A XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE LALÍN ANALIZAN NOVAS POSIBILIDADES DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE POLÍTICAS SOCIAIS

  • Rey Varela anunciou un incremento de horas no Servizo de Atención
    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Lal’n, Rafael Cui–a Aparicio.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro co alcalde de Lal’n, Rafael Cui–a Aparicio.

    no Fogar (SAF) para persoas con dependencia neste concello co obxectivo de avanzar na eliminación da lista de agarda

  • Esta xuntanza enmárcase nas reunións que o titular de Política Social está a manter cos rexedores e rexedoras galegas co obxectivo de mellorar a coordinación e eficacia dos recursos autonómicos e municipais que se destinan ás persoas e familias con menos recursos.

 

Santiago, 7 de marzo de 2016.- A Xunta de Galicia continua coas xuntanzas de traballo cos alcaldes e rexedoras galegos co obxectivo de estudar posibles vías de colaboración e mellorar a coordinación de cara a conseguir unha maior cobertura e eficacia dos recursos autonómicos e municipais que se destinan ás persoas e familias que máis precisan de apoio. Na xornada de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, entrevistouse no seu despacho de San Caetano co primeiro edil de Lalín, Rafael Cuíña Aparicio, con quen abordou as liñas estratéxicas en materia social de ambas institucións para este ano, ao tempo que estudaron as problemáticas sociais que presenta este municipio coruñés.

 

Rey Varela explicou ao alcalde de Lalin o importante peso que teñen as políticas sociais no presuposto da Xunta ata o punto de incrementarse nun 12% as partidas económicas dirixidas a este ámbito para este ano 2016 en comparación co exercicio pasado. Ao respecto, o conselleiro insistiu en que o obxectivo é trasladar esta maior marxe orzamentaria aos fogares galegos, en especial, a aqueles con menos recursos e que máis precisan da axuda das administracións. Nesta liña, o titular da carteira autonómica de Política Social insistiu en afondar no diálogo e colaboración entre administracións, posto que “os servizos sociais non son nin da Xunta, nin das deputacións, nin dos concellos, senón que son das persoas ás que están dirixidos”, dixo.

 

Ademais, o conselleiro anunciou unha mellora no servizo de coidados a persoas dependentes no seu contorno máis próximo, que a Xunta de Galicia presta en colaboración co Concello de Lalín. Deste xeito, o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) aumenta en 114 horas co obxectivo de avanzar na eliminación da lista de agarda. Nestes momentos, o SAF Dependencia atende en Lalín a máis de 60 persoas.

 

Por outra banda, a rede de servizos e equipamentos sociais de Lalín nos que participa a Xunta de Galicia complétase coas escolas infantís As Pontiñas –de carácter municipal- e a situada no polígono industrial Lalín 2000 –de titularidade autonómica e que oferta 74 prazas repartidas en 5 unidades-; e un  centro sociocomunitario de Benestar. Así mesmo, o Goberno galego mantén con financiamento público prazas concertadas en: a residencia a Nosa Señora das Dores -76 prazas, das cales 49 son concertadas-, o centro de día de Alzhéimer Geriatros -15 das súas 30 prazas están concertadas-, a residencia para maiores de Geriatros –de 151 prazas, 93 teñen concerto-; o centro ocupacional de iniciativa social Javier Brandio –con 50 prazas, 15 concertadas-; e o centro de día Javier Brandio, tamén de iniciativa social –con 15 prazas concertadas das 30 que ten en servizo-.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: