LÓPEZ-CHAVES ENTREGA AS SÚAS CHAVES A DOUS NOVOS PROPIETARIOS DE VIVENDAS REHABILITADAS POLO CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO

  • 07032016_RdPLopezChavesO delegado da Xunta e presidente do Consorcio firmou esta mañá as escrituras de compravenda de dúas vivendas en San Sebastián 24-26 e Ferrería 3-5-7
  • No que levamos de ano xa se fixeron entrega dun total de 5 pisos

 

Vigo, 07 de marzo de 2016.- O delegado territorial da Xunta e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, informou hoxe en rolda de prensa dunha nova firma de escrituras e entrega de chaves aos seus propietarios que hoxe mesmo levou a cabo nunha notaría da cidade.

 

Coma concretou o delegado, esta nova entrega de chaves forma parte do proceso de recuperación do Consorcio Casco Vello de Vigo, participado nun 90% pola Xunta de Galicia, que busca o obxectivo final de “recuperar inmobles, conseguir que non se deteriore o patrimonio e que veña a vivir xente nova á zona histórica”.

 

As vivendas entregadas hoxe forman parte do 6º sorteo do Consorcio que realizou o IGVS entre as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia e se emprazan na rúa San Sebastián 24-26 e na rúa Ferrería 3-5-7. Son vivendas de protección autonómica (VPA) cuxos adxudicatarios firmaron hoxe as súas respectivas escrituras de compravenda e hipotecas. No caso do piso de San Sebastián 24-26, trátase da vivenda D, na planta segunda do inmoble, cun dormitorio e cunha superficie de 60,41m2. O seu prezo é de 87.594 euros (sen IVE). No que se refire ao piso de Ferrería 3-5-7, é un dúplex 2ºB, cunha superficie de 96,68 m2 e un prezo de 126.701 euros (sen IVE). Ata a actualidade, o IGVS sorteou xa 82 VPA que formaron parte dun total de 6 fases con distintas promocións de inmobles.

 

Así, e coma resaltou López-Chaves, con estes dous novos pisos son xa 75 vivendas as entregadas dende a posta en marcha do proceso de compravenda de inmobles mentres que, no que levamos de ano, foron 5 pisos os entregados aos seus propietarios. “O Casco Vello continúa vivo”, valorou o presidente do Consorcio, quen confirmou que, tras o acto do X Aniversario, a Xunta seguirá a apostar pola recuperación do barrio histórico e seguirá a traballar con novas obras xa en marcha e novos proxectos que se licitarán proximamente. “É o casco histórico onde máis investiu a Xunta a través do CCVV”, dixo o delegado, engadindo que “imos a seguir a traballar e hoxe é unha nova mostra disto. Non é un proceso pechado e cada vez máis haberá novos veciños e novas actividades”, concluíu.

 

Sobre o Hospital Álvaro Cunqueiro

O delegado da Xunta tamén fixo mención hoxe ao acto que cargos institucionais socialistas realizaron nas inmediacións do Hospital Público Álvaro Cunqueiro (HAC). E considerou que “é malo facer política a costa da saúde dos vigueses”, significou. É máis, lamentou que  “se utilicen” cargos institucionais coma o de alcalde de Vigo ou o de presidenta da Deputación “para facer política” ao tempo que cualificou de “malo” que presenten iniciativas persoas que “non son concelleiros en Vigo nin deputados no Parlamento”, facendo referencia a José Ramón Gómez Besteiro, secretario xeral do PSdeG. Pero con todo, o que máis lamentou é que “fagan isto” mentres o alcalde da cidade, Abel Caballero, “abandone as súas responsabilidades e non cumpra as súas obrigas cos vigueses” e que pasan por “garantir o acceso ao HAC en vehículo propio ou en transporte público ou o acceso das ambulancias”.

 

Neste senso, lembrou que finalmente e ao contrario do que dicía o propio alcalde “si pode intervir a Policía Local e a grúa” nos accesos ao HAC o que, segundo López-Chaves, amosa que Caballero “non quería actuar. Non é que non poda, é que non quere”, cualificando así esta actitude de “irresponsabilidade”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: