Archivo | marzo 4, 2016

A XUNTA DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DA CORUÑA REFORZAN A SÚA COLABORACIÓN PARA RESPONDER ÁS NOVAS DEMANDAS SOCIAIS

  • Rey Varela defendeu a coordinación e colaboración para mellorar a eficacia das políticas sociais, xa que “cando falamos de dereitos sociais o que merecen as persoas que os están a demandar é que nos poñamos de acordo as diferentes administracións”, dixo

 

A Coruña, 4 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizou hoxe unha visita institucional á Deputación da Coruña, onde foi recibido polo seu presidente, Valentín González Formoso, e os deputados provinciais que asistiron ao acto. Ademais de asinar no Libro de Ouro da devandita institución, Rey Varela mantivo un encontro de traballo con González Formoso e a responsable provincial de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero, Ánxela Franco Pouso. O titular da carteira autonómica de Política Social agradeceu este recibimento na “casa común de todos os concellos da provincia”, ao tempo que avogou pola colaboración entre institucións para “responder ás novas necesidades sociais que hai na provincia”.

 

Nesta liña, Rey Varela salientou a importancia de afondar no diálogo e na colaboración entre administracións, así como coas entidades, para mellorar a atención social e os servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos, porque “os servizos sociais non son nin da Xunta, nin das deputacións, nin dos concellos senón que son de todos os galegos e galegas”, apuntou. Neste sentido, o conselleiro fixo fincapé no papel de apoio aos concellos que teñen os organismos provinciais, en especial cando se trata de concellos de menos de 20.000 habitantes, aos que proporcionan asistencia económica, técnica e xurídica na execución das súas competencias en materia de servizos sociais. E, ao fío disto, o responsable de Política Social da Xunta avanzou que nestes momentos se está a deseñar cos concellos unha nova axenda social para dar resposta ás demandas actuais que ten a Comunidade Autónoma nesta materia. “Cómpre coordinarse entre todos, porque cando falamos de dereitos sociais o que merecen as persoas que os están a demandar é que nos poñamos de acordo as diferentes administracións”, insistiu.

 

Froito do diálogo e entendemento entre Xunta e Deputación, ambos dirixentes anunciaron a creación dunha comisión técnica que se encargará de estudar a posibilidade de levar adiante o proceso de cambio de titularidade de dous centros de menores de Ferrol e A Coruña que, pese a tratarse dunha competencia da administración autonómica, a xestión dos mesmos depende do organismo provincial. Ao respecto, Rey Varela manifestou a súa vontade de que, a partir de agora, se dean os pasos positivos para avanzar por fin na resolución desta cuestión que vén de anos atrás.

 

SEMANA SANTA EN PACHA IBIZA

Primavera y Semana Santa, las dos protagonistas del mes de marzo en Pacha Ibizaunnamed

Compra tu entrada aquí: http://pachaibiza.com/en/events
En 2016, la primavera astronómica en la Isla Blanca arranca abrazada a las sagradas vacaciones de Semana Santa dejando atrás un corto, bisiesto y caluroso febrero. La cuarta semana del tercer mes del año agenda cinco citas ineludibles para todos los amantes de la música electrónica en el icónico club de las cerezas.

Be Crazy con Jean Claude Ades el miércoles 23 de marzo, People Like Us con Enzo Siragusa, Molly, Dani Ramos y Angel Linde el Viernes Santo o Vintage con Sebastián Gamboa el sábado 26, son sólo algunas de las promotoras invitadas a Pacha con el fin de convertir tus vacaciones en una auténtica y divertida experiencia en la Pitiusa Mayor. ¿Te atreves con todo?

FACENDA CHAMA AO CONSENSO PARLAMENTARIO PARA ENRIQUECER E IMPULSAR O PLAN ESTRATÉXICO 2015-2020, “QUE TEN QUE SER DE TODOS”

O conselleiro de Facenda explicou polo miúdo na Cámara os contidos do documento, e pediu que agora sexa “enriquecido coas achegas dos grupos parlamentarios”

  • O Plan xa foi amplamente debatido e consensuado cos representantes da sociedade civil
  • Conta co aval dos expertos na materia, tanto sectoriais como dos especialistas que integran o comité asesor do propio Plan
  • Entre os principais retos para o quinquenio, o conselleiro citou a consolidación do crecemento económico e o aumento en máis de 100.000 o número de empregos
  • Como principios irrenunciables, o Plan céntrase na blindaxe do gasto social, non subir impostos, seguir na senda de redución do endebedamento e no mantemento da solvencia da comunidade e a sustentabilidade do gasto público.

“Roedores” en Porriño e Redondela

PREVISIÓN INFORMATIVA para o 5 e 6 de marzohttps:

//www.youtube.com/watch?v=lCq-zjaQ3xI&authuser=0

Os Roedoresde Redrum chegan á Comarca de Vigo

Trátase dun espectáculo familiar para nenos a partir dos 5 anos que fomenta a igualdade e que estará esta fin de semana en Porriño e Redondela

Dentro das actividades conmemorativas do Día Internacional da Muller, os concellos de Porriño e Redondela acollerán unha representación deste espectáculo.

Terán lugar o sábado 5 de marzo no Círculo Recreativo Cultural do Porriño e o domingo 6 no Auditorio da Xunqueira de Redondela, comezando ambas as dúas ás 18.00 h.

Producida co apoio de AGADIC, Roedores é unha comedia familiar con música en directo que trata o tema das desigualdades de xénero, de clase social, de oportunidades, e de dereitos, a través das aventuras dos seus protagonistas, Peludiño e Munda, un hámster doméstico e unha rata de sumidoiro. Está protagonizada polos xoves actores Guillermo Carbajo e Laura Míguez e coa colaboración especial de Carlos Álvarez-Ossorio. O primeiro, coñecido polo gran público por ter sido ‘o neno’ da serie Pratos Combinados, Laura Míguez por ser unha das integrantes da compañía de tearo Il Maquinario.

A dirección vai a cargo de Alex Sampayo, director tamén coñecido polo seu traballo no sector audiovisual, no que dirixiu series como El Internado ou Padre Casares. Neste momento vén de presentar en varios festivais de todo o mundo a súa ópera prima Schimbare, unha longametraxe protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.

Roedores é unha comedia escrita por Borja F. Caamaño e Alex Sampayo que foi nomeada nos pasados premios de teatro María Casares nas categorías de Mellor Espectáculo Infantil e Mellor Actriz Protagonista.

Este espectáculo vai máis aló das táboas, xa que leva parella a edición dun conto con ilustracións de Rodrigo Chao e que narra a historia previa dos personaxes protagonistas.

Na xina web do espectáculo atoparedes máis información, e tamén nos nosos DATOS DE CONTACTO PARA PRENSA: