A DIRECTORA XERAL DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE REITERA O COMPROMISO DO GOBERNO GALEGO CO COLECTIVO DE DISCAPACITADOS INTELECTUAIS NA SÚA VISITA A ASPAFORES

  • Coro Piñeiro visitou esta mañá a sede de ASPAFORES en Ourense, que traballa en prol do desenvolvemento das capacidades diferentes deste colectivo
  • Así mesmo, visitou a sede de Down Ourense, onde coñeceu de primeira man os proxectos que levan a cabo coas persoas con Síndrome de Down e as súas familias
  • Na mesma xornada, a cidade acolleu a terceira das catro charlas sobre o sistema para a autonomía e atención á dependencia dirixidas a traballadores e traballadoras sociais. Nelas ofréceselles información sobre ordes de axudas, procedementos e tramitacións en materia de discapacidade

 

Ourense, 3 de marzo de 2016.- A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez, visitou esta mañá a sede da Asociación ASPAFORES, dentro da rolda de encontros que se está a manter dende a Consellería de Política Social para coñecer de primeira man o traballo e as necesidades das entidades sociais galegas.

 

Coro Piñeiro destacou a labor que desenvolve ASPAFORES,  unha asociación sen ánimo de lucro que atende a persoas con discapacidade intelectual no seu centro ocupacional. As actividades que se realizan cos usuarios do centro buscan fomentar e potenciar as habilidades dun xeito didáctico e ameno. A directora xeral amosou o seu compromiso tanto coa entidade como coas persoas con discapacidade intelectual.

 

Down Ourense

A directora xeral visitou tamén nesta xornada as instalacións de Down Ourense, que traballa na mellora da calidade de vida das persoas con Síndrome de Down e das súas familias, a través da normalización baseada na consecución da integración e a participación plena deste colectivo na sociedade.

 

Coro Piñeiro agradeceu o traballo que se está a desenvolver dende a entidade en prol da integración das persoas con Síndrome de Down. Ademais a directora xeral puido coñecer todos os proxectos que levan a cabo e a súa metodoloxía de traballo tanto cos usuarios como coas súas familias. Down Ourense deseña un plan individualizado de promoción da autonomía persoal, no que se defenden os dereitos deste colectivo no contexto escolar e no ámbito laboral, a través do emprego con apoio en empresas; e se traballa na integración social do colectivo a través da plena participación nas actividades propias da comunidade. “O apoio nos contornos educativos e de emprego é vital para conseguir a plena integración das persoas con Síndrome de Down, e iso é algo que se potencia desde Down Ourense a través do traballo diario que levan a cabo”, explicou Piñeiro.


Sistema para a autonomía e atención á dependencia para traballadores/as sociais

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade participaba a primeira hora da mañá na charla sobre o sistema para a autonomía e atención á dependencia dirixida a traballadores e traballadoras sociais e que se desenvolveu na sede da delegación territorial da Xunta en Ourense. En datas anteriores as sesións tiveron lugar na Coruña e en Lugo e mañá pecharase o ciclo na cidade de Vigo.

 

Estes encontros serven á finalidade de informar aos profesionais dos servizos sociais das diferentes ordes de axudas, procedementos e tramitacións en materia de discapacidade. Así, as sesións inclúen información sobre a nova orde que rexerá a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal a persoas con discapacidade. A administración autonómica traballa nestes momentos na preparación da convocatoria desta liña de axudas, que conta con financiamento do Fondo Social Europeo (FSE), e que se abrirá ao longo dos vindeiros meses. Tamén se abordaron cuestións como o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e dependencia; con especial atención á tramitación telemática por tratarse dunha nova ferramenta a disposición dos traballadores sociais.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: