Tricicle presenta en Pontevedra e Vigo o seu novo espectáculo Bits

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) continúa coa súa oferta de teatro en Vigo e Pontevedra para a que presenta, nesta ocasión, o trío de cómicos cataláns Tricicle, que chegan a Galicia co seu novo espectáculo Bits. Debido á gran demanda de público, para a cidade de Pontevedra, na que inicialmente só actuarían o vindeiro mércores 16, ampliouse outra función para o martes 15. Nos dous casos terán lugar ás 20.30 h no Auditorio Sede Afundación. En Vigo recalarán no Teatro Afundación o venres 18 ás 20.30 h e o sábado 19 en dous pases, un ás 18.00 h e o último ás 20.30 h. Este espectáculo forma parte da Tempada de abonos de teatro 2015-2016, que ofrece un 20 % de desconto no prezo das entradas e un 10 % para persoas desempregadas, xubiladas e novas. As entradas están á venda en www.ataquilla.com.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: