Archive | marzo 3, 2016

A DIRECTORA XERAL DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE REITERA O COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO CO COLECTIVO DE DISCAPACITADOS INTELECTUAIS NA SÚA VISITA A ASPAFORES

  • Coro Piñeiro visitou esta mañá a sede de ASPAFORES en Ourense, que traballa en prol do desenvolvemento das capacidades diferentes deste colectivo
  • Así mesmo, visitou a sede de Down Ourense, onde coñeceu de primeira man os proxectos que levan a cabo coas persoas con Síndrome de Down e as súas familias
  • Na mesma xornada, a cidade acolleu a terceira das catro charlas sobre o sistema para a autonomía e atención á dependencia dirixidas a traballadores e traballadoras sociais. Nelas ofréceselles información sobre ordes de axudas, procedementos e tramitacións en materia de discapacidade

 

Ourense, 3 de marzo de 2016.- A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, visitou esta mañá a sede da Asociación ASPAFORES, dentro da rolda de encontros que se está a manter dende a Consellería de Política Social para coñecer de primeira man o traballo e as necesidades das entidades sociais galegas.

 

Coro Piñeiro destacou a labor que desenvolve ASPAFORES,  unha asociación sen ánimo de lucro que atende a persoas con discapacidade intelectual no seu centro ocupacional. As actividades que se realizan cos usuarios do centro buscan fomentar e potenciar as habilidades dun xeito didáctico e ameno. A directora xeral amosou o seu compromiso tanto coa entidade como coas persoas con discapacidade intelectual.

 

Down Ourense

A directora xeral visitou tamén nesta xornada as instalacións de Down Ourense, que traballa na mellora da calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e das súas familias, a través da normalización baseada na consecución da integración e a participación plena deste colectivo na sociedade.

 

Coro Piñeiro agradeceu o traballo que se está a desenvolver dende a entidade en prol da integración das persoas con Síndrome de Down. Ademais a directora xeral puido coñecer todos os proxectos que levan a cabo e a súa metodoloxía de traballo tanto cos usuarios como coas súas familias. Down Ourense deseña un plan individualizado de promoción da autonomía persoal, no que se defenden os dereitos deste colectivo no contexto escolar e no ámbito laboral, a través do emprego con apoio en empresas; e se traballa na integración social do colectivo a través da plena participación nas actividades propias da comunidade. “O apoio nos contornos educativos e de emprego é vital para conseguir a plena integración das persoas con Síndrome de Down, e iso é algo que se potencia desde Down Ourense a través do traballo diario que levan a cabo”, explicou Piñeiro.


Sistema para a autonomía e atención á dependencia para traballadores/as sociais

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade participaba a primeira hora da mañá na charla sobre o sistema para a autonomía e atención á dependencia dirixida a traballadores e traballadoras sociais e que se desenvolveu na sede da delegación territorial da Xunta en Ourense. En datas anteriores as sesións tiveron lugar na Coruña e en Lugo e mañá pecharase o ciclo na cidade de Vigo.

 

Estes encontros serven á finalidade de informar aos profesionais dos servizos sociais das diferentes ordes de axudas, procedementos e tramitacións en materia de discapacidade. Así, as sesións inclúen información sobre a nova orde que rexerá a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal a persoas con discapacidade. A administración autonómica traballa nestes momentos na preparación da convocatoria desta liña de axudas, que conta con financiamento do Fondo Social Europeo (FSE), e que se abrirá ao longo dos vindeiros meses. Tamén se abordaron cuestións como o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e dependencia; con especial atención á tramitación telemática por tratarse dunha nova ferramenta a disposición dos traballadores sociais.

 

 

El último verano de elrow en Space Ibiza

El último verano de elrow en Space Ibiza promete una temporada épicadescarga (1) descarga

Última oportunidad de disfrutar de las super producciones de elrow en la mítica discoteca ibicenca

Barcelona, 3 de marzo de 2016.- Este será el último verano de elrow en Space Ibiza, después de que el famoso local de Platja d’en Bossa anunciara que cerrará sus puertas tras finalizar la temporada de verano 2016.

Aunque la programación oficial se desvelará en las próximas semanas, elrow avanza que el último capítulo de su aventura en Space será épico y recordado por toda la isla y que cada uno de los shows de los sábados de este verano, desde el 4 de Junio hasta el 24 de septiembre, serán únicos e inolvidables.

La locura y desenfreno de siempre y las sesiones de grandes figuras de la electrónica mundial vendrán acompañados de muchas sorpresas. Nuevas producciones diseñadas especialmente para la ocasión, ración extra de confeti, colorido, diversión y euforia con el único objetivo de elrow: que el público se sienta protagonista de la función y baile y sea feliz durante toda la fiesta.
elrow ha puesto a la venta los primeros 200 tickets a 43€ en este enlace
Acerca de elrow

elrow es un nuevo concepto de espectáculo provocador, innovador y transgresor que mezcla la mejor música electrónica del momento con decorados y escenarios imposibles; performances y bailes explosivos, y  personajes estrambóticos y grotescos.

La marca elrow cuenta con más de diez shows temáticos de creación y producción propia como el colorido Bollywood, el desenfadado ‘Singermorning’, la castiza ‘Feria de Abril’, o el exótico ‘Sambódromo do Brasil’. Ya sea en su hogar de nacimiento en Viladecans (Barcelona); en su residencia de verano en Space (Ibiza), o en los festivales o clubs internacionales a los que traslada regularmente sus shows como Londres o Ámsterdam, el objetivo de elrow es hacer feliz al público transportándole a un mundo de diversión, descaro y desinhibición donde él mismo se convierte en el protagonista de la función.

A CONSELLERÍA DE POLITICA SOCIAL REITERA O SEU COMPROMISO COS ENFERMOS DE ALZHÉIMER E OS SEUS FAMILIARES NUNHA REUNIÓN CON AFAL FERROLTERRA

 

  • 160303 psocial 01aJosé Manuel Rey Varela salientou a importancia de concienciar á sociedade en xeral sobre o alzhéimer; e avogou por seguir colaborando coas entidades que traballan neste ámbito na procura dunha maior esperanza de vida autónoma e libre de dependencia.

 

Santiago, 3 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta tarde no seu despacho de San Caetano con responsables da Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Ferrol e Comarca (AFAL Ferrolterra). Esta xuntanza produciuse despois de que Rey Varela visitara o pasado mes de decembro o Centro de día desta entidade no municipio ferrolán, e a mesma tivo por obxecto analizar a situación dos servizos de atención a este colectivo no ámbito de actuación de AFAL, así como estudar ampliar as vías de colaboración entre a administración autonómica e a devandita asociación de cara ao futuro.

 

Neste sentido, o conselleiro reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir apostando pola sensibilización, a prevención e a formación fronte o alzhéimer; e encomiou “o apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares que dende fai anos leva a cabo AFAL Ferrolterra”. Ao respecto, Rey Varela apuntou que a Xunta de Galicia e esta entidade “compartimos o obxectivo de mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas, en especial daquelas persoas que se atopan nunha situación de dependencia”, polo que avogou por afondar na colaboración coas entidades que traballan neste ámbito na procura dunha maior esperanza de vida con plena autonomía.

 

 

Aberta a inscrición para os Business Programs na Escuela de Negocios Afundación

A Escuela de Negocios Afundación presenta unha nova edición dos seus Business Programs que darán comezo no mes de marzo. Dentro do ámbito de programas de dirección xeral, impartirase o «Programa Executive en Dirección e Xestión de Empresas»; no de finanzas, «Programa Especializado en Planificación e Control de Xestión»; e no de internacional, «Programa Especializado en Marketing Internacional». En consonancia co marco estratéxico en que desenvolve a súa actividade, a Escuela de Negocios Afundación busca reforzar a interdisciplina académica e unha programación formativa, tanto presencial como en liña, axeitada ás necesidades dos diferentes perfís do estudantado e cun paradigma de aprendizaxe fundamentado na destreza das competencias. As inscricións e a consulta de máis información poden realizarse en http://www.afundacion.edu/formacion/business-programs.php e no correoinfo@afundacion.edu.

LÓPEZ-CHAVES ENTREGA OS DIPLOMAS AOS 20 ALUMNOS E ALUMNAS QUE PARTICIPARON NO OBRADOIRO DE EMPREGO ´REDONDELA ECOSOSTIBLE´

  • 03032016_ClausuraOOEERedondelaO delegado territorial da Xunta en Vigo e o alcalde de Redondela, Javier Bas, clausuraron hoxe o programa mixto de formación e emprego
  • Xunta e Concello fixeron posible esta iniciativa cun orzamento de case 230.000 euros sendo a achega autonómica dun 77,3%
  • Os alumnos e alumnas recibiron formación nas especialidades de agricultura ecolóxica e na de albanelería e cantería
  • Fixeron traballos de restauración na antiga escola de Cedeira ademais de traballos de explotación agrícola de produtos de horta de base ecolóxica no Pazo Pousadouro e noutras fincas da Vila dos Viadutos

 

Redondela, 03 de marzo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, entregou esta mañá os diplomas aos 20 alumnos e alumnas que participaron no Obradoiro de Emprego ´Redondela Ecosostible´, un programa mixto de formación e emprego para persoas desempregadas concedido pola Xunta ao Concello de Redondela.

 

O Obradoiro de Emprego comezou no mes de agosto no Pazo Pousadouro e ofreceu formación e emprego durante 6 meses a un total de 20 alumnos e alumnas en dúas especialidades: agricultura ecolóxica e albanelería-cantería. Esta mañá levouse a cabo o acto de clausura do mesmo coa entrega dos diplomas, na que tamén estiveron presentes a concelleira de Urbanismo, Benestar Social, Desenvolvemento Local e Servizos Sociais, María del Carmen Amoedo, o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, así coma os docentes e o equipo administrativo encargado do Obradoiro.

 

López-Chaves gabou o traballo feito nestes últimos meses e a aposta da Xunta de Galicia pola xeración de emprego. Administración autonómica e local fixeron posible este programa mixto cun orzamento total de 230.000 euros sendo a subvención económica do Goberno galego dun 77,3%, é dicir, máis de 178.000 euros. A achega municipal foi así de 51.000 euros. Esta iniciativa abre un importante espazo de colaboración administrativa no marco da aposta da Xunta de Galicia pola eficiencia e optimización dos recursos.

 

Os 20 alumnos e alumnas remataron xa este Obradoiro de Emprego recibindo formación en dúas especialidades. En agricultura ecolóxica se formaron 8 alumnos que, entre outras accións, realizaron traballos de explotación agrícola de produtos de horta de base ecolóxica no Pazo Pousadouro. Mentres, noutras fincas (na antiga escola de Saxamonde, na finca Pexegueiro, nos Eidos e na Coutada) realizaron labores de froiticultura que consistiron na preparación do terreo, plantación de frutais, labores de poda e inxerto. Pola súa banda, na especialidade de Albanelería-Cantería, un total de 12 alumnos e alumnas recibiron formación para actuar na restauración da antiga escola de Cedeira que, unha vez recuperada, está previsto que se destine a uso social dos veciños e veciñas da zona.

O Obradoiro de Emprego alternou así a formación co traballo ou a práctica profesional en dúas especialidades que redundan positivamente nos participantes. Deste xeito preténdese unha dobre vertente: que as persoas desempregadas consigan aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Ademais, perciben o salario mínimo interprofesional toda vez que reciben formación para que logren una reinserción laboral posterior.

 

 

 

 

#SonRías2016 | Soziedad Alkoholika, La Vela Puerca, La Sra. Tomasa e Skarnivals súmanse ao cartel

La Sra Tomassa-2015-1 SkarnivalsO Festival SonRías Baixas, que encherá Bueu de música e de festivaleiros con ganas de troula durante a primeira fin de semana agosto, suma ao seu cartel aos protagonistas indiscutibles da madurez e da evoución da música rock latinoamericana, os uruguaios La Vela Puerca, que chegan a Galicia despois de encher as prazas de medio mundo; unha banda de culto para os amantes do metal e do hardcore español, Soziedad Alkoholika, que traen de novo ao SonRías un dos directos máis alabados do Estado; a banda do Morrazo The Skarnivals, que volven aos escenarios pola porta grande, cun novo disco e cunha madurez que se plasmará nun directo renovado; e coa revolución musical de La Sra. Tomasa, que conecta a música tradicional coa electrónica nunha sesión futurista, chea de aire fresco e de ritmos trepidantes.

A organización promete máis sopresas para as próximas semanas e recorda que as entradas están á venda na web a un prezo reducido de 27,50 euros máis gastos o abono dos dous días, coa acampada incluída. O prezo na billeteira será de 35 euros.


EL MUNICIPIO DE MOS TENDRÁ OFERTA FORMATIVA DE CICLOS DE GRADO MEDIO Y SUPERIOR A PARTIR DEL PRÓXIMO CURSO

 

Hasta ahora el alumnado que quería estudiar formación profesional debía desplazarse a municipios limítrofes

El Colegio Lar impartirá un total de seis especialidades “diseñadas pensando en un acceso fácil al primer empleo”

 

El Colegio Lar trae una nueva oferta formativa a Mos, siendo el primer centro del municipio que ofrecerá ciclos de grado medio y superior el próximo curso 2016/2017. Hasta el momento, cualquier persona residente en este concello que quisiese formarse a este nivel educativo debería desplazarse a localidades limítrofes como Vigo, Porriño, Ponteareas, Tui o Redondela ante la inexistencia de una oferta formativa en el Concello de Mos.

“La orientación eminentemente práctica de las especialidades y el contacto constante que los estudiantes tienen con el entorno laboral, son dos de los factores que explican que cada vez más jóvenes se decidan a estudiar formación profesional y consideran que esta titulación es la más adecuada para encontrar empleo”, asegura Rodrigo Salgado, director del Colegio Lar.

La oferta formativa que ofrece este centro educativo mosense para el próximo curso engloba ciclos de grado medio y de grado superior, “diseñados pensando en un acceso fácil al primer empleo de todo nuestro alumnado”. Con esta finalidad se ha seleccionado una oferta amplia “que nace con el firme objetivo de lograr el éxito profesional con una formación práctica, de calidad y que se anticipa a las exigencias del mercado laboral”, remarca el director.

Concretamente las especialidades que se impartirán son grado medio de técnico de gestión administrativa y grado superior de técnico en integración social, educación infantil, actividades físicas y deportivas, asistencia a la dirección y administración y finanzas.

A ALCALDESA ASINA CONVENIOS CON DEZ ENTIDADES DEPORTIVAS DO PORRIÑO POR UN TOTAL DE 493.500€

DSC_0581A alcaldesa do Porriño, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel
Carrera, asinou este mércores os convenios polos cales se aproban as
axudas municipais a dez entidades deportivas porriñesas.

En total, o Concello destinará ao longo deste ano 493.500€-o 60% de
xeito inmediato- a Baloncesto Porriño, Balonmano Porriño, Pontellas,
Atios, Budiño, Patín Porriño, U.D.Mosende, Tenis Porriño, Atletismo
Porriño e Club Colombófilo, de xeito que os mesmos podan
desenrolar as súas actividades.

Eva García de la Torre agradeceu no acto, que se celebrou no Salón de
Plenos do Concello, o traballo que realizan todos os integrantes das
entidades do Porriño “facendo do deporte unha dos nosos sinais de
identidade e un motivo de ledicia e orgullo para todos os veciños”.

A alcaldesa, subliñou que, como se comprometerá cando tomou posesión, e
nas xuntanzas con cada un dos presidentes dos clubes, a aposta “maís
decidida” do Goberno local será polo “deporte de base o cal, ademáis de
garantir o relevo e a continuidade dos nosos equipos, en cada unha das
disciplinas, serve para que inculcar ás nosas rapazas e aos nosos
rapaces os valores do compañerismo, o esforzo, a entrega e a
solidariedade que acompañan sempre á práctica deportiva”.

 

García de la Torre indicou que desde este ano, ademáis, increméntanse os requisitos de transparencia no uso que deben facer os clubes das achegas municipais, “o cal será garantía dunha xestión máis seria e rigorosa”.
A rexedora amosouse “moi satisfeita” polo feito de que o Concello siga
aportando, “cada ano en maior medida”, o seu respaldo aos deportistas
porriñeses e, unha vez máis, repetiu que o seu compromiso coa práctica
deportiva, cos xogadores, adestradores e dirixentes, “que entregan o seu
tempo, a súa dedicación e a súa vida” será sempre “total”.

 

A FADISTA MARÍA DO CEO ACTÚA NO PORRIÑO O VINDEIRO MARTES DÍA 8, COINCIDINDO CO ‘DÍA INTERNACIONAL DA MULLER’

María do Ceo 2016A aqueles que lles goste o fado están de noraboa:  teñen unha cita ineludible o vindeiro martes, día 8 de marzo (8 e media da tarde), no Centro Cultural Municipal onde a ‘fadista’ María do Ceo actuará no marco da celebración do Día Internacional da Muller.  Previamente, o sábado día 5 na praza do Concello as Cantareiras Fonteliño e Donicelas arrancaran os actos festivos.  Na súa actuación, María do Ceo presentará ‘De Portugal a Galicia Fado’, o seu novo traballo no que pretende plasmar esta fusión Luso Galega e que no hai cancións tradicionais do fado máis popular como “Uma Casas Portuguesa” ou “Fado Minhoto”, mentres que no segundo encontrámonos con clásicos da música galega entre os que no faltan: “Lela”, “Quen puidera namorala” ou unha excepcional versión de “Negra Sombra”, ademais de tres temas inéditos compostos por Armando González e a propia Maria do Ceo. Antes da actuación da artista portuguesa, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, fará unha declaración institucional en relación coa conmemoración deste día que é sobre todo, unha reivindicación social no que se exixe a participación, en pe de igualdad eco home, na sociedade e no seu desenrolo íntegro, tal e como recolle  a declaración Universal da Asamblea General da Organización das Nacións Unidas de 1975 na que se declarou o 8 de marzo como Día Internacional da Muller.