Archive | marzo 8, 2016

8 de Marzo: Mulleres en precario traballando para outras mulleres precarizadas

A CIG realizou concentracións nas sete cidades para denunciar o deterioro das condicións laborais das mulleres, o incremento das desigualdades e os recortes sociais
Máis de cen anos despois de que a marxista e histórica feminista Clara Zetkin, proclamara o 8 de marzo como o Día internacional da Muller Traballadora en homenaxe a varias revoltas de mulleres reclamando melloras salariais, redución da xornada e condiciones laborais dignas, non é banal que o lema escollido pola CIG neste 2015 sexa “Precarias”. Porque a precariedade é a mellor definición da situación sociolaboral que atravesan as galegas, con contratos temporais, traxectorias laborais inestábeis, con moita rotación laboral e con salarios, en moitos casos, por baixo da liña da pobreza.
8 de Marzo A Corunha_0

Galería de imaxes

“As galegas ou ben somos traballadoras por conta propia que sobrevivimos en actividades e negocios que non nos dan para vivir, pero que mantemos abertos ante a falta de alternativas. Ou somos traballadoras asalariadas, mais precarias, que a pesar de traballarmos cada día, facémolo en condicións de precariedade, e non conseguimos deixar de ser pobres”, alertaba a Secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, durante unha das sete concentracións convocadas pola central sindical, con motivo do 8 de Marzo.

Recuperando a orixe da conmemoración

En palabras de Margarida Corral, “aínda compartindo o desexo de moitas feministas de facer desta data unha xornada de denuncia da desigualdade e inxustizas que padecemos as mulleres no mundo, outras consideramos máis necesario ca nunca manter o termo traballadora, porque foron demasiados os intentos de baleirar de contido  a orixe da conmemoración. Mais cando desde xa demasiadas institucións e do propio capitalismo se pretende facer unha comercialización ou descafeinización dun día que ten que ser de loita”.

Neste senso, engadiu que o propio lema de Día internacional das mulleres non leva implícito ningunha reivindicación en si. Pode ser usado como tal para calquera campaña de márketing. “Mais traballadoras somos todas as mulleres. As que temos emprego e as que non o temos. O 8 de marzo non debe desvincularse da súa orixe. É unha data de lembranza das manifestacións de obreiras contra os abusos patronais en varios países do mundo. É a data de referencia para o feminismo de clase”, aseverou.

Por iso, Corral insistiu en que esta é “unha reivindicación que segue a estar vixente. Hai datas recoñecidas a nivel mundial para esixir os nosos dereitos sexuais e reprodutivos, para loitar contra o feminicidio, alén das reivindicacións concretas que fagamos no noso día a día, para nós segue a ser importante reivindicar o noso espazo e os nosos dereitos como traballadoras, o noso contributo á loita obreira”.

Traballadoras en precario que traballan para outras mulleres precarizadas

Por este motivo, a xornada de loita que todos os 8 de marzo convoca a CIG, centrouse este ano nas tendas do grupo Inditex. Unha escolla “que non é casual”, xa que a meirande parte do seu persoal “son mulleres, con contratos a tempo parcial, que traballan a un elevado ritmo de traballo, con grande rotación, salarios baixos, ás cales se lles dificulta a conciliación, mentres as empresas conseguen millonarios beneficios a costa da explotación das traballadoras”.

Nesta situación situou Margarida Corral tamén ás traballadoras de venda, ás que denunciou que se lles exixe ter boa presenza e sofren discriminacións por razón de idade, xa que, afirmou, “a media de idade é de 28 anos e agochan ás de máis de 40 nos almacéns, ou prexubilan ás de máis de 50.

Corral non esqueceu tampouco ás traballadoras dos centros loxísticos, que “teñen que facer horas extra para poder sacar nunha xornada de traballo a cantidade de prendas marcadas polos ritmos de robotización”; nin ás que son explotadas por estas mesmas empresas nos países pobres, nas fábricas de confección de roupa.

Unha explotación que non só sucede no país ou no resto de países onde o grupo ten as súas tendas, senón nas fábricas de confección da roupa, deslocalizadas nos países máis pobres. Estas empresas abandonaron hai xa moitos anos o uso de cooperativas instaladas en Galiza, para facer uso de provedores externos que subcontratan a produción a talleres que en moitos casos incumpren a lexislación do país no que están situados, tal e como versan multitude de denuncias sobre explotación das traballadoras, en réxime de semiescravitude, e mesmo de explotación infantil (en Marrocos traballaban 65 horas de costura á semana por un salario de 178 euros ao mes).

Nesta liña, afirmou que “estamos ante o que se lle chama a moda de usar e tirar. Un modelo de negocio non sostíbel baseado na venda e consumo de roupa con menor tempo de vida útil, producións máis curtas e prazos de entrega tamén máis pequenos. Isto significa para as consumidoras roupa de peor calidade que hai que renovar cada temporada e para as persoas que as confeccionan salarios de miseria, xornadas interminábeis, precariedade, medo e enfermidades. E para o medio ambiente produtos químicos sen control. Velaí o paradoxo: traballadoras en precario traballan para outras mulleres precarizadas”.

Por iso, concluíu, “concentrámonos hoxe nas sete cidades; para denunciar un modelo de contratación e de relacións laborais de baixo custe para as empresas (aforro dos custes da contratación, salarios baixos, custes en formación case inexistentes, aforro nos custes de despedimento), mais cun elevado custe sobre as traballadoras, que ven como a súa carreira laboral vai ser curta, parcial e dificulta ou mesmo imposibilita conciliar traballo e vida privada”.

REY VARELA ESTUDA COA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS CON ENFERMIDADES MENTAIS (FEAFES) OS NOVOS RETOS PARA ACADAR A PLENA INTEGRACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • Apunta que ambas as dúas institucións comparten obxectivos como “prestar unha atención personalizada, defender os dereitos das persoas con enfermidade mental, realizar labores de sensibilización, aumentar as posibilidades de inserción laboral e programar actividades de ocio”
  • Subliña o aumento do convenio asinado anualmente con FEAFES nun 13% ata acadar os 588.434 euros

 

Lugo, 8 de marzo de 2016-. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá as instalacións da Asociación Lucense de Axuda ao Enfermo Mental (Alume) onde mantivo un encontro de traballo cos responsables da Federación de Asociacións de Persoas con Enfermidades Mentais (FEAFES). Alí, o responsable da área social do Goberno autonómico consolidou o compromiso da Xunta coas persoas con discapacidade e mostrou a vontade do seu departamento de “mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental”. A implementación de novas políticas sociais para este colectivo que supón a segunda causa de discapacidade (21% do censo de persoas con discapacidade), o reto da coordinación sociosanitaria e o desenvolvemento de programas de futuro foron os puntos principais tratados na xuntanza entre o conselleiro e os representantes de FEAFES. “Vimos a planificar o estudo de novos proxectos para este ano e para anos sucesivos dentro do noso Plan Estratéxico de Atención á Discapacidade 2020”, abundou.

 

Rey Varela gabou o traballo da Federación de Asociacións de Persoas con Enfermidades Mentais e sinalou a importancia dos seus obxectivos que comparte coa Consellería de Política Social entre os que destacou “prestar unha atención personalizada, defender os dereitos das persoas con  enfermidade mental, realizar labores de sensibilización, aumentar as posibilidades de inserción laboral e programar actividades de ocio”. Do mesmo xeito, o titular de Política Social apuntou que “a detección temperá é fundamental para que non se manteñan no tempo este tipo de discapacidades”. “A enfermidade mental ten remedio e non podemos permitir que sigan aumentando os números”, sentenciou.

 

Nesta liña, o conselleiro subliñou que a Xunta de Galicia traballa “en aumentar os recursos para todo o ámbito da discapacidade” e destacou “o aumento orzamentario da Consellería para este ano dun 12% que posibilita o incremento dos convenios de colaboración con entidades como FEAFES”. Precisamente, o convenio asinado anualmente con FEAFES sobe nun 13% ata acadar os 588.434 euros.

 

A Federación de Asociacións de Persoas con Enfermidades Mentais creouse no ano 1995 e representa a máis de 38.000 cidadáns galegos con discapacidade. Conta con centros e servizos en 30 localidades galegas. A Asociación Lucense de Axuda ao Enfermo Mental (Alume) atópase inscrita baixo o paraugas de FEAFES e conta co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre os problemas e as necesidades do colectivo de enfermos mentais e as súas familias.

 

 

A XUNTA DE GALICIA ESTUDA VÍAS DE COLABORACIÓN CO CONCELLO DE BARALLA PARA A POSTA EN FUNCIONAMENTO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DESTE MUNICIPIO Recibidos x

  • A administración autonómica financiou con 263.000 euros a construción deste novo equipamento social con capacidade para 20 prazas

 

Baralla (Lugo), 8 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, continúa coa rolda de encontros cos alcaldes e alcaldesas de Galicia co fin de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos de ambas institucións.  No día de hoxe, Rey Varela, reuniuse co rexedor de Baralla,  Manuel Jesús González Capón, nunha cita que se desenvolveu nas dependencias da Casa Consistorial deste municipio lucense.

 

Nesta entrevista, o conselleiro e o primeiro edil acordaron continuar coa colaboración emprendida entre ambas institucións. Así, ambos dirixentes estudaron a importancia de poñer en marcha o novo Punto de Atención á Infancia (PAI), que ofertará 20 prazas para o coidado de nenos e nenas. O Goberno galego achegou 263.000 euros á construción deste equipamento cuxa apertura soamente está pendente da adquisición do mobiliario por parte da administración local. Rey Varela asegurou que a Consellería estudará a mellor vía para colaborar coa entidade local na posta en marcha desta infraestrutura.

 

Así mesmo, nesta xuntanza tamén se abordou o incremento do número de horas do Servizo de Atención no Fogar (SAF), dirixido a persoas en situación de dependencia. O Goberno galego vén de aumentar en 150 horas esta prestación do sistema autonómico de coidados á dependencia, que na actualidade beneficia en Baralla a 30 usuarios.

 

Cómpre sinalar que o diálogo aberto por Rey Varela cos responsables das entidades locais ten por obxecto adquirir o compromiso de acadar, por ambas partes, unha política social axeitada que se adapte ás necesidades de cada concello.

O DIRECTOR XERAL DE INCLUSIÓN SALIENTA A IMPORTANCIA DA INSERCIÓN SOCIOLABORAL NA ENTREGA DOS DIPLOMAS DOS CURSOS DE CAMAREIRO ORGANIZADOS POLA FUNDACIÓN H+D

  • Estes cursos realízanse ao abeiro do Programa de Actuación dos itinerarios de Inclusión Social (IPI) e cursos formativos para persoas en risco de pobreza e exclusión social e están destinados a persoas desempregadas en proceso de inserción sociolaboral

 

Santiago, 8 de marzo de 2016-. O director xeral de Inclusión, Arturo Parrado, entregou os diplomas do curso de camareiro de sala e barra financiados pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo (FSE) e organizados pola Fundación Humanismo e Democracia H+D. No acto que tivo lugar na Asociación de Hostalería de Santiago o director xeral subliñou a importancia da inclusión social para acadar “a interacción das persoas coa sociedade cos mesmos dereitos e oportunidades”.

 

Estes cursos de 100 horas e que contaron con 12 participantes realízanse ao abeiro do Programa de Actuación dos itinerarios de Inclusión Social (IPI) e cursos formativos para persoas en risco de pobreza e exclusión social e están destinados a persoas desempregadas en proceso de inserción sociolaboral. Arturo Parrado salientou que tanto a Consellería de Política Social como o seu departamento traballarán “para que ningún galego ou galega quede esquecido nesta etapa tan importante que afrontamos chamada recuperación”.

 

O director xeral de Inclusión asegurou que para conseguir que “as persoas que peor o están pasando poidan vivir un pouco mellor, teñan máis benestar e unha maior calidade de vida, apoiámonos e apoiarémonos no resto das administracións así como nas entidades sociais de Galicia, porque elas son as que mellor coñecen a realidade destas persoas”. Nesta liña recordou o aumento do orzamento autonómico destinado á Inclusión e precisamente lembrou que a Xunta vén de duplicar o investimento da Orde de Entidades de Inclusión Social.

 

A Fundación Humanismo e Democracia, H+D ONG é unha entidade non gobernamental de cooperación internacional ao desenvolvemento e acción social. Destaca da súa traxectoria o recoñecemento como entidade cualificada pola Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación. Como criterio xeral, ofrece un enfoque preferente en favor do fortalecemento das institucións -tanto das Administracións como da sociedade civil- e da igualdade de oportunidades e a non discriminación das persoas. Nos últimos anos, vén realizando un notable esforzo no ámbito da acción social cara á poboación con factores de vulnerabilidade e risco de exclusión social.

O Colexio Santiago Apóstol de Vigo acolle unha conferencia sobre as necesidades financeiras ao longo da vida

As alumnas e alumnos do Colexio Santiago Apóstol de Vigo asistirán mañá mércores, ás 10.50 h, á conferencia Preparado para dar o salto? As necesidades financeiras ao longo da vida,enmarcada dentro do programa de educación financeira de ABANCA e Afundación. A charla será impartida no propio centro por Carlota Sánchez-Montaña, coordinadora adxunta da Área de Educación Superior de Afundación, e está dirixida a estudantes de bacharelato.

Eugenia Vieto, Edil de Facenda del Concello de A Coruña por Marea Atlántica arrienda o cede una vivienda de 23 mil euros según el catastro que compra por más de 115 mil euros a Marea Atlántica a través de una empresa privada que consta en la citada vivienda.

La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia puso los hechos en conocimiento de la Fiscalía de Galicia y la Agencia Tributaria por su fuesen constitutivos de delito penal y exige al Alcalde Xulio Ferreiro su cese fulminante, por quedar incapacitada para representar a los coruñeses en la concejalía de facenda del consistorio.

Pladesemapesga considerando TODA la documentación adjunta y antes enlaces a páginas de Internet que referencia, entre otras muchas como la edil de Facenda del Concello de A Coruña por el grupo político de A Marea Atlántica y Primera Teniente de Alcalde defraudó al fisco como se acreditará.

Concello de A Coruña FacEugenia Vieto, Edil de Facenda del Concello de A Coruña por Marea Atlántica arrienda o cede una vivienda de 23 mil euros según el catastro que compra por más de 115 mil euros a Marea Atlántica a través de una empresa privada que consta en la citada vivienda. Pladesemapesga considerando TODA la documentación adjunta y antes enlaces a páginas de Internet que referencia, entre otras muchas como la edil de Facenda del Concello de A Coruña por el grupo político de A Marea Atlántica y Primera Teniente de Alcalde defraudó al fisco como se acreditará. Concello de A Coruña Facenda e administración en http://www.coruna.es/ • • • • Biografía Eugenia Vieito (94 KB) HECHOS Doña. Eugenia Vieto, Edil de Hacienda del Concello de A Coruña y miembro destacado de su grupo político de A Marea Atlántica engaña y engañó con su declaración de bienes publicada en la web municipal del Concello de A Coruña. En su declaración de bienes publicada en la web municipal http://www.coruna.es podemos ver (se adjunta gráfico) en la que afirma ser propietaria de una vivienda cuyo valor catastral es de 23.000 euros, pero mantiene una deuda de 115.000 mil euros de hipoteca sobre la citada vivienda, que de forma más que casual aparece como dirección (arrendada o cedida) registral del grupo político de A Marea Atlántica sita en la Calle Juan Castro Mosquera 26-1º-Dcha. C.P 15.005 de A Coruña… !!! Quien alguien más versados que nosotros lo explique !!!, entendemos como de FRAUDE Y MALVERSACIÖN INTENCIONADA Y PREMEDITADA las actividades de la Concejal de Hacienda del Concello de A Coruña y en base a ello no puede representarnos en el Concello de A Coruña y el Sr. Xulio Ferreiro debería cesarla de forma fulminante. Cuando se trata de segundas transmisiones –venta entre particulares, del banco a un particular, por poner dos ejemplos-, el impuesto a pagar es el de transmisiones patrimoniales (ITP), que varía entre comunidades pero que oscila entre el 7% y el 8%. Este ‘piso chollo de Doña Eugenia Vieto de unos 80 metros cuadrados en el centro de A Coruña CON UN VALOR CATASTRAL DE 23.500 EUROS, CUANDO LOS COLINDANTES TIENEN UN VALOR CATASTRAL QUEDUPLICA EL DE LA SRA VIEITO ‘ estarían sujeto al ITP, impuesto que se aplica al precio de compraventa del inmueble Y QUE CONOZCAMOS LA Sra Eugenia Vieto no ha hecho nada por actualizar el valor catastral del mismo. Sra. Dª. Eugenia Vieito Blanco Hacienda, tesorería, personal, contratación, concesiones e informática. La Sra Vieto como Edil de Facenda sabe que cuanto menor es dicho precio, menores son los impuestos que paga el comprador, (ella misma). Obviamente, no es lo mismo pagar un 7% sobre 23.500 euros que sobre 115.000, dejando en el propio bolsillo más de 8.000 euros correspondientes al 8% de la diferencia entre el valor catastral y la hipoteca a falta de conocer en mayor profundidad los datos de la transación, se aporta como documento gráfico visual ”declaraciondebienesEugeniaVieito” donde constan los hechos denunciados. De ahí la importancia de que el comprador, antes de escriturar o aportar cualquier señal para reservar este ‘piso chollo’ haya, comprobado que el precio de venta no fuese inferior al valor que dicho inmueble tiene para Hacienda ya que, de serlo, le será reclamada la diferencia en concepto de impuestos e intereses. Por lo tanto, esta acreditado la ALEVOSÏA en el proceder de la Sra Vieto. Pladesemapesga denuncia que según el artículo 1.1 del Real Decreto Legislativo 1/1993 de 24 de septiembre, por el que se aprueba el Texto refundido de la Ley del Impuesto sobre Transmisiones Patrimoniales y Actos Jurídicos Documentados (ITPyAJD), cita textualmente que “La base imponible está constituida por el valor real del bien transmitido o del derecho que se constituya o ceda.”, esto significa que hay que liquidar el impuesto sobre el VALOR REAL de la operación, definición lógica se equipara con el VALOR DE MERCADO. El ITP y AJD, a diferencia del Impuesto sobre el Valor añadido que se liquida sobre el VALOR DE COMPRAVENTA, se ha de liquidar sobre el VALOR REAL. Por tanto, ante las evidencias no es difícil deducir a la vista de los hechos documentados que la Sra Eugenia Vieito ha defraudado al fisco y al mismo Concello de A Coruña y por tanto a los contribuyentes. Pladesemapesga exige el cese fulminante de la Sra. Eugenia Vieto por quedar incapacitada para representar a nadie en el Concello de A Coruña y mucho menos para desempeñar la Concejalía de FACENDA gestora de los tributos municipales IBI, etc, relacionados con las viviendas de la Ciudad, como ciudadanos y vecinos de A Coruña, NO NOS FIAMOS NADA DE LA SRA: EUGENIA Vieto ante las presuntas irregularidades detectadas en su gestión pública, que el mismo Sr Xulio Ferreiro se niega a desmentir, dando la callada por respuesta haciendo honor a su pregonada Ley de

enda e administración enhttp://www.coruna.es/

A XUNTA AUTORIZA A APERTURA DAS ESCOLAS INFANTÍS DE NAVIA E MESTRES GOLDAR EN VIGO TRAS EMENDAR O CONCELLO AS SÚAS GRAVES DEFICIENCIAS

  • O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, sinalou que “unha vez que o concello emendou as graves deficiencias que tiñan as escolas”, o informe dos técnicos confirma o visto bo ao Permiso de Inicio de Actividade (PIA)
  • Lembrou que pasou un ano dende que Abel Caballero anunciase a apertura das dúas escolas “sen cumprir coa normativa” de seguridade esixida por lei

 08032016_RPLopezChaves

Vigo, 08 de marzo de 2015.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu esta mañá en rolda de prensa para informar que a Xunta de Galicia autorizou hoxe mesmo a apertura das escolas infantís de Navia e Mestres Goldar para nenos e nenas de 0 a 3 anos no Concello de Vigo.

 

Coma explicou o delegado, unha vez que o goberno local “emendou as graves deficiencias que tiñan as escolas”, a Administración autonómica confirmou co informe dos técnicos que se pode autorizar a súa apertura e dar o Permiso de Inicio de Actividade (PIA).

 

López-Chaves lembrou que pasou un ano dende que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciase a apertura das dúas escolas “sen cumprir coa normativa” esixida pola Xunta, que é a encargada de vixiar que se cumpra a lei e os requisitos de seguridade establecidos para as escolas infantís de 0 a 3 anos. “Estas escolas que quería abrir o Concello non cumprían coa normativa e grazas á intervención da Xunta, os pais e nais teñen agora a garantía de que cumpren a normativa legal, as medidas de seguridade e que non presentan as graves deficiencias coas que o Concello quería abrir estas escolas hai xa un ano”, recordou.

 

Tras varios requirimentos feitos polos técnicos autonómicos, visitas de comprobación e, incluso, novas obras de adaptación en Mestres Goldar que tivo que contratar o Concello de Vigo o pasado 23 de decembro de 2015, os técnicos da Xunta confirmaron estes días a adaptación de todas as medidas de seguridade esixidas e necesarias para outorgar o PIA.

 

 

 

 

Encontro Bilateral Portugal – Espanha do Programa Erasmus na Eurocidade

erasmusvalençaA Eurocidade Valença Tui está a ser o palco do Encontro Luso-Espanhol do programa europeu ERASMUS, entre 8 e 9 de março.

O conceituado programa europeu ERASMUS, do âmbito da educação, formação, juventude e desporto, reúne os seus responsáveis ibéricos, hoje, 8 de março, na Pousada de São Teotónio, em Valença e amanhã, 9 de março, na Área Panorâmica de Tui.

Em análise estarão as grandes linhas estratégicas a implementar na Península Ibérica, por este programa, entre 2014-2020. A reunião luso-espanhola contará com a presença de mais de 200 participantes, nestes dois dias de debates.

A sessão de abertura, na Pousada de São Teotónio, contou com a presença dos responsáveis ibéricos das agências nacionais do ERASMUS +, bem como técnicos e entidades dos dois países. O ato contou, também, com a presença do Presidente da Câmara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes e do Alcalde de Tui, Enrique Gonzalez.

Para o Presidente da Câmara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, “o espírito do programa ERASMUS é o mesmo da Eurocidade, lançando pontes, reforçando a cidadania europeia e construido a Europa. Valença e Tui, desenvolvem há 5 anos um projeto de Eurocidade que é um exemplo de cooperação para a Europa e para o mundo”.

Valença é considerada, também, um exemplo de cooperação europeia, na área da Educação, no âmbito do programa ERASMUS, com o trabalho desenvolvido pela Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença e com o programa COMENIUS, com as iniciativas desenvolvidas pelo Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho.

A Eurocidade Valença Tui tem sido palco de um conjunto de conferências ibéricas, ao mais alto nível, em diversas áreas, debatendo o reforço das relações entre os dois países. Uma atração de reuniões ibéricas estratégicas que vem de encontro ao espírito e ao exemplo da cooperação que se desenvolve entre as cidades raianas de Valença e Tui.

LUCIANO Y MATTHIAS TANZMANN: ONE BEAUTIFUL DAY CIERRA SU CARTEL CON CONFIRMACIONES DE VÉRTIGO

unnamed (1)ONE BEAUTIFUL DAY CIERRA SU CARTEL CON TRES CONFIRMACIONES DE VÉRTIGO

  • LUCIANO, MATTHIAS TANZMANN Y RAMIRO LOPEZ SON LOS ELEGIDOS PARA ESTE TERCER Y ÚLTIMO AVANCE

  • SE CONFIRMAN LAS RUTAS DE BUSES OFICIALES

  • SUBIDA DE PRECIO EN LOS ABONOS: 25€ + GASTOS DE GESTIÓN

One Beautiful Day Festival anuncia su tercera y última tanda de artistas confirmados, que tomarán el parque de La Alameda de Talavera de la Reina el próximo 28 de mayo, con la mejor música electrónica para abrir la temporada de festivales.

Y es que si os sonaban a poco las confirmaciones de pesos pesados del techno como Umek, Paul Ritch o Cristian Varela, o valores nacionales como Fatima Hajji, Dosem o Alejandro Fernández, ahora One Beautiful Day Festival va un paso más allá con la confirmación estelar del capo del sello Cadenza, LUCIANO; y el cerebro detrás de una plataforma como Moon Harbour, MATTHIAS TANZMANN; sin olvidarnos de la apuesta nacional en la persona de RAMIRO LÓPEZ.

No hay nada que detenga a Luciano. El capo de Cadenza, a pesar de haber sufrido un percance recientemente, no lo ha dudado ni un segundo y ¡vendrá con nosotros a vivir #1HermosoDía!
Este sobrio alemán es la mente de una plataforma tan creativa e influyente como Moon Harbour. Productor y DJ respetado, Matthias traerá su sonido directo al Alameda Music Garden.
Uno de los valores más en alza del techno en nuestro país, Ramiro López lleva difundiendo su pasión por la música desde 1996. Noir, Diynamic o Suara han querido contar con su música.
Además, One Beautiful Day Festival anuncia su colaboración con la firma de moda Fratello Clothing para la confección de las exclusivas prendas de merchandising que estarán a disposición de nuestros queridos usuarios, para que aparte de la mejor música, tengan también los mejores complementos.
Y, finalmente, se confirman la salida de un servicio de autobús desde las ciudades de Madrid, Toledo, Badajoz, Mérida, Cáceres, Plasencia, Navalmoral, Oropesa, Ávila, Arenas de San Pedro y Salamanca. Para recibir más información podéis escribir a buses@onebeautifuldayfestival.es para conocer toda la información sobre este servicio en vuestras ciudades.

También queremos recordar la subida del abono a 25€ + gastos de gestión, no sin antes agradecer vuestra tremenda acogida a los primeros 4000 abonos a precio reducido, que literalmente ¡han volado!

Estad atentos a nuevas novedades y sorpresas que desde One Beautiful Day Festival están preparando para que el día 28 de Mayo el Parque de la Alameda de Talavera de la Reina vibre al son del mejor techno ¡Cada vez falta menos para vivir #1HermosoDía!

CARTEL EN ORDEN ALFABÉTICO:

ALEJANDRO FERNÁNDEZ / CRISTIAN VARELA / DOSEM / FATIMA HAJJI / GONÇALO / ISMAEL RIVAS / KARRETERO / LUCIANO / MATTHIAS TANZMANN / MIGUEL LOBO / OSCAR DE RIVERA / PAUL RITCH / RAMIRO LÓPEZ / RAÚL PACHECO / UMEK

ENTRADAS A LA VENTA:

25€ (+ gastos de gestión)

Entradasatualcance.com
Correos
Fever APP
Ticketmaster
Carrefour
FNAC
Halcón Viajes

ABANCA, pioneira en España en ofrecer o pago por móbil de Samsung Pay

  • A entidade financeira leva meses traballando de forma conxunta con Samsung para desenvolver a integración da ferramenta en España
  • O banco galego é unha das entidades españolas que contará con este servizo nas próximas semanas
  • O acordo con Samsung permite a ABANCA ofrecer aos seus clientes os sistemas máis innovadores en banca móbil
  • O número de clientes de ABANCA que usan a banca móbil creceu un 60% en 2015
20160308-abanca-samsung-pay
Descarga en alta resolución

08-03-2016

ABANCA será unha das entidades financeiras españolas que nas próximas semanas permitirá aos seus clientes pagar co móbil a través do servizo de Samsung Pay. A dirección de Innovación de ABANCA traballou de forma conxunta con Samsung para desenvolver a integración do servizo en España.

Samsung Pay permite realizar compras desde o móbil de maneira segura e sinxela en calquera establecemento comercial no que se poida utilizar unha tarxeta de débito ou crédito contactless.

Coa incorporación deste sistema de pago por móbil, ABANCA sitúase á vangarda nos medios de pago, ofrecendo aos seus clientes a tecnoloxía financeira máis innovadora para realizar compras desde un smartphone. Os clientes só terán que dar de alta as tarxetas de ABANCA, sexan de débito ou de crédito, nos dispositivos Samsung compatibles para realizar os seus pagos de forma rápida e sinxela.

“O sector financeiro está a transformarse coa incorporación de novas tecnoloxías e queremos que os nosos clientes sexan dos primeiros en España e Europa en poder gozar destas melloras”, explica Manuel Arroyo, director de Medios de Pago de ABANCA.

Coa firma deste acordo a entidade financeira galega avanza no desenvolvemento dun modelo de banca máis dixital e multicanal. “Esta estratexia forma parte do proxecto ABANCA Dixital, unha iniciativa coa que queremos axilizar os procesos para ofrecerlle ao cliente un servizo omnicanal, innovador, con altos niveis de calidade e coa posibilidade de contratar produtos e servizos sen necesidade de acudir á oficina”, sinala o director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Pago seguro e sinxelo

Samsung Pay é seguro e fácil de usar. Unha vez que o cliente engade a súa tarxeta de ABANCA na aplicación, desprégase a aplicación Samsung Pay, elíxese a tarxeta de pago desexada e identifícase co sensor de pegada dactilar para autorizar o pago. O dispositivo móbil conéctase cos terminais de punto de venda (TPV) o que permite realizar unha compra rápida, segura e sinxela.

Os usuarios de Samsung Pay contarán tamén con todas as garantías de seguridade das tarxetas da entidade financeira. Grazas aos tres niveles de seguridade: tokenización dixital, lector de impresións dixitais e Samsung KNOX, os datos transmítense sempre de forma segura. Así mesmo, cando se realice un pago polo móbil, sexa cal sexa o importe, o cliente recibe unha notificación avisándolle de que se efectuou a operación.

Samsung Pay tamén é practicamente universal, dado que funciona en máis do 70% dos comercios en España que xa operan coa tecnoloxía contactless. En España, Samsung Pay é compatible cos smartphones Samsung Galaxy S7, Samsung Galaxy S7 edge, Samsung Galaxy S6, Samsung Galaxy S6 edge, Samsung Galaxy S6 edge+ e Samsung Galaxy A5 (2016).

Innovación en Banca Móvil

A aplicación de banca móbil de ABANCA é unha das mellor valoradas polos usuarios e a primeira do sector totalmente accesible para persoas con discapacidade visual. Os usuarios destacan a sinxeleza, rapidez e comodidade da banca móbil da entidade financeira galega. A aplicación permite aos clientes consultar movementos, facer transferencias, enviar diñeiro ao móbil ou pagar un recibo só con sacarlle unha foto coa maior seguridade. ABANCA é pioneira en permitir aos seus clientes o acceso á banca móbil coa tecnoloxía Touch ID que permite identificarse coa súa pegada dactilar.

Durante 2015, máis de 560.000 clientes de ABANCA utilizaron os servizos a distancia para as súas consultas e operacións con alto grao de satisfacción. En 2015 o número de clientes de ABANCA que usan a banca móbil creceu un 60%.

ABANCA conta cunha das plataformas dixitais máis innovadoras do sector financeiro español que permite aos seus clientes decidir cando, onde e como queren xestionar os seus aforros, gastos e investimentos e que se complementa cunha rede comercial con oficinas por toda España.