A ALCALDESA ASINA CONVENIOS CON DEZ ENTIDADES DEPORTIVAS DO PORRIÑO POR UN TOTAL DE 493.500€

DSC_0581A alcaldesa do Porriño, acompañada polo concelleiro de Deportes, Manuel
Carrera, asinou este mércores os convenios polos cales se aproban as
axudas municipais a dez entidades deportivas porriñesas.

En total, o Concello destinará ao longo deste ano 493.500€-o 60% de
xeito inmediato- a Baloncesto Porriño, Balonmano Porriño, Pontellas,
Atios, Budiño, Patín Porriño, U.D.Mosende, Tenis Porriño, Atletismo
Porriño e Club Colombófilo, de xeito que os mesmos podan
desenrolar as súas actividades.

Eva García de la Torre agradeceu no acto, que se celebrou no Salón de
Plenos do Concello, o traballo que realizan todos os integrantes das
entidades do Porriño “facendo do deporte unha dos nosos sinais de
identidade e un motivo de ledicia e orgullo para todos os veciños”.

A alcaldesa, subliñou que, como se comprometerá cando tomou posesión, e
nas xuntanzas con cada un dos presidentes dos clubes, a aposta “maís
decidida” do Goberno local será polo “deporte de base o cal, ademáis de
garantir o relevo e a continuidade dos nosos equipos, en cada unha das
disciplinas, serve para que inculcar ás nosas rapazas e aos nosos
rapaces os valores do compañerismo, o esforzo, a entrega e a
solidariedade que acompañan sempre á práctica deportiva”.

 

García de la Torre indicou que desde este ano, ademáis, increméntanse os requisitos de transparencia no uso que deben facer os clubes das achegas municipais, “o cal será garantía dunha xestión máis seria e rigorosa”.
A rexedora amosouse “moi satisfeita” polo feito de que o Concello siga
aportando, “cada ano en maior medida”, o seu respaldo aos deportistas
porriñeses e, unha vez máis, repetiu que o seu compromiso coa práctica
deportiva, cos xogadores, adestradores e dirixentes, “que entregan o seu
tempo, a súa dedicación e a súa vida” será sempre “total”.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: