LÓPEZ-CHAVES ENTREGA OS DIPLOMAS AOS 20 ALUMNOS E ALUMNAS QUE PARTICIPARON NO OBRADOIRO DE EMPREGO ´REDONDELA ECOSOSTIBLE´

  • 03032016_ClausuraOOEERedondelaO delegado territorial da Xunta en Vigo e o alcalde de Redondela, Javier Bas, clausuraron hoxe o programa mixto de formación e emprego
  • Xunta e Concello fixeron posible esta iniciativa cun orzamento de case 230.000 euros sendo a achega autonómica dun 77,3%
  • Os alumnos e alumnas recibiron formación nas especialidades de agricultura ecolóxica e na de albanelería e cantería
  • Fixeron traballos de restauración na antiga escola de Cedeira ademais de traballos de explotación agrícola de produtos de horta de base ecolóxica no Pazo Pousadouro e noutras fincas da Vila dos Viadutos

 

Redondela, 03 de marzo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Redondela, Javier Bas, entregou esta mañá os diplomas aos 20 alumnos e alumnas que participaron no Obradoiro de Emprego ´Redondela Ecosostible´, un programa mixto de formación e emprego para persoas desempregadas concedido pola Xunta ao Concello de Redondela.

 

O Obradoiro de Emprego comezou no mes de agosto no Pazo Pousadouro e ofreceu formación e emprego durante 6 meses a un total de 20 alumnos e alumnas en dúas especialidades: agricultura ecolóxica e albanelería-cantería. Esta mañá levouse a cabo o acto de clausura do mesmo coa entrega dos diplomas, na que tamén estiveron presentes a concelleira de Urbanismo, Benestar Social, Desenvolvemento Local e Servizos Sociais, María del Carmen Amoedo, o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, así coma os docentes e o equipo administrativo encargado do Obradoiro.

 

López-Chaves gabou o traballo feito nestes últimos meses e a aposta da Xunta de Galicia pola xeración de emprego. Administración autonómica e local fixeron posible este programa mixto cun orzamento total de 230.000 euros sendo a subvención económica do Goberno galego dun 77,3%, é dicir, máis de 178.000 euros. A achega municipal foi así de 51.000 euros. Esta iniciativa abre un importante espazo de colaboración administrativa no marco da aposta da Xunta de Galicia pola eficiencia e optimización dos recursos.

 

Os 20 alumnos e alumnas remataron xa este Obradoiro de Emprego recibindo formación en dúas especialidades. En agricultura ecolóxica se formaron 8 alumnos que, entre outras accións, realizaron traballos de explotación agrícola de produtos de horta de base ecolóxica no Pazo Pousadouro. Mentres, noutras fincas (na antiga escola de Saxamonde, na finca Pexegueiro, nos Eidos e na Coutada) realizaron labores de froiticultura que consistiron na preparación do terreo, plantación de frutais, labores de poda e inxerto. Pola súa banda, na especialidade de Albanelería-Cantería, un total de 12 alumnos e alumnas recibiron formación para actuar na restauración da antiga escola de Cedeira que, unha vez recuperada, está previsto que se destine a uso social dos veciños e veciñas da zona.

O Obradoiro de Emprego alternou así a formación co traballo ou a práctica profesional en dúas especialidades que redundan positivamente nos participantes. Deste xeito preténdese unha dobre vertente: que as persoas desempregadas consigan aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Ademais, perciben o salario mínimo interprofesional toda vez que reciben formación para que logren una reinserción laboral posterior.

 

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: