunciou este mércores reunións coa Asociación de Veciños e cos comerciantes do Calvario tras amosar estes a súa “enorme preocupación, que eu comparto, polo peche do Centro de Especialidades da Doblada”. O rexedor alertou de que “a atención sanitaria na proximidade está a ser reducida”.

 


Presentacion do programa do Día Internacional da Muller


A Concelleria de Igualdade en colaboracion do Consello Municipal da Muller organiza una serie de actos e actividades no mes de marzo con motivo da conmemoración do 8 de marzo “Día Internacional das Mulleres”. Os actos iniciaranse o domingo 6 ata o día 20 de marzo baixo o lema “tempos sen exclusión das mulleres.

POLÍTICA SOCIAL ANIMA A MOCIDADE GALEGA A PARTICIPAR NO DESENVOLVEMENTO DA PROGRAMACIÓN DE XUVENTUDE A TRAVÉS DOS 14 ENCONTROS QUE MANTERÁ ATA O MES DE ABRIL

  • A directora xeral asegurou que “estas xuntanzas forman parte da política de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación de Xuventude”
  • Cecilia Vázquez tamén presentou aos concelleiros destas comarcas a programación de 2016

 

Santiago, 2 de marzo de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo hoxe no Espazo Xove de Noia a terceira xuntanza de traballo cos mozos e mozas das comarcas de Noia, Muros e O Barbanza que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro.

 

A directora xeral asegurou que “estas xuntanzas forman parte da política de participación da mocidade nos temas do seu interese, xa que consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación de Xuventude”. Cecilia Vázquez tamén dixo que “é imprescindible coñecer de primeira man cales son as inquedanzas e demandas dos mozos e mozas mediante a súa participación directa, para que os nosos plans e propostas se adapten ás súas preferencias”.

 

Estes encontros teñen como obxectivo escoitar as conclusións dos mozos á hora de participar nos diferentes programas, co fin de coñecer as súas ideas, queixas ou dúbidas para recollelas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral programa para os mozos e mozas de Galicia.

 

Ademais, Cecilia Vázquez tamén mantivo unha xuntanza con alcaldes e concelleiros de xuventude destas comarcas, co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica e poder presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.

 

En total, nos meses de febreiro, marzo e abril Cecilia Vázquez celebrará un total de 14 encontros con mozos e mozas de toda Galicia e cos responsables de xuventude dos concellos, das que xa se celebraron a de Chantada e Lugo. Ademais desta de Noia  tamén se celebrarán en Melide, Ferrol, A Coruña, Lalín, Vilagarcía, Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo, Betanzos e Carballo.

A DIRECCIÓN XERAL DE MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE ATENDE ÁS DEMANDAS DA ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN DE LUGO

  • Piñeiro Vázquez salientou a importancia de estudar posibles novas vías de colaboración coas asociacións que atenden diariamente ás demandas que presentan estas persoas con distintas capacidades.
  • O Goberno galego aumentou este ano nun 10% o convenio de colaboración coa Federación Down Galicia ata chegar aos 446.838 euros
  • Ademais, a Oferta Pública de Emprego para 2016 duplica as prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual con 12 prazas, máis outras 17 correspondentes á convocatoria do Sergas

 

Lugo, 2 de marzo de 2016.- A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza con membros da Asociación síndrome de Down de Lugo, co obxecto de atender  ás súas propostas e demandas, así como estudar posibles vías de colaboración.

 

Piñeiro Vázquez insistiu en que as persoas con Down “son un colectivo de vital importancia” e que o obxectivo “é acadar a plena integración de todos os grupos da sociedade, en especial daqueles que se atopan con maiores dificultades como as persoas con Down e outras discapacidades intelectuais”. Ao respecto, esta directora xeral manifestou que contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas que teñen capacidades diferentes é unha das prioridades da Consellería de Política Social; e salientou a importancia de seguir aumentando a colaboración que dende a administración autonómica se mantén co tecido asociativo que atende de primeira man as demandas que presentan as diferentes diversidades.

 

O Goberno galego aumentou nun 10% para este ano de 2016 a contía do convenio coa Federación Down Galicia ate chegar a un montante total de 446.838 euros e co obxectivo de contribuír ao mantemento da federación e a que esta preste uns mellores servizos. Así mesmo, a Oferta Pública de Emprego da Xunta de Galicia para 2015 incorpora por primeira vez 6 prazas para discapacidade intelectual, unha oferta que se duplica na convocatoria para 2016 con 12 prazas, máis outras 17 do Sergas.

 

Xornada sobre dependencia

Por outra parte, a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade participou na sede da delegación territorial de Lugo nunha xornada informativa sobre o sistema para a autonomía e atención á dependencia dirixidas a traballadores e traballadoras sociais. O obxectivo destes encontros é informar aos profesionais dos servizos sociais de diferentes ordes de axudas, procedementos e tramitacións en materia de discapacidade.

 

Así, a orde do día das sesións inclúe información sobre a nova orde que rexerá a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal a persoas con discapacidade. A administración autonómica traballa nestes momentos na preparación da convocatoria desta liña de axudas, que conta con financiamento do Fondo Social Europeo (FSE) e que se abrirá ao longo dos vindeiros meses. Tamén se abordaron cuestións como o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e dependencia; con especial atención á tramitación telemática por tratarse dunha nova ferramenta a disposición dos traballadores sociais.

 

Así mesmo, outros dous puntos nos que se fixo fincapé na sesión informativa celebrada esta mañá na delegación coruñesa foron a Guía de actuación coordinada contra o maltrato de persoas maiores ou adultas con discapacidade e o teléfono social. A finalidade foi facer un recordatorio aos traballadores sociais dos concellos e de saúde que asistiron a esta charla do contido e obxectivos desta Guía así como do rexistro de maltrato, como principais axentes implicados na detección e intervención en casos de malos tratos a persoas maiores ou adultas con discapacidade.

 

Difusión do teléfono social

No que atinxe ao teléfono social -900 333 666-, trátase de facer unha nova difusión deste servizo como instrumento de consulta sobre todo tipo de información e orientación dos recursos existentes para persoas maiores, con dependencia ou discapacidade; así como vía de entrada de denuncias de presuntas situacións de maltrato a persoas maiores ou con discapacidade adultas, e a súa derivación ao organismo correspondente.

 

Estas sesións informativas de ámbito provincial e dirixidas a profesionais dos servizos sociais e do ámbito sanitario  comezaron onte na Coruña, seguirán na xornada de mañá en Ourense e rematarán este venres en Vigo.

 

A XUNTA DE GALICIA E A DE CASTELA E LEÓN COMPARTEN EXPERIENCIAS E ESTUDAN VÍAS DE COLABORACIÓN EN POLÍTICAS XUVENÍS

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e o director xeral do Instituto da Xuventude do goberno castelán-leonés, Cecilia Vázquez e Eduardo Carozo, respectivamente, mantiveron esta mañá en Santiago un encontro de traballo
A directora xeral de Xuventude, Participaci—n e Voluntariado, Cecilia V‡zquez, manter‡ un encontro de traballo co seu hom—logo de Castela e Le—n, Eduardo Carazo.

A directora xeral de Xuventude, Participaci—n e Voluntariado, Cecilia V‡zquez, manter‡ un encontro de traballo co seu hom—logo de Castela e Le—n, Eduardo Carazo.

Santiago, 2 de marzo de 2016.- A Xunta de Galicia e a de Castela e León analizan futuras vías de colaboración no ámbito da xuventude. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez; e o seu homólogo no goberno castelán e leonés, Eduardo Carozo Hermoso, mantiveron esta mañá en Santiago un encontro de traballo para poñer en común experiencias e ideas neste ámbito de actuación.

 

Ambos dirixentes autonómicos explicaron o peso das políticas xuvenís nos seus respectivos executivos. No caso do Goberno galego, a área de Xuventude, Participación e Voluntariado incrementou este ano 2016 o seu orzamento nun 15% con respecto ao pasado exercicio, ata sumar preto de 10 millóns de euros.

 

En canto ás liñas estratéxicas nesta materia ás que se dirixen os maiores esforzos orzamentarios, Vázquez Suárez sinalou que estas se centran no fomento da educación non formal a través do voluntariado, da creatividade, da iniciativa ou da mobilidade. O director de Castela e León tamén se mostrou interesado en estudar a Orde do 26 de febreiro de 2015 que regula a certificación das competencias adquiridas en programas de educación non formal, xa que polo momento Galicia é a única comunidade que, seguindo o modelo europeo, expide estes documento oficias.

 

Despois desta xuntanza, os responsables de Xuventude de Galicia e Castela e León acordaron estudar a posibilidade de colaborar intercambiando prazas nos programas que se organicen no futuro, de tal xeito que rapaces galegos poidan participar nos que teñan lugar en territorio castelán-leonés, e viceversa. Vázquez Suárez mostrou o seu interese en que nun futuro se poda concretar esta colaboración.

 

 

Xubilados/as e pensionistas da CIG mobilizaranse para esixir a anulación da reforma das pensións e do repago de medicamentos

O colectivo desenvolverá concentracións de protesta en Pontevedra, Vigo, A Coruña, Lugo e Santiago este xoves día 3
O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG desenvolverá unha serie de mobilizacións en Pontevedra, Vigo, A Coruña, Lugo e Santiago este xoves día 3 para reclamar a anulación da reforma das pensión e dos repagos de medicamentos. As concentracións de protesta terán lugar diante da Subdelegación do Goberno, da Xunta e do INSS entre as 11.00 e as 12.30 horas.
Foto_SanidadeRepago

No caso de Pontevedra a mobilización desenvolverase diante da Subdelegación do Goberno español de 11.00 a 12.00 horas, mentres que en Vigo será fronte ao edificio da Xunta de Galiza entre as 11.30 e as 12.30 horas. En Lugo está prevista para as 12.00 horas e na Coruña para as 12.30, en ambos os casos diante das respectivas subdelegacións do Goberno. En Santiago será ás 11.30 horas diante do INSS.

Dende o Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG explican que o motivo principal das protestas é rexeitar a política de recortes aplicada polo PP español e galego nas prestacións sociais públicas, nas pensións e nos servizos á denominada terceira idade, así como nos sistemas de atención á saúde ou á dependencia.

Consideran que as sucesivas reformas aprobadas tanto polo PP como polo PSOE das pensións e da Seguridade Social fan cada vez máis difícil o acceso ás pensións contributivas, rebaixan as pensións de quen accede ao sistema e atrasa a idade efectiva de xubilación. “Ademais optouse en varios exercicios por non revisar o importe nominal das pensións, ou por facelo por baixo da inflación, chegando agora a incumprir a lei para a súa actualización pola desviación do IPC”, indican.

Tamén denuncian que a última reforma das pensións executada polo PP elimina o IPC para incrementar as pensións e promove un duro recorte que pode reducir até nun 20% as pensións futuras sobre as mentiras do aumento da esperanza de vida.

“Todas esta reformas provocan un empobrecemento maior dos pensionistas, aumentando a diferenza negativa en Galiza da pensión media respecto do Estado español. Especial mención compre facer da discriminación das mulleres nas pensións contributivas por unha vida laboral máis precaria e con importantes lagoas de cotización, que xunto a feminización das pensións non contributivas, fai que 1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos estea baixo o umbral da pobreza”.

A todo isto hai que sumar os repagos, a retirada do financiamento público de medicamentos moi usados e o recobro dos medicamentos que se dan nas farmacias dos hospitais, “aféctandonos especialmente aos pensionistas e enfermos/as crónicos/as, converténdose nun novo imposto á enfermidade e nunha grave dificuldade para acceder á medicación, aumentando o sufrimento das persoas”.

Hiper-repago sanitario en Vigo”

Os xubilados/as e pensionistas da comarca de Vigo organizados na CIG aproveitarán a mobilización do xoves para reivindicar unha serie de cuestións que lles afectan de xeito directo, como é o “hiper-repago sanitario que nos aplican os amigos do PP donos/as do hospital Álvaro Cunqueiro”.

En concreto, denuncian o custe do aparcadoiro, do servizo de televisión e das cafetarías do novo centro médico “por enriba das nosas posibilidades”, polo que reclaman a gratuidade do estacionamento e unha calidade asistencial digna.

Datos paro febreiro

O incremento dos contratos de menos dunha semana de duración maquilla as cifras de desemprego

Máis do 90% dos 61.614 contratos contabilizados durante o mes de febreiro foi temporal

O incremento dos contratos que teñen menos dunha semana de duración logrou maquillar os datos de desemprego no mes de febreiro, que rematou cun lixeiro descenso do paro: 1179 persoas menos que en xaneiro. Con todo, a principal característica dos postos de traballo que se crean é a precariedade, xa que máis do 90% dos 61.614 contratos contabilizados o mes pasado foron temporais.

Febreiro adoita ser un mes desigual para o desemprego, xa que ben pode rematar cun aumento dos parados/as rexistrados/as como cun descenso; no caso de Galiza, é o terceiro ano consecutivo no que descende o desemprego neste período, sendo esta baixada do 0,5% nos dous últimos.

Deste xeito, o número total de parados/as inscritos nas oficinas do SEPE sitúase en 235.268, o que significa un descenso de 1179 con respecto a xaneiro. Porén, non hai que esquecer que o noso país conta na actualidade con 73.440 desempregados/as máis con respecto a 2008, o ano de inicio da crise económica.

No conxunto do Estado produciuse un aumento do número de desempregados/as que atinxiu o 0,05%, o que se traduce en 2231 máis. Por comunidades autónomas a evolución foi moi desigual: o maior descenso tivo lugar nas Illes Balears cun 4,35% menos de desempregados/as, mentres que no lado oposto situouse Andalucía, onde o desemprego aumentou un 1,67%.

A nivel sectorial, en Galiza o paro descendeu na industria e na construción, un 2,2% en ámbalas, e medrou no sector servizos un 0,07%. Pola contra, na media estatal descendeu en todos os sectores agás na agricultura.

Asemade, o número de contratos rexistrados neste período acadou a cifra de 61.614, dos que tan só un 9,5% foi inscrito baixo algunha modalidade de contratación indefinida; isto demostra a nula eficacia das axudas á contratación indefinida, o que fai que o mundo do traballa manteña un elevado nivel de precariedade.

Escasa duración e alta rotación dos contratos

A feito de que un número tan elevado de contratos coincida cun descenso tan cativo dos desempregados/as explícase unicamente pola escasa duración e pola alta rotación dos mesmos; na maioría dos casos trátase de contratos con menos dunha semana de duración: son contratos dunhas cantas horas que só serven para maquillar as cifras de desemprego pero que non solventan a situación laboral dos traballadores/as afectados/as.

Dende a secretaría confederal de Emprego e Industria da CIG lembran que estes datos de precariedade non fan máis que medrar, até o punto que o noso país rexistra xa unha porcentaxe moi alta de traballadores/as que cobran menos da metade do Salario Mínimo Interprofesional: máis de 177.000 persoas teñen ingresos que non chegan aos 2000 euros anuais. O seu responsábel, Miguel Malvido, resume a situación lembrando que “ter hoxe un emprego non garante saír da pobreza”.

O panorama complícase aínda máis unha vez que estas persoas perden o se posto de traballo, xa que non teñen dereito a prestación; así, a porcentaxe de desempregados/as que percibe prestación non chega ao 50% (sitúase no 49,3%), e maioritariamente perciben o subsidio, non a prestación contributiva.

No que atinxe á afiliación á Seguridade Social, incrementouse un 0,4 % con respecto ao mes anterior (4653 afiliados/as máis), chegando ás 935.536 persoas de media en febreiro; isto supón un incremento do 1,9% con respecto ao mes anterior.

A pesar da evolución destes indicadores no mes de febreiro, que amosan un leve descenso do desemprego, Malvido incide en que se trata de datos meramente coxunturais que non amosan ningún sinal que permita falar da recuperación da economía e do mercado laboral da que presumen o Goberno central e a Xunta. “Ben ao contrario, as sucesivas reformas laborais afondaron na destrución de emprego e provocaron que os únicos postos de traballo que se crean sexan precarios”, denuncia.

Neste senso, lembra que a CIG orientou este ano a campaña de conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Traballadora Galega, precisamente a reivindicar que estas reformas laborais regresivas sexan anuladas, ao igual que a das pensións ou a ‘lei mordaza’.

O CONSELLEIRO DE POLÍTICA SOCIAL VISITA AS INSTALACIÓNS DA ASOCIACIÓN BATA, DEDICADA Á ATENCIÓN DE PERSOAS CON TRASTORNOS DO ESPECTRO AUTISTA

  • José Manuel Rey Varela destacou o “importante traballo que leva a cabo en prol da inclusión” de persoas con T.E.A.
  • No 2016, a Xunta de Galicia inviste preto de 500.000 euros no concerto de prazas coa entidade

 BATA

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 2 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe as instalacións da Asociación BATA, que desenvolve servizos e programas orientados ás persoas con T.E.A. –trastornos do espectro autista- e as súas familias e co que a Xunta de Galicia mantén un concerto de prazas. A visita forma parte da rolda de encontros que o titular da carteira autonómica está a realizar por toda a comunidade, e nesta ocasión, tamén acudiu a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez.

 

Rey Varela tivo a oportunidade de coñecer en primeira persoa o “importante traballo que leva a cabo a asociación en prol do desenvolvemento e da inclusión das persoas adultas con trastorno do espectro autista, dende o compromiso coa realización de plans persoais nun contexto inclusivo e de participación comunitaria”, afirmou o conselleiro.

 

A Xunta de Galicia mantén un concerto de prazas coa entidade, no que inviste 490.246 euros para o mantemento de máis dunha trintena de prazas, o que supón un aumento de preto de 60.000 euros con respecto ao pasado ano 2015 que repercutirá de xeito directo nas persoas de Vilagarcía de Arousa e da comarca do Salnés que reciben atención a través de BATA.

 

A asociación conta con varias instalacións entre as que figuran o centro ocupacional Montiño, o centro de día Abuela Esperanza, e tres vivendas tuteladas. Na actualidade, hai 18 usuarios en réxime de media pensión e 5 usuarios en réxime de internado sen fin de semana (con residencia en vivendas con apoio en Vilagarcía de Arousa).

 

A entidade, presidida por Fausto García, promove a inclusión sociolaboral dos usuarios das súas instalacións, o desenvolvemento de programas individualizados baseados en capacidades e a participación das familias como camiño para conseguir os obxectivos marcados. BATA tamén aposta pola formación e o crecemento profesional dos seus traballadores, a través da comunicación e coordinación entre os profesionais da asociación.

 

Coordinación e recursos

O titular da carteira autonómica de Política Social insistiu en que “coordinarse e traballar conxuntamente coas outras administracións e as entidades é o bo camiño para poder avanzar na igualdade de dereitos e oportunidades das persoas con discapacidade”. Un obxectivo que “será máis doado de conseguir canta máis iniciativa privada e empresas estean dispostas a implicarse e participar activamente no mesmo”, dixo.

 

Esta nova etapa en políticas sociais signifícase por un traballo máis intenso coas entidades en temas como o desenvolvemento do Plan de Acción da Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, aprobada polo Consello da Xunta en novembro do ano pasado. Na actualidade está en proceso o desenvolvemento desta estratexia, que abrangue seis liñas estratéxicas: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais.

 

A Real Filharmonía de Galicia en Afundación Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) presenta a semana próxima, o xoves 10 de marzo, en Vigo, o seu cuarto concerto da temporada de música clásica, nesta ocasión coa Real Filharmonía de Galicia (RFG) dirixida por Paul Daniel, o seu director titular, e coa soprano Teresa Novoa. O recital, composto por obras de Mendelssohn e Trilho, terá lugar ás 20.30 h no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas poden adquirirse mediante as canles habituais de comercialización de espectáculos da entidade: a web Ataquilla.com e o teléfono 902 504 500. Ademais, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.

The Soul Jacket este fin de semana en Ourense y Vigo

The Soul Jacket este fin de semana en Ourense y Vigo

unnamed (1)Editarán nuevo trabajo en primavera: Soul BBQ

Viernes 4 marzo, Ourense, Auriense. Acústico. 22.30 h. 8€ anticipada en Auriense
Sábado 5 marzo, Vigo, La Pecera. Acústico. 22.30 h. 8€ anticipada en La Pecera y Elepé
Domingo 6 marzo, Vigo, La Pecera. Acústico. 20.00 h. 8€ anticipada en La Pecera y Elepé

El tercer largo de The Soul Jacket: Black Cotton Limited (2014), también producido por Hendrik Röver, comoWood Mama (2012), son 15 cortes que se deslizan libremente entre los estilos de esa Norte América mítica que tan bien han sabido absorber e incorporar a un registro propio ya de por sí rico en matices: incluir sonidos afro-latinos o incluso algo de aquella psicodelia californiana de finales de los 60 es para la banda viguesa algo natural y hasta necesario.

Esa búsqueda de una identidad propia y de un sonido único y personal tiene su mayor exponente en este nuevo disco: Black Cotton Limited. Hay temas instantáneos empujados por arreglos de viento afilados y reverberantes, suites instrumentales entrelazadas con armonías vocales, medios tiempos pegajosos como la melaza, tonadas marineras de taberna de medianoche cantadas a dos voces, desarrollos inquietantes arropados por una percusión afro-latina e incluso una trilogía central donde el fantasma de un affaire sobrevuela las conciencias de una pareja de hermanos separados por el tiempo y la distancia.

El último trabajo de la banda gallega es, en definitiva, un disco redondo, que sobrepasa el listón dejado por sus predecesores y que nos muestra a unos The Soul Jacket más expuestos, honestos e inspirados que nunca.

La banda viguesa acaba de grabar cuatro temas que compondrán un nuevo mini LP al que ya han bautizado con el sugerente título de “Soul BBQ” (Barbacoa Soul). Los seis músicos aseguran que se han adentrado más aún en los territorios ocultos de la música negra de raíz, territorios ya explorados en sus trabajos anteriores, pero que en este nuevo disco ganan protagonismo con la incorporación de pasajes instrumentales cercanos al funk y el afro-latin, con grooves hipnóticos y febriles, sin dejar de lado la sencillez del Rythm & Blues y el Soul sureño.

“Soul BBQ” se pondrá a la venta en una edición limitada de vinilo que verá la luz a finales de esta primavera y que irán desgranando poco a poco en sus conciertos venideros.

En directo:

Viernes 4 marzo, Ourense, Auriense. Acústico
Sábado 5 marzo, Vigo, La Pecera. Acústico
Domingo 6 marzo, Vigo, La Pecera. Acústico
Viernes 11 marzo, Barakaldo, Edaska Baraka
Sábado 12 marzo, Zaragoza, Sala López. Concierto Girando por Salas
Domingo 13 marzo, Bilbao, Satélite T. Sesión Vermú Rabba Rabba Hey!
Viernes 18 marzo, Arrabal del Portillo (Valladolid), Pub Kaché
Sábado 19 marzo, Murcia, Garaje Beat. Concierto Girando por Salas
Jueves 21 abril, Madrid, Sala Arena. Madtown Days
Viernes 22 abril, Miranda del Ebro, Espacio Bocca

Próximamente, más fechas

 

“Estamos ante un paso adelante BRUTAL […] Mejor disco nacional del pasado año para el que esto firma. Con diferencia”. Ruta66

 “Quince canciones que los sitúan A LA CABEZA del rock patrio […] no busquen NADA MEJOR para que les devuelvan el dinero: no lo van a encontrar”. EfeEme.com

“En este momento no hay NADIE en España capaz de igualar la CALIDAD compositiva e instrumental de esta banda. Y si hablamos de asimilación de influencias, ahí ya se les puede calificar de MAESTROS”. Popular1

“Toño  es un hijo bastardo de JOE COCKER, un sobrino lejano de Van Morrison, un tipo de voz rota capaz de incendiar una sala de conciertos con una música que se mueve entre el rock del sur del Misisipi, el blues rural y el soul de Alabama”. Cadena SER

 

Escúchalos en Spotify

thesouljacket.bandcamp.com

Crónica da rolda de prensa pola Reutilización do Ambulatorio de Coia

No mes de outubro pechaba o vello ambulatorio de Coia. Moitas pensabamos que nun barrio con tantos déficits en canto a dotacións socioculturais este vello edificio era ideal para darlle novos usos.
ambulatoriorolda
Os primeiros pasos que demos foi preguntar por escrito a: Goberno, Xunta e Concello polo uso que tiñan pensado darlle ao inmoble. Os meses pasaron e ningunha das tres administracións deu resposta. Polos prensa, sabemos que o edificio é da Tesorería da Seguridade Social. De posibles usos non din nada. Incluso o BNG preguntou isto mesmo no congreso, pero con igual resultado que nós.

Ante ao silencio e o medo a que o edificio fique igual de abandonado que as nosas necesidades organizamos unhas xornadas e varias xuntanza co obxecto de explicar a situación ao barrio/cidade e pensar en comúns sobre os posibles usos do edificio.

Froito deses encontros decidimos preguntar nos barrios de Coia e Navia a opinión que tiñan as veciñas sobre estes temas. Deste modo fixemos 200 enquisas.

Os resultados das mesmas os presentamos hoxe:

– As dotación socioculturais canto melloran a calidade de vida?
O 54% din que “bastante” e o 41% que a aumentan “moito”.

– O barrio está ben dotado en canto a infraestruturas socioculturais?
O 49% din que está “pouco” dotado e o 32% “nada” dotado.

– Necesidades que poderían ser cubertas polo antigo ambulatorio:
Nesta orde foron as respostas: Biblioteca, centro para persoas maiores, espazo para crianzas e mocidade, espazo para charlas/concertos/ensaios, etc.

Á vista dos mesmos concluímos que nos barrios de Coia e Navia, os máis cercanos ao inmoble, detéctanse moitas necesidades que levan anos sen seren cubertas polas administracións.

A participación, xunto a un tecido comunitario forte son elementos centrais para mellorar as condicións de vida da xente. Máis alá do consumo ou da “espectacularización” pensamos que a cultura pode ser un elemento que actúe a prol da cohesión social.