A DIRECTORA XERAL DE VOLUNTARIADO RECOLLE AS IDEAS DOS MOZOS E MOZAS PARTICIPANTES NOS PROGRAMAS DE XUVENTUDE CO OBXECTIVO DE MELLORAR AS ACTUACIÓNS NO EIDO DA MOCIDADE

 

  • No encontro, Cecilia Vázquez, lembrou que o prazo de presentación de proxectos para o programa Iniciativa Xove está aberto ata o 4 de abril. Esta iniciativa financia o cen por cento de proxectos de participación xuvenil cun orzamento máximo de 5.000 euros
  • A representante da administración autonómica tamén se reuniu con alcaldes e concelleiros das comarcas de Arzúa e Melide co obxectivo de coordinar as políticas de mocidade

 

Melide (A Coruña), 7 de marzo de 2016.- A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo cos mozos e mozas das comarcas de Arzúa e Melide que participaron ao longo de 2015 nos diferentes programas postos en marcha pola Dirección Xeral, entre eles, Iniciativa Xove, Voluntariado Xuvenil, Galeuropa ou Deseñando o teu futuro. Xuntanzas como a desta xornada en Melide, teñen como obxectivo escoitar as conclusións dos participantes nos diferentes programas, coa fin de coñecer as súas ideas, queixas ou dúbidas e así poder mellorar as prestacións dos recursos que a Dirección Xeral de Xuventude programa para os mozos e mozas de Galicia. “Consideramos prioritario que tomen parte activa e se impliquen ao máximo nos plans de futuro e no desenvolvemento da programación de Xuventude”, indicou Cecilia Vázquez.

 

No transcurso do encontro, a directora xeral recordou que o prazo para presentar proxectos no programa de participación xuvenil Iniciativa Xove está aberto ata o vindeiro 4 de abril. Trátase dun programa de educación non formal pioneiro no ámbito de todo o Estado, que aposta por ceder o protagonismo á mocidade, fomentando valores positivos como a responsabilidade, a comunicación ou o sentido da iniciativa.

 

Iniciativa Xove conta en 2016 cun investimento de 547.364,95 euros, un orzamento dirixido tanto a asociacións xuvenís como a grupos informais de mozos e mozas. O programa permite financiar o cen por cento dos proxectos presentados, cunha contía máxima de 5.000 euros. Todas as entidades e grupos aos cales se lle conceda a axuda e o soliciten, recibirán un anticipo do 80% sobre o total da cantidade concedida. Unha medida que evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha dos seus proxectos. Unha vez finalizados, os participantes poden obter un certificado oficial de experiencias de educación non formal en materia de Xuventude, como instrumento que permite confirmar a participación neste programa e sobre todo, valorar as competencias adquiridas.

 

Por outra banda, a directora xeral tamén mantivo unha xuntanza con alcaldes e concelleiros da xuventude das comarcas de Arzúa e Melide, co obxectivo de coordinar e mellorar as políticas de mocidade que se prestan de xeito conxunto entre os concellos e a administración autonómica, ademais de poder presentar a programación da Dirección Xeral para 2016.

 

Entre os meses de febreiro e abril, Cecilia Vázquez está a manter un total de 14 encontros con mozos e mozas de toda Galicia e cos responsables de xuventude dos concellos. As primeiras xuntanzas tiveron lugar en Chantada, Lugo, Noia e Melide. Tamén se celebrarán en Ferrol, A Coruña, Lalín, Vilagarcía, Pontevedra, Santiago, Ourense, Vigo, Betanzos e Carballo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: