A CONSELLERÍA DE POLITICA SOCIAL REITERA O SEU COMPROMISO COS ENFERMOS DE ALZHÉIMER E OS SEUS FAMILIARES NUNHA REUNIÓN CON AFAL FERROLTERRA

 

  • 160303 psocial 01aJosé Manuel Rey Varela salientou a importancia de concienciar á sociedade en xeral sobre o alzhéimer; e avogou por seguir colaborando coas entidades que traballan neste ámbito na procura dunha maior esperanza de vida autónoma e libre de dependencia.

 

Santiago, 3 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta tarde no seu despacho de San Caetano con responsables da Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Ferrol e Comarca (AFAL Ferrolterra). Esta xuntanza produciuse despois de que Rey Varela visitara o pasado mes de decembro o Centro de día desta entidade no municipio ferrolán, e a mesma tivo por obxecto analizar a situación dos servizos de atención a este colectivo no ámbito de actuación de AFAL, así como estudar ampliar as vías de colaboración entre a administración autonómica e a devandita asociación de cara ao futuro.

 

Neste sentido, o conselleiro reiterou o compromiso do Goberno galego de seguir apostando pola sensibilización, a prevención e a formación fronte o alzhéimer; e encomiou “o apoio fundamental tanto aos doentes como aos seus familiares que dende fai anos leva a cabo AFAL Ferrolterra”. Ao respecto, Rey Varela apuntou que a Xunta de Galicia e esta entidade “compartimos o obxectivo de mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas, en especial daquelas persoas que se atopan nunha situación de dependencia”, polo que avogou por afondar na colaboración coas entidades que traballan neste ámbito na procura dunha maior esperanza de vida con plena autonomía.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: